Asociación de Clubs de Baloncesto

Para a liga de baloncesto homónima véxase: Liga ACB.

A Asociación de Clubs de Baloncesto, a miúdo coñecida polas súas siglas ACB é unha organización deportiva que aglutina e defende os intereses dos clubs profesionais do baloncesto español.

Historia

A constitución da ACB formalizouse o mércores 3 de marzo de 1982 en Madrid mediante a firma dunha acta notarial na que estamparon a súa firma Carlos Casas (Manresa E.B.), Juan Fernández (OAR Ferrol), Santiago Toca (Valladolid C.B.), José Cabrera (C.B. Canarias), Anxo Palmi (C.B. Granollers), Carlos Pastrana (La Salle Bonanova) e Santiago March (Joventut Badalona). Eduardo Portela e José Antonio Gasca foron os impulsores.

Dende a tempada 1983-1984, a ACB organiza anualmente a competición de elite do baloncesto masculino español, transformándose a antiga Liga Nacional na nova Liga ACB. A nacente organización contribuíu a profesionalizar e modernizar o baloncesto español e a tentar converter a liga Nacional na segunda competición nacional máis importante do mundo tras a NBA ao implantar unha filosofía de deporte-espectáculo: venda conxunta dos dereitos de transmisión por televisión, instauración dos play offs polo título e un Partido das Estrelas (a semellanza do All-Star Game da NBA), fase final da Copa do Rei (primeiro con catro equipos, logo con oito), creación da Supercopa de España (a mediados dos anos 80 e resucitada en 2004)...

O primeiro presidente da ACB foi o entón máximo dirixente do C.B. Granollers, Antonio Novoa. O directivo responsable da sección de Baloncesto do Real Madrid Mariano Jaquotot sucedeulle no cargo e Juan Fernández, presidente do OAR Ferrol, foi o último mandatario vinculado directamente a un club asociado. O primeiro independente foi Evaristo do Río e o segundo é quen actualmente ostenta o cargo, Eduardo Portela. Todos os directivos teñen que responder anualmente da súa xestión á Asemblea Xeral, que representa aos clubs que toman parte na competición. Portela preside a ACB dende 1990 e, un ano despois, impulsou a creación da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB), organización que tamén preside Portela na actualidade. A ACB e a ULEB teñen a súa sede na cidade de Barcelona.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A1 Ethniki

A A1 Ethniki (en grego: Α1 Εθνική, A1 Nacional), coñecida por motivos de patrocinio como Stoiximan.gr Basket League, é a máxima categoría do baloncesto grego entre clubs. Está organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto Helenos (en grego: ΕΣΑΚΕ, Esake, tamén coñecida en inglés como HEBA, Hellenic Basketball Clubs Association). O campionato de Primeira División é o denominado "A1", e é disputada por catorce equipos que xogan entre eles entre os meses de outubro e xullo, xogando entre eles vinte e seis partidos de liga regular, cos oito mellores xogando un playoff para decidir o campión. Por outra banda, os dous último clasificados descenden á segunda categoría, a A2 Ethniki. Disputada por primeira vez na temporada 1927–28, tan só novo equipos diferentes conseguiron o título de campión, sendo o gran dominador o Panathinaikos, que gañou o campionato en máis de trinta ocasións. A liga grega está considereda como unha das 3 ou 5 mellores competicións domésticas do baloncesto europeo desde que se fan clasificacións das mesmas.

Basket Zaragoza 2002

O Basket Zaragoza 2002 S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Casademont Zaragoza é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Zaragoza, Aragón. Fundado no ano 2002, é herdeiro do Club Baloncesto Zaragoza desaparecido ese mesmo ano. A nova entidade, denominada Basket Zaragoza 2002, conservou o seu palmarés e dereitos deportivos. Disputa o seus encontros como local no Pavillón Príncipe Felipe, inaugurado o 17 de abril de 1990 e con capacidade para 10 500 espectadores.

CB Valladolid

O Club Baloncesto Valladolid S.A.D. foi un club de baloncesto profesional da cidade de Valladolid, Castela e León (España). Foi fundado o 31 de agosto de 1976 e desapareceu no ano 2015 debido a problemas financieiros. Foi o herdeiro do A.D.C. Castilla, e sendo Gonzalo Gonzalo o seu primeiro presidente. Inmediatamente despois da súa desaparición creouse o CB Ciudad de Valladolid para reemprazalo.

Club Baloncesto Breogán

O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Leite Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga LEB tras descender en 2019 desde a Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores.

