Austria

Coordenadas: 47°20′N 13°20′L / 47.333, -13.333

República de Austria
Republik Österreich
Bandeira de Austria
Escudo de Austria
BandeiraEscudo
Location Austria EU Europe
Capital
 • Poboación
Viena
1 712 903 (2010)
Cidade máis poboadaViena
Linguas oficiaisAlemán1
Forma de gobernoRepública federal
Alexander Van der Bellen
Brigitte Bierlein[1]
Independencia das Forzas Aliadas27 de xullo de 1955
SuperficiePosto 115º
 • Total83 872 km²
 • % auga1,7
Fronteiras2 558 km
Costas0 km
PoboaciónPosto 92º
 • Total (2011 est.[2])8 414 638 hab.
 • Densidade100,3 hab./km²
PIB (nominal)Posto 26º
 • Total (2010)366 259 millóns US$
 • per cápita43 723 US$
PIB (PPA)Posto 35º
 • Total (2010)330 496 millóns US$
 • per cápita39 454 US$
MoedaEuro2 (€, EUR)
IDH (2010)0,851 (25º) – Moi alto
XentilicioAustríaco, austríaca
Fuso horarioCET (UTC+1)
 • Horario de veránCEST (UTC+2)
Dominio de Internet.at
Prefixo telefónico+43
Prefixo radiofónicoOEA-OEZ
Código ISO040 / AUT / AT
1 O esloveno (falado en Carintia) e o croata e o húngaro (falados en Burgenland) son linguas rexionais recoñecidas.
2 Antes de 2002, o xilin austríaco.

Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara o mar, con máis de 8,5 millóns de habitantes.[3] Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino. O terreo austríaco é altamente montañoso debido á presenza dos Alpes, polo que tan só o 32% do país se atopa por debaixo dos 500 metros, sendo o seu punto máis alto 3.798 metros.[4] A meirande parte da poboación fala en lingua alemá, a cal é o idioma oficial da República.[5][6] A parte do alemán, son linguas rexionais oficiais o croata, o esloveno e o húngaro.

As orixes de Austria datan da época do Imperio Romano, cando un reino celta foi conquistado polos romanos ao redor do ano 15 a.C.. Ese territorio pasou a ser a mediados do século I a provincia romana de Noricum, nun área que se correspondería aproximadamente ao actual país. No ano 788 d.C., o rei franco Carlomagno conquistou a area e introduciu o cristianismo. Baixo a dinastía Habsburgo, Austria converteuse nunha das principais potencias europeas.[7][8] En 1867, o Imperio Austríaco pasou a ser Austria-Hungría.

O Imperio Austro-Húngaro colapsou en 1918 co fin da Primeira Guerra Mundial, sendo establecida en 1919 a Primeira República Austríaca. No Anschluss de 1938, Austria foi ocupada e anexionada pola Alemaña nazi.[9] Esta situación durou até a fin da Segunda Guerra Mundial en 1945, despois de que o país fose ocupado polas forzas aliadas, sendo restaurada a súa antiga constitución democrática. En 1955, despois da restauración definitiva do Estado, Austria declarouse permanentemente neutral.

Hoxe, Austria é unha democracia parlamentar composta por nove estados federais. A capital, e cidade máis grande do país, con 1,7 millóns de habitantes, é Viena.[10] Austria é ademais un dos países máis ricos do mundo, cun PIB nominal per cápita de 43.723 dólares estadounidenses. O país desenvolveu pois un alto nivel de vida, e en 2008 era o número catorce do mundo en Índice de Desenvolvemento Humano. Austria é membro das Nacións Unidas dende 1955, forma parte da Unión Europea dende 1995 e é membro fundador da OCDE.[11] Austria tamén asinou o Acordo de Schengen en 1995,[12] adoptando como moeda o euro en 1999.

Etimoloxía

O nome alemán de Austria, Österreich, deriva da lingua alto alemá antiga na que se lle denominaba Ostarrîchi, cuxo significado é territorio ou dominio oriental. O primeiro manuscrito onde rexistra esta denominación é o "Ostarrîchi document" de 996 subscrito polo emperador Otón III. A finalidade do texto foi determinar a área gobernada polo conde de Babenberg, Henrique I e, igualmente, sometela á xurisdición do bispo de Frisia. A zona indicada no documento corresponde maiormente ao actual estado austríaco (Land) chamado Burgenland. O nome Austria deriva dunha errónea latinización da palabra xermánica "Leste" (Öst) en "austrō" ou "auster" (metaforicamente significan austral, austrālis). O termo Ostarrîchi, de onde deriva Österreich/Austria, orixinouse probablemente na denominación latina do territorio: Marchia Orientalis.

A súa tradución é marca oriental ou límite oriental, xa que a súa situación xeográfica situábaa no límite sur-oriental do Sacro Imperio Romano. Isto motivo que un nome alternativo para o devandito territorio fose Ostmark. Con todo, o historiador austríaco Friedrich Heer, no seu libro Der kampf um die österreichische identität (A loita pola identidade austríaca), sostén que a denominación germánica Ostarrîchi non foi unha tradución da denominación latina de Marchia Orientalis. A súa orixe remóntase a 2.500 anos antes de Cristo coa cultura celta de Hallstatt que denominaron á zona como Norig, en que No- ou Nor- significa oriental e Rig, que é a orixe da palabra alemá Reich, pode traducirse como dominio ou territorio. A conquista romana habería latinizado o nome como Noricum, pero sen perder o significado intrínseco. O que determinaría o nome primitivo de Ostarrîchi e, con iso, as actuais denominacións de Österreich e Austria.

