Auferstanden aus Ruinen

Auferstanden aus Ruinen (en alemán: Erguéndose dende as ruínas) foi o himno da República Democrática Alemá (RDA) entre 1949 e 1990. A súa letra foi escrita por Johannes R. Becher con música de Hanns Eisler.

Auferstanden aus Ruinen
En galego: Erguéndose dende as ruínas
Nationalhymne der DDR
Himno deRepública Democrática Alemá Alemaña Democrática
LetraJohannes R. Becher
Outubro de 1949
MúsicaHanns Eisler
Outubro de 1949
Adoptado1949
Até3 de outubro de 1990

Letra orixinal en alemán

Auferstanden aus Ruinen
Und der Zukunft zugewandt,
Laß uns dir zum Guten dienen,
Deutschland, einig Vaterland.
Alte Not gilt es zu zwingen,
Und wir zwingen sie vereint,
Denn es muß uns doch gelingen,
Daß die Sonne schön wie nie
Über Deutschland scheint.
Über Deutschland scheint.
Glück und Frieden sei beschieden
Deutschland, unserm Vaterland.
Alle Welt sehnt sich nach Frieden,
Reicht den Völkern eure Hand.
Wenn wir brüderlich uns einen,
Schlagen wir des Volkes Feind!
Laßt das Licht des Friedens scheinen,
Daß nie eine Mutter mehr
Ihren Sohn beweint.
Ihren Sohn beweint.
Laßt uns pflügen, laßt uns bauen,
Lernt und schafft wie nie zuvor,
Und der eignen Kraft vertrauend,
Steigt ein frei Geschlecht empor.
Deutsche Jugend, bestes Streben,
Unsres Volks in dir vereint,
Wirst du Deutschland neues Leben,
Und die Sonne schön wie nie
Über Deutschland scheint.
Über Deutschland scheint.

Tradución ao galego

Erguéndose dende as ruínas
e mirando cara o futuro,
déixanos servirte para o ben,
Alemaña, patria unida.
Temos que superar a antiga miseria,
e todos empurrando xuntos,
por iso debemos conseguir,
que o Sol, máis fermoso que nunca
brille sobre Alemaña.
Brille sobre Alemaña.
Concederase a ledicia e a paz
para Alemaña, a nosa patria.
Todo o mundo anhela a paz,
dádelle aos pobos a vosa man.
Cando nos xuntamos como irmáns,
derrotaremos ao inimigo do pobo!
Que brille a luz da paz!
Que nunca máis unha nais
chore polo seu fillo.
Chore polo seu fillo.
Imos labrar, imos construír,
aprendede e traballade como nunca antes,
e, confiando na súa propia forza,
xurdirá unha xeración ceibe.
Mocidade alemá, o maior esforzo
do noso pobo en ti se recoñece,
serás para Alemaña nova vida.
E o Sol, máis fermoso que nunca
brille sobre Alemaña.
Brille sobre Alemaña.

Historia

Deixou de ser himno oficial coa reunificación alemá, pasando a ser himno da Alemaña unificada o até entón himno da República Federal de Alemaña (RFA), Deutschlandlied. O entón primeiro ministro da RDA, Lothar de Maizière, propuxo que "Auferstanden aus Ruinen" ocupase o seu lugar, proposta que foi rexeitada polo Chanceler da RFA, Helmut Kohl.

Tras a reunificación alemá, o himno nacional pasou a ser unicamente un arquivo histórico da música alemá, sendo unha das cancións máis belas que existen aínda da República Democrática Alemá, con todo os alemáns que viviron no lado occidental do muro pouco coñecen a transcendencia deste himno patriótico.

Ligazóns externas

Lied der Deutschen

Das Lied der Deutschen ou Das Deutschlandlied (en galego: A canción dos alemáns ou A canción da Alemaña) é o himno nacional de Alemaña, cuxa letra foi escrita por August Heinrich Hoffmann von Fallersleben en 1841 con música de Joseph Haydn, quen a compuxera orixinalmente en 1797 como parte dun cuarteto de cordas (Kaiserquartett). A mesma partitura, pero con texto de Leopold Haschka, foi o himno do Imperio Austrohúngaro, Gott erhalte Franz den Kaiser. Posteriormente, mantívose a melodía, pero a letra mudouse.

República Democrática Alemá

A República Democrática Alemá (abreviado RDA; alemán: Deutsche Demokratische Republik, abreviado DDR), tamén coñecida informalmente como Alemaña do Leste ou Alemaña Oriental, foi unha república socialista establecida en 1949 na zona de ocupación soviética de Alemaña trala segunda guerra mundial, ademais de Berlin Leste, unha porción da cidade baixo control das Forzas Aliadas. Xeograficamente a Alemaña Democrática ocupaba a parte nordeste da actual Alemaña, correspondente aos actuais estados de Mecklemburgo-Antepomerania, Saxonia-Anhalt, Saxonia, Turinxia e Brandeburgo, abranguendo unha área total de 108.179 km². Facía fronteira con Checoslovaquia ao sur, Alemaña Occidental ao sur e ao oeste, Polonia ao leste, e a súa parte norte estaba bañada polo mar do Norte.

En 1989, unha revolta popular provocou un troco no goberno, até entón en mans do Partido Socialista Unificado de Alemaña (en alemán: Sozialistische Einheitspartei Deutschlands), negándose os soviéticos a intervir. Así, o 9 de novembro dese mesmo ano caía o Muro de Berlín e, finalmente, o 3 de outubro de 1990, os Länder (estados) do leste de Alemaña foron integrados como novos estados federais dentro da nova República Federal de Alemaña. A transformación comunista durante a historia da República foi máis forte na industria, na agricultura, e na maioría do sistema educativo, mentres que as profesións de ciencia e enxeñaría, as igrexas e incluso as tradicións burguesas preserváronse. A política social, que se tornara nunha ferramenta de lexitimación crítica nas últimas décadas, mesturaba elementos comunistas e tradicionais por igual.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.