Avefría

A avefría[2][3][4][5][6][7], galdaripo ou galo da braña (Vanellus vanellus) é unha ave zancuda da familia carádridos, é común na Europa e na Asia de clima temperado. En Galicia só quedan 50 parellas na zona do río Limia.
A ave de 30 cm de longo e 68 cm de envergadura, ten a plumaxe verde escura, branca no ventre, ás arrendondeadas, cola curta. É migratoria, chega ata o norte de África, norte da India e China. Aliméntase principalmente de insectos, pero tamén de moluscos.

Cos bandos da avefría
chega tamén a invernía.

—Popular[8]
Avefría
Northern-Lapwing-Vanellus-vanellus

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Charadriidae
Xénero: Vanellus
Especie: V. vanellus
Nome binomial
Vanellus vanellus
(Linnaeus, 1758)
Distribución da avefría: azul=inverno, amarelo=área de cría, verde=residente

Distribución da avefría: azul=inverno, amarelo=área de cría, verde=residente
Sinonimia

Tringa vanellus Linnaeus, 1758

Vanellus vanellus MHNT
Vanellus vanellus

Notas

  1. BirdLife International (2012). "Vanellus vanellus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para avefría.
  3. Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X.
  4. Penas Patiño, Xosé Manuel (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-69-9.
  5. Definición de píllara no Dicionario de Galego.
  6. VV. AA. (2009). Gran Dicionario Xerais da Lingua. Xerais. ISBN 978-84-9914-070-4.
  7. Mª P., Jiménez Aleixandre, (1991). "Zooloxía". Vocabulario de ciencias naturais. Xunta de Galicia.
  8. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha da avefría. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 141. ISBN 84-7154-379-6.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A galiña na cultura popular galega

A seguir recóllese información diversa sobre a pegada da galiña na cultura popular galega, e tamén a súa presenza na literatura oral galega, agrupando todo o referente á galiña, ó galo, polos, pitos e pitas, capóns e, por suposto, ós ovos. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Carádridos

Os carádridos (Charadriidae) son unha familia de aves da orde Charadriiformes que comprende de 64 a 66 especies, das cales en Galicia viven seis especies do xénero Charadrius (píllaras), catro do xénero Pluvialis (píldoras) e unha do xénero Vanellus (avefrías).

Lingua islandesa

A lingua islandesa é un idioma escandinavo occidental, da familia das linguas xermánicas setentrionais. A súa orde de constituíntes é S-V-O. É falada por arredor dun cuarto de millón de persoas na illa de Islandia.

Lista das aves de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo. Indícase a súa pesenza (nativa, invernante, accidental...). Tamén se di se é común ou pouco común, xa que unha especie nativa ou moi estendida polo territorio pode non ser moi abondosa. Igualmente se indica o seu status en Galicia (que non ten por que coincidir co seu status mundial), para o cal se utilizaron as equivalencias co sistema da IUCN. Unha ave pouco común pode ter un status pouco preocupante se as súas poboacións son estables, e mesmo pode estar en expansión. Móstrase unha soa imaxe de cada ave, aínda que en moitas delas o macho e a femia e os inmaturos teñen plumaxes diferentes ou presentan plumaxes de inverno e verán ou de tempada reprodutora.

Lista das aves ibéricas

A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas na Península Ibérica. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.

Membrana nictitante

A membrana nictitante ou terceira pálpebra, é unha estrutura propia de certos animais.

Trátase dunha fina lámina, unha dobra da conxuntiva, que se encontra en moitos animais e que actúa como unha pálpebra accesoria que ten por obxecto protexer e limpar o globo ocular por debaixo das pálpebras principais.

Localízase por regra xeral nunha posición medio-ventral. É retráctil e pódese estender no sentido horizontal e cubrir a córnea, non bloqueando enteiramente a visión, xa nque é translúcida nalgúns animais.