Historia

Prehistoria e Idade Media

Wappen röm.kaiser
Escudo de armas do Emperador de Habsburgo.

Colonizada xa dende tempos prehistóricos, as terras centroeuropeas que hoxe son coñecidas como Austria foron habitadas por tribos prerromanas, incluíndo os celtas. Despois da caída do Imperio Romano, do cal a maior parte de Austria foi parte (todo o territorio baixo o Danubio), a área foi invadida por bávaros, eslavos e avaros. Carlomagno conquistou o territorio no ano 788 e promoveu a colonización e a cristianización da zona. Como parte do leste de Francia, as áreas do centro da actual Austria pertencían á casa dos Babenberg. O territorio era coñecido como marchia orientalis e fora dado a Leopoldo de Babenberg en 976.

O primeiro documento que amosa o nome de Austria data do ano 996 onde está escrito Ostarrîchi, referíndose o territorio dos Babenberg. O termo Ostmark parece ser unha tradución do termo marchia orientalis.

Os séculos seguintes caracterizáronse pola colonización do país. En 1156 o Privilegium Minus elevou a Austria ó status de ducado. No ano 1192, os Babenbergs engadíronlle o ducado de Estiria.

Co asasinato de Federico II en 1246, a liñaxe dos Babenbergers desaparece. Otakar III de Bohemia queda co control dos ducados de Austria, Estiria e Carintia trala súa morte. O seu reinado veuse a baixo coa perda da batalla de Dürnkrut da man de Rudolfo de Habsburgo en 1278. A partir dese momento, ata a Primeira Guerra Mundial, a historia de Austria pasará polas mans dos Habsburgo.

Ascenso de Austria a potencia mundial

Nos séculos XIV e XV, os Habsburgo comezan a ampliar as terras do condado de Austria. No ano 1438, o Duque Alberte V de Austria foi elixido como herdeiro do seu padrastro, o Emperador Sexismundo. Aínda que Alberte só reinou durante un ano, foi a única excepción nunha longa dinastía de Habsburgos.

Os Habsburgo comenzaron a expandi-las súas terras máis aló do seu condado. En 1477, o Arquiduque Maximiliano, fillo único do Emperador Federico III, casa coa herdeira de Borgoña, adquirindo así a maioría das terras dos Países Baixos. O seu fillo Filipe I de Castela alcumado ¨o fermoso¨ faría crecer as terras da familia ó casar con Xoana I de Castela alcumada ¨a tola¨ engadindo ó condado as terras de España e as súas dependencias en Italia, África e no novo mundo.

En 1526, trala Batalla de Mohács, Austria expandiu as súas dependencias, engadindo ó seu reino Bohemia e a parte de Hungría non ocupada polos otománs. A expansión dos Habsburgo nas terras húngaras, tivo como consecuencia , a chamada a ¨Longa guerra¨ que durou dende 1593 a 1606.

Austria como potencia mundial

Artigos principais: Congreso de Viena, Ausgleich e Imperio austrohúngaro.
CongressVienna
O congreso de Viena por Jean-Baptiste Isabey, 1819.

O longo reinado de Leopoldo I (1657-1705) viu a fin do conflito entre Austria e o Imperio Otomán. Trala batalla de Viena en 1683 e tras unha serie de campañas, asínase o tratado de Carlowitz, polo que se incorpora en 1699 o territorio húngaro ó territorio austríaco.

Ó final do reinado de Carlos VI (1711-1740) viu como perigaba o futuro de Austria, debido ós receos de Carlos pola inminente desaparición da casa dos Habsburgo ó non ter herdeiros homes. Carlos estaba disposto a ofrecer todo tipo de vantaxes para poder publicar unha pragmática sanción que fixese a súa filla María Teresa a súa herdeira.

A guerra de Sucesión Austríaca (1740 - 1748) chegou a ser inevitable despois de que María Teresa de Austria sucedera en 1740 ó seu pai Carlos VI nos seus dominios converténdose en raíña de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, duquesa de Parma, de Piacenza, e de Guastalla. Que unha muller herdara tan extensos territorios, na súa época, implicou moitas complicacións e o emperador Carlos VI anticipounas de longo, conseguindo aprobar a Pragmática sanción de 1713. O plan estaba en ser ela elixida para os dominios hereditarios dos Habsburgo e o seu marido, Francisco I, duque de Lorena, ser elixido emperador.

A finais do século XVIII Austria enfrontouse á Francia revolucionaria , conflito que finalizou no ano 1797 coa derrota de Austria. A derrota contra Napoleón significou a fin do Sacro Imperio Romano Xermánico en 1806. Dous anos antes da fin do reino, en 1804 o Imperio de Austria fora fundado, transformándose en 1867 na monarquía dúal do Imperio austrohúngaro. A pesar diso, en 1814 Austria formou parte das forzas aliadas invandindo Francia e conquistándoa. Tralas guerras contra Napoleón Austria emerxeu do Congreso de Viena en 1815 como unha das tres potencias dominantes de Europa (xunto con Rusia e Prusia).

