Asiria

Asiria foi un país da antigüidade situado no suroeste asiático na antiga Mesopotamia, no val do río Tigris cuxos límites foron: ó norte das montañas de Armenia, ó sur Caldea (Babilonia), ó leste a Media e ó oeste Mesopotamia.

A cidade máis importante achábase ás beiras do Tigris, ó lado do templo da súa principal divindade Assur; a cidade tamén se chamaba Assur ou El-Assur e o país tomou o mesmo nome denominándose Asiria. Outras cidades importantes foron Nínive, Harran, Nimrud, Dur-Sarrukîn (actualmente chamada Khorsabad). A civilización asiria é moi antiga. Así o confirman os achados arqueolóxicos que apareceron entre as dunas de Nimrud e Khorsabad.

Asiria
1813 a. C.–609 a. C.
Localización de Asiria
En vermello, a rexión orixinal de Asiria, en laranxa, o imperio baixo Assurbanipal (668-627 a. C)
Capital Assur, Nínive
Lingua O acadio, coas súas dúas variantes: o asirio e o babilonio.
Relixión Politeísta, sendo Assur o seu deus principal.
Goberno Monarquía
Historia
 • Establecido 1813 a. C.

Historia

Sometidos ó principio á dominación de Sumer, e despois á de Acad, os asirios fan a súa aparición na Historia no transcurso da primeira metade do terceiro milenio a. C. (fundación de Assur). No século XVIII a. C. construíron o primeiro Imperio (reino de Samši-Adad I) pero o seu desenvolvemento foi roto por Babilonia (conquista de Hammurabi). A potencia asiria manifestouse novamente no século XII a. C. con Teglatfalasar I (1112-1074 a. C.), vencedor dos arameos e grazas á súa organización militar impúxose plenamente baixo o reinado de Teglatfalasar III (746-727 a. C.), que anexionou Siria e exerceu o seu control sobre Babilonia. Baixo a dinastía dos Sargónidas, comezada por Sargón II (721-705 a. C.), Asiria coñeceu unha prosperidade sen precedentes, estendeuse por toda Asia occidental desde Persia ata o Mediterráneo, e chegou ata Tebas e Exipto, sometido por Assurbanipal (669-631 a. C.). As súas grandes cidades son Assur, Nínive, Nimrod e Dũr-Sarrukîn (na actualidade, Korsabad, cidade de Iraq), nova capital dos Sargónidas. Pero a inmensidade deste imperio fíxoo vulnerable: afundiuse definitivamente no 614-612 a. C. (caída de Nínive), incapaz de resisti-los ataques dos exércitos medos e dos babilonios.

Arte

Carte-Empire néo-assyrien
Mapa do Imperio Neoasirio, entre os séculos XIX a. C. e VIII a. C..

A arte asiria caracterízase polas súas enormes construcións de ladrillo (ruínas mal conservadas de palacios, de templos, de elevados cigurats polícromos) pola súa escultura maciza (moi pocas estatuas exentas e numerosos baixorrelevos de alabastro nos que figuran grandes escenas de caza), polas súas decoracións de ladrillo esmaltado e polas súas xemas gravadas en oco. Glorifica a guerra e a caza.

O Imperio mesopotámico estableceuse dende o século XVIII ó VII a. C.

Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: Asur – Nínive
Nuzi – Nimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
Gilgamesh – Marduk
Acad

Acad, Acadia, Accad, Akkad ou Agadé era unha cidade ao norte da Babilonia (actual Iraq), na marxe esquerda do Eufrates entre a Asiria e maila Sumeria, unha das capitais do imperio de Nimrod, segundo unha citación da Biblia (no transcorrer do terceiro milenio a.C.). Acadou o seu máximo apoxeo entre os séculos XXII e XVIII a.C. como capital do Imperio acadio, antes do ascenso de Babilonia.

