Autoridade Nacional Palestina

A Autoridade Nacional Palestina (ANP; árabe: السلطة الوطنية الفلسطينية As-Sulṭah Al-Waṭaniyyah Al-Filasṭīniyyah) é a organización administrativa establecida para gobernar Cisxordania e a Faixa de Gaza, a raíz dos acordos de Oslo de 1993.[6][7] Tralas eleccións de 2006 e o conseguinte Conflito de Gaza entre Fatah e Hamás, o seu dominio reduciuse só ata a Faixa de Gaza. Fundada orixinalmente co nome de Autoridade Nacional Palestina, o goberno de Fatah renomeouno co nome de Estado de Palestina despois de que Nacións Unidas o recoñecera mediante votación como Estado observador non membro.[8]

A Autoridade Nacional Palestina formouse en 1994, conforme aos acordos de Oslo entre a Organización para a Liberación de Palestina (OLP) e o goberno de Israel, como un goberno provisional de 5 anos. As negociacións posteriores, que se debían celebrar entre as dúas partes, estaban destinadas buscar un status final para o estado palestino. A día de hoxe, máis de dezasete anos despois da creación da Autoridade, este status aínda non se alcanzou.

Segundo os acordos de Oslo, a Autoridade Palestina designouse exclusivamente para controlar asuntos relacionados coa seguridade e cos civís palestinos nas zonas urbanas (coñecidas como "Area A") e só o control civil nas zonas rurais de Palestina ("Area B"). O resto dos territorios, incluíndo Asentamentos israelís, o Val do Xordán rexións e estradas entre comunidades palestinas, debían estar baixo control israelí ("Area C"). Xerusalén Leste non se incluíu nos acordos. Co tempo, os cambios políticos provocaron que os ámbitos controlados pola Autoridade tamén cambiaran. As negociacións con varios gobernos israelís lograron que a Autoridade conseguira un maior control nalgunhas áreas, pero este control perdeuse cando as Forzas de Defensa de Israel recuperou varias posicións estratéxicas durante a Intifada de Al-Aqsa. En 2005, despois da Segunda Intifada, Israel retirouse unilateralmente dos seus asentamentos na Faixa de Gaza, estendendo así o control palestino en toda a rexión.

Nas Eleccións Lexislativas Palestinas celebradas o 25 de xaneiro de 2006, Hamás saíu vitorioso e nomeou a Ismail Haniyeh Primeiro Ministro. Porén, o goberno de unidade nacional palestino derrubouse cun violento conflito entre Hamás e Fatah, especialmente na Faixa de Gaza. Despois de que a Batalla de Gaza de 2007, coa que Hamás pasou a controlar a zona, o presidente Mahmoud Abbas despediu ao goberno liderado por Hamás nomeou a Salam Fayyad Primeiro Ministro. Aínda que o novo goberno reclamou autoridade sobre todos os territorios palestinos o control de Hamás na Faixa de Gaza provocou que o goberno só controlara Cisxordania. O presuposto da Autoridade provén principalmente de programas de axuda exterior e da Liga Árabe, mentres que o goberno de Gaza dependía na súa maior parte de Irán, ata o comezo da Primavera árabe.

Dende 2007, a Autoridade Nacional Palestina continuou supervisando os territorios palestinos en Cisxordania, mentres que o goberno da Hamás continuou controlando a Faixa de Gaza. Un acordo de reconciliación para unir a ambos gobernos, firmado no Cairo en 2011, ratificado no 2012. Porén, novas tensións entre eles, ademais dos efectos da Primavera árabe (especialmente a guerra civil siria), atrasaron a súa aplicación. En 2011, representantes da Autoridade non conseguiron mellorar o seu status nas Nacións Unidas, aínda que o seu status finalmente cambiou a membro de pleno dereito. En xullo de 2012, o goberno de Hamás en Gaza considerou a declaración de independencia da Faixa de Gaza, co apoio de Exipto.[9]

En agosto de 2012, o Ministro de Asuntos Exteriores Riyad al-Malki informou aos periodistas en Ramala que a Autoridade pediría o status de país observador na Asemblea Xeral das Nacións Unidas.[10] O 29 de novembro de 2012, a Asemblea aprobou a Resolución 67/19, cambiando o status de "estado non membro" cunha votación con 138 votos contra 9, con 41 abstencións. Isto implicou o recoñecemento da súa soberanía.[11][12]