O Ausgleich de 1867 proveu ó Imperio de Austria e ó Reino de Hungría dunha dobre soberanía, baixo o mandato de Francisco Xosé I, quen gobernou ámbolos dous reinos ata a súa morte o 21 de novembro de 1916. O reinado do Imperio austrohúngaro, o que incluía terras alemás, checas, romanesas, serbias, entre outras, comezou a facerse máis e máis difícil cos agromos dos sentimentos nacionalistas.

Austria na primeira guerra mundial

O asasinato do arquiduque Francisco Fernando, por un radical serbio na cidade de Saraxevo, fixo que en 1914 estourase a primeira guerra mundial e a desintegración do Imperio austrohúngaro. Durante a guerra, austrohungara foi unha das Potencias Centrais xunto con Alemaña, Bulgaria, e Turquía, a guerra acabou deixando ó país nun caos político e económico. Austria, unha vez separada de Hungría, convertíase nunha república en 1918. (Vexa tratado de Saint-Germain.)

Entre 1918 e 1919 Austria foi coñecida co nome de Austria alemá (Republik Deutschösterreich). Despois de que os aliados da segunda guerra mundial prohibiran a unión de Alemaña con Austria, prohibíndolle tamén o nome, sendo coñecida dende aqueña co nome de República de Austria.

A monarquía disolveuse en 1919, sendo declarada a democracia parlamentaria e maila constitución o 10 de novembro de 1920.

Austrofascismo e o Terceiro Reich

Esta república democrática, a primeira República Austríaca, durou ata 1933 cando o chanceler Engelbert Dollfuss estableceu un réxime autocrático orientado ó fascismo italiano (Austrofascismo) o chanceler Engelbert Dollfuss, foi asasinado polo Nazismo o 25 de xullo de 1934. Kurt Schuschnigg, o seu sucesor, tratou de manter o estado independente, pero o 12 de marzo de 1938, as tropas alemás ocuparon o país, e Hitler proclamou o seu Anschluss con Alemaña, uníndoo ó Terceiro Reich.

Despois da Segunda Guerra Mundial, os Estados Unidos e o Reino Unido declararon a nova liberdade de Austria. Tras concluír o seu tratado coa Unión Soviética e os outros poderes ocupantes, Austria recuperou a súa independencia de novo o 15 de maio de 1955. A segunda República Austríaca, establecida o 19 de decembro de 1945, e baseada na constitución de 1920 (modificada no 1929), foi declarada polo parlamento federal como permanentemente neutral.

Historia recente

Austria converteuse nun estado membro da Unión Europea en 1995, conservando a súa estrita constitución neutral e coa prohibición de tropas estranxeiras no seu territorio.

Política

Austria Parlament Front
Parlamento austríaco en Viena
Alfred Gusenbauer (Erster Mai 2006)
Imaxe do chanceler austríaco Alfred Gusenbauer

Austria é unha república federal e democrática gobernada segundo unha constitución que data de 1920, aínda que foi modificada máis tarde.

O poder executivo é exercido polo presidente, que é elixido por sufraxio universal cada seis anos, e polo Consello de Ministros que dirixe un chanceler, designado polo presidente para un período non superior a catro anos.

O parlamento é bicameral, composto por:

  • Consello Nacional (Nationalrat), con 183 membros, e
  • Consello Federal (Bundesrat), con 64 membros.

Principais partidos:

Dereitos humanos

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Austria firmou ou ratificou:

Austria Austria UN emblem blue.svg Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[13]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[14] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[15] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[16] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[17]
Pertenza Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado pero non ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado
Yes check.svg Firmado e ratificado, Check.svg firmado pero non ratificado, X mark.svg nin firmado nin ratificado, Symbol comment vote.svg sen información, Zeichen 101 - Gefahrstelle, StVO 1970.svg accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.

Divisións administrativas

Como república federal, Austria está subdividida en nove estados (Bundesländer en alemán). Cadanseu estado está dividido en distritos (Bezirke) e cidades (Statutarstädte). Os distritos están divididos en municipios (Gemeinden). As cidades teñen as competencias dos estatutos de municipio e distrito. Os estados non constitúen divisións só administrativas; dispoñen de autoridade lexislativa autónoma en relación ó goberno federal.

En galego En alemán Mapa
Estado Capital Bundesland Landeshauptstadt
1 Burgenland Eisenstadt Burgenland Eisenstadt The States of Austria Numbered
2 Carintia Klagenfurt Kärnten Klagenfurt
3 Baixa Austria St. Pölten Niederösterreich St. Pölten
4 Alta Austria Linz Oberösterreich Linz
5 Salzburgo Salzburgo Salzburg Salzburg
6 Estiria Graz Steiermark Graz
7 Tirol Innsbruck Tirol Innsbruck
8 Vorarlberg Bregenz Vorarlberg Bregenz
9 Viena Viena Wien Wien

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Austria.
Oesterreich topo
Mapa topográfico de Austria que amosa as cidades con máis de 100.000 habitantes.

