Atlántico Diario

Atlántico Diario é un xornal rexional da área metropolitana de Vigo.

Atlántico Diario
Atlántico Diario
Cabeceira
Fundación14 de xuño de 1987
LocalidadeVigo

Historia

En 1986 un centenar longo de investidores, na súa maioría de Vigo, constituíron a sociedade anónima Rías Baixas Comunicación, presidida polo cirurxián Juan Mosquera Luengo e con José Luis Outeiriño como conselleiro delegado. Deste proxecto nacería ó ano seguinte Atlántico Diario, un periódico concibido como unha nova alternativa informativa para o sur de Galicia e coa área metropolitana de Vigo como centro de referencia.

O primeiro número editouse o 14 de xuño de 1987, froito do traballo de corenta persoas ás ordes do xornalista Luis Rodríguez García. O rotativo presentábase como “diario independente de Galicia” e proclamaba a liberdade e o pluralismo, a defensa da economía libre, Galicia como unha vocación universal e Vigo como compromiso. O novo xornal entraba na vangarda tecnolóxica do momento ó ser o primeiro de Galicia en incluír páxinas en cor. Imprímese na rotativa do diario La Región en Ourense, a primeira de España en introducir diariamente a cor e en incorporar o offset. Con Atlántico Diario nace o seu primeiro suplemento, Motor, que máis adiante cambiou o seu nome por Autovía.

A primeira remodelación tivo lugar en 1989. A cabeceira multicor pasa a ser unicamente azul e cambia toda a maquetación do periódico, que se fai máis gráfica. En 1990 comeza a andadura do suplemento Vida, que se centrará na vida social viguesa. En 1991 nace o suplemento Universitas, para o público universitario. En 1994 aparece o suplemento Atlántico Azul, que durante anos será unha importante referencia para o mundo do mar.

En 1993 José Luis Outeiriño, editor e presidente de La Región, é nomeado presidente de Rías Baixas Comunicación, e Alfonso Sánchez Izquierdo conselleiro delegado. En 1996 houbo unha gran renovación estética e informática, coa incorporación do sistema editor Edicomp 4.000 da firma española Protec. Créase o arquivo fotográfico informatizado.

Tamén en 1996 aparece o suplemento económico Euro, en cor salmón. En 1999 ponse en marcha o suplemento Celtismo, para a afección do Real Club Celta de Vigo. No 2000 nacen o suplemento dominical La Revista e o suplemento Xornal Escolar, dedicado ó mundo do ensino.

En 2001 comeza un redeseño gradual de Atlántico, que modifica o seu aspecto e reorganiza contidos. Inclúese un editorial diario. O suplemento Vida acada os 500 números. Atlántico saca por primeira vez unha edición vespertina, con motivo dos acontecementos do 11-S en Estados Unidos.

En 2004 ponse en marcha o Foro Atlántico, un marco de debate polo que pasan relevantes personalidades de diversas áreas temáticas. Todo o periódico empeza a ser arquivado en formato dixital. 2005 Atlántico implanta a súa páxina Web corporativa.

No ano 2010 Atlántico Diario renovou de novo a súa estrutura e aspecto.

Suplementos

  • Euro: dominical de 24 páxinas de fácil lectura e comprensión, que recolle información da actualidade económica, mercados, empresas e negocios da contorna empresarial. Abrangue unha ampla variedade de seccións entre as que destacan: novos produtos financeiros, consellos, entrevistas, reportaxes, mercado bolsista e laboral, turismo, e unha ampla relación de ofertas de emprego.
  • Vida: dominical de 32 páxinas no cal se reflicte de forma gráfica a vida social de Vigo e provincia. As forzas vivas da súa sociedade, opinións dos cidadáns, eventos, recomendacións, festas, celebracións, entrevistas etc.
  • Autovía: semanal de 8 páxinas, dedicadas ó mundo do motor. Unha publicación que cada mércores informa das tendencias e novidades do sector: probas, competicións, novas, mercado de ocasión etc.
  • Celtismo: publicación mensual de 32 páxinas que se centra no Real Club Celta de Vigo. Entrevistas ós xogadores, crónicas dos partidos, fichaxes, desprazamentos e declaracións, fotografías e información especializada acerca do club, a afección, as peñas e todo canto rodea ó club.
  • Xornal Escolar: suplemento de 24 páxinas que se publica os mércores durante o curso escolar, con información sobre o mundo escolar e artigos sobre videoxogos, espectáculos e cultura.
  • Universitas: centrado nos campus da Universidade de Vigo. De 8 páxinas, publícase cada xoves durante o curso académico e inclúe reportaxes, entrevistas e diversas informacións de utilidade para a comunidade universitaria, sen esquecer o mundo do deporte.
  • La Revista: dominical de 16 páxinas no que se inclúen reportaxes en profundidade, entrevistas, seccións fixas, páxinas da historia e un repaso polos temas que foron actualidade ó longo da semana.

