Autoestrada Central Galega

A Autoestrada Central Galega ou Autoestrada Santiago - Ourense é unha vía de altas prestacións que interconecta estas dúas cidades, enlazando a AP-9 coa A-52 respectivamente. A vía divídese en dous treitos, dende Santiago de Compostela ata o Alto de Santo Domingo (Dozón) é coñecida como AP-53, de peaxe e dependente do Ministerio de Fomento, mentres que dende Dozón ata o enlace coa A-52 preto de Ourense é coñecida como AG-53, dependente da Xunta de Galicia e ceibe de pago.

A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios[1], mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios[2] ós oito meses da súa posta en servizo.

AP-53 / AG-53
Autoestrada Central Galega
AG-53 por Listanco
TipoloxíaAutoestrada de peaxe / Autovía
RedeRede de estradas do Estado - Rede de estradas de Galicia
Lonxitude87 km
Localización
InicioSantiago de Compostela
FinOurense - A-52

Construción

O proxecto da autoestrada iníciase baixo o mandato na Xunta de Manuel Fraga e con Xosé Cuíña como conselleiro de Política Territorial. A idea é unha autoestrada de peaxe de competencia estatal para unir Santiago e Ourense. Así en outubro de 1999 adxudícase a obra da AP-53 a unha agrupación de trece empresas e o dereito para a concesionaria, ACEGA, de cobrar peaxe durante 75 anos (ata ó 2074). Para a construción a Xunta tivo que achegar 60 millóns de euros a fondo perdido, mentres que Fomento fixo un préstamo doutros 60 millóns e a concesionaria achegou 162 millóns. A construción levouse a cabo por treitos:

Tramo Lonxitude (km) Inauguración
Santiago de Compostela - Silleda 33 Decembro 2002
Silleda - Lalín Leste 13 Decembro 2003
Lalín Leste - Alto de Santo Domingo (Dozón) 10 Xuño 2004

O goberno central de José María Aznar rexeita a construción do treito Dozón - Ourense por mor do escaso tráfico da AP-53. A Xunta toma a iniciativa de rematar a autoestrada ata Ourense en solitario creando, en xullo de 2003, a sociedade pública ACEOUSA, para a construción e explotación da vía e facendo un investimento de 178,9 millóns de euros. Está é a razón pola cal a autoestrada cambia de nome nese tramo. A AG-53 é construída en dous treitos:

Tramo Lonxitude (km) Inauguración
Alto de Santo Domingo (Dozón) - San Cristovo de Cea 17 Outubro 2007
San Cristovo de Cea - Barbantes (enlace A-52) 14 Abril 2009

A Xunta de Emilio Pérez Touriño libera a AG-53 de peaxe para os usuarios, establecendo unha peaxe na sombra, baixo a cal é a Xunta quen paga directamente á concesionaria (ACEOUSA). Tamén modifica a saída de Piñor creando un enlace completo no canto dun semienlace só con Ourense como se tiña proxectado.

A autoestrada ó completo ponse en servizo ó 25 de abril do 2009 sen acto inaugural, tras un comunicado da garda civil de tráfico de Ourense[3]. A razón de que non houbera acto político inaugural, fora o recente cambio de goberno que se produciu, e ó novo executivo non lle correspondía inaugurala. A placa de inauguración autoestrada di "O último treito da autoestrada Santiago - Ourense foi inaugurado ó 25 de abril do 2009. Sirva esta placa en lembranza ós que participaron no seu deseño e construción."[4]

O ramal ao Carballiño denominado AG-54, é un treito de autovía de 5 quilómetros que conecta Maside e a capital da comarca ca AG-53. O investimento neste ramal estaba presupostado na construción da AG-53. Inaugurouse en outubro de 2009.

Peaxe

O treito de autoestrada xestionado por ACEGA (Autoestrada Central Galega C.E.S.A.) consta de dúas estacións semitroncais de peaxe (en Vedra e Ponte) e tres accesos (Ribadulla, A Bandeira e Ponte, Silleda). Os tres accesos de Lalín son libres de peaxe, facendo así de circunvalación exterior da vila, tamén está libre de pago o semienlace de Dozón.

O treito xestionado por ACEOUSA (Autoestrada Central Ourense SA) é sufragado pola Xunta en función dos vehículos que a utilicen. O prezo por quilómetro que a Xunta ten que pagar é o mesmo que o que pagan os usuarios na AP-53[5].

Problemática da peaxe

O traxecto dende Santiago ata Dozón cóbrase a 5,15 € para turismos e a 8,65 € para camións tras continuas subidas dende a súa posta en servizo cando custaba 4,60 €. Estes altos prezos fan que sexa moi pouco utilizada por camións, que seguen a circular pola N-525 durante o treito de pago.

O problema da peaxe está en parte xerado pola gratuidade da autoestrada dende Lalín a Dozón, o que produce que se cobre a viaxe completa ata Dozón aínda que se saia na primeira saída de Lalín, 15 km de diferenza.

Alberto Núñez Feijóo prometeu durante a campaña electoral de 2009 rebaixar a peaxe, pero unha vez no goberno, supeditou a redución do prezo ao traspaso da autoestrada por parte de Fomento á Xunta[6]

Infraestruturas destacables

  • Viaduto do Ulla, de 700 m de lonxitude e altura de ata 65 m.
  • Viaduto do Barbantiño, de 780 m de lonxitude e altura de ata 80 m.
  • Viaduto do Miño, de 440 m de lonxitude.