A maior parte do territorio de Austria está dentro da sección oriental dos Alpes[18] que acadan alturas de máis de 3.000 m. Os Alpes Orientais Centrais, os Alpes Orientais-Norte e os Alpes Orientais-Sur forman todos parte de Austria. Da área total do país, 84.000km2, só un cuarto é considerado de baixa altitude, e tan só o 32% do país está por debaixo dos 500m de altitude. Os Alpes do oeste de Austria ceden nas terras baixas e as chairas da parte oriental.

A montaña máis elevada é o Grossglockner, con 3.798 metros sobre o nivel do mar. A poboación se concentra nos vales dos ríos entre os que destaca o máis importante, o Danubio, que entra en Austria por Passau, na fronteira con Alemaña; pasando por Linz e Viena, ata Bratislava, na fronteira con Eslovaquia. En Alemaña recibe o Inn, que pasa por Innsbruck, co seu afluente o Salzach, que pasa por Salzburgo. O lago Constanza é o máis grande do país e forma a fronteira oeste con Liechtenstein e Suíza. O clima austríaco é temperado e se caracteriza polos seus invernos fríos e veráns frescos.

As seis montañas máis altas de Austria son:

Nome Altura Cordilleira
1 Großglockner 3.798 m Hohe Tauern
2 Wildspitze 3.772 m Alpes de Ötztal
3 Kleinglockner 3.770 m Hohe Tauern
4 Weißkugel 3.739 m Alpes de Ötztal
5 Pöschlturm 3.721 m Hohe Tauern
6 Hörtnagelturm 3.719 m Hohe Tauern

Dende o punto de vista fitoxeográfico, Austria pertence á zona central europea da Rexión Circumboreal, no Reino Holártico. Segundo WWF, o territorio de Austria pode subdividirse en catro ecorexións: a de bosques mixtos da Europa central, bosques mixtos de Panonia, coníferas dos Alpes e bosques mixtos de folla caduca de Europa occidental.

Neusiedler See -- Podersdorf

Lago Neusiedl na chaira panónica

Stadtteile von Wien entlang der Donau (gesehen von Nordwesten)

Conca de Viena

Krems and mautern from ferdinandswarte

Vista de Krems no val de Wachau

1 hallstatt austria

Vista de Hallstatt

Vorderhopfreben Üntschenspitze 1

Área rural de Schoppernau no verán

Heiligenblut kirche2

Vista de Großglockner dende Heiligenblut

Oberleis 01 2008

Chairas de Weinviertel

Noerdlichekarwendelkette

Clima de montaña dos Alpes Austríacos

Semmering Railway 2013

Ferrocarril de Semmering nos Alpes Orientais

Clima

A maioría de Austria atópase na zona climática fría/temperada, onde predominan os ventos húmidos do oeste. Con tres cuartas partes do país baixo a influencia dos Alpes, o clima alpino é o dominante. Na chaira panónica do leste e no val do Danubio o clima é continental, con menos choiva que nas zonas alpinas. Malia que Austria é fría no inverno (−10 a 0 °C), as temperaturas do verán son relativamente altas,[19] con temporaturas medias de 20º, e coa máxima 40,5 °C rexitrada en agosto de 2013.[20]

Economía

Artigo principal: Economía de Austria.
Austria converteuse en socio da Unión europea en 1995.

Austria posúe unha desenvolvida economía social de mercado e un alto nivel de vida. Ata a década de 1980 moitas das grandes firmas austríacas foron nacionalizadas, esta tendencia virou nas últimas décadas coa chegada das privatizacións, axustándose así á media europea. Os movementos laborais son particularmente fortes en Austria e teñen unha grande influencia nas políticas de traballo.

Alemaña é dende tempos históricos, o maior socio comercial de Austria, facendo que a economía austríaca sexa vulnerable ós cambios da economía alemá. Dende que Austria se converteu en membro da Unión Europea o país viu reforzado as súas relacións económicas con outros países membros , reducindo a súa dependencia da economía alemá. Ademais, a estratéxica situación xeográfica de Austria preto dos países aspirantes á unión europea fixo que moitos investidores estranxeiros, atraídos polas economías emerxentes investisen no país. As estimacións de crecemento do país para o 2006 (sobre un 3%) son moito máis favorables que as da economía veciña alemá.

A moeda oficial de Austria é o Euro.

Demografía

Composición étnica de Austria
austríacos
  
92%
eslovenos, húngaros, checos, eslovacos e croatas
  
4%
turcos
  
1.6%
outros
  
2.4%

Os austríacos son un grupo homoxéneo, aínda que nas últimas décadas, a forte inmigración a Austria está a cambiar a composición étnica do país.

Segundo o censo do 2001, o 88.6% da poboación son falantes nativos de alemán (96% Bávaro e 4% Alemánico) mentres que o 11.4% restante fala diferentes linguas minoritarias. Os falantes non alemáns de Austria pódense dividir en dous grupos: as minorías tradicionais, relacionados cos antigos territorios do Imperio dos Habsburgo, e as novas minorías, resultantes da nova inmigración.

Cultura

Austria foi a terra natal de varios compositores famosos, como Wolfgang Amadeus Mozart, Johann Strauss (pai e fillo), Arnold Schoenberg, Anton Webern, Alban Berg. Outros austríacos famosos foron os físicos Ludwig Boltzmann e Erwin Schrödinger, os filósofos Ludwig Wittgenstein e Kurt Gödel, o psicanalista Sigmund Freud, o poeta Peter Rosegger, e o pintor Gustav Klimt.

