Augas de Galicia

Augas de Galicia é unha entidade pública e empresarial da Xunta de Galicia que se rixe polo decreto 23/2012. Ata entón estaba formada polo organismo autónomo Augas de Galicia e a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos creados en 1996[1]. Augas de Galicia é a entidade creada para a xestión dos recursos hídricos de Galiza e o seu aproveitamento. Tamén ten funcións de vixilancia da legalidade e proposición de sancións polo incumprimento da normativa.

AugasdeGalicia
Oficina de atención ao público de Augas de Galicia en Santiago de Compostela

Funcións

As funcións de Augas de Galicia baseánse nos seguintes obxectivos:[2]

  • a) Utilización sustentable e racional da auga e contribución á preservación e mellora do medio ambiente e dos ecosistemas acuáticos.
  • b) Compatibilidade da xestión pública da auga coa ordenación do territorio, actividade económica, conservación e protección do medio ambiente e a natureza.
  • c) Demarcación Hidrográfica da costa de Galicia.
  • d) Participación dos cidadáns, transparencia e información ao público.
  • e) Eficacia na prestación dos servizos públicos de abastecemento, saneamento e depuración.
  • f) Recuperación dos custos dos servizos relacionados coa auga, incluídos os custos ambientais, para acadar a suficiencia financeira do sistema a un prezo axeitado.
  • g) Coordinación e cooperación entre as administracións públicas.
  • h) Garantir da calidade da subministración da auga, defensa da saúde dos cidadáns e das cidadás.
  • i) Solidariedade territorial nos investimentos en infraestruturas e de equidade social nas tarifarias.

Estrutura interna

O seu organigrama interno e funcionamento está estruturado en:

  • Presidencia, órgano executivo.
  • Consello Reitor, estrutura de participación integrada para o uso sostible da auga.

Notas

  1. "O director de Augas de Galicia destaca o esforzo feito na comunidade autónoma nos últimos anos para mellorar a calidade da auga Xunta de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2014.
  2. Xunta de Galicia (13 de xaneiro de 2012). "DECRETO 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto da entidade pública empresarial Augas de Galicia". Diario Oficial de Galicia (9): 2064.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Chlamydoselachus

Chlamydoselachus é o xénero tipo da familia dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae).

Conta con 2 especies vivas, Chlamydoselachus anguineus (o tiburón anguía), citado nas augas de Galicia, e C. africanus, o tiburón anguía surafricano, obxecto de discusión académica, e 8 máis extintas.

Clamidoseláquidos

A dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae) é unha pequena familia de elasmobranquios (Elasmpobranchia) moi primitivos da orde dos hexanquiformes (Hexanchiformes), que comprende tan só un xénero extinto e outro con oito especies extintas e unha viva, Chlamydoselachus anguineus, o tiburón anguía, presente nas augas de Galicia, e outra máis, C. africana (o tiburón anguía surafricano), propia dos mares da África austral, que está en discusión.

As especies fósiles e a actual (ou actuais) difiren o suficiente dos outros hexanquiformes (familia dos hexánquidos) que o ictiólogo Shigeru Shirai propuxo recentemente crear unha orde particular para estas especies, a dos clamidoselaquiformes (Chlamydoselachiformes).

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é unha consellaría da Xunta de Galicia, que se encarga da promoción de obras públicas, do estado das estradas e das infraestruturas de comunicación, da política de transporte, da vivenda e da xestión e conservación do ambiente. O seu titular actualmente é Ethel Vázquez.

Dosinia lupinus

Dosinia lupinus, (Linnaeus, 1758), é un molusco bivalvo heterodonte da orde dos veneroides e familia dos venéridos, moi semellante ao reló (Dosinia exoleta), pero de menor tamaño, presente nas augas de Galicia.

EDAR de Bens

A EDAR de Bens (Estación Depuradora de Augas Residuais) é unha instalación ambiental xestionada polo Concello da Coruña que trata as augas residuais dos concellos da Coruña, Arteixo, Oleiros e Culleredo.

