Autovía

Unha autovía é unha vía de dominio e uso público proxectada e construída fundamentalmente para a circulación de vehículos automóbiles.

Son autovías, en España, as estradas, que non reunindo todos os requisitos das autoestradas, teñen as seguintes características:

  • Deben ter calzadas independentes para cada sentido de circulación.
  • Deben ter limitado o acceso a e desde as propiedades lindeiras.
  • Non pode cruzar nin ser cruzada ao mesmo nivel por outras sendas, vías, liñas de ferrocarril ou tranvía nin por ningunha servidume de paso.

A diferenza fundamental entre autovía e autoestrada é que esta última está especialmente proxectada, construída e sinalizada para a exclusiva circulación de automóbiles. Para ese efecto, un automóbil é un vehículo motor que circula sen carrís e sen conexión a unha fonte exterior de enerxía, excluíndose de tal cualificación os ciclomotores, coches de minusválidos e os tractores e demais maquinaria agrícola que, polo tanto, teñen prohibido circular polas autoestradas.

Autovía de Castilla
Fotografía dunha autovía, onde se ven os elementos característicos
Sinal de autovía

Véxase tamén

Outros artigos

A-52

A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55. No futuro prolongarase ata Vigo, constituíndo unha alternativa á A-55 e á AP-9. Atravesa 3 provincias e conta con varios túneles e viadutos de tamaño considerable.

A-54

A A-54 ou Autovía de Santiago a Lugo é unha autovía dependente do Ministerio de Fomento que se atopa en fase de construción, que conectará Santiago coa A-6 á altura de Nadela, en Lugo.

A-55

A A-55 ou Autovía do Atlántico é unha autovía galega que une as localidades de Vigo e Tui en Pontevedra e continua ata a fronteira con Portugal onde se transforma na A3 (Autoestrada Porto - Valença). Está xestionada polo Ministerio de Fomento de España.

Parte desde a praza de España en Vigo e logo de atravesar a AP-9 mediante unha ponte elevada discorre paralela a esta, atravesando O Porriño ata chegar a Tui onde converxe coa AP-9, dirixíndose entón ata a fronteira hispano-portuguesa.

A-6

A A-6 ou autovía do Noroeste, coñecida tradicionalmente como estrada da Coruña, é unha das seis autovías radiais de España. Comunica Madrid con Galicia, pasando por Castela e León. Trátase dunha das vías máis importantes do estado, xa que, ademais de atravesar Castela e León, fai un percorrido moi útil se se pretende ir tanto a Asturias como ó norte de Portugal dende Madrid.

A-75

A autovía Verín-Fronteira Portuguesa ou A-75 é unha vía de altas prestacións dependente do Ministerio de Fomento que une a autovía española A-52 en Verín coa autoestrada portuguesa A24 en Feces de Abaixo.

Na súa construción Fomento investiu 62 millóns de euros e foi inaugurada o 19 de xuño de 2010 polo ministro José Blanco e o seu homólogo portugués Antonio Mendonça. A súa posta en servizo supón un importante avance nas comunicacións da Eurorexión Galiza-Norte de Portugal.

A-8

A autovía do Cantábrico (A-8) e autoestrada do Cantábrico (AP-8) é unha vía terrestre de dobre calzada e sentido que se estende ao longo do norte de España paralela á costa do mar Cantábrico que comeza en Bilbao na unión da AP-8 coa AP-68 e remata en Baamonde (provincia de Lugo) onde liga coa A-6. Ten unha lonxitude de 486 quilómetros. Na Rede de Estradas Europeas ten a denominación E-70.

A partir de Bilbao a autoestrada AP-8 pasa a denominarse A-8 (non ten peaxe) e continúa cara a Galicia pasando por Santander, Xixón e Avilés, na rolda de Xixón conecta coa AS-I (autovía Mineira) que comunica con Langreo, Mieres e León. Tamén na circunvalación xixonesa conecta coa AS-II (autovía Industrial) novo eixo de comunicación entre Xixón e Oviedo. Nos arredores de Xixón está o nó de Serín que conecta coa A-66 en dirección Oviedo e León. Fai a circunvalación de Navia e atravesa a ría de Ribadeo pola ponte dos Santos. En Vilalba liga coa autoestrada Vilalba-As Pontes-Ferrol. Termina en Baamonde desembocando na A-6 entre A Coruña e Lugo.

AG-11

A AG-11 ou autovía do Barbanza é unha autovía autonómica galega que une os concellos de Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. A autovía xurdiu do desdobramento da antiga VR 1.1, a cal estaba soportando unha grande intensidade de tráfico e era pouco segura. A concesionaria para a súa construción e mantemento é Sacyr Concesiones, pertencente ó grupo Sacyr Vallehermoso.

Foi inaugurada o 14 de decembro de 2008 desde Padrón ata Rianxo, e entre Rianxo e Santa Uxía de Ribeira a mediados de abril de 2009. En Padrón conéctase coa N-550 contando ademais cun ramal de conexión coa AP-9 que posibilita tamén tomar a variante de Padrón da N-550 inaugurada no ano 2015.

Trátase dunha autovía con peaxe na sombra.

AG-41

A AG-41 é unha autovía autonómica galega que percorre a zona centro-sur do Salnés. Pasa polos concellos de Barro, Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo.