Autoridade Nacional Palestina السلطة الفلسطينية
As-Sulṭah Al-Filasṭīniyyah
Bandeira de Palestina
Escudo de Palestina
BandeiraEscudo
Zones A and B in the occupied palestinian territories
Himno: [[Biladi]]
Capital
 • Poboación
Ramala (Faixa de Gaza)
Xerusalén proclamouse
como a capital de Palestina.
[1]
Cidade máis poboadaGaza
Linguas oficiaisÁrabe[2]
Forma de gobernoProvisional (semipresidencialista)[3]
Presidente
Primeiro Ministro
Mahmoud Abbas
Rami Hamdallah
Fundación4 de maio de 1994
 • Totaln/d
PoboaciónPosto 126º
 • Total2,124,515[4]3 hab.
 • Densidaden/d
PIB (nominal)Posto –º
PIB (PPA)Posto –º
 • Total (2009)$12.79 mil millóns[4]
 • per cápita$2,900[4]
MoedaNovo shekel[5] (ISO 4217)
XentilicioPalestino, Palestina
Fuso horario+2
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.ps, فلسطين.
Prefixo telefónico+970, +972
Prefixo radiofónicon/d
Código ISOISO 3166-1
1 O mandato de Abbas rematou o 9 de xaneiro de 2009, o que provocou unha crise constitucional. Abbas prorrogou unilateralmente o seu mandato un ano, mentres Duwaik, como presidente do Consello Lexislativo Palestino, asumiu o goberno
2 Haniyeh foi despedido polo presidente Abbas, en favor de Fayad. Xunto co Consello Lexislativo Palestino, porén, Haniyeh non recoñeceu a lexitimidade do seu despido. Dende o 14 de xuño de 2007, Haniyeh exerceu de facto o poder na Faixa de Gaza, mentres que o goberno de Fayad ostenta o poder en Cisxordania.
3 Segundo The World Factbook, o 83% dos 2,622,544 (2012) habitantes de Cisxordania son árabes, 311,100 son Colonos israelís; e aproximadamente 186,929 colonos israelís viven en Xerusalén Leste.

Visión xeral

A Autoridade Nacional Palestina é un Goberno provisional establecido segundo os acordos de Oslo[13] despois de que Israel asumira responsabilidades militares nos centros de poboación palestinos (Area A), en Cisxordania e na Faixa de Gaza, ata que se alcance un acordo definitivo con Israel sobre o status final de Palestina.[14][15] As responsabilidades administrativas outorgadas á Autoridade Ncional Palestina limítanse a asuntos civís e seguridade interna, e non inclúen seguridade ou asuntos exteriores.[15] Os palestinos residentes no exterior e en Israel non poden votar para elixir aos cargos da Autoridade Nacional Palestina.[16] A ANP non debe confundirse coa Organización para a Liberación de Palestina (OlP) que segue sendo recoñecida internacionalmente como o goberno lexítimo do pobo palestino, en representación deste nas Nacións Unidas baixo o nome de "Palestina".[17][18]

A ANP recibiu axuda financeira da Unión Europea e dos Estados Unidos (aproximadamente USD 1 bln. entre os dous en 2005). Suspendéronse todas as axudas directas o 7 de abril de 2006, pola vitoria de Hamás nas eleccións parlamentarias.[19][20] Pouco despois, o pago da axuda reanudouse, pero entregándoa directamente nas oficinas de Mahmoud Abbas en Cisxordania.[21] O Conflito entre Hamás e Fatah provocou que Hamás tomara o control da administración de todas as institucións da Autoridade Nacional Palestina na Faixa de Gaza. Dende o 9 de xaneiro de 2009, cando o mandato de Mahmoud Abbas como presidente debería ter rematado e ser convocadas as eleccións, partidarios de Hamás, moitos na Faixa de Gaza, retiráronlle o apoio ao presidente e no seu lugar apoiaron a Aziz Dweik, que fora presidente da Cámara do Consello Lexislativo Palestino, para ser presidente interino ata as novas eleccións.[22][23] Os gobernos occidentais, que só recoñecían a Abbas como presidente, non lle deron ningunha axuda internacional á ANP.

