Auditorio

Un auditorio é a área dentro dun teatro, sala de concertos ou outro espazo de actuación onde a audiencia escoita e observa a interpretación. Para os cinemas, o número de auditorios é comunmente expresado como o número de salas. O termo provén do latín auditorium que era unha serie de asentos postos de maneira semicircular no anfiteatro.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aquarium de Barcelona

O Aquarium de Barcelona (en catalán: Aquàrium) é un centro mariño lúdico e educativo situado no Port Vell da cidade de Barcelona, en Cataluña.

O complexo dispón de 35 acuarios diferentes que conteñen uns 11.000 animais pertencentes a 450 especies distintas. Dispón dun túnel submarino de 80 metros con máis de 100 persoas traballando nel. Tamén dispón de exposicións, cafetería, tenda, auditorio e outros servizos. Pertence ao Grupo Aspro.

Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo

O Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo é un auditorio e pazo de congresos de máis de 23.000 m², situado na Avenida de Beiramar do concello de Vigo, ao carón do porto e, polo tanto, da ría.

Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia é un edificio situado en Santiago de Compostela, deseñado por Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Inaugurouse o 20 de outubro de 1989.

Encadrado no Programa nacional de auditorios, a obra foi financiada polo Ministerio de Cultura, a Xunta de Galicia e o concello de Compostela, coa colaboración de entidades privadas.

Desde 1996 é a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia.

Centro Social Afundación Vigo

O Centro Social Afundación Vigo (anteriormente Centro Social Fundación Novacaixagalicia de Vigo e antes Centro Social Caixanova de Vigo) é un edificio multifuncional inaugurado o 23 de xuño de 2003, no que se realizan exposicións ou eventos de entidades tanto públicas coma privadas, así como organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes coa filosofía do Centro. O CSC aposta pola asistencia social, o apoio aos sectores produtivos, a difusión da tecnoloxía, a extensión da sociedade do coñecemento, o desenvolvemento económico, a formación, a conservación e protección do ambiente, a cultura e o fomento do emprego.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

El Vendrell

El Vendrell é un municipio situado na provincia de Tarragona, España, é a capital da comarca do Baix Penedès. Está situada a 72 quilómetros de Barcelona e a 30 de Tarragona.

Aquí naceu, o 29 de decembro de 1876, o violonchelista, compositor e pacifista Pau Casals Defilló. No cemiterio do Vendrell descansan os seus restos. No barrio de San Salvador do Vendrell, xunto á praia, hai cásaa-Museo de Pau Casals, fronte a un auditorio bautizado co seu nome.

IFEVI

O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) é un complexo multifuncional utilizado para todo tipo de celebracións; concertos, eventos deportivos, feiras internacionais, nacionais ou locais, competicións, conferencias, convencións etc.

Dispón de 3 pavillóns, 5 salas de reunións, dous recibidores, unha sala de xuntas cunha capacidade máxima de 30 persoas, un auditorio con 506 butacas, unha cafetaría, un autoservizo, un restaurante e un aparcadoiro con capacidade para 2200 vehículos.

Está situado en Coto Grande (Cabral), nos arrabaldes de Vigo, a 300 metros do Aeroporto de Peinador. Dispón dunha saída directa dende a Autoestrada do Atlántico AP-9.

Monte do Gozo

O monte do Gozo é unha elevación do terreo próxima á cidade de Santiago de Compostela, no lugar de San Marcos en Bando, chamada así polo sentimento de gozo que desperta nos peregrinos, xa que este monte é o primeiro punto dende o cal a xente que fai o Camiño de Santiago ve as torres da catedral.

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.

PALEXCO

O Palacio de Exposicións e Congresos, máis coñecido como PALEXCO, é un centro de convencións da cidade da Coruña, situado no Peirao de Transatlánticos do Porto da Coruña, no centro da cidade. Comezou a súa actividade en Marzo do 2005.

O edificio foi deseñado polos arquitectos César Portela e Ricardo Bofill. O edificio forma parte dun complexo de 22.000 metros cadrados e consta de tres niveis, denominados 0, 2 e 3.

Palau de la Música Catalana

O Palau de la Música Catalana é un auditorio de música situado na rúa Sant Pere més Alt no barrio da Ribera de Barcelona, España. Foi proxectado polo arquitecto barcelonés Lluís Domènech i Montaner, un dos máximos representantes do modernismo catalán. A construción levou a cabo entre os anos 1905 e 1908, con solucións na estrutura moi avanzadas coa aplicación de grandes muros de cristal e a integración de todas as artes, escultura, mosaicos, vitrais e forxa. O edificio, sede central do "Orfeón Catalán", fundado en 1891 por Lluís Millet e Amadeu Vives, foi sufragado por industriais e financeiros cataláns, ilustrados e amantes da música, estamento que sesenta anos antes xa financiara o teatro de ópera e ballet Gran Teatro do Liceo.

En 1997 a Unesco incluíu o edificio na súa relación do Patrimonio da Humanidade.

