Augusto Assía

Felipe Fernández Armesto, coñecido tamén como Augusto Assía, nado na Mezquita o 1 de maio de 1904 e finado en Xanceda (Mesía) o 2 de febreiro de 2002,[1] foi un escritor e xornalista galego.

Augusto Assía
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento1 de maio de 1904
 A Mezquita
Falecemento2 de febreiro de 2002
 Mesía
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Humboldt de Berlín
Ocupaciónxornalista
CónxuxeMaría Victoria Fernández-España
FillosJuan Fernández-Armesto Fernández-España e Felipe Fernández-Armesto
IrmánsFermín Fernández Armesto
PremiosMedalla Castelao e Orde do Imperio Británico

Traxectoria

Estudou o bacharelato en Ourense e en 1924 ingresou na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela. Nese mesmo ano viron a luz os seus primeiros artigos en El Pueblo Gallego, no que dirixiu a páxina universitaria deste xornal.

En 1927 abandonou a cidade compostelá, e marchou a París. No ano seguinte conseguiu unha bolsa de estudos na universidade de Berlín. Desde alí escribiu en diversos xornais españois, especialmente en La Vanguardia de Barcelona, utilizando desde entón a sinatura de Augusto Assía. Desde o mes de outubro de 1929 foi redactor fixo do citado diario catalán. En abril de 1933 foi expulsado de Alemaña polo Goberno nazi e La Vanguardia enviouno a Londres como correspondente.

En agosto de 1936 viaxou á España nacional, quedando adscrito á sección de Prensa do Goberno de Burgos. Estivo na fronte de Asturias e, máis tarde, foi redactor-xefe do diario ourensán Arco, así como xefe da sección de Internacional de La Voz de España.

En 1939 foi enviado de novo a Londres como correspondente, e alí pasou toda a Segunda guerra mundial, enviando unhas crónicas que se fixeron famosas, pois sempre confiou na derrota das potencias do Eixe. Tras a vitoria aliada na guerra, cubriu a información sobre os Xuízos de Núremberg.

En agosto de 1950 contraeu matrimonio coa periodista María Victoria Fernández-España, de quen tivo un fillo, Juan Fernández-Armesto Fernández-España, avogado e economista que foi o primeiro presidente da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Ese mesmo ano trasladouse aos Estados Unidos de América, onde continuou como correspondente de La Vanguardia.

No ano 1964 comprou en Xanceda (Mesía) unha grande extensión de terreo, onde montou unha explotación agrícola-gandeira.

En xullo de 1967 asinou en La Voz de Galicia un artigo no que reclamaba a equiparación de dereitos para a lingua galega no seu país.[2]

O ministro de Información y Turismo, Manuel Fraga impúxolle unha multa de 50.000 pesetas ao director do xornal, Francisco Pillado Rivadulla, pola publicación do citado artigo de Fernández Armesto.[Cómpre referencia]

En 1982, como columnista de La Voz de Galicia, acusou ao Bloque Nacional Popular Galego e mais ao Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas de colaboración con grupos terroristas, polo cal foi cursada unha demanda contra o xornalista por parte de ambas as dúas plataformas.[3]

En 1986 deixou de escribir en La Vanguardia, tras 58 anos.

Obra

23 Xelo o salvaxe. Felipe Fernández Armesto. Lar. 1926
Xelo, o salvaxe. Lar. 1926.

A súa primeira novela curta foi en galego e titulouse Xelo, o salvaxe (1926), que foi moi ben acollida pola crítica.[4]

Pero a maioría das súas obras (recompilacións de artigos) escribiunas e publicounas en castelán, agás unha das últimas, que se publicou en tradución catalá. Entre elas destacan:

  • 1940. Los yanquis. Barcelona: Editorial Mateu.
  • 1943. Los ingleses en su isla. Barcelona: Ed. Mercedes.
  • 1944. Vidas inglesas. Barcelona: Ayma.[5]
  • 1946. Cuando yunque, yunque. Barcelona: Ed. Mercedes.
  • 1947. Cuando martillo, martillo, Barcelona: Ed. Mercedes
  • 1949. Mi vuelta al mundo. Barcelona: Editorial Mateu.
  • 1995. La traición como arte. Barcelona: Ediciones Destino.
  • 2002. Artículos. A Coruña: La Voz de Galicia. Biblioteca Gallega.
  • 2002. Salt a la foscor. Barcelona: A contra vent.[6] (en catalán).[7]

Premios e distincións

Recibiu diversos premios e condecoracións de relevancia como:

Notas

  1. "Falece o xornalista e escritor galego Augusto Assía, aos 97 anos de idade" Arquivado 27/12/2013, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 2 de febreiro de 2002.
  2. A persecución do galego durante o franquismo, Arquivado 26 de decembro de 2013 en Wayback Machine. A Nosa Terra, 7 de maio de 1998.
  3. "Querella del BNPG y de Comisiones Labregas contra Augusto Assía" El País, 31/1/1982 (en castelán).
  4. "Finou en Mesía Augusto Assía, un referente na figura do correspondente" en Culturagalega.org, 4/2/2002.
  5. Coas biografías de Winston Churchill, Jan Christian Smuts, Bernard Law Montgomery, David Lloyd George, Lord Woolton, Geroges Bernard Shaw, Herbert George Wells, Chesterton, Lord Louis Mounbatten, "Laurence de Arabia", Lord Baldwin, Sir Horace Avorry, James Ramsay Macdonald, Lord Wavell, Robert Anthony Eden, Sir Harold Alexander, Atlee, Morrison, Bevin, Lord Beaverbrook, e algunhas mais.
  6. Salt a la foscor en Amazon.
  7. Sobre esta recompilación, o editor di: "Compañeiro de Eugeni Xammar, Augusto Assía viviu en Berlín desde o ano 1927 até o 1933, até que foi expulsado. Cun xornalismo áxil e vibrante, escribiu as crónicas desde Berlín que lle publicaron en La Vanguardia con grande éxito. Traducidas por Enric Vila, co seu estilo arrebatado de costume, son un documento excepcional, nunha fermosa prosa, para entender como foi posíbel un fenómeno como o ascenso do nazismo ao poder".