O Aeroporto Internacional de Gaza construíuno a ANP na cidade de Rafah, pero só estivo operativo durante un curto período de tempo, antes de ser destruído por Israel Intifada de Al-Aqsa no ano 2000. Tamén se comezou a construír un porto, pero nunca foi rematado (Véxase máis adiante).

Nos acordos de Oslo pediuse a creación dunha forza policial palestina.[15] A primeira Policía palestina de 9000 homes despregouse en Xericó en 1994, e despois en Gaza.[15] Estas forzas loitaron inicialmente por controlar a seguridade nas zonas nas que tiñan un control parcial.[15] Estímase que en 1996 as forzas de seguridade da ANP incorporaron entre 40000 e 80000 recrutas.[24] As forzas de seguridade utilizan algúns vehículos blindados e un número limitado de armas automáticas.[25] Algúns palestinos opóñense ou critican o proceso de paz das forzas de seguridade palestina ao ser maior que o de Israel.[15]

Algúns palestinos dependen do acceso ao mercado laboral israelí. Durante a década de 1990, algunhas empresas israelís comezaron a substituír aos traballadores palestinos por outros estranxeiros. O proceso encontrouse con problemas de seguridade económica. Este dano á economía palestina, especialmente na Faixa de Gaza, onde 45.7% da poboación vive por debaixo do limiar de pobreza, segundo CIA World Factbook, pero tamén afectou a Cisxordania.

Historia

Creación

Bill Clinton, Yitzhak Rabin, Yasser Arafat at the White House 1993-09-13
Yitzhak Rabin, Bill Clinton e Yasser Arafat no acto da firma dos Acordos de Oslo o 13 de setembro de 1993.

Os Acordos de Oslo firmáronse o 13 de setembro de 1993 entre a Organización para a Liberación de Palestina (OLP) e Israel. O acordo no cal se detallaba a creación da Autoridade Nacional Palestina firmouse o 4 de maio de 1994.[Cómpre referencia] Esta era unha organización provisional creada para administrar de forma limitada un autogoberno palestino durante un período de cinco anos, tempo no que as negociacións sobre o status final terían lugar.[26][27][28] O Consello Central Palestino, actuou en nome do Consello Nacional Palestino da OLP, executando este acordo nunha reunión celebrada en Tunes do 10 ao 11 de outubro de 1993, facendo á Autoridade Nacional Palestina responsable ante o Comité Executivo para a Liberación de Palestina.[29]

As eleccións xerais da súa primeira asemblea lexislativa, o Consello Lexislativo Palestino, o 20 de xaneiro de 1996.[29] O mandato remataba o 4 de maio de 1999, pero as eleccións non se celebraron debido á "situación coartiva existente".[29]

Segunda Intifada

Dende o comezo da Segunda Intifada, a ANP neutralizou tanto territorios palestinos (Faixa de Gaza e Cisxordania como no estranxeiro. Ariel Sharon e a administración Bush negáronse a negociar con Yasser Arafat, líder da Organización para a Liberación de Palestina e posteriormente presidente da ANP, de quen aseguraron que formaba "parte do problema" (en relación co conflito árabe-israelí) e non da solución. Israel tamén apuntou ás infraestruturas da Autoridade Nacional Palestina; en particular pecharon zonas do mar palestinas e aeroportos, alegando que eran utilizados para transportar terroristas e o seu equipamento. As incursións de Israel durante a Intifada tamén provocaron danos en parte da infraestrutura informática palestina.

Os palestinos criticaron estas medidas, xa que defenden que a Autoridade Nacional Palestina está preto de colapsarse, e xa non é capaz de cumprir cos seus compromisos internos e externos. A ONU respondeu que isto era "algo bo". Esta constante deterioración dos recursos e infraestruturas da ANP, denunciárono a propia Autoridade e algúns dos seus colaboradores da Unión Europea, dicindo que Israel está a tratar deliberadamente de limitar os poderes da ANP para facer cumprir a lei, co fin de crear unha imaxe de terrorismo e anarquía nos territorios palestinos.

