Aung San Suu Kyi

Aung San Suu Kyi (en birmano အောင်ဆန်းစုကြည် /àuɴ sʰáɴ sṵ tɕì/), nada en Rangún o 19 de xuño de 1945, é unha política e activista birmana. É a líder da Liga Nacional para a Democracia e a primeira e actual Conselleira de Estado de Birmania, cargo correspondente ao de xefe de goberno.

Foi a figura emblemática da oposición birmana contra a ditadura militar que tivo o poder entre 1962 e 2011. Tras pasar case 15 anos en prisión e baixo arresto domiciliario, nas eleccións de 2012, saíu elixida deputada. Nas eleccións de 2015, o seu partido conseguiu o 86% dos escanos, pero debido a que o seu defunto marido e fillos eran estranxeiros, non puido acceder á Presidencia. Por este motivo creouse o cargo de Conselleira de Estado, do que tomou posesión o 6 de abril de 2016.

En 1991 concedéronlle o Premio Nobel da Paz pero a Xunta Militar birmana non lle permitiu saír do país e tivo que esperar ata xuño de 2012 para recollelo en Oslo. Tras o seu ascenso ao poder, Suu Kyi recibiu críticas de varios países e organizacións pola súa inacción contra a persecución á que é sometido o pobo rohingya, cualificada polas Nacións Unidas de xenocidio,[1][2][3][4] e por negar as masacres presuntamente cometidas polo exército birmano.

Aung San Suu Kyi
Remise du Prix Sakharov à Aung San Suu Kyi Strasbourg 22 octobre 2013-18
Nacemento19 de xuño de 1945
 Yangon
NacionalidadeMyanmar
RelixiónBudismo e Theravada
Alma máterLady Shri Ram College for Women, Basic Education High School No. 1 Dagon, St Hugh's College, Escola de estudos orientais e africanos e Universidade de Delhi
Ocupaciónpolítica, escritora e Activista polos dereitos humanos
PaiAung San
NaiKhin Kyi
CónxuxeMichael Aris
FillosAlexander Aris e Kim Aris
IrmánsAung San Oo
Coñecido/a porFreedom from Fear
PremiosPremio Nobel da Paz, comendador da Lexión de Honor, Premio Sakharov, Thorolf Rafto Memorial Prize, International Simón Bolívar Prize, Wallenberg Medal, Medalla de Ouro do Congreso dos Estados Unidos de América, Václav Havel Prize for Creative Dissent, Medalla Presidencial da Liberdade, Prémio Olof Palme, UNESCO-Madanjeet Singh Prize, Honorary Companion of the Order of Australia, Four Freedoms Award - Freedom from Fear, Chatham House Prize, Giuseppe Motta Medal, Prêmio Gwangju de Direitos Humanos, Prémio Embaixador de Consciência, Prêmio Internacional Catalunha, honorary Canadian citizenship, Commemorative Medal of the Czech Senate, Humanitarian of the Year, Lexión de Honra, honorary doctor of the University of Hong Kong, Prêmio Jawaharlal Nehru para Compreensão Internacional e Freedom Award
Aung San Suu Kyi signature 2013

Traxectoria

É filla de Aung San, heroe nacional que firmou en 1947 o tratado de independencia co Goberno británico antes de ser asasinado. Tras diplomarse en Oxford, traballou na Secretaría das Nacións Unidas e foi profesora na India, Aung San Suu Kyi regresou a Birmania en 1988 e participou no "segundo combate en pro da independencia nacional". Este combate inspirouse no exemplo pacífico de Gandhi e na súa fe budista, que le levou a dicir: "unha revolución do espírito que se manifesta mediante o recoñecemento da necesidade do diálogo e a compaixón polos máis humildes". A pesar de estar arraigada na tradición birmana, soubo evitar as manipulacións nacionalistas baseando a súa loita nos "principios sagrados da moral", insistindo na necesidade de reconciliar ás etnias do seu país, profundamente divididas.

