Astarte

Astarte foi unha divindade fenicia feminina (a transcición do seu nome fenicio é Ashtart), coñecida na Biblia como Ashtoret. O seu nome é equivalente ao da deusa babilonia Ishtar, como esta foi asimilada na civilización grecorromana a Afrodita / Venus.

Astarte aparece nos textos de Ugarit (actual Ras Shamra) do segundo milenio a.C., e noutros exipcios do primeiro milenio, nos que figura como equivalente da deusa Anat e con fortes caracteres guerreiros, que non aparecerán posteriuormente.

O seu equivalente nas fundacións fenicias do Mediterráneo occidental foi Tanit, deusa que non aparece en Oriente. Con todo, ate agora, non hai completa seguranza de que sexan a mesma divindade, e de feito Astarte aparece en Cartago nunha inscrición do século VIII a. C., unha das máis antigas nas que xorde o seu nome.

En orixe era unha deusa da fertilidade, como o era Ishtar, porén en épocas máis tardías Astarte foi tamén asimilada a Xuno / Hera, a ráiña do Olimpo, esposa de Zeus / Xúpiter, e máis tamén con Cibeles, de xeito que pasou a converterse nunha divindade celeste, sen esquecer o seu aspecto fértil, pero que ficou un tanto relegado.

Dama de Galera (M.A.N. Madrid) 01
Dama de La Galera, representación da deusa Astarte, Museo Arqueolóxico Nacional, Madrid
Baalbek

Baalbek (/ˈbɑːlbɛk/), correctamente Baʿalbek (Árabe بعلبك‎, translit. Ba’labakk, Syriac-Aramaic: ܒܥܠܒܟ) e tamén coñecida como Balbec, Baalbec ou Baalbeck, é unha cidade entre as Montañas do Leste do Líbano e as Montañas Occidentais do Líbano. Situado ao leste do río Litani no val de Beqaa, a uns 85 km. ao nordés de Beirut. A capital da Gobernación de Baalbek-Hermel, Baalbek ten unha poboación de aproximadamente 82.608 habitantes,,[Cómpre referencia] principalmente musulmáns Xiís, seguidos polos musulmáns sunnis e cristiáns. Considérase un reduto do movemento xiíta Hezbollah. É a sede do Festival Internacional de Baalbeck.

Cobre

O cobre (do latín cuprum, e este do grego kypros), é o elemento químico de número atómico 29 e símbolo Cu. Trátase dun metal de transición de cor arrubiada e brillo metálico que, canda a prata e o ouro, forma parte da denominada familia do cobre, caracterizada por ser os mellores condutores de electricidade. Grazas á súa alta condutividade eléctrica, ductilidade e maleabilidade, converteuse no material máis utilizado para fabricar cables eléctricos e outros compoñentes eléctricos e electrónicos.

O cobre forma parte dunha cantidade moi elevada de aliaxes que xeralmente presentan mellores propiedades mecánicas, aínda que teñen unha condutividade eléctrica menor. As máis importantes son coñecidas co nome de bronces e latóns. Por outra banda, o cobre é un metal duradeiro porque se pode reciclar un número case ilimitado de veces sen que perda as súas propiedades mecánicas.

Foi un dos primeiros metais en ser utilizado polo ser humano na Prehistoria. O cobre e a súa aliaxe co estaño, o bronce, adquiriron tanta importancia que os historiadores chamaron Idade do Cobre e Idade de Bronce a dous períodos da Antigüidade. Aínda que o seu uso perdeu importancia relativa co desenvolvemento da siderurxia, o cobre e as súas aliaxes seguiron sendo empregados para facer obxectos tan diversos como moedas, campás e canóns. A partir do século xix, concretamente da invención do xerador eléctrico en 1831 por Faraday, o cobre converteuse de novo nun metal estratéxico, ao ser a materia prima principal de cables e instalacións eléctricas.

O cobre posúe un importante papel biolóxico no proceso da fotosíntese das plantas, aínda que non forma parte da composición da clorofila. O cobre contribúe á formación de glóbulos vermellos e ao mantemento dos vasos sanguíneos, nervios, sistema inmunitario e ósos e xa que logo é un oligoelemento esencial para a vida humana.