Notas

  1. "Presta juramento el primer Gobierno austríaco liderado por una mujer, la jueza Brigitte Bierlein". 20 minutos (en castelán). 3 de xuño de 2019. Consultado o 3 de xuño de 2019.
  2. Statistik Austria (19 de maio de 2011). ""Bevölkerungsstand und −veränderung".". Consultado o 24 de xullo de 2011.
  3. "Bevölkerungsstand und −veränderung". Statistik Austria. 19 de maio de 2011. Consultado o 24 de xullo de 2011.
  4. "Austria". The World Factbook. Central Intelligence Agency. 14 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2009. Consultado o 31 de maio de 2009.
  5. "Die Bevölkerung nach Umgangssprache, Staatsangehörigkeit und Geburtsland" (PDF). Statistik Austria. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 13 de novembro de 2010. Consultado o 17 de novembro de 2010.
  6. "Austria". Encyclopædia Britannica. 31 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 19 April 2009. Consultado o 31 de maio de 2009.
  7. Market Liberalism: A Paradigm for the 21st Century, page 247, David Boaz, Edward H. Crane, Cato Institute, Washington D.C. 1993, ISBN 978-0-932790-98-9
  8. The Transformation of European Politics, 1763–1848, Oxford History of Modern Europe, page 209, Paul W. Schroeder, Oxford University Press, 1996, ISBN 978-0-19-820654-5
  9. "Anschluss". Encyclopædia Britannica. 24 de setembro de 2009. Consultado o 31 de maio de 2009.
  10. "Probezählung 2006 – Bevölkerungszahl" (PDF). Statistik Austria (en alemán). 31 de outubro de 2006. Consultado o 27 de maio de 2009.
  11. "Austria About". OECD. Arquivado dende o orixinal o 6 de maio 2009. Consultado o 20 de maio de 2009.
  12. "Austria joins Schengen". Migration News. maio de 1995. Consultado o 30 de maio de 2009.
  13. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.
  14. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  15. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.
  16. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  17. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.
  18. "Alps". Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica Online. 11 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 1 de xuño de 2009. Consultado o 12 de xuño de 2009.
  19. "Average Conditions, Vienna, Austria". British Broadcasting Corporation. 2006. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2010. Consultado o 24 de maio de 2009.
  20. Klima. Central Institute for Meteorology and Geodynamic

Véxase tamén

Bibliografía

  • Brook-Shepherd, Gordon (1998). The Austrians: a thousand-year odyssey. Nova York: Carroll & Graf Publishers, Inc. ISBN 0-7867-0520-5.
  • Jelavich, Barbara (1987). Modern Austria: empire and republic 1815–1986. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-31625-1.
  • Johnson, Lonnie (1989). Introducing Austria: a short history. Riverside, Calif.: Ariadne Press. ISBN 0-929497-03-1.
  • Rathkolb, Oliver. The Paradoxical Republic: Austria, 1945–2005 (Berghahn Books; 2010, 301 pages). Translation of 2005 study of paradoxical aspects of Austria's political culture and society.
  • Schulze, Hagen (1996). States, nations, and nationalism: from the Middle Ages to the present. Cambridge, Mass.: Blackwell. ISBN 0-631-20933-6.

Outros artigos

Ligazóns externas

.at

.at é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Austria.

Posúe varios dominios de segundo nivel:

.gv.at - para institucións gobernamentais (o seu rexistro está controlado pola Chancelaría Federal de Austria)

.ac.at - para institucións académicas e educativas (controlado pola Universidade de Viena)

.co.at - indicado para compañías (rexistro sen restrición ningunha)

.or.at - indicado para organizacións (rexistro sen restrición ningunha)De todos os xeitos, é posible facer un rexistro directamente no segundo nivel. Dado o número de palabras inglesas que rematan en -at, isto dá pé a posibilidade de moitas domain hacks, aínda que a especulación dos nomes de dominio fixo que xa non quede moito que rexistrar xa. Todos os rexistros de segundo nivel teñen que ter polo menos tres caracteres, por exemplo, form.at ou bor.at.

O rexistro de nomes de dominio internacionalizados tamén están aceptados.

Eslovaquia

Eslovaquia ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.

Fritz Pregl

Fritz (Friderik) Pregl, nado en Ljubljana (hoxe en Eslovenia), Imperio Austrohúngaro, o 3 de setembro de 1869 e finado en Graz (Austria), o 13 de decembro de 1930, foi un químico austríaco de orixe eslovena.

Habsburgo

A casa de Habsburgo (en alemán Hapsburg), tamén chamada casa de Austria, e a súa familia sucesora en Austria, os Habsburgo-Lorena (Habsburg Lothringen), é unha das familias máis importantes da Historia de Europa, que gobernou sobre varios países. A familia tivo a súa orixe no século XII e o nome deriva de Habichtsburg, o castelo do falcón, a súa morada oficial, construído no 1020, na actual Suíza. En tempos actuais, o cabeza da dinastía foi o príncipe Otón de Habsburgo (1912-2011), e o xefe da casa, o seu fillo o arquiduque Carlos de Habsburgo-Lorena, desde 2007.