Equipo humano

Atlántico Diario contaba en 2005 con 81 persoas empregadas, o 52 % das cales eran mulleres.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

14 de xuño

O 14 de xuño é o 165º día do ano do calendario gregoriano e o 166º nos anos bisestos. Quedan 200 días para finalizar o ano.

2016

2016 foi un ano común do calendario gregoriano, que comezou en venres. Foi declarado Ano Valle-Inclán en conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento. O Día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María.

Alfonso Zulueta de Haz

Alfonso Zulueta de Haz, nado en Vigo o 8 de maio de 1924 e finado en Vigo o 27 de xuño de 2017, foi un notario e intelectual galego. Foi presidente do Consello da Cultura Galega entre 2002 e 2006 e presidente da Fundación Penzol.

Carlos Portela

Carlos Portela Orjales, nado en Vigo en 1967 é un guionista de banda deseñada e series de televisión galego, tamén é produtor de televisión e subdirector do festival Viñetas desde O Atlántico.

Cemiterio de Pereiró

O cemiterio de Pereiró, de titularidade municipal, é un camposanto do lugar de Pereiró, na parroquia viguesa de Matamá, deseñado por Jenaro de la Fuente Domínguez, inaugurado en marzo de 1898, sendo alcalde Antonio López de Neira e bispo Valeriano Menéndez Conde y Álvarez, que recibiron as chaves do recinto.

Centro de Visitantes Cambón

O Centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia é un centro de interpretación aberto en decembro de 2012 na cidade de Vigo, de titularidade autonómica. A temática é o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada), o único Parque Nacional en Galicia.

Ediciones Cardeñoso

Ediciones Cardeñoso é unha editorial galega.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

Estación de Redondela AV

A estación de Redondela AV é unha estación de Adif na cidade de Redondela, pertencente ao Eixe atlántico de alta velocidade. Está situada no leste do núcleo urbano de Redondela, na confluencia entre a rúa dos Eidos e a estrada de Pazos.

Festival Aéreo de Vigo

O Festival Aéreo de Vigo foi un festival celebrado dende 2004 ata 2012 na cidade de Vigo. Tiña lugar nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo.

Iago Martínez

Iago Martínez Durán, nado en Vigo en 1979, é un xornalista e crítico galego.

Lalo Vázquez Xil

Bernardo Miguel Vázquez Xil (Lalo), nado en Cerdedo-Cotobade o 27 de maio de 1927 e finado en Vigo o 20 de xuño de 2016, foi un poeta, debuxante, xornalista, pintor, escultor, crítico de arte e escritor galego, cronista oficial da cidade de Vigo.

Manuel Bragado

Manuel Bragado Rodríguez, nado o 14 de decembro de 1959 en Vigo, é un pedagogo, editor e escritor galego. Foi durante 24 anos o director editorial de Edicións Xerais de Galicia.

Museo Etnográfico Liste

O Museo Etnográfico Liste de Vigo acolle unha colección de máis de 2.000 pezas da cultura material e espiritual de Galicia, e que percorre dun xeito monográfico o patrimonio galego dos oficios artesanais, moitos deles xa desaparecidos, o traballo agrícola tradicional e abundantes exemplos da relixión e a medicina populares. Foi fundado en 1999 e declarado de interese cultural ese mesmo ano. En 2001 pasou a integrarse no Consello Galego de Museos. En xaneiro de 2012 anunciouse o seu peche, volvendo a abrir no mes de novembro do mesmo ano.

Pedrón de Ouro

Os premios Pedrón de Ouro, dende 1964, Pedrón de Honra e o Premio Modesto R. Figueiredo son os premios outorgados en Padrón polos membros da Fundación Pedrón de Ouro, fundada por Avelino Abuín de Tembra, Maximino Rodríguez Buján e Octavio Sanmartín Rodríguez, e que ten entre os seus membros a Manuel Caamaño Suárez, David Otero e Avelino Pousa Antelo.

O Padrón de Ouro entrégase á personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis destacou na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou nunha traxectoria vital.

O Premio Pedrón de Honra dáselle a residentes foráneos que destacasen coas súas achegas ao engrandecemento da nación e da cultura.

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

A Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego" é un espazo museístico aberto no ano 2011 na cidade de Vigo, de titularidade municipal.

Urania Mella

Urania Mella Serrano, nada en Vigo no 15 de novembro do 1899 e finada en Lugo no 26 de maio do 1945, foi unha política galega e precursora do asociacionismo feminino. Filla do pensador anarquista Ricardo Mella Cea e mais de Esperanza Serrano, a súa vez filla de Juan Serrano Oteiza, coñecido anarquista madrileño e fundador da Revista Social, foi presidenta da sección viguesa da Unión de Mulleres Antifascistas, así como membro do Socorro Rojo Internacional.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Xosé Lois González Vázquez

Xosé Lois González Vázquez, alcumado O Carrabouxo, nado en Ourense en 1949, é un debuxante galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.