Avant

Avant é un servizo de trens de Media Distancia e alta velocidade parcialmente subvencionados, realizado por Renfe Operadora en España, que circulan a unha velocidade máxima de 250 km/h.

Realízase con trens das series 104, 114 e 121, en configuración de clase única sen cafetería.

Zaragoza - Delicias 7 - Avant
Tren Avant S-104 na estación de Zaragoza-Delicias.
Serie 114 de Renfe en Valladolid-Campo Grande
Tren Avant S-114 en Valladolid-Campo Grande.
Serie 121 de Renfe llegando a Roda de Bará
Tren Avant S-121 con cambio de largo.
Es ave avant 200906
Servizos Avant en marzo de 2013.

Historia

A primeira liña de alta velocidade española en ser inaugurada foi a Madrid-Sevilla, que se mantivo durante unha década como a única liña deste tipo en funcionamento. En orixe, os trens AVE eran os únicos en percorrer a liña. Renfe instaurou unhas novas frecuencias que en lugar de percorrer toda a liña realizaban o traxecto Madrid-Puerta de Atocha-Cidade Real-Puertollano, con horarios adaptados ás viaxes pendulares. Estes servizos eran denominados Lanzadeira AVE e realizábanse cos mesmos trens da serie 100 que os trens AVE.

RENFE encargou novos trens para esta relación, a serie 104, que entraron en servizo a finais de 2004. Estes trens terían unha configuración de longa distancia, con clase turista e club e cafetaría a bordo. En outono de 2005 inaugurouse a liña de alta velocidade Madrid-Toledo, onde estes novos trens entran tamén a prestar servizo. O servizo, tras un curto período coa denominación Iris pasa a ser coñecido como Avant e a recibir unha consideración de media distancia: as cafetarías a bordo deixan de prestar servizo e todas as prazas son ofertadas como de clase única.

Coa inauguración de novas liñas de alta velocidade os servizos Avant esténdense por todo o país, e recíbense novos trens adaptados a este servizo que xa non dispoñen de cafetaría e parten de fábrica con clase única.

Ademais circulan servizos Avant entre Cádiz e Xaén usando a LAV Madrid-Sevilla entre o Cambio de ancho de Alcolea e o Cambio de ancho de Marajabique mediante a serie 121.

Servizos

Servizos actuais

Servizos desaparecidos

Servizos de largo variable

  • Cádiz <> Xaén (4h 13 minutos). Realízase coa serie 121. Primeiro servizo en largo internacional e ibérico. Cambios de largo en Majarabique (Sevilla) e Alcolea (Córdoba).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alta Velocidade Española

A Alta Velocidade Española, coñecida co acrónimo AVE, é unha marca comercial da empresa Renfe Operadora pola que define o servizo comercial con trens de alta velocidade en España. Está operativo dende abril de 1992, cando se inaugurou Novo acceso ferroviario a Andalucía.

Esta división de RENFE creouse en 1992, ao escindírense da empresa matriz outras pequenas empresas, chamadas unidades de negocio. O seu obxectivo era operar os servizos con trens de alta velocidade sobre a mencionada liña Madrid-Sevilla vía Cidade Real, Puertollano e Córdoba.

Actualmente existe unha rede de aproximadamente 2.380 km de vías de largo internacional en España.

Altos Pireneos

Altos Pireneos (65) (en francés: Hautes-Pyrénées) é un departamento francés situado no suroeste de Francia, que pertence á rexión Occitania.

Art rock

Art Rock é un subxénero do rock and roll caracterizado por seus ambiciosos temas líricos e experimentacións melódicas, harmónicas ou rítmicas, frecuentemente saíndo das fronteiras pop e indo en dirección ao jazz, clásico, electrónico. A designación "art rock" é vaga, unha vez que poucos artistas actuais aspiran abertamente a este título.

