Avelino Pousa Antelo

Avelino Pousa Antelo, nado en Arzón[1] (A Baña) o 14 de maio de 1914 e finado en Teo o 20 de agosto de 2012[2], foi un mestre, agrarista, político e escritor galego e mailo presidente da Fundación Castelao no momento de morrer.

Avelino Pousa Antelo
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Avelino Pousa Antelo (AELG)-3
Avelino Pousa Antelo (xaneiro de 2008)
Nacemento14 de maio de 1914
 Arzón, A Baña, (A Coruña), Galicia Galiza
Falecemento20 de agosto de 2012
 Teo, (A Coruña) Galicia Galiza
NacionalidadeGalicia Galego
OcupaciónMestre, agrarista, político e escritor
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Naceu na aldea da súa nai, namentres que seu pai, comerciante itinerante, procedía do Carballiño. Estudou no seminario de Santiago de Compostela cinco anos[3]. Pousa Antelo asitiu o 10 de maio de 1931 ao mitin de promoción galega que se realizou no Teatro Principal de Santiago e no que participaron os principais líderes galeguistas, segundo as súas propias declaracións[4] ese feito, e en especial o discurso de Castelao, marcouno politicamente, achegándose ao galeguismo. Tras saír do seminario ingresou na Escola Normal de Santiago de Compostela para realizar estudos de maxisterio, ao tempo que militaba nas Mocedades Galeguistas e comezaba a escribir os seus primeiros artigos para La Voz de Barcala.

Guerra e posguerra

Avelino Pousa Antelo2

En 1936 aprobou as oposicións de maxisterio pero a guerra civil impediulle que collese praza ao anular o réxime franquista as oposicións. Estudou na Misión Biolóxica de Galicia e desde 1948 dirixiu a Escola Agrícola de Granxa de Barreiros, fundada por Antonio Fernández López, na que se organizaba cursiños de formación agropecuaria para mestres do rural. Entre 1955 e 1960 foi mestre e Técnico Agrícola do Laboratorio do Cabido Insular na Orotava en Tenerife[5]. En 1960 traballou brevemente en Galicia para unha empresa de semente ata que obtivo un traballo en Zaragoza como director dunha empresa cooperativa gandeira. En 1970 volve a Galicia como mestre en Pontecesures. Coa caída de Franco, Pousa Antelo sumouse ás iniciativas para revivir o vello Partido Galeguista, e en 1978 participou na constitución do novo Partido Galeguista do que foi elixido secretario xeral e pouco despois presidente ata 1983. Participou na constitución e foi un dos principais artífices do Padroádego do Pedrón de Ouro[6].

Recoñecementos

En 1963 obtén o Premio Xornalístico Ramón Mourente de temas agrarios. Un ano máis tarde, o premio "Luís Sánchez Harguindey", tamén de temas agrarios. A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias outórgalle en 1998 a Insignia de Ouro e Esmalte da Unión de Cooperativas. Foi nomeado Padriño de Honra da primeira promoción de diplomados da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago (1999) e da promoción de 2002 da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (UVI). En 2000, a Universidade Compostelá outorgoulle a súa Insignia de Ouro. No 2010 obtivo o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda.

En 1997 recibe o Premio San Martiño de nomalización lingüística do Concello da Estrada.

Obra en galego

Ensaio

  • Temas de agricultura , Lugo, edición do autor, 1951.
  • Estudo dunha cooperativa de explotación comunitaria para unha parroquial rural galega, Vigo, Galaxia, 1968.
  • ¿Valen ou non as cooperativas de esplotación comunitaria para o campo galego?, Vigo, Galaxia, 1971.
  • Reforma das estruturas agrarias de Galicia, A Coruña, Cámara de Comercio, 1973.
  • A escola agrícola da granxa Barreiros, Sada, Edicións do Castro, 1988.
  • Fiestra, Santiago de Compostela, Biblioteca 114, Editorial Compostela, 1992.
  • Galicia, tarefa urxente, Barcelona, Sotelo Blanco, 1992.
  • O entroido en Perruscallos, Silleda, 2002.

Literatura infanto-xuvenil

  • O entroido en Perruscallos, A Estrada, Fervenza, 2002.