Notas

  1. The Palestine Basic Law Arquivado 16 de marzo de 2010 en Wayback Machine., approved by the PLC in May 2002, states in article 3 that "Jerusalem is the Capital of Palestine". Ramallah serves as the administrative capital and the location of government institutions and representative offices of Australia, Brazil, Canada, Colombia, the Czech Republic, Denmark, Finland, Germany, Malta, the Netherlands, South Africa and Switzerland. Jerusalem's final status awaits further negotiation between Israel and the Palestinian Authority (see, for example, "Negotiating Jerusalem", University of Maryland Arquivado 14 de maio de 2006 en Wayback Machine.). The United Nations and most countries do not accept Israel's claim over the whole of Jerusalem (see Kellerman 1993, p. 140) and maintain their embassies to Israel in other cities (see the CIA Factbook).
  2. The Palestine Basic Law Arquivado 18 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., approved by the PLC in March 2003, states in article 4 that "Arabic shall be the official language."
  3. Elections have not been held since 2006 ("The Palestinian Authority".).
  4. 4,0 4,1 4,2 "CIA – The World Factbook". cia.gov.
  5. According to Article 4 of the 1994 Paris Protocol ([1]). The Protocol allows the Palestinian Authority to adopt additional currencies. In the West Bank, the Jordanian dinar is widely accepted, while the Egyptian pound is often used in the Gaza Strip.
  6. "The Palestinian Authority".
  7. "The Palestinian government". CNN. 5 Abril de 2001. Consultado o 2012-11-26.
  8. ONU (29 de novembro de 2012). "Asamblea General acepta a Palestina como Estado observador no miembro de la ONU" (en (en castelán)). Consultado o 5 de setembro de 2013.
  9. "Report of possible Gaza independence stirs debate". Al Arabiya. 31 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2012. Consultado o 2012-11-26.
  10. "Palestinians to renew U.N. statehood drive in September". Al Arabiya. 4 August 2012. Arquivado dende o orixinal o 01/03/2013. Consultado o 2012-11-26.
  11. "Palestinians win implicit U.N. recognition of sovereign state". Reuters. 29 de novembro de 2012. Consultado o 29 November 2012.
  12. "UN makes Palestine nonmember state". 3 News NZ. 30 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2012.
  13. Agreement on Preparatory Transfer of Powers and Responsibilities Between Israel and the PLO, Article 1
  14. Martijn Schoonvelde (26 de xuño de 2009). "Palestinian Territories". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2009. Consultado o 26 de xullo de 2009.
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 Eur 2003, p. 521
  16. Rothstein 1999, p. 63
  17. Brown 2003, p. 49
  18. Watson 2000, p. 62
  19. "US suspends aid to Palestinians". BBC News. 7 de abril de 2006. Consultado o 7 de abril de 2006.
  20. "Abbas warns of financial crisis". BBC News. 20 de febreiro de 2006. Consultado o 19 de febreiro de 2006.
  21. Akiva Eldar. "U.S. to allow PA funds to be channeled through Abbas office". Haaretz.
  22. Patrick Martin (18 de xullo de 2009). "Fancy that, a moderate in Hamas". The Globe and Mail (Toronto). Consultado o 3 de agosto de 2009.
  23. "Hamas Says Dweik 'Real President' until Elections are Held". Al-Manar. 25 de xuño de 2006. Consultado o 3 de agosto de 2009.[Ligazón morta]
  24. David Hirst, "The New Oppressor of the Palestinians," Guardian (London), 6 xullo de 1996, reimpreso en World Press Review, outubro de 1996, p. 11. Hirst suggests that there are 40,000–50,000 security officers. For Israeli press reports about there being 40,000 officers, see Steve Rodan, "Gov't: PA Has 16,000 More Policemen than Permitted by Oslo," Jerusalem Post (international edition), 2 de maio de 1998, p. 3. According to The Jerusalem Post, Israeli defense sources said in September 1996 that the number of armed men in the PA had risen to 80,000. See Steve Rodan, "Palestinians Have 80,000 Armed Fighters," Jerusalem Post, 27 de setembro de 1996, p. 5.
  25. "The Israeli-Palestinian Interim Agreement on the West Bank and the Gaza Strip". JewishVirtualLibrary.org. Consultado o 19 de febreiro de 2006.
  26. Oslo Accords, Article I
  27. Oslo Accords, Article V
  28. Gaza–Jericho Agreement, Article XXIII, Section 3
  29. 29,0 29,1 29,2 Pages 44–49 of the written statement submitted by Palestine, 29 de xaneiro de 2004, in the International Court of Justice Advisory Proceedings on the Legal Consequences of the Construction of a Wall in the Occupied Palestinian Territory, referred to the court by U.N. General Assembly resolución A/RES/ES-10/14 (A/ES-10/L.16) adoptada o 8 de decembro de 2003 na 23rd Meeting of the Resumed Tenth Emergency Special Session.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
.ps

.ps é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para a Autoridade Nacional Palestina.

