Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas

A Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas AGUEA, foi unha entidade de carácter galeguista fundada en Buenos Aires o 22 de xuño de 1956.

Creada por Antonio Baltar e un grupo de emigrantes galegos profesionais, no seu documento de fundación sinálanse como obxectivos:

Durante 1956 AGUEA realizou 57 clases de xeografía, historia, lingua e literatura galega, ditadas en galego. Organizou unha homenaxe a María Casares, coloquios sobre os problemas de Galicia coas intervencións de Valentín Paz-Andrade, Rafael Dieste, Alberto Vilanova, Núñez Búa, Ramón de Valenzuela, unha velada necrolóxica dedicada a Carlos Maside, promoveu a exposición de Díaz Pardo en 1957 no Centro Lucense e un coloquio sobre A parroquia galega, dirixido por Otero Pedrayo en 1959.

Como iniciativa da AGUEA, Antonio Baltar e Luís Seoane dirixiron a editorial Citania que nas súas coleccións “Martín Sarmiento”, “Idacio”, “Mestre Mateo”, “Dolmen de Dombate” e “Herba de namorar” publicou importantes libros de Parga Pondal, Paz Andrade, Cruz Gallástegui, Emilio González López, Díaz Pardo, Blanco Amor, Fernández del Riego, Luís Seoane etc.

Alleeiros

Alleeiros é un termo que empregaban, de maneira despectiva, os autores da Xeración Nós (os vellos) para referirse aos autores da nova xeración. Os novos eran Rafael Dieste, Carlos Maside García, Manuel Antonio, Arturo Souto, Otero Espasandín, Fernández Mazas, Bal y Gay e Johán Carballeira. Esta xeración dará paso en 1930 a unha terceira xeración, que se move por medios de comunicación como El Pueblo Gallego, Resol, Yunque, Guión e Papel de Color. Os membros que integraban este grupo eran Luís Seoane, Álvaro Cunqueiro, Santiso Girón e Santiago Montero Díaz.

Antonio Baltar

Antonio Baltar Domínguez, nado en Santiago de Compostela o 13 de setembro de 1906 e finado en Buenos Aires o 22 de setembro de 1970, foi un médico galego.

Carlos Maside

Carlos Maside García, nado en San Xulián (Pontecesures) o 16 de marzo de 1897 e finado en Santiago de Compostela o 10 de xuño de 1958, foi un pintor galego.

Elsa Fernández

Elsa Fernández González, nada en Buenos Aires en 1933 e finada na mesma cidade o 29 de abril de 1964, foi unha escritora galega.

Fernando Iglesias Sánchez

Fernando Luís Iglesias Sánchez, máis coñecido polo alcume de Tacholas, nado en Ourense o 25 de agosto de 1909 e finado en Buenos Aires o 14 de maio de 1991, foi un actor galego, que desenvolveu a súa vida artística na emigración arxentina, onde se converteu nunha gran figura do teatro e participou en numerosas películas.

Ramón de Valenzuela

Ramón de Valenzuela Otero, nado en Manduas (Silleda) o 3 de outubro de 1914 e finado en Adina (Sanxenxo) o 27 de outubro de 1980, foi un escritor e político galego.

Ricardo Palmás

Ricardo Palmás Casal, nado en Buenos Aires en 1940 e finado en Londres o 10 de novembro de 1996, foi un sociólogo, xornalista, escritor e galeguista da Arxentina.

Vicente Gómez Paratcha

Vicente Gómez Paratcha, nado en Vilagarcía de Arousa o 8 de abril de 1893 e finado en Río Ceballos (Arxentina) o 8 de xullo de 1961, foi un avogado e diplomático galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.