Os Habsburgo foron:

Soberanos de Austria (como duques 1282-1453, arquiduques 1453-1804 e emperadores 1804-1918),

Soberanos de Alemaña como reis de romanos e emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico (1273-1308 e 1440-1806),

reis de Hungría (1437-1439, 1445-1457, 1526-1918),

reis de Croacia (1437-1439, 1445-1457, 1526-1918),

reis de Bohemia (1306-1307, 1437-1439, 1453-1457, 1526-1918),

reis de España (1516-1700),

reis de Portugal (1580-1640),

reis de Galicia e Lodomeria (1772-1918),

grandes príncipes de Transilvania (1690-1867),

grandes duques de Toscana (1737-1801; 1814-1860).Outras coroas controladas brevemente pola casa foron:

rei de Sardeña (1713-1720),

duque de Parma (1814-1847),

duque de Módena (1814-1859),

emperador de México (1864-1867).

Imperio Austrohúngaro

O Imperio Austrohúngaro, Austro-húngaro ou Austria-Hungría (Österreichisch-Ungarische Monarchie en alemán, Osztrák–Magyar Monarchia en húngaro) foi un estado histórico europeo nado en 1867, tralo Compromiso austrohúngaro que reconoñecía o Reino de Hungría como unha entidade autónoma dentro do Imperio Austríaco, a partir dese intre, austrohúngaro. En 1914 tiña unha extensión de 676.615 km² e contaba con 52 799 000 habitantes.

O que fora o Imperio Austrohúngaro repártese na actualidade en trece estados europeos: Austria, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e as rexións de Voivodina en Serbia, Bocas de Kotor en Montenegro, Trentino-Alto Adige e Trieste en Italia, Transilvania e parte do Bánato en Romanía, Galitsia en Polonia e Rutenia (rexión Subcarpática na Ucraína).

Isidor Isaac Rabi

Isidor Isaac Rabi, nado en Rymanów en 1898 e finado en Nova York en 1988, foi un físico estadounidense de orixe austríaca. Recibiu o Premio Nobel de Física en 1944.

Italia

Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.

No norte está flanqueado polo arco alpino onde limita, de leste a oeste, con Eslovenia, Austria, Suíza e Francia. O resto do territorio está circundado polos mares Lígur, Tirreno, Xónico e Adriático. Os pequenos estados da Cidade do Vaticano e San Marino son enclaves dentro do territorio italiano. Á súa vez Campione d'Italia é un concello italiano que forma un pequeno enclave en territorio suízo. A superficie total é de 301.340 km2, cunha poboación de 60,8 millóns de habitantes. A súa capital desde os tempos do Imperio romano é Roma, e foi durante séculos o centro político e cultural da civilización occidental

Ten sido o fogar de moitas culturas europeas coma a civilización de Nuraga, os etruscos, os gregos e os romanos. Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a Italia medieval foi invadida e sometida á dominación de pobos xermánicos coma os Ostrogodos, os Longobardos e os Normandos. Isto non impediu que a Península, coa revitalización comercial das comunas medievais, chegara a se-lo berce do capitalismo. No século XV, coa difusión do Renacemento por toda Europa, convértese no centro cultural do mundo occidental; mais despois das guerras do século XVI cae baixo a soberanía de potencias estranxeiras, coma Francia, España e Austria. Durante o Risorgimento combate pola independencia e pola unidade, ata que en 1861 foi proclamado o Reino de Italia. A ditadura fascista, iniciada en 1922, rematou coa derrota na segunda guerra mundial e a guerra de liberación. En 1946, logo dun referendo institucional, o Estado italiano convértese nunha república parlamentaria regulada pola Constitución de 1948.

No 2014 Italia, oitava potencia económica mundial e cuarta europea, é un país cun elevado nivel de vida: o índice de desenvolvemento humano é moi alto, 0,872, e a esperanza de vida é de 82,4 anos. É membro fundador da Unión Europea, da OTAN, do Consello de Europa e da OCDE; adherido á ONU e ó tratado de Schengen. É ademais membro do G7, do G8 e do G20; participa no proxecto Nuclear Sharing da OTAN, é unha gran potencia rexional europea, capaz de exercer influencia política sobre opcións e decisións de orde extraeuropeo e internacional, e está en novena posición do mundo por gasto militar. En Roma teñen a súa sede numerosas organización internacionais coma a Organización para a Agricultura e a Alimentación, o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola, o Glocal Forum ou o Programa Mundial de Alimentos.

Italia posúe o maior número de sitios declarados patrimonio da Humanidade pola UNESCO. É o quinto país do mundo e terceiro da Unión Europea que máis turistas recibe por ano, sendo Roma a terceira cidade máis visitada. Outras cidades importantes son Milán, centro industrial e finaceiro, e, segundo o "Global Language Monitor", a capital da Moda; Turín, centro da industria automobilística e do deseño industrial, Boloña, coa universidade máis antiga do mundo; as cidades históricas de Venecia, Florencia e Nápoles etc.