2004

2004 foi ano santo xacobeo.

Abu Dis

Abu Dis (en árabe: أبو ديس) é unha cidade da Autoridade Nacional Palestina preto de Xerusalén. Dende 1995 co Acordo provisional sobre Cisxordania e a Faixa de Gaza, Abu Dis forma parte da "Area B", baixo o control conxunto de Israel e Palestina. Segundo o censo da Oficina Central de Estatísticas de Palestina (PCBS), Abu Dis ten unha poboación de 10 782 persoas, datos do 2007.

Bandeira de Palestina

A bandeira de Palestina (en árabe: علم فلسطين) está baseada na Bandeira da Revolta Árabe, e é empregada para representar ó pobo palestino (dende 1964), e á Autoridade Nacional Palestina.

Cisxordania

Cisxordania (árabe: ضفة غربية ), así chamada por se atopar na marxe oeste do río Xordán) é o nome moderno para a parte central do antigo protectorado británico de Palestina que ficou baixo administración xordana tras o armisticio que puxo fin á guerra declarada a causa do establecemento do estado de Israel en 1948. Corresponde en termos xerais coas rexións bíblicas de Xudea e Samaria, aínda que o uso destes nomes na actualidade asóciase aos sectores isarelíes que aspiran á anexión dos territorios. Delimitada ao leste polo Xordán e mailo Mar Morto, e ao oeste pola chamada Liña Verde, que a separa do estado de Israel, Cisxordania, que tén entre 20 e 40 quilómetros de ancho, non pertence formalmente a ningún país na actualidade, e a ONU considéraa oficialmente "ocupada por Israel".

De acordo ao mandato de Nacións Unidas que dictaminou a partición de Palestina nun territorio xudeu e mais un árabe, Cisxordania estaba destinada a albergar este último; a cidade de Xerusalén e os poboados darredor quedarían baixo control internacional. Non obstante, durante a guerra Árabe-Israelí de 1948, o territorio ficou baixo control xordano, e en 1950 Xordania anunciou oficialmente o seu intención de anexalo, que non foi recoñecida internacionalmente. Xunto coa Faixa de Gaza, Cisxordania foi ocupada militarmente por Israel cando a Guerra dos seis días de 1967; o controvertido plan de colonización impulsado polo Likud levou á construción de numerosos asentamentos, comunicados entre si por estradas de circunvalación (de uso exclusivo para colonos). O status da parte oriental de Xerusalén é aínda máis confuso; Israel non a recoñece como parte dos territorios ocupados, aínda que en principio esta estaba comprendida nas áreas suxeitas á Resolución 242 do Consello de Seguridade que puxo fin ao conflito de 1967.

Desde 1993 impídese a unha gran parte da poboación palestina de Cisxordania o acceso diario a Xerusalén Leste, reivindicada como capital de Cisxordania.

Israel está rematando a construción dun muro que separará a Israel da Cisxordania. Este muro é moi controvertido, ao deixar partes da Cisxordania da banda israelí do muro, co cal significa unha anexión de facto. Ademais, este muro provoca o aillamento de milleiros de palestinos, incluso partindo pobos pola metade.

Tras os Acordos de Oslo a poboación palestina de Cisxordania tén acceso a un limitado autogoberno, encarnado na Autoridade Nacional Palestina. É en Cisxordania e na Faixa de Gaza onde se debería constituír o futuro estado palestino independente.

A principal cidade de Cisxordania é Xerusalén oriental, sendo o seu centro xeográfico, cultural, relixioso, turístico, e principal mercado. Otras cidades son, ao sur, Belén e Hebrón; ao leste Xericó; ao norte está Ramallah; e Nablús, cidade monumental e centro industrial.

