Aurora Marco

Aurora Marco López, nada en Noguera de Albarracín (provincia de Teruel) o 1 de febreiro de 1948, é unha ensaísta galega.

Aurora Marco
Aurora Marco (AELG)-2
Nacemento1 de febreiro de 1948
 Noguera de Albarracín
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónensaísta
XénerosEnsaio
EstudosFilosofía e Letras

Traxectoria

A súa familia trasladouse a Ordes cando tiña 9 anos. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, cidade onde reside desde 1958. Fixo a tese de doutoramento sobre a lingua nas novelas de Antonio López Ferreiro (1978) na mesma universidade.

Exerceu a docencia na Facultade de Filosofía e Letras, posteriormente de Filoloxía, de 1970 a 1975, e na Escola Universitaria de Formación do Profesorado desde 1972. Obtivo a titularidade de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega en 1984 e a cátedra en 1994,[1] materia que ensinou na Facultade de CC da Educación da USC ata 2014, data da súa xubilación.

Foi presidenta da Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y Literatura.[2]

Colabora habitualmente con múltiples revistas literarias como Alameda, Murguía, Lenguaje y Textos, Andaina, Primeras Noticias, Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, Cuadernos de Pedagogía, Agália etc.[3] As súas liñas de investigación preferentes son: Lingua, Literatura, Xénero e Memoria histórica.[4]

Obra en galego

Ensaio

  • Foula e ronsel. Os anos xuvenis de Carvalho Calero (1910-1941) (1992). Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-604-4028-1.
  • As precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936) (1993). La Voz de Galicia. ISBN 84-88254-19-9.
  • Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras (2002). Ediciós do Castro. 159 páxs. ISBN 9788484850939.
  • Avilés de Taramancos. Un francotirador da fermosura (2003). Toxosoutos. 438 páxs. ISBN 84-95622-84-X.
  • Ramiro Paz Carbajal (1891-1936). Unha vida segada pola barbarie (2003). Toxosoutos. 216 páxs. ISBN 978-84-96259-03-4.
  • Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975 (2007). Edicións A Nosa Terra.
  • Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011). Laiovento. 532 páxs. ISBN 84-8487-211-5.[5]
  • Elas (2015). A Xanela Editorial.[6][7]
Entrevista en Nós Televisión.

Edicións

  • O Castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro, 1981, Edicións do Castro.
  • Prosa miúda. Artigos non coleccionados (1927-1934), de Ramón Otero Pedrayo, 1988, Edicións do Castro.
  • Teatro ignorado, de Ramón Otero Pedrayo, 1991, Laiovento.
  • Fausto, Margarida e Aqueloutro, de Tomás Barros, 1993, edición bilingüe e estudo introdutorio, Edicións do Castro. Con Alfredo Rodríguez López-Vázquez.
  • Lingua, literatura e arte: aspectos didácticos. Actas do Seminario Interdisciplinar, Santiago, 1996 (1997). Santiago de Compostela.
  • Queixas, de Áurea Lorenzo Abeijón, 2004, Toxosoutos.
  • O cabalo de vidro, de Antón Avilés de Taramancos, 2008, Concello de Noia.
  • Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana, 2012, Laiovento.

Obras colectivas

  • Literatura Galega. Séculos Escuros e Rexurdimento, 1988, Vía Láctea.
  • O teatro de Xesús Rodríguez López. Estudo e textos, 1988, Edicións do Castro. Con Araceli Herrero Figueroa.
  • Actas do I Simpósio Internacional de Didáctica da Lingua e a Literatura, 1991, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Simpósio Internacional Muller e Cultura, 1993, Universidade de Santiago de Compostela.
  • A Escola Normal de Santiago de Compostela. De Escola Superior a Escola Universitaria (1849-1996), 2000, Universidade de Santiago de Compostela. Con Anxo Porto Ucha.
  • Avilés de Taramancos: A paixón pola terra, 2004, Consello da Xuventude de Galicia.
  • As Irmandades da Fala (1916-1931), 2016, Laiovento.

Premios

  • Premio Tomás Barros de investigación teatral no 1991.
  • Premio Ánxel Fole de investigación literaria no 1992, por Foula e Ronsel. Os anos xuvenis de Carvalho Calero (1910-1941).
  • Premio Mestre Mateo ao mellor documental 2011[8] por As silenciadas, guion e copruducción de Aurora Marco.
  • Premio Luís Tilve á Investigación e Divulgación Histórica no 2012, por As mulleres na guerrilla antifranquista galega.
  • Concha Castroviejo. Arelas de liberdade, traballo co que Aurora Marco e Pablo Ces gañaron o segundo premio Xohana Torres, convocado polo Concello de Santiago de Compostela e pola USC.[9]

Obra en castelán

Ensaio

  • El gallego de López Ferreiro (1978). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-102-7.

Obras colectivas

  • Estudios sobre mujer, lengua y literatura, 1996, Universidade das Palmas de Gran Canaria e Universidade de Santiago.
  • Lo Femenino y lo Masculino en el Diccionario de la Lengua de la Real Academia Española, 1998, Ministerio de Asuntos Sociais.
  • Lecturas de Museo. Orientaciones sobre la recepción de relaciones entre la literatura y las artes, 2000, Universidade de Santiago.
  • Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura, 2004, Deputación da Coruña.

Notas

  1. "Resolución de 19 de julio de 1994, de la Universidad de Santiago de Compostela. por la que se nombra Catedrática de Escuela Universitaria del área de conocimiento de «Didáctica de la Lengua y la literatura», del Departamento de Didáctica de la Lengua y la Literatura, a doña Aurora Marco López, plaza número 1166/93" (PDF). BOE (en castelán). 4/8/1994.
  2. "Comité honorífico". web.ua.es (en castelán). Consultado o 3/7/2019.
  3. "Aurora Marco López". Dialnet (en castelán). Consultado o 3/7/2019.
  4. "Edicións Laiovento - Aurora Marco". Laiovento. Consultado o 3/7/2019.
  5. "Edicións Laiovento - Mulleres na guerrilla antifranquista galega". Laiovento. Consultado o 3/7/2019.
  6. "Elas – Información – A Xanela Editorial". Consultado o 3/7/2019.
  7. "'Elas', de Aurora Marco. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 3/7/2019.
  8. ""As silenciadas" de Aurora Marco, Premio Mestre Mateo al mejor documental 2011". Clásicas y modernas (en castelán). 29/4/2012. Consultado o 3/7/2019.
  9. Gómez, Joel (11/5/2018). "Aurora Marco: «Un inxusto manto de invisibilidade escureceu a Concha Castroviejo»". La Voz de Galicia. Consultado o 3/7/2019.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.