Orixinouse no Reino Unido nos anos 60, con influencias da arte, avant-garde e música clásica. A primeira vez que foi usado o termo, segundo o Merriam-Webster Online Dictionary, foi en 1968. Influenciado polo traballo dos Beatles, principalmente polo seu álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band, o art rock foi unha forma de música que quería "estender os límites do rock & roll", e optou por unha perspectiva da música máis experimental e conceptual.

O termo rock progresivo ás veces pode intercambiarse co de art rock. Mentres que o rock progresivo caracterízase por técnicas instrumentais máis tradicionais e texturas sinfónicas, o art rock é máis desafiante, ruidoso e menos convencional, enfatizando o experimental e vangardista.

Aube

Aube (10) é un departamento francés da rexión de Champaña-Ardenas. O seu nome venlle do río Aube, primeiro afluente notable do Sena (ribeira dereita) que pasa polo departamento. Troyes é a capital.

Avant-garde metal

O avant-garde metal, metal experimental, metal vangardista ou art metal, é un subgénero do heavy metal caracterizado polo uso de elementos vangardistas, a experimentación e o uso de sons, estruturas e instrumentos pouco comúns.

En Avant de Guingamp

En Avant de Guingamp (en bretón: War-raok Gwengamp), comunmente referido como EA Guingamp, EAG, ou simplemente Guingamp, é un club de fútbol francés da cidade de Guingamp. Foi fundado en 1912 e compite na Ligue 1. O seu campo é o Stade du Roudourou, con capacidade para 18.126 espectadores.

Estación da Coruña

A estación da Coruña, tamén coñecida como A Coruña–San Cristovo, é a principal estación de ferrocarril da cidade da Coruña. É de carácter terminal e dela parten servizos de media distancia a todas as cidades galegas e de longa distancia a varios puntos da península. Está chamada a ser a futura estación intermodal da cidade.

O edificio principal, acabado en 1935 é obra de Antonio Gascué Echeverría, posúe unha arquitectura única nas estacións españolas, e ata europeas, sendo a Estación Central de Helsinki a única que ten similitudes de estilo. Este é unha mestura entre racionalista e de posguerra.

A estación está situada na avenida do Ferrocarril xunto á Rolda de Outeiro, no barrio dos Mallos-Estación, relativamente apartada do centro urbano pero comunicada por autobús co mesmo. Hai outra estación na cidade, a de San Diego, adicada ao tráfico de mercadorías.

Estación de Camp de Tarragona

Camp de Tarragona é a estación dos trens de alta velocidade de Tarragona, que ten só vías de ancho internacional (1435 mm), e está incluída dentro da rede de estacións de Adif. É unha estación pasante de trens situada entre as localidades de Perafort e La Secuita, preto de Tarragona, Reus e Valls. O nome proven da antiga comarca do Camp de Tarragona, que hoxe en día está fragmentada en tres.

Esta dispon de 8 vías de ancho internacional, 4 de elas sen andens para trens sen parada na estación que actualmente só usan os AVE directos Madrid-Barcelona ou semidirectos Madrid-Zaragoza-Barcelona.

Estación de Ourense - Empalme

A Estación de Ourense-Empalme é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2010, recibiu 321 772 pasaxeiros.

Estación de Pontevedra

A estación de Pontevedra é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia, incluíndo os do eixe atlántico de alta velocidade. Ten tamén funcións loxísticas.

Estación de Santiago de Compostela

A estación de Santiago de Compostela é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Santiago de Compostela. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

En 2010 recibiu 1.771.974 pasaxeiros, sendo a estación con maior número de viaxeiros de toda Galicia.

Jazz de vangarda

O jazz de vangarda (tamén coñecido pola súa denominación en inglés avant-garde jazz ou avant-jazz) é un estilo de música e improvisación que combina a música culta de vangarda e a composición co jazz. O jazz de vangarda soa semellante ao free jazz, pero difire en que, malia renegar tamén da harmonía tradicional, ten unha estrutura predeterminada sobre a que a improvisación pode ter lugar. Esta estrutura pode estar previamente composta parcial ou incluso completamente.