Parque de Castrelos

O Parque de Castrelos, coñecido tamén coma Finca da Marquesa ou Parque Municipal Quiñones de León, é un gran parque situado en Vigo que corresponde á antiga quinta do Pazo de Castrelos, hoxe sede do Museo Quiñones de León. Porén, Castrelos abrangue unha extensión máis ampla fóra dos xardíns do pazo. Ocupa unha superficie total de 24.3 hectáreas, no que se atopan, ademais do pazo e os seus xardíns históricos, variedade de espazos verdes, un auditorio, zonas boscosas etc. Todo plenamente harmonizado coma parque urbano Ten un gran valor paisaxístico e botánico polo que foi declarado Xardín Histórico e Ben de Interese Cultural en 1955. Na actualidade, é o maior parque da cidade, unha área de lecer e verdadeiro pulmón verde da grande urbe. Varias das súas árbores, como faias, tulipeiros, eucaliptos e camelias aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

O pazo que hoxe acolle o museo Quiñones de León representa o esplendor barroco da arquitectura palaciana. Foi construído na segunda metade do século XVII. É un dos mellores exemplos da arquitectura palaciana galega.

Pazo dos Condes de Ximonde

Non confundir co Pazo de Ximonde en Vedra, propiedade tamén da familia Ximonde.O pazo dos Condes de Ximonde ou Pazo de Ramirás en Santiago de Compostela é unha residencia urbana palaciana, situada no número 23 da rúa do Preguntoiro, na cidade vella.

Foi a residencia señorial dos Condes de Ximonde nesa cidade. Hoxe é un edificio dedicado a actividades culturais, sede do Auditorio Abanca de Afundación.

Premios Mestre Mateo

Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.

Os primeiros Premios Mestre Mateo celebráronse no 2002 nunha cerimonia no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Premios contan 25 categorías.

O trofeo está inspirado na imaxe do Santo dos Croques, popularmente identificado co Mestre Mateo.

Retórica

Lausberg, no seu Manual de Retórica Literaria, define a retórica como a arte ou a técnica que consiste na sistematización e explicitación do conxunto de instrucións ou regras que permiten a construción dunha clase de discursos que son codificados para influír persuasivamente no receptor. Debemos ademais de entender por retórica a ciencia que se ocupa do estudo de ditos recursos nos seus diferentes aspectos.

A retórica como ciencia atende tanto á organización textual como ás relacións que dita organización posúe co relator, o público, o referente e o contexto comunicativo. Esta realidade fai necesario distinguir entre o texto ou discurso retórico, por unha banda, e o feito retórico, pola outra:

A composición do texto ou discurso retórico desenvólvese por medio dos seguintes procedementos ou fases: intelectio, inventio, dispositio, elocutio, memoria e actio.

O feito retórico, o acto oratorio ante o auditorio ten as seguintes partes: exordium (presentación), narratio (exposición), argumentatio (argumentación), peroratio (conclusión con finalidade conativa)Historicamente, a retórica é a disciplina clásica do discurso, e ten, ademais, unha función pragmática: convencer ó interlocutor de que unha causa é xusta. Mais a retórica evolucionou moito desde Aristóteles. Hoxe en día, desde unha perspectiva estilística, lingüística e semiótica, obsérvase un renovado interese, que pretende a consecución dunha retórica xeral que teña como obxecto todo texto, as estruturas extratextuais asociadas, a explicación da complexa produción do discurso e o seu tratamento artístico.

Se só nos preocupa o texto literario, a disciplina que se basea na adecuación do instrumental retórico para o estudio literario e do feito literario como fenómeno de produción e recepción social, denomínase poética.

Royal Opera House

O Royal Opera House é un teatro de espectáculos de Londres, coñecido tamén como Covent Garden polo barrio onde se atopa. Ten capacidade para 2.256 espectadores, con catro pisos de palco e galería superior e galería superior. É tamén a sede da compañía real de ópera e o Royal Ballet. O proscenio ten 12,20 metros de anchura e 14,8 metros de altura.

A fachada, o ástrago e o auditorio foron construídos en 1856, case tódolos demais elementos foron reconstruídos na década dos 90.

Río Corgo, río Sarela

O Río Corgo, tamén coñecido como Río Corvo, é un pequeno río que nace no concello de Santiago de Compostela e desemboca no río Sarela. O río nace en Meixonfrío, ó norte da cidade, nun manancial á beira da rúa do Corgo. O seu percorrido é duns 5 quilómetros e discorre por algúns dos parques da cidade compostelá. Tamén hai treitos nos que o río foi artificialmente canalizado baixo a terra ó seu paso por zonas urbanas como interseccións de rúas ou a antiga feira do gando en Salgueiriños.

Santa Cruz de Tenerife

Santa Cruz de Tenerife é unha cidade e concello español, capital das Illas Canarias (xunto coas Palmas de Gran Canaria), da provincia de Santa Cruz de Tenerife e da illa de Tenerife.

Vilatuxe, Lalín

San Lourenzo de Vilatuxe é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 628 habitantes (330 mulleres e 298 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 796 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.