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño. A súa pista de xogo, despois de trasladarse dende o Pavillón Municipal, é o Pazo dos Deportes, tamén sede oficial do club, que conta con capacidade para 7.500 espectadores, estando entre as dez canchas europeas con mellor media de asistencia. O seu actual presidente é Jesús Lázare, mentres que o director xeral é Tito Díaz. O club tamén dispón dun filial na liga EBA, o Club Estudiantes, contando ademais con múltiples equipos que xuntan a rapaces de tódalas idades, formando unha das mellores canteiras do Estado.

Copa Princesa de Asturias de baloncesto

A Copa do Princesa de Asturias é unha competición española de clubs de baloncesto, organizada pola Federación Española de Baloncesto (FEB). Sucesora da Copa da Asociación, cuxo único campión foi o Saski Baskonia, celebrou a súa primeira edición na tempada 1985-1986, cando a FEB asumiu a perda da organización da Copa do Rei, que pasara a ser responsabilidade da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) un par de anos antes. A FEB, que tamén deixara de organizar a liga, creou a Copa do Príncipe para manterse como responsable dunha competición de elite.

A competición tivo prestixio nas súas primeiras edicións, entre as tempadas 1985-1986 e 1990-1991, cando participaron os equipos da ACB. De 1986-1987 a 1990-1991 foi conquistada por equipos cataláns: tres veces polo Joventut de Badalona e unha polo F.C. Barcelona. Diversos problemas provocaron que se deixase de celebrar durante cinco anos. A Copa do Príncipe volveu disputarse a partir da tempada 1996-1997. Desde entón, celébrase anualmente aínda que só coa participación dos equipos da LEB.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Liga ACB

A Liga ACB, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Endesa, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Administrada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), está composta por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden á Liga LEB Oro, sendo substituídos polo campión desta competición e o vencedor dunha rolda de playoffs.

Desde a súa fundación participaron na liga un total de 49 equipos. De todos os equipos participantes, sete conseguiron alzarse co título de campións, destacando o Real Madrid con 35 títulos e o FC Barcelona con 18. O equipo madrileño dominou o campionato cando este estaba organizado pola Federación Española de Baloncesto (FEB) desde a década de 1950 até a de 1970. Nos anos 1980, coa fundación da ACB, o dominio repartiuse entre os madrileños e os barceloneses, aínda que con outros campións como o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket.

A Liga ACB é unha da competicións de deporte profesional en pavillón, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2018–19 de 6.236 espectadores. Isto supón que sexa a novena competición do mundo en asistencia en deportes cubertos e a cuarta liga profesional de baloncesto do mundo, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Liga Española de Baloncesto (1957-1983)

Para a actual liga homónima véxase: Liga LEBA Liga Española de Baloncesto é o nome que recibiu a actual competición que, desde 1980, enfrontaba aos clubs españois cada ano nunha competición de liga con partidos entre todos os participantes, a dobre volta. Foi organizada pola Federación Española de Baloncesto até 1983 cando os clubs, organizados na recentemente creada Asociación de Clubs de Baloncesto, decidiron organizar a Liga ACB, unha nova competición independente da FEB.

Liga Femenina de Baloncesto

A Liga Feminina, coñecida por motivos de patrocinio como Liga DIA, é a principal competición de clubs de baloncesto feminino que se disputa actualmente en España. Organizada pola Federación Española de Baloncesto, ao contrario que a Liga ACB, que é organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto, dispútase anualmente dende 1964. Actualmente forman parte da competición catorce equipos, dos cales os oito primeiros se clasifican para xogar as eliminatorios polo títulos e os dous últimos descenden.

Lista de siglas e acrónimos

Esta é unha lista de siglas e acrónimos.

Saski Baskonia

O Saski Baskonia S.A.D., coñecido tamén como Kirolbet Baskonia por motivos de patrocinio, é un club de baloncesto profesional vasco da cidade de Vitoria-Gasteiz. Foi fundado en 1959 baixo o nome de Club Deportivo Vasconia, denominación que mantivo ata 1976. Ese ano, José Luis Sánchez Erauskin, quen daquela era presidente, trocou o "V" polo "B", pasando o club a denominarse C.D. Basconia. Entre 1984 e 1986 foi patrocinado por "Caja de Álava", dende 1987 ata 2009 estivo patrocinado pola empresa de cerámicas Taulell, dende 2009 a 2013 pola caixa vasca "Caja Laboral", e dende 2013 ata 2016, pola caixa vasca "Laboral Kutxa".

O Baskonia compite na Liga ACB española, e nos últimos anos converteuse un dos clubs máis potentes do baloncesto español e europeo. A súa cancha de xogo é o Fernando Buesa Arena, un pavillón que conta cunha capacidade para 9.900 espectadores. O presidente do club é dende setembro de 1988 o ex-xogador Josean Querejeta.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.