Actividade política

Aung San Suu Kyi 1951
Aung San Suu Kyi en 1951.

En 1989 sometérona a arresto domiciliario en Rangún. Asumiu a dirección da Liga Nacional pola Democracia, que gañou nas eleccións en 1990 por ampla maioría.

Como as autoridades militares non recoñeceron este resultado, o seu partido non puido formar un goberno civil. Aung San Suu Kyi, suxeita a unha estreita vixilancia, preferiu permanecer ao lado do seu pobo dando testemuña da súa fe na "idea do ben e do xusto".

Recibiu sucesivamente o Premio Thorolf Rafto de defensa dos dereitos humanos e o Premio Sakharov de liberdade de pensamento.

Recoñecida como prisioneira de conciencia por Amnistía Internacional, o seu propósito de que o drama birmano non caera no esquecemento recompensouno o 14 de outubro de 1991 co Premio Nobel da Paz grazas ao cal se coñeceu o seu combate no mundo enteiro rechazando el exilio que se lle propuña a cambio do seu silencio. En 1992 recibiu o Premio Simón Bolívar.

En 1995, as presións exercidas polos Estados Unidos conduciron á súa "liberación" (por pouco tempo) da súa residencia e dirixíase cada fin de semana a un gran grupo de xente atento á súa mensaxe de alento, antes de que as manifestacións estudantís provocaran a represión,a detención de dirixentes da oposición e o establecemento dun bloqueo en torno ao seu domicilio.

Sometérona de novo a arresto domiciliario en 1996, case non podía recibir visitas, porén conseguiu enviar ás Nacións Unidas algunhas mensaxes gravadas que denunciaban o empeoramento da situación dos dereitos humanos no seu país, pedindo á comunidade internacional que concedera a prioridade aos dereitos políticos da Liga Nacional cuxa dirección segue asumindo.

A Xunta de goberno que mantén o poder no país, propúxolle o exilio á reclusa, xogando co elemento da separación familiar, como unha maneira rápida de desfacerse dela. Un capítulo desta táctica de acoso psicolóxico sucedeu cando o seu home, Michael Aris, morreu de cancro de próstata en marzo de 1999, sen volver a ver á súa muller, esperando un visado que o goberno birmano nunca lle concedeu. Outro capítulo sucedeu en abril de 1999 cando ao seu fillo, Kim Htein Lin, se lle permitiu reunirse con ela por unhas horas no aeroporto de Rangún.

Estivo en arresto domiciliario dende 2003. En setembro de 2007 trasladárona a un novo recinto penal debido ás manifestacións que se realizaron en todo o país esixindo a democracia.

O 11 de agosto de 2009, un tribunal do goberno militar birmano condenouna a dezaoito meses máis de arresto domiciliario. Algunhas organizacións como Amnistía Internacional ou Avaaz fixeron presión sobre o goberno de Birmania e outros dirixentes para que tomasen cartas no asunto. Aung San Suu Kyi formaba parte dos 700 presos de conciencia que se estimaba había no país.

O 3 de outubro de 2009[5] reuniuse coa xunta militar para dialogar por primeira vez na Casa de Hóspedes do Estado en Rangún, un día despois de que unha corte rexeitara a apelación[6] que a activista fixera contra a súa sentenza de 18 meses de prisión por violar os termos do seu arresto domiciliario.[7]

Flag of National League for Democracy
Bandeira da Liga Nacional pola Democracia.