En Cisxordania existen máis de 200 asentamentos israelís. Tamén existen 9 campos de refuxados palestinos, resultado da súa expulsión doutras zonas de Israel polo estado xudeu.

A poboación no ano 2001 era de 2,1 millóns de habitantes, dos cales, 235.000 viven en Xerusalén oriental; 140.000 na cidade de Hebrón; e 116.000 en Nablús. Nos 19 campos de refuxiados de Cisxordania viven unhas 150.000 persoas. Nos asentamentos israelís viven uns 400.000 habitantes, a metade aproximadamente en Xerusalén Leste.

Consello Lexislativo Palestino

O Consello Lexislativo Palestino (ás veces referido ao Parlamento Palestino), o poder lexislativo da Autoridade Nacional Palestina, é unha unicamera con 132 membros, elixidos nos 16 distritos electorais en Cisxordania e Gaza. A sede do Consello Lexislativo Palestino está Rimal, Gaza.As primeiras eleccións ao Consello tiveron lugar en 1996 e Fatah ocupou 49 dos 88 asentos. O Consello Lexislativo Palestino aprobou unha nova lei en xuño de 2005, incrementando o número de membros de 88 a 132, dos cales a metade son elixidos mediante un sistema de Representación proporcional e a outra metade por escrutinio maioritario plurinomial. Tiveron lugar unhas novas eleccións o 25 de xaneiro de 2006.

O Consello Lexislativo Palestino non puido gobernar debido a que algúns dos seus membros están presos por Israel, o Conflito entre Hamás e Fatah e o aprazamento indefinido das eleccións por parte dos dirixentes de Fatah.O emblema utilizado polo Consello Lexislativo Palestino coñécese como "Aguia de Saladino."

A sede do Consello bombardeouna o exercito israelí o 20 de novembro de 2012.

Eleccións lexislativas de Palestina de 2006

O 25 de xaneiro de 2006, celebráronse as eleccións para o Consello Lexislativo Palestino (CLP), o poder lexislativo da Autoridade Nacional Palestina (ANP). Esta foi a primeira elección para o CLP dende 1996; ás eleccións anteriores atrasáranse en varias ocasións debido ao conflito árabe-israelí. Puideron votar os habitantes da Faixa de Gaza e Cisxordania, incluíndo Xerusalén Leste.

Os resultados finais mostraron a vitoria de Hamás, con 74 escanos, contra os 45 de Fatah, o que lle deu a Hamás unha maioría absoluta, 75 de 132 deputados, permitíndolle formar un goberno sen ter que chegar a alianzas.

Das listas electorais, Hamás recibiu o 44,45 % e Fatah o 41,43 % e nos Distritos electorais, Hamás recibiu o 41,73 % contra o 36,96 %.O Primeiro Ministro, Ahmed Qurei, matívose no poder como interino, pola petición do presidente Mahmoud Abbas, ata o 19 de febreiro, cando o líder de Hamás Ismail Haniya formou un novo goberno.

En resposta á vitoria de Hamás e ao conseguinte conflito con Fatah, o Cuarteto, un importante apoio financeiro da ANP, conxelou os fondos desta tralas eleccións, ademais Israel retivo os ingresos fiscais recaudados no nome da Autoridade Nacional Palestina, o que fixo que se desplomase a economía.

Escudo de Palestina

O Escudo da Autoridade Nacional Palestina é un escudo de armas utilizado pola Autoridade Nacional Palestina. Ten as cores panárabes da bandeira de Palestina sobre un escudo da Aguia de Saladino. A continuación, un pergamiño di: "السلطة الفلسطينية", ou "Autoridade Nacional Palestina" en árabe.