Assurbanipal

Assurbanipal (en acadio Aššur-bāni-apli); siríaco "ܐܵܫܘܿܪ ܒܵܢܝܼ ܐܵܦܠܝܼ"; "Assur é o creador do seu herdeiro") nado no -685 e finado no -627, foi rei de Asiria dende o ano -669. Foi o máis ilustrado dos monarcas asirios. Os gregos coñecérono como Sardanápalo e na Biblia é coñecido como Osnapper.

Fillo de Asarhaddon, sucedeuno no trono. O seu irmán Shamash-shum-ukin foi rei subordinado en Babilonia.

Babilonia

Babilonia foi a capital dun reino clave da antiga Mesopotamia dos séculos XVIII ao VI a.C.. No moderno Iraq, localízase a aproximadamente 110 quilómetros ao sur de Bagdad. A capital construíuse sobre o río Éufrates e dividíase en partes iguais ao longo das súas marxes esquerda e dereita, con terraplens empinados para conter as inundacións estacionais do río. Babilonia era orixinariamente unha pequena cidade acadia que data do período do Imperio acadio c.  2300 a.C.. O nome vén do grego Babel, que, á súa vez, deriva do semítico Babilu, que siginifica "Os Portóns de Deus". Esa palabra semítica é unha tradución do sumerio Kadmirra.

A cidade pasou a formar parte dunha pequena cidade-estado independente co ascenso da primeira Babilonia no século XIX a.C. Despois de que o rei amurru Hammurabi creara un imperio de curta duración no século XVIII a.C., converteu Babilonia nunha cidade importante e declarouse a se mesmo o seu rei. O sur de Mesopotamia fíxose coñecida como Babilonia e Babilonia eclipsou a Nippur como a súa cidade santa. O imperio desvaneceuse baixo o fillo de Hammurabi Samsu-iluna e Babilonia pasou longos períodos baixo o dominio dos asirios, Casitas e Elamitas. Despois de ser destruído e reconstruído polos asirios, Babilonia converteuse na capital do Imperio neobabilónico de curta duración do 609 ao 539 a.C. Os Xardíns colgantes da Babilonia foi unha das sete marabillas do mundo antigo, aínda que algúns estudiosos creen que estes estaban realmente na capital asiria de Nínive. Trala caída do Imperio neo-babilónico, a cidade quedou baixo o goberno dos aqueménidas, Seléucidas, Partos, Romanos, e sasánidas.

Estímase que Babilonia era a cidade máis grande do mundo c.  1770 – c.  1670 & nbsp; a.C, e de novo c.  612 – c.  320 & nbsp; a.C . Talvez foi a primeira cidade en alcanzar unha poboación superior aos 200.000 habitantes. Estimacións do alcance máximo da súa área comprendida entre 890 a 900 hectáreas.Os restos da cidade atópanse na actual Hillah, Gobernación de Babilonia, Iraq, ao redor de 85 km. ao sur de Bagdad, formando unha grande tell de edificios e restos de tixolos de lodo rotos.

As principais fontes de información sobre Babilonia son: escavación do sitio, referencias en textos cuneiformes atopados noutras partes de Mesopotamia, referencias na Biblia, descricións nas escrituras clásicas (especialmente por Herodoto) e descricións de segunda man (citando a o traballo de Ctesias e Beroso) presenta unha imaxe incompleta e ás veces contraditoria da cidade antiga, mesmo no seu apogeo no século VI a.C.

Bispo

Un bispo (do grego do Novo Testamento ἐπίσκοπος, epískopos, "supervisor", "gardián") é un membro do clero cristián que ostenta unha posición de autoridade. Dentro das igrexas católica, ortodoxa, anglicana e veterocatólica, así como na Igrexa Asiria Oriental, os bispos pretenden ter sucesión apostólica, é dicir, unha liña directa descendente dos Doce Apóstolos. Dentro destas igrexas, os bispos son aqueles que recibiron o sacerdocio no seu máximo grao, é dicir, o episcopado, e quen poden ordenar sacerdotes e bispos. Algunhas igrexas protestantes e metodistas teñen bispos con funcións similares, aínda que non considéranse herdeiros dos Apóstolos.