Posta en liberdade

O 25 de xaneiro de 2010 filtrouse un rumor segundo o cal o Ministro de Interior birmano, O Maior Xeneral, comunicara nunha reunión privada de dirixentes locais que Suu Kyi sería liberada en novembro do mesmo ano, un mes despois das eleccións xenerais. As autoridades birmanas firmaron o decreto de posta en liberdade de San Suu Kyi o 12 de novembro dese ano. Os seus defensores declararon que o 13 de novembro finalizaba o arresto domiciliario da líder birmana, polo que non se trataría dunha amnistía, senón do fin da condena.[8]

San Suu Kyi foi liberada finalmente o 13 de novembro de 2010. Recibírona na porta do seu domicilio unhas 3.000 persoas. Suu Kyi pasou 15 dos últimos 21 anos encarcerada ou privada de liberdade, ben en prisión, ben en arresto domiciliario.[9]

Eleccións de 2012

O 1 de abril de 2012, celebráronse eleccións lexislativas parciais para cubrir 45 postos vacantes. Suu Kyi presentouse como candidata e gañou un escano no Pyithu Hluttaw, a cámara baixa do Parlamento. O seu partido, a Liga Nacional para a Democracia, conseguiu 43 dos 45 postos.

O sábado 16 de xuño de 2012 puido por fin recoller en Oslo o Premio Nobel da Paz, que lle concederan en 1991. Catro días despois, o mércores 20 de xuño de 2012, puido tamén recoller persoalmente o doutoramento honoris causa que en 1993 lle concedera a Universidade de Oxford.[10]

Eleccións de 2015

O 6 de xuño de 2012, anunciou no Foro Económico Mundial que se quería presentar á presidencia do país. A Constitución que entrou en vigor en 2008 impedíallo, xa que o seu falecido marido e os seus fillos tiñan nacionalidade estranxeira. Ditas condicións foron aparentemente introducidas precisamente para que ela non puidera ocupar o cargo.[11]

Finalmente, nas eleccións de 2015, o partido de Suu Kyi obtivo unha ampla maioría en ambas cámaras superando os dous terzos que constitucionalmente se requerían para que o candiato do partido se asegurase a presidencia. Aínda que Suu Kyi non podía ocupar o cargo declarou que ostentaría o poder real en calquera goberno liderado pola LND. O 30 de marzo de 2016, converteuse en Ministra da Oficina da Presidencia, de Asuntos Exteriores, de Educación e de Enerxía Eléctrica no goberno de Htin Kyaw. Máis tarde renunciou aos dous últimos cargos e aceptou o de Conselleira de Estado, cargo equivalente ao de xefe de goberno e que foi creado exclusivamente para ela.

Resposta á violencia contra os musulmáns rohingyas e os refuxiados

En 2017, persoas críticas con Suu Kyi pediron que se lle retirase o premio Nobel, debido á súa aparente indiferenza pola persecución contra o pobo rohingya, unha minoría musulmá, en Birmania.[12][13] En 2012, declarou que non sabía se os rohingyas poderían ser considerados birmanos e en 2013 non condenou a violencia sobre eles, negando que os musulmáns do país estiveran sufrindo ningunha limpeza étnica. Segundo ela as tensións débense a un "clima de terror" causada por unha percepción mundial de que o poder global do islam é moi grande.[14]

En agosto de 2018, un informe da ONU, describiu o ocorrido como xenocidio e engadiu que Suu Kyi fixo o mínimo posible por evitalo.[15]

Premios e recoñecementos

  • Premio Nobel da Paz de 1991
  • Doutoramento honoris causa pola Universidade de Oxford en 1993.
  • Thorolf Rafto Memorial Conciencia de Realizando o Sono (1990).[16]
  • Companions of the Order of Australia.
  • Premio Eleanor Roosevelt, for Human Rights.
  • Premio Simon Bolivar en 1992.
  • Premio Olof Palme en 2005.
  • Premio Václav Havel á Disidencia Creativa pola Human Rights Foundation en 2012.