Estado de Palestina

Palestina (Árabe: فلسطين, Filasṭīn, Falasṭīn ou Filisṭīn), oficialmente declarado como o Estado de Palestina (Árabe: دولة فلسطين, Dawlat Filasṭin), é un Estado con recoñecemento limitado situado no Oriente Medio, máis concretamente no Levante mediterráneo, e que limita con Israel, Xordania, Exipto e a ribeira sudoriental do mar Mediterráneo. Tamén é considerado un protoestado. Foi proclamado no exilio en Alxer o 15 de novembro de 1988, cando o Consello Nacional da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) adoptou a declaración de independencia de Palestina de forma unilateral. Nese tempo a OLP non exercía control sobre territorio algún, e era un goberno no exilio. Aínda hoxe parte do territorio reclamado mantense baixo ocupación israelí. Reivindica os territorios palestinos definidos antes da guerra de 1967, e designou a Xerusalén Leste como a súa capital. En 1994, conforme aos acordos de Oslo entre a OLP e o Goberno de Israel, foi establecida a Autoridade Nacional Palestina como unha entidade administrativa transitoria. O 31 de outubro de 2011, foi admitida como membro número 195 da UNESCO, como estado membro de pleno dereito.O 29 de novembro de 2012 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Resolución 67/19 (proxecto de resolución A/67/L.28) en virtude da cal concedeu a Palestina a condición de «Estado observador non membro» da organización, reafirmando ademais o dereito do pobo palestino a un territorio baixo as fronteiras definidas antes da Guerra de 1967. Esta resolución non implica aínda a admisión de Palestina como membro pleno da organización, pois para iso necesitaríase da aprobación do Consello de Seguridade das Nacións Unidas no cal Estados Unidos se opón.

O 17 de decembro de 2014 o Parlamento Europeo apoiou publicamente o recoñecemento do Estado de Palestina, tras facelo os parlamentos de varios países membros como Reino Unido, España, Francia, Irlanda e Italia. O recoñecemento do Parlamento Europeo e dos parlamentos nacionais é puramente simbólico, xa que o recoñecemento efectivo débeno realizar cada un dos gobernos dos estados membros. Na actualidade, o único país da UE que o recoñeceu sendo xa membro da Unión foi Suecia, en maio de 2015 tamén foi recoñecido oficialmente pola Santa Sé.

Faixa de Gaza

Este é un artigo sobre un territorio de Palestina, de procurar outro artigo de igual nome vexa Gaza.

A Faixa de Gaza (قطاع غزة , Qita' Ghazzah en árabe; רצועת עזה , Retzu'at 'Azza en hebreo) é un territorio baixo a xurisdición da Autoridade Nacional Palestina, aínda que de iure non forma parte de ningún Estado soberano. Os palestinos afirman que está baixo ocupación militar de Israel, quen nega esa afirmación, sobre todo tras o seu Plan de retirada de 2005. O territorio está limitado ao norte e leste por Israel, ao sur por Exipto e ao oeste polo Mar Mediterráneo. Principal cidade: Gaza.

Iasir Arafat

Muhamad Iasir Abdul Rahman Abdul Rauf Arafat (en árabe: محمد ياسر عبد الرحمن عبد الرؤوف عرفات), popularmente coñecido como Iasir Arafat (en árabe: ياسر عرفات), ou polo seu nome kunya Abu Amar (en árabe: أبو عمار), nado en Xerusalén ou no Cairo, o 4 ou 24 de agosto de 1929 e finado en París o 11 de novembro de 2004, foi un líder palestino, presidente da OLP (Organización para a Liberación de Palestina e da ANP (Autoridade Nacional Palestina).

Ismail Haniya

Ismail Haniyeh (nado no 1962 en Gaza) (Árabe:إسماعيل هنية) é o maior líder político do grupo terrorista Hamas, un grupo que reivindicou numerosos bombardeos de suicidio sobre a civís, e foi nomeado para ser o próximo primeiro ministro da Autoridade Nacional Palestina. Segundo Al-Jazeera, " Haniyeh, a diferenza dalgúns outros líderes de Hamas, evitou suxerir ' a destrución de Israel '. " Haniyeh polo tanto é visto como un líder "pragmático" de Hamas. Foi proposto o 16 de febreiro de 2006 como o novo primeiro ministro despois da vitoria de Hamas nas eleccións lexislativas palestinas do 25 de xaneiro 2006. Antes da elección, Haniyeh foi votado internamente no alto da lista de candidatos por Hamas, facéndose o contendor principal da posición, actualmente sostida por Ahmed Qurei.

Mahmoud Abbas

Mahmud Abbas (en árabe:محمود عباس), nado o 26 de marzo de 1935 en Safad, Galilea, é o presidente (rais) da Autoridade Nacional Palestina (ANP) desde o 9 de xaneiro de 2005.

Novo shekel

Para a unidade monetaria da Antigüidade, ver Siclo.