Media distancia Renfe

Media Distancia Renfe é un servizo de transporte de pasaxeiros por ferrocarril fornecido por Renfe Operadora. Cobre distancias medias, comprendidas entre as de Longa Distancia e as de Proximidades.

Desde o ano 2006 está baixo a responsabilidade da Dirección Xeral Servizos de Proximidade e Media Distancia, heredeira da extinta Unidade de Negocio de Media Distancia, anteriormente denominada Rexionais, nome polo cal aínda se lle coñece popularmente.

No Wave

O No Wave foi un xénero musical de curta vida pero moi influente na música underground, cine, performance, vídeo e a arte contemporánea que comezou a mediados dos anos 70 na cidade de Nova York. O termo No Wave é en parte un xogo de palabras satírico para rexeitar os elementos comerciais do entón popular xénero New Wave.

Post-punk

O post-punk foi un popular movemento musical iniciado a finais dos anos 70, despois do éxito do punk rock a mediados da década. O xénero ten as súas raíces no movemento punk pero é máis introvertido, complexo e experimental. O post-punk sentou as bases para o rock alternativo ao ampliar os límites do punk e da música underground, incorporando elementos do Krautrock (particularmente o uso de sintetizadores e de repeticións frecuentes), da música dub xamaicana (especificamente no baixo), ou do funk estadounidense.

Rivers Cuomo

Rivers Cuomo, nado en Nova York o 13 de xuño de 1970, é un músico estadounidense. É o líder, guitarrista, vocalista e compositor da banda de rock alternativo Weezer.

Televés

Televés é unha empresa galega con sede en Conxo, Santiago de Compostela dedicada á investigación, deseño, fabricación e comercialización de equipos para a recepción e distribución do sinal de radio, televisión, telefonía, Internet e telecomunicacións. A empresa fundouse no ano 1958, cando a televisión en España acababa de comezar as súas emisións. Inicialmente, a empresa operou desde un pequeno obradoiro cun cadro de persoal de 10 traballadores.. A facturación do seu primeiro ano foi de 400.000 pesetas.

En 2015, a Corporación Televés agrupa máis de 20 filiais cuns 700 traballadores, cunha cifra de vendas de 150 millóns de euros en 90 países, que procede nun 60% das vendas no estranxeiro. Dende o ano 1995 forma parte do DVB, un consorcio internacional de empresas que crea e mantén un conxunto de estándares relacionados coa televisión dixital. Televés é unha das tres empresas máis grandes do sector en Europa.

Vangardas

No seu sentido literal, vangarda (que ven do francés Avant Garde, "garda avante") fai referencia ao batallón militar que precede as tropas en ataque durante unha batalla. De aí dedúcese que vangarda é aquilo que "está á fronte".

Desta dedución xorde a definición adoptada por unha serie de movementos artísticos e políticos do fin do século XIX e inicio do século XX. Os movementos europeos de vangarda eran aqueles que, segundo os seus propios autores, guiaban a cultura dos seus tempos, estando de certa forma á fronte deles. Moitos destes movementos acabaron por asumir un comportamento próximo ao dos partidos políticos: posuían militantes, lanzaban manifestos e consideraban que a verdade se atopaba con eles.

Yeah Yeah Yeahs

Os Yeah Yeah Yeahs é unha banda de indie rock e garage punk de Nova York, liderados pola vocalista Karen O. Os outros membros son Brian Chase (batería) e Nick Zinner (guitarra). A súa música é unha mestura de estilos retro con guitarras punk/rock fortes, sons sintéticos, erráticos e estridentes, ós que se une unha voz melancólica. A banda formouse no ano 2000. Todo iniciouse na forma dun dúo folk entre Nick Zinner e Karen O, que posteriormente decidiron tomar un novo camiño máis "eléctrico", inspirándose na escena avant-punk de Ohio. Despois de que o seu anterior batería abandonara a banda, Chase uniuse á formación, que permanece inalterada ata hoxe.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.