Bibliografía

Como autora

  • Letters from Burma (1998) con Fergal Keane ISBN 978-0-14-026403-6
  • The Voice of Hope (1998) con Alan Clements, ISBN 978-1-888363-83-8
  • Freedom from Fear and Other Writings (1995) con Vaclav Havel, Desmond M. Tutu, and Michael Aris, ISBN 978-0-14-025317-7
  • Der Weg zur Freiheit (1999) with U Kyi Maung, U Tin Oo, ISBN 978-3-404-61435-6
  • Letter to Daniel: Despatches from the Heart (1996) de Fergal Keane, prólogo de Aung San Suu Kyi, editado por Tony Grant ISBN 978-0-14-026289-6
  • Burma's Revolution of the Spirit: The Struggle for Democratic Freedom and Dignity (1994) con Alan Clements, Leslie Kean, O Dalai Lama, Sein Win ISBN 978-0-89381-580-6
  • Aung San of Burma: A Biographical Portrait by His Daughter (1991) ISBN 978-1-870838-80-1, segunda edición 1995
  • Aung San (Leaders of Asia Series) (1990) ISBN 978-9990288834
  • Burma and India: Some aspects of intellectual life under colonialism (1990) ISBN 978-81-7023-134-9
  • Bhutan (Let's Visit Series) (1986) ISBN 978-0-222-01099-5
  • Nepal (Let's Visit Series) (1985) ISBN 978-0-222-00981-4
  • Burma (Let's Visit Series) (1985) ISBN 978-0-222-00979-1

Mencionada en

  • Filme The Lady (2012)[17]
  • Aung San Suu Kyi (Modern Peacemakers) (2007) by Judy L. Hasday, ISBN 978-0-7910-9435-8
  • The Lady: Aung San Suu Kyi: Nobel Laureate and Burma's Prisoner (2002) de Barbara Victor, ISBN 978-0-571-21177-7, ou 1998 hardcover: ISBN 978-0-571-19944-0
  • The Perfect Hostage: A Life of Aung San Suu Kyi (2007) de Justin Wintle, ISBN 978-0-09-179681-5
  • Tyrants: The World's 20 Worst Living Dictators (2006) de David Wallechinsky, ISBN 978-0-06-059004-8
  • Aung San Suu Kyi (Trailblazers of the Modern World) (2004) de William Thomas, ISBN 978-0-8368-5263-9
  • No Logo: No Space, No Choice, No Jobs (2002) de Naomi Klein ISBN 978-0-312-42143-4
  • Mental culture in Burmese crisis politics: Aung San Suu Kyi and the National League for Democracy (ILCAA Study of Languages and Cultures of Asia and Africa Monograph Series) (1999) de Gustaaf Houtman, ISBN 978-4-87297-748-6
  • Aung San Suu Kyi: Standing Up for Democracy in Burma (Women Changing the World) (1998) de Bettina Ling ISBN 978-1-55861-197-9
  • Aung San Suu Kyi: Fearless Voice of Burma (Newsmakers Biographies Series) (1997) de Whitney Stewart, ISBN 978-0-8225-4931-4
  • Prisoner for Peace: Aung San Suu Kyi and Burma's Struggle for Democracy (Champions of Freedom Series) (1994) de John Parenteau, ISBN 978-1-883846-05-3
  • Des femmes prix Nobel de Marie Curie à Aung San Suu Kyi, 1903-1991 (1992) de Charlotte Kerner, Nicole Casanova, Gidske Anderson, ISBN 978-2-7210-0427-7
  • Aung San Suu Kyi, towards a new freedom (1998) de Chin Geok Ang ISBN 978-981-4024-30-3
  • Aung San Suu Kyi's struggle: Its principles and strategy (1997) de Mikio Oishi ISBN 978-983-9861-06-8
  • Finding George Orwell in Burma (2004) de Emma Larkin ISBN 0-14-303711-0
  • "Crónicas Birmanas" (2008) de Guy Delisle

Fonte: Unesco, seguindo as súas reglas de reprodución.

