Atanasio López Fernández

Atanasio López-Ordóñez y Fernández, O.F.M., nado en Boñar (provincia de León) o 12 de outubro de 1876[1] e finado en Santiago de Compostela o 1 de marzo de 1944, foi un relixioso franciscano, historiador, cronista xeral da provincia de Santiago, prolífico escritor e membro numerario da Real Academia Galega.

Atanasio López Fernández
Atanasio López Fernández
Nacemento12 de outubro de 1876
 Boñar, León
Falecemento1 de marzo de 1944 (67 anos)
 Santiago de Compostela
Nacionalidadeespañola
Ocupaciónrelixioso

Traxectoria

Tomou o hábito franciscano en Compostela en 1891, e ordenouse sacerdote en 1899. Dirixiu El Eco Franciscano en 1904 a 1905, ano no que foi destinado a Quaracchi, Florencia. Colaborou no Archivum Franciscanum Historicum (1908) e na Revista de Estudios Franciscanos.[2] En 1915 foi nomeado correspondente da Real Academia de la Historia. Foi membro de honra da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. De 1920 a 1931 dirixiu a publicación madrileña Archivo Íbero-Americano.[3] Publicou dous traballos en galego na revista Logos: "Conventos de Santa Clara de Pontevedra" e "Documentos galegos medievais".[4]

A proposta de Narciso Correal, Manuel Banet e Ramón de Artaza Malvárez, ingresou na RAG o 27 de xullo de 1941, canda outros académicos que o fixeron o mesmo día, dezanove en total.[5]

Lino Gómez Canedo foi o seu discípulo.

Obra

  • Viaje de San Francisco a España, 1914.
  • La provincia de España de los frailes menores, 1915.
  • Estudios crítico-históricos de Galicia: conferencias leídas en el Círculo de la Juventud Antoniana de Santiago, 1916.
  • "La literatura crítico-histórica y el trovador Juan Rodríguez de la Cámara o del Padrón", 1918, conferencia.
  • Memoria histórica de los Obispos de Marruecos desde el siglo XIII, 1920.
  • San Buenaventura en la bibliografía española, 1921.
  • "El Vicariato Apostólico español de Marruecos aclaraciones necesarias", 1921.
  • Los falsos cronicones en la historia de Galicia, 1923.
  • Descripción de los manuscritos franciscanos existentes en la biblioteca provincial de Toledo, 1926.
  • Confesores de la familia real de Aragón, 1929.
  • La imprenta en Galicia. Siglos XV-XVIII, premiado en 1943 pola Biblioteca Nacional de España, editado en 1953.
  • Nuevos estudios crítico-históricos acerca de Galicia, 1947, con introdución e notas de Lino Gómez Canedo.

Notas

  1. A GEG indica que naceu en novembro e Couceiro, del Riego e a RAG que foi o 12 de outubro.
  2. Enciclopedia Galega Universal.
  3. Couceiro Freijomil, A. (1952). "LÓPEZ FERNÁNDEZ, Atanasio". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 312-315.
  4. Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 636. ISBN 84-7492-465-0.
  5. Membros de número. RAG

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

  • Orde franciscana

Ligazóns externas

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Casimiro Torres Rodríguez

Casimiro Torres Rodríguez, nado en Santa Cruz de los Cuérragos (Zamora), o 10 de agosto de 1900 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1989, foi un estudoso da Historia antiga e da Alta Idade Media de Galicia.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José Antonio Parga Sanjurjo

José Antonio Parga Sanjurjo, nado en Piantón (A Veiga) o 11 de febreiro de 1841 e finado en Viveiro o 12 de setembro de 1917, foi un avogado, xuíz e escritor galego.

José García Acuña

José García Acuña, nado en Betanzos o 15 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 10 de xuño de 1933, foi un diplomático e escritor galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón López de Vicuña

Ramón López de Vicuña, nado en Manila, Filipinas, o 14 de novembro de 1852 e finado en Madrid o 14 de febreiro de 1909, foi un profesor e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.