Associação dos Arqueólogos Portugueses

A Associação dos Arqueólogos Portugueses ComSE é unha asociación fundada en 1863, sendo a máis antiga asociación de defensa do patrimonio en Portugal. Ten baixo a súa tutela o Museu Arqueológico do Carmo, en Lisboa, onde está situada a súa sede.

O 5 de outubro de 1932 foi designada Comendadora da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada.[1]

Notas

  1. "Cidadãos nacionais agraciados com ordens portuguesas" (en portugués). Presidência da República Portuguesa.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

César Vaamonde Lores

César Vaamonde Lores, nado en Ouces (Bergondo) o 30 de xuño de 1867 e finado na Coruña o 1 de xuño de 1942, foi un mariño mercante e historiador galego.

Xaquín Lorenzo

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.