EDAR de Cabo Prioriño

A EDAR de Cabo Prioriño é unha estación depuradora de augas residuais situada en Ferrol, preto do porto exterior e na entrada da ría de Ferrol. É empregada para o tratamento das augas de Ferrol, Narón e Neda.

Encoro das Forcadas

O encoro das Forcadas foi construído en 1966 na cunca do río Forcadas, concello de Valdoviño (Provincia da Coruña) para fornecer de auga á comarca de Ferrolterra. O encoro é propiedade do Concello de Ferrol e está xestionado por Emafesa. O concello de Ferrol paga ao de Valdoviño en concepto de Imposto de Bens Inmobles 268,79 euros anuais.

Encoro do Eume

O encoro do Eume é o máis grande dos dous que ten o río Eume. Áchase no seu curso medio ocupando unha superficie de 450 hectáreas dos concellos da Capela, As Pontes e Monfero. Ten unha lonxitude aproximada de 15 quilómetros e un volume de 123 hectómetros cúbicos.

A empresa concesionaria da explotación da central hidroeléctrica asociada ao encoro é a compañía ENDESA.

Ethel Vázquez

Ethel María Vázquez Mourelle, nada en Ponteceso en 1972, é unha política galega do PPdeG.

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

Percebe

O percebe (Pollicipes pollicipes), tamén denominado mixote, percebe da pedra, percebe da sombriza e percebe mexón, segundo M. C. Ríos Panisse e máis Rosa Ramonell, é unha especie de artrópodo pertencente á familia dos policipédidos da orde dos pedunculados e infraclase dos cirrípedes, do subfilo dos crustáceos, estando en consecuencia ligado de lonxe cos cangrexos e as lagostas. Algunhas autoridades académicas consideran os cirrípedes como clase plena.

A especie foi descrita por primeira vez polo químico e naturalista alemám Johann Friedrich Gmelin en 1789, baixo o nome de Lepas pollicipes. Das ao redor de 1220 especies de percebes coñecidas, Pollicipes pollicipes (antes Pollicipes cornucopia) é a común nas augas galegas.

Río Anllóns

O Anllóns, anteriormente chamado río Ber[Cómpre referencia], é un río galego da vertente atlántica que nace nos montes do Xalo entre Mantiñán, A Laracha, e a Ermida, Culleredo., a uns 400 metros de altitude. Outros autores indican que nace na fonte de Miguel Belido na parroquia de Soandres (A Laracha), e desemboca na ría de Corme e Laxe.

O tramo de río e as súas ribeiras que van desde Carballo e Coristanco ata case a ría de Corme e Laxe foi declarado lugar de importancia comunitaria e zona de especial conservación en 2004.

Río Grande, ría de Ribadeo

O río Grande é un río da provincia de Lugo.

Río Mesoiro

O río Mesoiro, tamén coñecido como rego de Campos, rego de Beneirón ou río Monelos, é un río galego que nace e desemboca no concello da Coruña. Atópase soterrado durante a maior parte do seu percorrido, canalizado baixo o chan das rúas da cidade.

Río Xallas

O río Xallas pertence á vertente atlántica galega. Nace preto dos montes do Castelo (Santa Comba), discorre polos concellos de Coristanco, Santa Comba, A Baña e Zas, e forma o límite entre Mazaricos, Carnota e Dumbría. Finalmente, desemboca na enseada de Ézaro, formando unha fervenza rodeada de espectaculares microformas graníticas no Monte Pindo. As augas céibanse os domingos do verán ao mediodía e, desde 2006, os sábados á noite, con espectáculo de luces.

Sogama

Sogama, a Sociedade galega do medio ambiente, é unha empresa pública da Xunta de Galicia ao 51% e o outro 49% de Gas Natural Fenosa. Foi creada en 1992 polo Decreto 111/1992 e depende da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Álvaro de Bazán

Álvaro de Bazán y Guzmán nado o 12 de decembro de 1526 en Granada (Andalucía), e finado o 9 de febreiro de 1588 en Lisboa (Portugal), foi militar e almirante da Armada española, primeiro marqués de Santa Cruz, en referencia á localidade manchega de Santa Cruz de Mudela, e cabaleiro da Orde de Santiago.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.