Notas

  1. "A ONU acusa o Exército de Birmania de xenocidio "intencionado". 27 de agosto de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  2. "La ONU acusa al Ejército de Birmania de genocidio contra los rohingyas" (en castelán). 27 de agosto de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  3. "Rohingya: o xenocidio do que o mundo non escoita falar". Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  4. "Burma's Aung San Suu Kyi accused of 'legitimising genocide of Rohingya Muslims'" (en inglés). 25 de novembro de 2016. Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  5. Birmania Libre: Suu Kyi reúnese por segunda vez nunha semana cun ministro da Xunta birmana
  6. Birmania Libre: Rexeitada a apelación contra o arresto domiciliario de Suu Kyi
  7. Birmania Libre: 18 meses de arresto domiciliario
  8. A Xunta birmana firma a liberación de Aung San Suu Kyi, El país, 12 de novembro de 2010, consultado o mesmo día.
  9. Liberada a Nobel da Paz birmana Aung San Suu Kyi, O País, 13 de novembro de 2010, consultado o mesmo día.
  10. "Suu Kyi recibe o recoñecemento de Oxford tras 19 anos de espera". El País. 21 de xuño de 2012.
  11. "The halo slips" (en inglés). 15 de xuño de 2013. Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  12. "Should Aung San Suu Kyi give back her Nobel prize?" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  13. "Why Aung San Suu Kyi’s Nobel Peace Prize Won’t Be Revoked". The New York Times (en inglés). 4 de setembro de 2017. Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  14. "Suu Kyi blames Burma violence on 'climate of fear'" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  15. "The UN reports that the assault on the Rohingyas amounted to genocide" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  16. Birmania Libre (21 de xaneiro de 2011). "Suu Kyi, Premio Trompeta da Conciencia". Consultado o 14 de xaneiro de 2012.
  17. Ficha Arquivado 26 de xuño de 2012 en Wayback Machine. en IMDb

Véxase tamén

Ligazóns enternas

En español

En inglés

19 de xuño

O 19 de xuño é o 170º día do ano do calendario gregoriano e o 171º nos anos bisestos. Quedan 195 días para finalizar o ano.

Alva Myrdal

Alva Reimer Myrdal, nada en Uppsala o 31 de xaneiro de 1902 e finada en Danderyd o 1 de febreiro de 1986, foi unha diplomática sueca que recibiu en 1982 o Premio Nobel da Paz polos seus esforzos polo desarmamento.

Bertrand Tavernier

Bertrand Tavernier, nado en Lión o 25 de abril de 1941, é un director, escritor, actor, e produtor francés.

David Trimble

William David Trimble, nado en Belfast o 15 de outubro de 1944, é un político de Irlanda do Norte

Eisaku Satō

Eisaku Satō (佐藤栄作), nado en Tabuse (Kumage, Yamaguchi) o 27 de marzo de 1901 e finado en Toquio o 3 de xuño de 1975, foi un político xaponés, primeiro-ministro de Xapón entre 1964 e 1972. Gañou o Premio Nobel da Paz en 1974.

Emily Greene Balch

Emily Greene Balch, nada en Boston en 1867 e finada en 1961, foi unha escritora e pacifista americana, que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1946, compartido con John Raleigh Mott.

Ernesto Teodoro Moneta

Ernesto Teodoro Moneta, nado en Milán o 20 de setembro de 1833, e finado o 10 de febreiro de 1918, foi un militante pacifista italiano, distinguido co premio Nobel da Paz en 1907.

Fredrik Bajer

Fredrik Bajer, nado en Nästved o 21 de abril de 1837 e finado en Copenhaguen o 22 de xaneiro de 1922, foi un escritor, pacifista e político dinamarqués. En 1908 foille concedido o Premio Nobel da Paz.

Fridtjof Nansen

Fridtjof Wedel-Jarlsberg Nansen, nado en Oslo o 10 de outubro de 1861 e finado en Lysaker, Bærum o 13 de maio de 1930, foi un explorador, científico e diplomático noruegués.

Henri La Fontaine

Henri Marie La Fontaine, nado en Bruxelas o 22 de abril de 1854 e finado na mesma cidade o 14 de maio de 1943, foi profesor de Dereito internacional e senador belga.

