Atios, O Porriño

Santa Eulalia de Atios é unha parroquia que se localiza no concello do Porriño. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 2.340 habitantes (1.174 mulleres e 1.166 homes), 69 máis ca en 1999. Están distribuídos en 17 entidades de poboación. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación era de 2.202 habitantes, sendo 1.101 homes e 1.101 mulleres.

A parroquia, a segunda de máis tamaño do concello, está atravesada pola vía portuguesa do camiño de Santiago.

Coordenadas: 42°09′09″N 8°40′44″O / 42.1526226, -8.6788058

Atios
Igrexa Atios
Igrexa parroquial
ConcelloO Porriño
Poboación2.340 hab. (2018)
Entidades de poboación20

Galería de imaxes

Lavadoiro Pontenova

Lavadoiro na Pontenova.

Capela da Virxe da Guía

Capela da Virxe da Guía.

Centro social e cultural de Atios

Centro social e cultural.

Canteira granito Atios

Canteira de granito Rosa Porriño.

Lugares e parroquias

Parroquias do Porriño

Véxase tamén

Outros artigos

A Guía, Atios, O Porriño

A Guía é un lugar da parroquia de Atios no concello pontevedrés do Porriño na Comarca de Vigo. Tiña unha poboación censada de 145 habitantes no ano 2018 segundo datos do IGE, dos cales 74 eran homes e 71 mulleres, o que representa un leve descenso en relación ó ano 2010, cando tiña 161 veciños, e respecto ó ano 2004, cando eran o mesmo número de veciños, 161.

A Insua, Atios, O Porriño

A Insua é un lugar da parroquia de Atios no concello pontevedrés do Porriño na comarca de Vigo. Tiña 41 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 21 eran homes e 20 eran mulleres.

Alvarín, Atios, O Porriño

Alvarín é un lugar da parroquia de Atios no concello pontevedrés do Porriño na comarca de Vigo. Tiña 249 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 121 eran homes e 128 eran mulleres.

Antonio Crespo

Antonio Crespo, Capitán ou Fotógrafo, finado no Porriño 31 de marzo de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Galería de imaxes da Galicia romana

Galería de imaxes da Galicia romana.

O Carbón, Atios, O Porriño

O Carbón é un lugar da parroquia de Atios no concello pontevedrés do Porriño na comarca de Vigo. Tiña 103 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 44 eran homes e 59 eran mulleres.

Preferente Autonómica de Galicia 2010/11

A tempada 2010–11 da Preferente Autonómica de Galicia iniciouse o 29 de agosto de 2010 e finalizou o 22 de maio de 2011. Resultaron campións o Betanzos CF (Grupo norte) e o CD Lalín (Grupo sur).

No Grupo Norte, o Lemos e o Flavia víronse prexudicados polos descensos do Santa Comba e o Narón de Terceira División, descendendo a Primeira Autonómica. No Grupo Sur, o Porriño Industrial e o Rápido Bahía víronse prexudicado polos descensos do Pontevedra B e o Portonovo de Terceira División, descendendo a Primeira Autonómica.

Preferente Autonómica de Galicia 2011/12

A tempada 2011–12 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 28 de agosto de 2011 e finalizou o 3 de xuño de 2012. O campión foi o Compostela.

Preferente Autonómica de Galicia 2012/13

A tempada 2012–13 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 26 de agosto de 2012 e finalizou o 19 de maio de 2013. O campión foi o Cultural Areas.

Preferente Autonómica de Galicia 2013/14

A tempada 2013–14 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 25 de agosto de 2013 e finalizou o 18 de maio de 2013. O campión foi o Ribadeo.

Preferente Autonómica de Galicia 2014/15

A tempada 2014–15 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 30 de agosto de 2014 e finalizou o 24 de maio de 2015.

Preferente Autonómica de Galicia 2015/16

A tempada 2015–16 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 23 de agosto de 2015 e finalizou o 22 de maio de 2016.

Preferente Autonómica de Galicia 2016/17

A tempada 2016–17 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 27 de agosto de 2016 e finalizou o 28 de maio de 2017.

Preferente Autonómica de Galicia 2017/18

A tempada 2017–18 da Preferente Autonómica de Galicia empezou o 27 de agosto de 2017 e finalizou o 27 de maio de 2018.

Preferente Galicia

A Preferente Galicia é a quinta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Terceira División e por encima da Primeira Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol. Anteriormente coñeceuse como Serie A Rexional e despois como Rexional Preferente e Preferente Autonómica.

Rosa Porriño

Rosa Porriño é a denominación comercial dunha variedade de granito que se explota en Galicia. Presenta un ton rosado, é moi compacta e de fractura irregular.

Polas súas características extráese en frontes de grande lonxitude, podéndose obter bloques de gran volume. Admite todo tipo de acabados, podéndose aplicar en ambientes tanto interiores coma exteriores.

Unión Deportiva Atios

A Unión Deportiva Atios é un equipo de fútbol galego de Atios, no Porriño. Compite na Preferente Autonómica de Galicia e o seu terreo de xogo é o Campo do Carballo.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.