O novo shekel, NIS polas súas siglas en inglés, é a moeda de curso legal en Israel e, xuntamente co dinar xordano, tamén da Autoridade Nacional Palestina. Divídese en 100 agorot.

O novo shekel adoptouse en 1985, en substitución do anterior shekel ou siclo, a razón de 1000 dos antigos por cada novo shekel. Emitido polo Banco de Israel (en hebreo: בנק ישראל), Banq Israel / بنك اسرائيل Bank Isrā'īl), circulan moedas 10 agorot e de ½, 1, 2, 5 e 10 shekels, e billetes de 20, 50, 100 e 200 shekels.

O código ISO 4217 é ILS e a súa abreviatura é o símbolo ₪ –unha combinación das iniciais hebreas das palabras shekel (ש) e jadash (ח) – ou ben se abrevia שח (pronunciado shaj). Divídese en 100 agorot (en hebreo: אגורות); en singular agorá (en hebreo: אגורה); en árabe اغورة, agūra). Desde o 1 de xaneiro de 2003 o NIS é unha moeda libremente convertible.

Organización para a Cooperación Islámica

A Organización para a Cooperación Islámica (OCI, en árabe:منظمة التعاون الإسلامي‎, en francés: Organisation de la coopération islamique, até 2011 coñecida como Organización da Conferencia Islámica (en árabe:منظمة المؤتمر الإسلامي, en francés: Organisation de la Conférence Islamique), é un organismo internacional que agrupa aos estados de confesión musulmá, que foi creado en 1969 durante a Conferencia de Rabat e formalizada dous anos despois. A súa sede está en Jeddah (Arabia Saudita). Conta con cincuenta e sete membros, incluíndo á representación da Autoridade Nacional Palestina.

As súas accións circunscríbense á actividade colaborativa entre os seus membros, sobre todo na loita contra o imperialismo, o neocolonialismo e a emancipación de Palestina. Historicamente celebráronse diversos congresos que contribuíron co seu desenvolvemento: Lahore (1974), A Meca (1981), Casablanca (1984), Kuwait (1987), Dakar (1991). A súa repercusión é menor que a da Liga Árabe.

Palestinian Broadcasting Corporation

The Palestinian Broadcasting Corporation (en árabe: "هيئة الإذاعة و التلفزيون الفلسطينية") (PBC) é a empresa pública de radiodifusión da Autoridade Nacional Palestina. É un membro asociado á Unión Europea de Radiodifusión.

Rafa, Palestina

Rafa (en árabe رفح, en hebreo רפיח) é unha cidade palestina da Faixa de Gaza, na fronteira exipcia, e administrada pola Autoridade Nacional Palestina. A cidade é o maior núcleo de poboación na frontera entre a Faixaa de Gaza e Exipto, cunha poboación estimada de 130.000 habitantes, dos que uns 84.000 residen en campos de refuxiados próximos.

Ramala

Ramala (en árabe: رام الله, "Rāmallāh" ; componse de “Ram,” unha palabra aramea, que significa “lugar alto ou montaña” e “Allah”, palabra árabe para Deus: literalmente significa "Altura de Deus") é unha cidade palestina no centro de Cisxordania, a 10 quilómetros ao norte de Xerusalén, xunto a Al-Bira. Actualmente é a capital da Autoridade Nacional Palestina. Cunha poboación dunhas 300.000 persoas, incluíndo a poboación veciña de Al-Bira, Ramala foi tradicionalmente unha cidade cristiá, pero hoxe en día a maioría da poboación é musulmá, os cristiáns son unha importante minoría.

Salam Fayyad

Salam Fayyad (en árabe: سلام فياض, Salām Fayāḍ), nado en 1952, é un político palestino, antigo Primeiro Ministro da Autoridade Nacional Palestina. O seu primeiro nomeamento foi o 15 de xuño de 2007, xustificado polo Presidente Abbas pola situación de "emerxencia nacional", non foi confirmado polo Consello Lexislativo Palestino. Foi nomeado de novo o de 19 de maio de 2009, até o 6 de xuño de 2013. Fayyad tamén foi o Ministro de Economía dende o 17 de marzo de 2007 e anteriormente ocupou este mesmo cargo dende xuño de 2002 a novembro de 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.