Lingua alemá

O alemán (Deutsch, en alemán) é unha lingua indoeuropea pertencente ao grupo das linguas xermánicas occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na Unión Europea. É a lingua máis falada e a lingua (co-) oficial de Alemaña, Austria, Suíza, Tirol do Sur (Italia), a comunidade xermánica de Bélxica e Liechtenstein. É tamén unha das tres linguas oficiais de Luxemburgo. As linguas máis semellantes ó alemán son outros membros da póla de linguas xermánicas occidentais: o afrikaans, o neerlandés, o inglés, o frisón, o baixo alemán, o luxemburgués e o yiddish. O alemán é a segunda lingua xermánica máis falada, despois do inglés.

Unha das meirandes linguas do mundo, o alemán é a primeira lingua de arredor de 95 millóns de persoas en todo o mundo e a lingua nativa máis falada da Unión Europea. O alemán tamén é a cuarta lingua máis estendida (excluíndo o inglés) nos Estados Unidos de América (despois do castelán, o francés e a lingua de sinais americana) e a terceira da Unión Europea (despois do inglés e o francés; como segunda lingua), a segunda lingua máis común no eido científico así como a cuarta máis empregada nas páxinas web (despois do inglés, do ruso e do xaponés). Os países de fala alemá están clasificados no quinto posto en termos de publicacións anuais de libros, cunha décima parte de tódolos libros (incluíndo libros electrónicos) do mundo sendo publicados en lingua alemá.A maioría do vocabulario do alemán deriva da antiga póla xermánica da familia lingüística indoeuropea. Unha parte das palabras alemás derivan do latín e do grego, e só unhas poucas proveñen do francés e do inglés. Conta con diferentes variantes estandarizadas (de Alemaña, de Austria e Suíza), e é unha lingua pluricéntrica. Ó igual que o inglés, o alemán salienta polo seu amplo espectro dialectal, con moitas variantes existentes en Europa e tamén noutras partes do mundo. Por mor a limitada intelixibilidade entre certas variedades e o alemán estándar, así como pola falta dunha diferenza científica e sen disputa entre "dialecto" e "lingua", algunhas variedades ou grupos dialectais do alemán (véxase baixo alemán ou plautdietsch) son coñecidas alternativamente como "linguas" e "dialectos".

Lingua húngara

O húngaro e unha lingua da familia fino-úgrica. Fálase en Hungría e áreas adxacentes de Romanía, Serbia, Eslovaquia, Croacia, Austria e Eslovenia. O nome da lingua en húngaro e Magyar. Dos 14,5 millóns de falantes, uns 10 millóns viven na Hungría. O pobo que orixinou a lingua, os maxiares, emigraron dos Montes Urais no século IX para o oeste, fixándose na actual Hungría.

Napoleón I de Francia

Napoleone di Bouonaparte ou Napoleón Bonaparte (en francés [napoleɔ̃ bɔnɑpaʁt]), nado en Ajaccio (Córsega) o 15 de agosto de 1769 e finado en Santa Helena o 5 de maio de 1821, foi emperador de Francia a principios do século XIX e o home máis poderoso e influente de Europa. O seu reinado dá nome a toda unha época da historia de Europa, a unha longa serie de guerras, e simboliza a loita entre as correntes liberais da Revolución Francesa e o absolutismo e tradicionalismo do antigo réxime. A súa impronta quedaría na permanencia das súas reformas legais e administrativas, e no recoñecemento unánime do seu prodixioso talento militar.

Niki Lauda

Andreas Nikolaus "Niki" Lauda, nado en Viena, Austria, o 22 de febreiro de 1949 e finado na mesma cidade o 20 de maio de 2019, foi un piloto austríaco de Fórmula 1 de orixe galega, tres veces Campión do Mundo de F1. Posteriormente, empresario de aviación, que fundou e dirixiu dúas liñas aéreas e foi xerente do equipo de carreiras Jaguar de Fórmula 1 durante dous anos.

Primeira guerra mundial

A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo.

Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais). O causante da guerra foi o asasinato do arquiduque de Austria en Saraxevo, pero xa houbera tensións durante os anos anteriores, especialmente na construción naval entre o Reino Unido e Alemaña. Máis tarde uniríanse á guerra outros países como os Estados Unidos, Italia ou o Xapón.

Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda de Estados Unidos, que entrou polo afundimento do RMS Lusitania o 7 de maio de 1915 , e impuxeron fortes sancións económicas e territoriais a Alemaña, á vez que desmembraron os imperios de Austria-Hungría e Turquía a partir do Tratado de Versalles en 1919. Creáronse moitos novos estados en Europa: algúns dunha soa nación (como Polonia) e outros de varias (Iugoslavia, Checoslovaquia).

Durante a primeira guerra mundial ocorreu tamén a Revolución Rusa, que fixo que Rusia pactase por separado a paz (Tratado de Brest-Litovsk) coas potencias centrais e non estivese representada no Tratado de Versalles ó atoparse en guerra civil.

As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da Segunda guerra mundial.

República Checa

A República Checa (en checo: Česká republika), tamén coñecida como Chequia (en checo: Česko) é un país de centro de Europa, limitado ao norte por Polonia, ao leste por Eslovaquia, ao sur por Austria e ao noroeste por Alemaña. Xunto con Polonia, Eslovaquia e Hungría, integra o Grupo Visegrád. Está formada polas rexións históricas de Bohemia, Moravia e Silesia. Bohemia, ocupa a parte occidental do país, está rodeada de montes baixos e forma unha cunca regada polos ríos Labe (Elba) e Vltava (Moldava). Moravia, ocupa parte oriental, está regada polo río Morava. Silesia, situada ao norte de Moravia, fai fronteira con Polonia.