Nas aves, a membrana nictitante pecha por un só lado, e é case transparente. As pálpebras propiamente ditas non se pechan durante o pestanexo, pero o fan para durmir.

Normalmente non é visíbel nun animal san, pero pode cubrir medio ollo se o animal está enfermo (virus, diarrea, febre, vermes).

Ademais das aves, tamén posúen membranas nictitantes os réptiles, os anfibios e certos peixes, especialmente os tiburóns).Nos mamíferos ten unha forma en T. No ser humano materialízase na prega semilunar da conxuntiva, unha protuberancia de cor rosa no canto interno medial dos ollos.

Pernalonga

A pernalonga (Himantopus himantopus) é unha ave de distribución xeográfica moi ampla, caracterizada pola lonxitude das súas patas, extremadamente longas en relación ó corpo. Está en discusión se esta ave é unha única especie ou varias, e, segundo diversos expertos, so o nome científico Himantopus himantopus poderían estar comprendidas en realidade entre 2 e 4 especies.

Pluma de voo

As plumas de voo (Pennae volatus) son as plumas pennáceas longas, ríxidas, de forma asimétrica, pero emparelladas simetricamente das ás e cola das aves; as situadas nas ás denomínanse rémixes ou remeiras, as as da cola, rectrices ou temoneiras. A función primaria das plumas de voo é axudar á xeración do impulso e sustentación, posibilitando o voo das aves. As plumas de voo dalgunhas aves evolucionaron para realizar funcións adicionais, xeralmente asociadas con exhibicións territoriais, rituais de cortexo ou métodos de alimentación. Nalgunhas especies, estas plumas desenvolvéronse dando plumas rechamantes utilizadas en exhibicións visuais de cortexo, mentres que noutras orixinan un son durante os voos de exhibición. As pequenas aserraduras que teñen as estrixiformes no bordo de ataque das rémixes axúdanlle a voar silandeiramente (e, por tanto, a ter máis éxito na caza), mentres que as rectrices moi ríxidas dos petos permítenlles usalas como puntos de apoio aplicándoas contra o tronco cando están agarrados no tronco e peteirando nel. Mesmo as aves non voadoras conservan as súas plumas de voo, aínda que ás veces con formas radicalmente modificadas.

A muda das plumas de voo pode causar serios problemas ás aves, xa que lles impide voar. En diferentes especies evolucionaron distintas estratexias para facer fronte a este problema, que van desde desprenderse de todas as plumas de voo ao mesmo tempo (e así quedan sen capacidade de voar por un período de tempo relativamente curto) a estender a muda durante un período de varios anos.

Píllara rubia

A pillara rubia (Charadrius morinellus) é unha ave de familia Charadriidae. As súas áreas de cría principais están situada na tundra euroasiática e o norte do círculo polar ártico.

Ría de Ortigueira

A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido e como ría de Santa Marta de Ortigueira, é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.

Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, actualmente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.

Está catalogada como unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA). Ademais, por ser un importante lugar de paso e invernada de aves acuáticas está dentro do Convenio de Ramsar como zona húmida protexida.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Territorio (animal)

En etoloxía, o territorio dun animal é a área sociográfica que un animal ou unha deteminada especie constantemente defende contra os individuos da súa mesma especie ou, ás veces, tamén doutras especies. Os animais que defenden os territorios desa maneira dise que teñen un comportamento territorial ou presentan territorialidade.

Só unha minoría de especies mostran territorialidade. O máis común é que un individuo ou un grupo de animais teña unha área que usa habitualmente pero que non necesariamente defende; isto denomínase dominio vital ou área de vida (home range). Os dominios vitais de diferentes grupos de animais a miúdo solápanse ou nas áreas de solapamento os grupos tenden a evitarse uns a outros en vez de tratar de expulsarse. Dentro do dominio vital pode haber unha área central que non utilizan outros grupos, pero, de novo, isto é o resultado de que se eviten.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.