Conversas

Obras colectivas

Obra en castelán

Ensaio

  • Temas de agricultura: contestaciones al cuestionario escolar, Lugo, La Voz de la Verdad.

Notas

  1. Por Castelao fíxenme galeguista de por vida
  2. Falece Avelino Pousa Antelo, memoria e dignidade do galeguismo, Praza.com
  3. Avelino Pousa Antelo en Galiciaaberta.com[Ligazón morta]
  4. Discurso de Pousa Antela no acto de imposición da Insignia de Ouro da USC
  5. Ficha de Pousa Antelo na Biblioteca Virtual Galega.
  6. Diccionario da Literatura Galega, vol. I, páx. 483, Vigo, 1995

Véxase tamén

Bibliografía

  • Avelino Pousa Antelo. Galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural, de Valentín Arias, Vigo, Ir Indo, 2004.

Ligazóns externas

14 de maio

O 14 de maio é o 134º día do ano do calendario gregoriano e o 135º nos anos bisestos. Quedan 231 días para finalizar o ano.

20 de agosto

O 20 de agosto e o 232º día do ano do calendario gregoriano e o 233º nos anos bisestos. Quedan 133 días para finalizar o ano.

A Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa pola Normalización Lingüística (MNLG) é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.

Barcala, A Baña

San Xoán de Barcala é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñes da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 182 habitantes (92 mulleres e 90 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 266 habitantes.

Na aldea de Arzón naceu Avelino Pousa Antelo o 14 de maio de 1914, coñecido na parroquia coma Lucho do Peto.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

CPI Pontecesures

O Centro público integrado de Pontecesures é un centro educativo situado na rúa Avelino Pousa Antelo do concello de Pontecesures.

Edicións Fervenza

Edicións Fervenza, marca comercial de Técnicas & Gramaxe SL.

Fundación Castelao

A Fundación Castelao, unha fundación de carácter privado e declarada de interese galego, fundouse o 28 de decembro de 1984 por iniciativa de Ramón Martínez López e Avelino Pousa Antelo coa finalidade de estimular e favorecer a cultura galega e en especial nos campos nos que se distinguiu a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A fundación ten a súa sede na cidade de Santiago de Compostela e publica, baixo a coordinación de Henrique Monteagudo, os Cadernos Castelao.

O seu primeiro presidente foi Ramón Martínez López e Teresa Rodríguez Castelao, irmá de Daniel, foi a presidenta de honra ata a súa morte. O actual presidente é Carlos Mella, tras o pasamento de Avelino Pousa Antelo en 2012.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Partido Galego Social Demócrata

O Partido Galego Social Democráta (PGSD) foi un partido nacionalista galego.

Fundouse co nome de Unión Social-Demócrata Galega en marzo de 1974, dirixido por Xosé Luís Fontenla Rodrigues e Alfonso Zulueta de Haz. Era partidario da autodeterminación co fin de integrarse posteriormente nun Estado Federal. A súa ideoloxía defendía un socialismo democrático, humanista, personalista e comunitario Tan só tivo algunha implantación nas cidades. Formou parte do Consello de Forzas Políticas Galegas (1976), abandonándoo xunto coa UPG en 1977 por discrepancias sobre o diálogo coas forzas estatais.Con todo o PGSD abandonou logo da elección de Zulueta de Haz en marzo de 1977 como principal dirixente os postulados máis esquerdistas, aceptando a autonomía. Formaban tamén parte da dirección Avelino Pousa Antelo, Xosé Manteiga Pedrares Quico Domínguez e Ramón Barral. Achegouse ao Partido Popular Galego, de ideoloxía demócratacristiana, co que participou nas eleccións xerais de 1977. Os malos resultados 23.014 votos (2'04%) propiciaron a formación dun novo partido, formado polo PGSD e o PPG, co nome de Partido Galeguista e a desaparición do PGSD

Partido Galeguista (1978)

O Partido Galeguista foi un partido galego fundado en 1978, reclamándose herdeiro histórico do Partido Galeguista da Segunda República Española.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Valentín Arias

Valentín Arias López, nado na Vilerma (Maside, Sarria) o 22 de abril de 1934 e finado en Sarria o 25 de marzo de 2011, foi un escritor, tradutor e ensaísta galego. Foi o pai da escritora Xela Arias.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.