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

20 de abril

O 20 de abril é o 110º día do ano do calendario gregoriano (111º nos anos bisestos). Quedan 255 días para finalizar o ano.

Alberto Fernández Martínez

Alberto Fernández Martínez, coñecido como Mezquita, nado na Mezquita en 1898 e finado en Caracas en xaneiro de 1968, foi un sindicalista e político galego.

Arco (periódico)

Arco foi un xornal editado en Ourense entre 1937 e 1940.

Destino (revista)

Destino foi unha revista semanal creada en Burgos en maio de 1937, por Xavier de Salas e José María Fontana Tarrats. Serviu como órgano de expresión para a intelectualidade catalá refuxiada na «zona nacional» durante a guerra civil española. O nome da publicación fai referencia á frase de José Antonio Primo de Rivera «España, unidad de destino en lo universal».

Expedición Malaspina

En setembro de 1788, Alessandro Malaspina, xunto co seu amigo José de Bustamante y Guerra, propoñen ao goberno español a organización dunha expedición político-científica ao redor do mundo co fin de visitar case todas as posesións españolas en América e Asia.

Esta viaxe deuse a coñecer polos promotores como "Viaje científico y recreativo alrededor del mundo". Durante a travesía foi coñecido popular e publicamente como "Expedición vuelta al mundo". Á chegada de volta a España, 1794, como non se regresara atravesando o océano Índico e o cabo da Boa Esperanza, como consecuencia da sobrevida guerra entre España e Francia, denominouse "Expedición ultramarina iniciada el 30 de julio de 1789". E cando se publicaron por primeira vez os traballos da expedición (en 1885) polo tenente de navío Pedro Novo, foi dada a coñecer como "Viaje recreativo-científico alrededor del mundo por las corbetas Descubierta y Atrevida, al mando de los Capitanes de navío don Alejandro Malaspina y don José Bustamante y Guerra desde 1789 a 1794". Posteriormene coñeceuse como Expedición Malaspina.

Na actualidade diversas institucións españolas puxeron en marcha unha gran expedición científica de circunnavegación que recibiu o nome deste mariño en recoñecemento ás súas achegas ao coñecemento xeográfico e científico: a Expedición Malaspina (2010-2011).

Felipe Fernández-Armesto

Felipe Fermín Ricardo Fernández-Armesto, coñecido como Felipe Fernández-Armesto, nado en Londres en 1950, é un historiador británico de orixe galega, autor de varias obras moi populares de historia revisionista.

É fillo do periodista Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía) e da xornalista inglesa Betty Millian de Fernández-Armesto, que foi cofundadora e editora de The Diplomatist, diario interno do corpo diplomático acreditado en Londres.

Está casado con Lesley Patricia Hook, da que ten dous fillos, Federico David Fermín Arturo e Sebastian Felipe Xavier, coñecido como Sebastian Armesto.

Fermín Fernández Armesto

Fermín Fernández Armesto, nado na Mezquita o 11 de novembro de 1907 e finado na Coruña o 7 de maio de 1979, foi un médico, tradutor e lexicógrafo galego. Era irmán do xornalista Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía).

Fernández Armesto

O apelido galego Fernández Armesto pode referirse a:

Felipe Fernández Armesto, escritor e xornalista galego máis coñecido polo pseudónimo de Augusto Assía (1904-2002);

Fermín Fernández Armesto, médico e lexicógrafo galego, irmán do anterior (1907-1979);

Felipe Fernández-Armesto, historiador inglés de orixe galega fillo de Felipe Fernández Armesto (n. 1950);

Juan Fernández-Armesto Fernández-España, avogado e economista español de orixe galega, fillo de Felipe Fernández Armesto e María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre (n. 1953);

Sebastian Fernández-Armesto, máis coñecido como Sebastian Armesto, actor de cinema, televisión e teatro inglés, fillo de Felipe Fernández-Armesto (n. 1982).

Juan Fernández-Armesto Fernández-España

Juan Fernández-Armesto Fernández-España, nado en Nova York, Estados Unidos de América, en 1953, é un avogado e economista español de orixe galega.

Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos

Esta listaxe de pseudónimos, sobrenomes e alcuños comprende personalidades galegas e algunhas non galegas pero que dalgún xeito tiveron ou teñen vencellos con Galicia.

María Victoria Fernández-España

María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre, nada na Coruña o 12 de xuño de 1925 e finada en Madrid o 11 de xuño de 1999, foi unha xornalista, escritora —coñecida nestes ámbitos polo pseudónimo de Victoria Armesto— e política galega, deputada pola provincia da Coruña desde 1977 até 1986.

Sebastian Armesto

Sebastian Armesto, nado o 3 de xuño de 1982, é un actor de cinema, televisión e teatro inglés.

Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra, nado como Eugenio Novo Neira en Parada (Seoane do Courel, no concello de Folgoso do Courel), o 19 de xaneiro de 1930 e finado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999, foi un poeta e escritor galego. Sendo fillo dunha familia de labregos, O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. Xosé Luís Méndez Ferrín encadrouno dentro da Xeración das Festas Minervais. A Real Academia Galega escolleuno como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas do ano 2010.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.