Fenicios

Os fenicios foron un pobo de orixe semítica que habitaron na Fenicia, no norte da rexión hoxe coñecida como Líbano. Fundaron colonias nas costas do mar Mediterráneo e durante longo tempo dominaron o comercio nas súas augas.

Lista de bivalvos de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética dos moluscos bivalvos atopados en Galicia. Está baseada na información recollida dos traballos feitos polo experto galego en malacoloxía Emilio Rolán.Este grupo conten arredor de 30.000 especies vivas das cales máis de 200 foron atopadas con maior ou menor abundancia nas costas galegas.

A taxonomía da fauna malacolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica, polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.

Unha das intencións da presente lista é a de engadir, cando existan, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de bivalvos, procurando sempre citar a referencia oportuna.

Paestum

Paestum (antiga Poseidonia) é o nome romano clásico dunha importante cidade greco-romana situada no litoral do Mar Tirreno na Magna Grecia, na rexión italiana de Campania. Atópase ao sueste na provincia de Salerno, a 40 km ao sur da capital provincial e 92 de Nápoles. É un dos barrios do concello de Capaccio-Paestum.

As ruínas de Paestum son famosas polos seus tres templos gregos de orde dórica, que datan do 600 ao 450 a.C., e que están nun moi bo estado de conservación. As murallas da cidade e o anfiteatro están en gran parte intactas e permanece a parte inferior das paredes de moitas outras estruturas, así como as estradas pavimentadas. O sitio está aberto ao público e hai un moderno museo nacional que contén tamén os descubrimentos do sitio grego asociado de Foce del Sele.

Trala súa fundación por colonos gregos baixo o nome de Poseidonia (grego antigo: οσειδωνία) foi finalmente conquistada polos Lucanos e posteriormente polos romanos. Os lucanos renombrárono como Paistos e os romanos deron á cidade o seu nome actual. Como "Pesto" ou Paestum, a cidade converteuse nun obispado (agora só sé titular), pero foi abandonada no inicio da Idade Media, e quedou inalterado e en gran parte esquecido ata o século XVIII.

Hoxe en día os restos da cidade atópanse na moderna frazione de Paestum, que forma parte da comune de Capaccio na Provincia de Salerno, Campania, Italia. O asentamento moderno, directamente ao sur do xacemento arqueolóxico, é unha popular localidade costeira, con longas praias de area.

Palmira

Palmira (árabe: تدمر; Tadmur; arameo: ܬܕܡܘܪܬܐ; hebreo: תַּדְמוֹר; grego antigo: Παλμύρα) foi unha antiga cidade aramea no centro de Siria. Na antigüidade, era unha importante cidade situada nun oasis a 215 km ao nordeste de Damasco e 180 km ao suroeste do río Éufrates en Deir ez-Zor. Foi durante moito tempo unha importante parada de caravanas para os viaxeiros que cruzaban o deserto sirio e foi coñecida como a Noiva do Deserto. A primeira referencia documentada á cidade polo seu nome semítico Tadmor, Tadmur ou Tudmur (que significa "a cidade que repele" en Amorite e "o pobo indomable" en arameo) rexístrase nas táboas Babilonias atopadas en Mari.Aínda que o antigo lugar caeu en desuso despois do século XVI, aínda se coñece como Tadmor en árabe. Hai unha nova cidade do mesmo nome xunto ás ruínas. Os palmireños construíron unha serie de monumentos a grande escala que conteñen arte funeraria, como lousas de pedra calcaria con bustos humanos representando as persoas falecidas.

Durante a guerra civil siria en 2015, Palmira quedou baixo o control do Estado Islámico de Iraq e Levante (ISIL), e posteriormente cambiou de mans varias veces entre este grupo militar e o exército sirio que retomou a cidade o 2 de marzo de 2017. ISIL saboteou moitos artefactos e destruíu unha serie de edificios, danando considerablemente o sitio antigo.

Tanit

Tanit era unha divindade feminina fenicia, propia dos asentamentos dese pobo nos territorios do Mediterráneo occidental, como Cartago, Gadir (Cádiz) ou Ebusim.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.