Autoestrada A3

A Autoestrada Porto-Valença é unha vía de alta capacidade que une Porto coa fronteira con España en Valença, atravesando no seu percorrido Vila Nova de Famalicão, Braga e Ponte de Lima.

Rematouse no 1998 e é un eixo fundamental na comunicación co norte de España. A A3 comeza na circunvalación de Porto, Vía de Cintura Interna e tras deixar a A4 ó este en Águas Santas e atravesar Santo Tirso e Vila Nova de Famalicão, chega a Braga. Dende Braga, a A3 segue até Ponte de Lima e a partir de aquí comeza a travesía da autovía pola Serra de Arga, que remata no val do Miño en Valença, onde enlaza con Galicia.

A A3 forma parte da E-01 e no Plano Rodoviário Nacional 2000, inclúese no Itinerario Principal 1. A súa concesionaria é Brisa e a infraestrutura é de peaxe dende Maia até Valença.

A3
Autoestrada Porto-Valença
TipoloxíaAutoestrada de peaxe
Ruta europeaE01
Lonxitude112 km
Localización
InicioPorto
FinFronteira con España (AP-9)

Saídas

Número de Saída Nombre da Saída Estrada coa que liga
Spain traffic signal s63.svg Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 1 Porto (Boavista) - Vila Nova de Gaia (Ponte da Arrábida)
Porto (Antas) - Vila Nova de Gaia (Ponte do Freixo) -  A 1  Lisboa
 IC 23 (VCI) 
 IP 1 
 A 20 (CRIP) 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 2 Matosinhos - Gondomar - Rio Tinto  N 12 
Spain traffic signal s63.svg Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 3 Matosinhos - Aeroporto -  A 28  Viana do Castelo
Valongo - Vila Real - Ermesinde
 A 4 
Spain traffic signal s63.svg Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 4 Maia - Aeroporto - Ermesinde - Paços de Ferreira  A 41 (CREP) 
Peaje.png Peaxe de Maia
Aire d'autoroute - station essence.png Área de servizo de Coronado-Trofa (km 11)
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 5 Santo Tirso - Trofa  N 104-1 
Spain traffic signal s63.svg Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 6 Vila Nova de Famalicão - Póvoa de Varzim - Guimarães  A 7 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 7 Cruz  N 14 
Spain traffic signal s63.svg Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 8 Braga (sur) - Guimarães  A 11 
Spain traffic signal s63.svg Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 9 Braga (oeste) - Barcelos
Encourados
 A 11 
 N 103 
Aire d'autoroute - station essence.png Área de servizo de Barcelos (km 56)
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 10 Anais  N 201 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 11 Ponte de Lima (sur) - Ponte da Barca  N 203 
Spain traffic signal s63.svg Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 12 Ponte de Lima (norte) - Viana do Castelo
Ponte da Barca - Arcos de Valdevez
 A 27 
 IC 28 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 13 Paredes de Coura - Vila Nova de Cerveira  N 303 
Peaje.png Peaxe de Valença
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 14 Valença - Vila Nova de Cerveira  N 13 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 15 Valença
Monção - Melgaço
 N 13 
 N 101 
Spain traffic signal s2.svg
Traffic sign of border with SpainIndicador ProvinciaPontevedra  GALICIA 
 A-55 

Ligazóns

A3

A3 ou A-3 pode referirse ás seguintes autoestradas:

Autovía do Leste en España que une Madrid con Valencia.

Autoestrada A3 en Portugal que une Porto con Valença.

Autostrada A3 en Italia que une Nápoles coa rexión de Calabria.

Bundesautobahn 3 en Alemaña que une Wesel con Passau.Tamén pode referise:

A un coche, o Audi A3.

A unha canle de televisión Antena 3.

A un Formato de papel, A3.

Ao mísil alemán A3.

Aeroporto de Cluj-Napoca

O aeroporto internacional Avram Iancu Cluj (IATA: CLJ, ICAO: LRCL) é un aeroporto que serve á cidade de Cluj-Napoca, en Romanía. Inicialmente era coñecido como aeroporto de Someșeni, xa que se atopa situado na área de Someseni, a 9 km ao leste do centro da cidade. O aeroporto foi bautizado na honra do revolucionario romanés Avram Iancu.

En termos de tráfico de pasaxeiros, o aeroporto de Cluj é o segundo máis concorrido de Romanía, tras o aeroporto de Bucarest-Henri Coandă, pasando polas súas instalacións 1 880 171 pasaxeiros no ano 2016. O seu tamaño e situación (na ruta europea E576 e preto da autoestrada A3) convérteno no aeroporto máis importante da rexión histórica de Transilvania.

Portugal

Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.

O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional veuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.

Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida. É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.