O Estado Checo, ou as terras da Coroa de Bohemia, como era coñecido até 1918, formouse a finais do século IX. Despois da Batalla de Mohács en 1526, o Reino de Bohemia foi integrado na monarquía dos Habsburgo xunto con Austria e Hungría. A república independente de Checoslovaquia formouse en 1918, tralo colapso do Imperio Austrohúngaro trala Primeira Guerra Mundial. Despois de que no Pacto de Múnic (asinado pola Alemaña nazi, Francia, Reino Unido e Italia) se estabelecese unilateralmente a incorporación de Checoslovaquia á Alemaña, e por gratitude pola consecuente liberación da maior parte da República polo Exército Vermello, o Partido Comunista obtivo maioría relativa (38 %) nas eleccións de 1946.

Dous anos despois, en 1948, Checoslovaquia converteríase nunha ditadura por mor dun golpe de estado. En 1968 a crecente insatisfacción culminou cunha tentativa de reformar o réxime. Os acontecementos, coñecidos como a Primavera de Praga de 1968, terminou coa invasión por parte dos exércitos dos países do Pacto de Varsovia (coa excepción de Romanía); as tropas permaneceron no país até a Revolución de Veludo de 1989 cando o réxime se derrubou. O 1 de xaneiro de 1993, Checoslovaquia dividiuse pacificamente en dous estados, a República Checa e Eslovaquia. O 1 de maio de 2004 pasou a formar parte da Unión Europea.

Hoxe a República Checa é unha democracia representativa pluripartidista. O presidente Václav Klaus é o actual xefe de Estado, sendo Petr Nečas o Primeiro Ministro e Xefe de Goberno. O Parlamento ten dúas cámaras: a Cámara de Deputados e o Senado. Dende a súa creación a República Checa fixo reformas económicas como as privatizacións rápidas. O crecemento do seu Produto Interior Bruto (PIB) situouse en torno ao 6 % até o estalido da recente crise económica mundial. O país foi o primeiro membro da antiga COMECON en acadar o status de país desenvolvido segundo o Banco Mundial. O seu Índice de Desenvolvemento Humano (2010) sitúa a Chequia como unha nación cun "desenvolvemento humano moi alto".

Richard Adolf Zsigmondy

Richard Adolf Zsigmondy, nado en Viena (Imperio austríaco, agora Austria), o 1 de abril de 1865 e finado en Göttingen (Alemaña) o 23 de setembro de 1929, foi un químico austríaco-alemán de ascendencia húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1925.

Río Danubio

O Danubio é o segundo río máis longo da Europa (o Volga é o primeiro). Atravesa a Europa de oeste a leste.

O seu nome é en búlgaro (transliterado) Dunav, alemán Donau, húngaro Duna, romanés Dunăre, croata Dunav, eslovaco Dunaj, e en ucraíno Dunay.

Victor Francis Hess

Victor Franz Hess, nado en Waldstein o 24 de xuño de 1883 e finado en Nova York o 17 de decembro de 1964, foi un físico austríaco.

Viena

Viena (en alemán: Wien ( [viːn] ; en bávaro: Wean)) é unha cidade situada en Europa Central, capital de Austria, ademais dun dos nove Bundesländer ou Estados austríacos. Situada á beira do río Danubio e ao pé dos primeiros ramais dos Alpes é, cunha poboación de 1 765 649 (2013), a maior cidade e centro político e cultural do país.

Rodeada polo estado de Baixa Austria, a súa área metropolitana acada os 2 419 000 habitantes, poboación semellante á que tiña no ano 1914. A cidade ten unha longa historia, sendo unha das máis antigas capitais de Europa, polo que conta cun importante patrimonio artístico. Capital do Imperio Austrohúngaro medrou pasando a súa poboación de 724.000 habitantes en 1880 a 2 000 000 en 1910. Durante o século XIX foi unha das grandes capitais musicais do mundo e a principios do século XX un dos focos da filosofía e o debate político de Occidente, así como un dos principais centros culturais mundiais. Durante esa época constrúense grandes palacios arredor da Ringstraße, perímetro da muralla medieval reconvertida a amplo bulevar.

Durante a Segunda Guerra Mundial foi bombardeada polas forzas aliadas e, até 1955, permaneceu baixo ocupación cuadripartita, xa que estaba controlada por soviéticos, franceses, estadounidenses e británicos, sistema semellante ao de Berlín. Está situada a 50 quilómetros de Bratislava (capital de Eslovaquia), ademais de estar conectada por unha ampla rede de autoestradas intereuropeas con Alemaña, República Checa e Eslovenia. A maioría da poboación que profesa unha relixión declárase católica.

Walter Kohn

Walter Kohn, nado o 9 de marzo de 1923 en Viena (Austria) e finado en Santa Barbara (California), o 19 de abril de 2016, foi un físico teórico austríaco nacionalizado estadounidense que foi premiado, xunto con John Pople, co Premio Nobel de Química en 1998.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.