Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participa na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea é o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña.[1] A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios,[2] nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.[3]

Edificio Sindicatos da Coruña
Edificio Sindicatos da Coruña onde ten a súa sede a AELG.

Presidentes

Sucesivamente:

Composición do Consello Directivo

Cesareosancheziglesias2011
Cesáreo Sánchez, presidente da AELG.

Notas

  1. Páxina de contacto da AELG
  2. Informe do Consello Directivo da AELG, Asemblea xeral de socios celebrada en febreiro de 2019.
  3. "A AELG convoca un parlamento de escritoras polos dereitos civís". Sermos Galiza. 11 de marzo de 2019. Consultado o 13 de marzo de 2019.
  4. AELG Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Ligazóns externas

Alexandre Ripoll Anta

Alexandre Ripoll Anta, nado na Coruña en 1954, é un escritor galego.

Anxo Gómez Sánchez

Anxo Gómez Sánchez é un filólogo galego.

Basilio Rodríguez

Basilio Cobo Rodríguez, coñecido como Básico Rodríguez, nado no Barco de Valdeorras en 1956, é un escritor galego.

Bernardo Atxaga

Joseba Irazu Garmendia, coñecido co pseudónimo de Bernardo Atxaga, nado en Asteasu (Guipúscoa) o 27 de xullo de 1951, é un escritor vasco en lingua éuscara. É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Bilbao e en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona. Dende o ano 2010 vive na localidade arabesa de Zalduendo.

Parte da súa obra foi traducida a numerosas outras linguas, sendo o escritor en éuscaro máis lido e traducido. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega concedeulle o galardón de Escritor Galego Universal para o 2014.

Brais González Pérez

Brais González Pérez, nado en Salceda de Caselas o 13 de xullo de 1988, é un escritor e político galego.

Camilo Franco

Camilo Franco Iglesias, nado en Ourense o 10 de marzo de 1963, é un escritor, crítico teatral e xornalista galego.

Encontros Galeusca da AELG

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) foi fundada o 3 de maio de 1980 por un grupo de autores galegos destacados como Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra e Manuel Rivas, entre outros. É unha entidade oficial que agrupa 459 escritores e escritoras en lingua galega, independentemente do seu lugar de residencia ou xénero literario empregado. A AELG forma parte, xunto coa Asociación de Escritores en Euskera e a Asociación de Escritores en Lingua Catalá, do lanzamento do Galeusca, un encontro anual de escritores e escritoras dos tres espazos literarios realizado polas tres asociacións.

Gala do Libro Galego

A Gala do Libro Galego é un evento cultural de carácter anual que ten por finalidade premiar as mellores obra e iniciativas literarias de cada ano (sempre a ano vencido). Os convocantes son a Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Isidro Novo

Isidro Xoán Froilán López Novo, nado en Lugo o 5 de outubro de 1951 e finado o 1 de febreiro de 2018, foi un escritor galego.

Laura Caveiro

Laura Caveiro, nada en Vigo en 1967, é unha escritora galega.

Marica Campo

María Pilar Campo Domínguez, coñecida como Marica Campo, nada no Val do Mao (O Incio) o 24 de febreiro de 1948, é unha escritora galega.

Mercedes Queixas

Mercedes Queixas Zas, nada na Coruña o 22 de xullo de 1968, é unha profesora e escritora galega.

Mero

Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio, coñecido artisticamente como Mero, nado en Vilalba o 27 de xuño de 1951, é un profesor, cantante e escritor galego.

Pilar Pallarés

Pilar Pallarés García, nada en Culleredo o 29 de abril de 1957, é unha poeta galega.

Polafías

As polafías son un proxecto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co propósito de recuperar e pór en valor a literatura galega de tradición oral. O proxecto está coordinado por Antonio Reigosa, vogal de literatura de tradición oral, e conta coa colaboración de diversas asociacións e co patrocinio de institucións públicas.

O termo polafía é un neoloxismo que pretende englbar os diferentes matices e acepcións de termos como polavilas, fías, fiadas, fiandóns ou seráns, referidos ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais. O proxecto válese de tecnoloxías como aparellos de gravación que favorecen o arquivo e estudo do recompilado e medios como internet para darlle difusión.

O formato das polafías, duns 90 minutos, require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introduce e comenta as principais características das pezas e xéneros literarios amosados; dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Non obstante, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constitúeno os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores etc., veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.

Silvia Bardelás

Silvia Bardelás, nada en Vigo o 25 de febreiro de 1967, é unha escritora galega.

Teresa Seara

María Teresa Seara Domínguez, nada en Toén en 1968, é unha crítica literaria galega.

Victorino Pérez Prieto

Victorino Pérez Prieto, nado no concello leonés de Hospital de Órbigo o 18 de outubro de 1954, é un escritor e teólogo galego.

Xosé María Dobarro

Xosé María Dobarro Paz, nado en Ferrol o 7 de outubro de 1950, é profesor e escritor, investigador da literatura galega.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.