Ten saídas en Curro (á AP-9 e á PO-531), O Mosteiro (Meis), San Martiño de Meis, Ribadumia (cara a Cambados, Ribadumia e Barrantes), Xil (Meaño-Dena), o Parque Empresarial de Nantes e Sanxenxo. Tras esta saída, a autovía convértese no corredor galego VG-4.1 que chega á praia da Lanzada.

AG-46

A AG-46 ou Autovía do Morrazo é unha vía de alta capacidade, en construción desde 2015, dependente da Xunta de Galicia. A obra é consecuencia do desdobramento do CG-4.1 por mor da súa elevada sinistralidade e tráfico, especialmente en temporada estival. Está previsto que os primeiros tramos entren en servizo en 2018.

AG-56

A autovía AG-56 é unha vía de altas prestacións une a Autoestrada do Atlántico á altura do Rial de Conxo (Santiago de Compostela) co corredor CG-1.5 na localidade de Gontade (Os Ánxeles, Brión). Ten unha lonxitude aproximada de 12 km e é propiedade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

AG-58

A autovía de acceso a Cacheiras, é unha autovía autonómica galega, AG-58, comeza na autovía AG-59 e chega até Cacheiras logo duns 1,4 quilómetros. Está limitada a 100 km/h por se tratar dun pequeno tramo de 1,4 quilómetros.

Foi inaugurada a comezos do ano 2008, tras máis de dous anos de obras, que empezaran en maio do ano 2005.

AG-64

A Autovía Ferrol - Vilalba ou AG-64 é unha vía de altas prestacións autonómica galega, que une as cidades de Ferrol e Vilalba pasando polas Pontes de García Rodríguez.

Empeza na AC-116 no límite entre os concellos de Narón e Ferrol, e liga coa AC-861 nas Pontes de García Rodríguez, continúa a prolongación ata Vilalba e alí liga coa Autovía do Cantábrico (A-8). Ten nove ligazóns, das que oito son totais e unha parcial.

Esta autovía foi construída en catro fases: a primeira Ferrol - A Casanova entre 2003 e 2004; a segunda A Casanova - Igrexafeita en 2004, a terceira Igrexafeita - As Pontes, na que as obras concluíron finalmente en setembro de 2007 con máis dun ano de atraso debido á inestabilidade dun talude; e a cuarta As Pontes - Cabreiros entre 2005 e 2008, onde enlaza coa LU-540 cara a Muras e Viveiro. Houbo gran polémica pola destrución dos restos dun Círculo Lítico que se achaban en pleno trazado da autovía[Cómpre referencia].

En febreiro do 2010 foi posta en servizo o treito ata Vilalba, no treito Cabreiros - Vilalba, onde liga coa Autovía do Cantábrico, a A-8

CG-2.1

O CG-2.1 é un corredor galego e variante de poboacións que une as cidades de Monforte de Lemos e Lalín, pasando por Chantada, sendo unha alternativa ás estradas LU-533 e PO-533.

O seu trazado é válido para nun futuro poder ser desdobrada a súa calzada constituíndo unha autovía. É propiedade da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia.

CG-2.2

O CG-2.2 é un corredor galego de altas prestacións e variante de poboacións que une as cidades de Monforte de Lemos e Lugo, sendo unha alternativa á LU-546. O seu trazado é válido para nun futuro poder ser desdobrada a súa calzada constituíndo unha autovía. É propiedade da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia.

Cadoalla, Becerreá

San Pedro de Cadoalla é unha parroquia que se localiza no concello de Becerreá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 80 habitantes (41 mulleres e 39 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 86 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 64 habitantes, sendo 32 homes e 32 mulleres.

Nesta parroquia, a carón da N-VI e da autovía A-6, está un dos cinco touros de Osborne existentes en Galicia: valados publicitarios colocados á beira das estradas por toda España na segunda metade do século XX e declarados patrimonio cultural e artístico.

Colindres

Colindres é un municipio situado na parte oriental de Cantabria (España). O municipio é un cruzamento de camiños importante entre Santander, Bilbao e Burgos grazas a que por el pasan a Autovía do Cantábrico unindo Santander e Bilbao, a estrada N-629 que une Burgos con Colindres, e tamén a estrada N-634 que discorre por toda a costa cantábrica.

Colindres está formado por un único núcleo de poboación homónimo, con todo a poboación de Colindres divídese en dúas zonas diferenciadas coñecidas popularmente como Colindres de arriba (casco antigo) e Colindres de abaixo (parte moderna). Actualmente estas dúas partes están separadas pola Autovía do Cantábrico, xa que o seu trazado discorre entre as dúas.

Ten unha poboación de 7.677 habitantes.

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Sant Quirze de Besora

Sant Quirze de Besora é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña. Pertence á comarca de Osona, aínda que ata 1989 pertenceu á do Ripollès.

Atópase no val do río Ter, a 20 km de Vic e 90 km da cidade de Barcelona. Está situado xunto á autovía C-17 que une Barcelona con Ripoll. Tamén pasa polo concello a liña férrea que une a capital catalá con Puigcerdà.

Tiña en 2016 unha poboación de 2.125 habitantes.

Toreno

Toreno é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 3.595 habitantes (INE 2012). Está situado a 108 quilómetros de León, a través de Bembibre e a 23 quilómetros de autovía (CL-631) de Ponferrada.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.