Saídas

número de saída nome da saída estrada coa que liga
Spain traffic signal s1.svg Santiago de Compostela - Boqueixón - Vedra
A Coruña - Vigo
A Estrada - Teo
 N-525 
 AP-9 
 AC-841 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 2 A Estrada - Cacheiras  AG-59 
Spain traffic signal r200a.svg Sentido Santiago Peaxe de Vedra
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 15 Ponte Ulla - Pontevea
A Estrada
 AC-241 
 CP-8902 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 24 A Bandeira - Chapa
A Estrada - Caldas de Reis
 N-525 
 N-640 
SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.pngTeléfonoAutovia.pngCafeteria.png Área de Servizo de Silleda
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 33 Silleda
Vila de Cruces
Forcarei
 N-525 
  PO-205 
  PO-2205 
Spain traffic signal r200a.svg Sentido Ourense Peaxe de Silleda
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 41 Lalín Oeste - Polígono Industrial Lalín 2000
Lugo
 N-525 
 N-640 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 46 Lalín Centro - Polígono Industrial de Botos
Forcarei
Chantada
O Irixo
 N-525 
 PO-534 
 PO-533 
 PO-902  
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 50 Lalín Leste  N-525 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 56 (Só en sentido Ourense) Dozón  N-525 
Spain traffic signal s2.svgSpain traffic signal s1.svg Fin da AP-53, pasa a ser AG-53  AG-53 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 65 Piñor
Ourense
 N-525 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 73 San Cristovo de Cea
O Carballiño
 OU-504  
 N-541 
 N-525 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 78 Ramal ó Carballiño
O Carballiño
Maside
 AG-54  Enlace AG-54 coa AG-53
SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.pngTeléfonoAutovia.pngCafeteria.png 79 Área de Servizo do Barbantiño (por licitar)[7]
Spain traffic signal s2.svg Ourense
Benavente
Vigo
Cortegada
 A-52 
 OU-402  

Notas

  1. "La autopista AP-53 rebasó por primera vez los 6.000 coches diarios durante los meses de julio y agosto", artigo en La Voz de Galicia, 29 de novembro de 2008 (en castelán).
  2. "La media de usuarios de la AG-53 se acerca a los 9.000 en Cea este año", artigo en La Voz de Galicia, 15 de decembro de 2009 (en castelán).
  3. "Sin peaje ni momento de gloria", artigo en Faro de Vigo, 26 de abril de 2009 (en castelán).
  4. "Hernández simboliza una "era sin personalismos" con la placa de apertura de la AG-53", artigo en El Correo Gallego, 25 de abril de 2009 (en castelán).
  5. "La Xunta abonará a Aceousa el mismo peaje que el marcado por Fomento para la AP-53", artigo en La Voz de Galicia, 11 de outubro de 2007 (en castelán).
  6. "Feijoo promete rebajar en un 25% el precio del peaje en la autopista Santiago-Lalín", artigo en La Voz de Galicia, 30 de setembro de 2007 (en castelán).
  7. "La AG-53 sigue sin área de servicio un año después de abrirse al tráfico", artigo en La Voz de Galicia, 29 de abril de 2010 (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

AG-54

A AG-54 é unha autoestrada dependente da Xunta de Galicia que enlaza a AG-53 con Maside e coa vila do Carballiño. Construíuse conxuntamente coa AG-53, como ramal desta cara ao Carballiño, polo que a súa concesionaria é a sociedade pública ACEOUSA.

A construción comezou en xullo de 2008 cun investimento de 36 millóns de euros e púxose en servizo en outubro de 2009, acurtando a 14 minutos a viaxe entre O Carballiño e Ourense. No momento da súa apertura esperábase que tivese unha media de 9000 vehículos diarios.

Botos, Lalín

San Xoán de Botos é unha parroquia do concello de Lalín. En 2018 tiña 524 habitantes (296 homes e 296 mulleres), 132 menos ca en 1999. Ten 15 entidades de poboación.

Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Lista de autoestradas e autovías de España

A rede de vías de calzadas separadas en España divídese en autoestradas e autovías. As primeiras son xeralmente de concesión con peaxe, mentres que as segundas son gratuítas e están mantidas polo Estado ou as comunidades.

A 31 de decembro de 2013 a rede de vías de alta capacidade estaba composta por 16.583 km, o que supón o 10% do total de estradas de España, converténdose así no terceiro país do mundo tras os Estados Unidos e China por número de quilómetros.

PO-205

A PO-205 é unha estrada de rango autonómico que une os núcleos urbanos de Silleda e Vila de Cruces na provincia de Pontevedra, aínda que tamén atravesa unha parroquia lalinense. Ten unha lonxitude de 15 km.

Silleda

Silleda é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. Ocupa 169 km², e segundo o IGE en 2018 tiña 8.698 habitantes, distribuídos en 33 parroquias e 250 lugares. O concello de Silleda é coñecido tamén como Trasdeza. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «silledense».

En Silleda ten a súa sede a Feira Internacional de Galicia, onde se celebra anualmente a Semana Verde de Galicia.

Viaduto do Ulla (AP-53)

O viaduto do Ulla, tamén coñecido como viaduto de Reguenga, é unha infraestrutura construída para salvar o paso do río Ulla, situada na autoestrada AP-53 (sector dependente do ministerio de Fomento da Autoestrada Central Galega) entre os concellos de Vedra (A Coruña) e Silleda (Pontevedra).

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais
España Rede de Estradas do Estado en Galicia Galicia
Rede interurbana
Rede urbana

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.