Klas Pontus Arnoldson

Klas Pontus Arnoldson, nado en Gotemburgo o 27 de outubro de 1844 e finado en Estocolmo o 20 de febreiro de 1916, foi un político, xornalista e pacifista sueco, galardoado co premio Nobel da Paz en 1908.

Louis Renault

Louis Renault, nado en Autun o 21 de maio de 1843 e falecido en Barbizon o 8 de febreiro de 1918, foi un xurista e educador francés. En 1907, xunto con Ernesto Teodoro Moneta, gañou o Premio Nobel da Paz.

Martti Ahtisaari

Martti Oiva Kalevi Ahtisaari, diplomático das Nacións Unidas nado en 23 de xuño de 1937, foi o presidente de Finlandia entre 1994 e 2000. Traballou coa mediación entre o goberno da Serbia e a que daquela era a provincia de Kosovo.

Oficina Internacional pola Paz

A Oficina Internacional pola Paz (en inglés: Permanent International Peace Bureau e en francés: Bureau International Permanent de la Paix) é a organización internacional máis antiga adicada a buscar solucións ós conflitos mediante a paz. En 1910 foi galardoada co Premio Nobel da Paz.

Premio Nobel da Paz

O Premio Nobel da Paz é un dos cinco premios Nobel instituído polo inventor e industrial sueco Alfred Nobel. Mentres que os de Física, Química, Medicina e Literatura son entregados en Estocolmo, o Premio Nobel da Paz é entregado en Oslo, a capital de Noruega.

Premio Sakharov

O Premio Sakharov para a Liberdade de Pensamento, máis coñecido sinxelamente como Premio Sakharov, honra a persoas ou organizacións que dedicaron as súas vidas ou accións á defensa dos dereitos humanos e a liberdade de pensamento. Nomeado en homenaxe do científico e disidente soviético Andrei Sakharov, foi estabelecido en 1988 polo Parlamento Europeo. Cada ano, a Comisión de Asuntos Exteriores e a Comisión de Desenvolvemento do Parlamento Europeo elaboran unha lista de candidatos. Os eurodeputados que conforman esas comisións elaboran unha lista de preseleccionados en setembro, Despois diso, a elección final outórgaselle á Conferencia de Presidentes do Parlamento Europeo (Presidente e líderes dos grupos políticos) e o nome do galardoado anúnciase a finais de outubro. O premio é entregado nunha cerimonia do hemiciclo do Parlamento de Estrasburgo en decembro. O galardón inclúe un premio en metálico de 50 000 euros.O primeiro premio foi entregado de forma conxunta ó surafricano Nelson Mandela e ó ruso Anatoly Marchenko. O premio de 1990 foille concedido a Aung San Suu Kyi, mais non puido recollelo até o ano 2013 por mor do seu encarceramento político en Myanmar. O premio tamén lle foi entregado a organizacións, sendo a primeira as Nais de Praza de Maio arxentinas no ano 1992. Cinco dos galardoados Sakharov foron posteriormente premiados co Premio Nobel da Paz: Nelson Mandela, Aung San Suu Kyi, Malala Yousafzai, Denis Mukwege e Nadia Murad.Razan Zaitouneh (2011) foi secuestrada en 2013 e aínda segue desaparecida. Nasrin Sotoudeh (2012) foi liberada da cadea en setembro de 2013, mais aínda ten prohibido abandonar Irán, igual que o seu compañeiro galardoado en 2012 Jafar Panahi. O premio de 2017 foille concedido á Oposición de Venezuela, co boicot de Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica.

Élie Ducommun

Élie Ducommun, nado en Xenebra o 19 de febreiro de 1833 e finado en Berna o 7 de decembro de 1906, foi un periodista suízo, membro fundador en Xenebra, en 1867, da Liga Internacional para a Paz e a Liberdade.

Laureados co Premio Nobel da Paz
1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
2001–2017

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.