Augusto Casas

Augusto María Casas Blanco, nado en Ourense o 25 de setembro de 1906 e finado en Barcelona o 22 de decembro de 1973, foi un avogado e escritor galego.

Augusto Casas
Augusto María Casas 1925
Augusto María Casas, retrato en Vida Gallega, 1925.
Nacemento25 de setembro de 1906
 Ourense
Falecemento22 de decembro de 1973
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
IrmánsÁlvaro das Casas

Traxectoria

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926, marchou a Barcelona logo de aprobar ás oposicións ao Ministerio de Gobernación e alí residiu toda a súa vida. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborou en diferentes revistas e xornais. En 1926 fundou, con Denys Fernández, a revista Galaxia. Comezou a escribir en castelán pero tamén ten moita obra en galego. É autor do artigo "Esquema da nova poesía galega", publicado na revista Nós en 1935.

É irmán do tamén escritor Álvaro de las Casas.

Obra

Augusto María Casas 1932
Augusto María Casas, 1932.

En castelán

  • Alma triste, 1924 (poesía).
  • Panal y flor, 1927 (poesía).
  • Alí-Bey. Vida, viajes y aventuras de D. Domingo Badía, 1943 (biografía).
  • El Papa Luna, 1945 (biografía).
  • Fray Junípero Serra, el Apóstol de California, 1949 (biografía).
  • La tierra del alma y otros cuentos, 1950 (narrativa).

En galego

Poesía

  • O vento segrel, 1932, Nós.
  • Cantigas da noite moza, 1950.
  • Isa folla que vai polo río, 1954.
  • Alén, 1962, Colección Salnés.[1]
  • Servidume da treva, 1964.

Narrativa

  • Muiñada d'estrelas, 1926.[2]

Traducións

  • Las mejores poesías de Rosalía de Castro, 1946.

Notas

  1. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
  2. Publicado na revista Galaxia

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

22 de decembro

O 22 de decembro é o 356º día do ano do calendario gregoriano e o 357º nos anos bisestos. Quedan 9 días para finalizar o ano.

25 de setembro

O 25 de setembro é o 268º día do ano do calendario gregoriano e o 269º nos anos bisestos. Quedan 97 días para finalizar o ano.

Antologia poética. Cancioneiro rosaliano

Antologia poética. Cancioneiro rosaliano é unha recompilación de obras de Rosalía de Castro publicada por Ernesto Guerra da Cal en 1985 co motivo da conmemoración do centenario da morte da autora. A obra consta de dúas partes: unha "antoloxía" con sesenta e dous poemas seleccionados de tres dos seus libros, máis dous non presentes en ningún deles, e un "cancioneiro" con sesenta composicións de corenta e oito poetas ibero-románicos, todos dedicados á escritora.

A obra foi publicada en Lisboa como ápice da súa defensa do modelo reintegracionista para a lingua galega. Traballou na “selección e organización, adaptacións ao galego, versións do español, catalán e inglés, presentación e notas”. A obra consta de “Apresentação”, “Nótula bibliográfica”, “Agradecimentos”, “Antologia”, “Cancioneiro rosaliano”, “Iconografia” e “Índices”. En 1988 o propio Guerra da Cal publicou Seis Poemas a Rosalia de Castro.

Centro Galego de Barcelona

O Centro Galego de Barcelona xorde no 1892 mediante a fusión de distintos grupos e peñas (a Casa de Galicia e a Sociedad Artística como os máis importantes). Comeza co nome de Casa de Galicia, mais a Guerra Civil acaba con el. Rematará por converterse nunha entidade legal no ano 1923 con sede social no edificio de Las Ramblas onde hoxe segue situado. A súa consolidación chega cos Xogos Florais Galegos (1950) co primeiro número da revista Alborada.

Colección Benito Soto

A colección Benito Soto foi un proxecto editorial levado a cabo en Pontevedra entre 1948 e 1952 por Emilio Álvarez Negreira, Manuel Cuña Novás e Sabino Torres. Debe o seu nome a Benito Soto, o pirata da Moureira.

Colección Salnés

A colección Salnés foi unha colección literaria de Editorial Galaxia dedicada a primeiras edicións de poesía contemporánea en lingua galega. Estaba dirixida por Celso Emilio Ferreiro, Emilio Álvarez Blázquez e Salvador Lorenzana (pseudónimo de Francisco Fernández del Riego).

De Pondal a Novoneyra

De Pondal a Novoneyra é un libro de consulta, de biografías e crítica literaria, de referencia para o estudo da poesía galega contemporánea, obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado no ano 1984 por Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Xerais Universitaria.

Historia da literatura galega contemporánea

Historia da literatura galega contemporánea é unha obra de Ricardo Carballo Calero publicada pola Editorial Galaxia en 1963. En 1975 fíxose unha 2ª edición ampliada:

Foi reeditada en 1981 e 2001 .

Homaxe da Galicia Universal

Ramon Otero Pedrayo: A súa vida e a súa obra. Homaxe da Galicia Universal é unha obra literaria de diversos autores e autoras, escrita en homenaxe a Ramón Otero Pedrayo e publicada en 1958.

Johán Carballeira

José Francisco Gómez de la Cueva, coñecido polo seu pseudónimo Johán Carballeira, nado en Vigo o 13 de febreiro de 1902 e fusilado na Caeira (Poio) o 17 de abril de 1937, foi un xornalista e político galego.

Luís Amado Carballo

Luís Gustavo Amado Carballo, nado en Pontevedra o 2 de maio de 1901. e finado na mesma cidade o 3 de setembro de 1927, foi un escritor galego en lingua galega, cofundador da revista Alborada e pai do hilozoísmo ou animismo. Moi relixioso, interesado pola teosofía, militou como galeguista e pertenceu ás Irmandades da Fala. Foi, xunto con Manuel Antonio, un dos poetas máis destacados do seu tempo, pertencentes ambos a xeración de 1922 (ou de 1925). Morreu prematuramente por causa dunha tuberculose. No ano 1982 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ribeira Sacra (álbum)

Ribeira Sacra é un álbum do grupo de folk galego Luar na Lubre. Publicouse en 2018, baixo o selo Warner Music.

O primeiro tema do álbum, "Os tafenos de gaurra" ten a letra en barallete, a fala dos afiadores da Ribeira Sacra ourensá.

Suso Vaamonde

Xesús Vaamonde Polo, nado en Rego do Vargo (A Insua, Ponte Caldelas) o 20 de decembro de 1950 e finado en Vigo o 16 de febreiro de 2000, foi un cantautor galego, coñecido como Suso Vaamonde, .

Álvaro das Casas

Álvaro María Casas Blanco, nado en Ourense o 2 de xullo de 1901 e finado en Barcelona o 8 de marzo de 1950, foi un dinamizador cultural e escritor, en galego e castelán, de poesía, novela, ensaio e, fundamentalmente, de obras de teatro. Asinou as súas publicacións como Álvaro de las Casas ou, cando escribe en galego Álvaro das Casas.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.