O termo epískopos non estaba nos comezos do cristianismo claramente diferenciado do termo presbýteros ("ancián", hoxe en día co significado de sacerdote), pero o termo xa era empregado no seu sentido actual, distinto de sacerdote, nos escritos de Ignacio de Antioquía (finado arredor de 108), e as fontes de mediados do século II xa amosan como todos os centros do cristianismo organizábanse arredor da figura do bispo, empregando unha forma de organización que non variou até a reforma protestante.

Catolicismo

Catolicismo (do grego καθολικός, katholikós, 'universal, que comprende todo') é un termo que fai referencia á principal rama actual do cristianismo, xurdida tralo Cisma de Oriente. Os católicos son fieis á Igrexa católica, como así tamén á teoloxía, doutrina, liturxia, principios éticos e normas de comportamento derivadas, do mesmo xeito que ao conxunto dos seus seguidores como un todo, a quen se lles denomina «católicos». O vocábulo «catolicismo» úsase polo xeral para facer alusión á experiencia relixiosa compartida polas persoas que viven en comuñón coa Igrexa de Roma.O termo refírese aos cristiáns pertencentes á Igrexa católica, composta por 23 igrexas sui iuris que se atopan en completa comuñón co Papa e que en conxunto reúnen a máis de mil millóns de fieis (unha sexta parte da poboación mundial e máis da metade de todos os fieis cristiáns). A principal característica distintiva da Igrexa católica é o recoñecemento da autoridade e primacía do papa, bispo de Roma. Con todo hai varias igrexas que comparten tamén o adxectivo cualificativo de «católicas», como a Igrexa ortodoxa e as Antigas igrexas orientais, a Igrexa asiria do Oriente e as Igrexas que constitúen a Comuñón anglicana

Cronoloxía de reis de Asiria

Esta cronoloxía baséase nos rexistros do reinado de Asarhaddón de tres eclipses solares, que proporciona datas abondo exactas desde o -911 ata o -640

Cronoloxía do Antigo Oriente Próximo

A cronoloxía do Antigo Oriente Medio trata de pór datas absolutas a acontecementos históricos ocorridos no Antigo Oriente Próximo (é dicir, nas primeiras civilizacións que xorden no Oeste de Asia, na zona do mundo que na actualidade se denomina Oriente Próximo ou ás veces Oriente Medio) nas primeiras partes da Idade Antiga, entre o 3000 e o 500 a.C. aproximadamente, onde se une coa cronoloxía grega ou persa.

Hititas

Os hititas foron un pobo indoeuropeo que habitou a Asia Menor durante a Antigüidade. Invadiron a Asia Menor central sobre o 2500 a.C.. Someteron o pobo autóctono, os hattis dos que tomaron prestados varios deuses, mitos e ritos e parte da súa lingua.

Isín

Isín foi unha cidade estado de Mesopotamia que se proclamou como independente cara ao -2400 pasando cara ao -2350 a mans de Lugalzagesi de Umma e despois a mans de Sargón I e aos seus sucesores.

Karkemish

Karkemish, Carchemish ou Carquemís foi unha importante cidade dos imperios mitanno, hitita e asirio, situada no que hoxe é a fronteira turco-siria, coñecida polos romanos como Europus. É famosa por ser o lugar dunha importante batalla entre babilonios e exipcios, mencionada na Biblia, onde a cidade é chamada Ierablus, probabelmente unha corrupción dun posíbel nome en lingua local para a cidade, Iarablos. Hai noticias dela desde polo menos o ano 1800 a.C., cando era rei Aplakhanda.

Kizzuwatna

Kizzuwatna ou Kizzuwadna foi un estado de Anatolia do sueste (Cilicia) probabelmente de orixe hurrita.

Xurdiu na rexión chamada Adaniya, que se fixo independente dos hititas sobre a metade do século -XVI. Probabelmente fíxose independente baixo o rei Ammunas, ou un pouco antes con Pilliya, ao que sucedeu Pariyawatri, considerado o primeiro rei independente de Kizzuwatna, pai de Isputahsu (Ishputakhshu), quen o sucedeu. Sábese que xa existía como reino independente na segunda metade do século -XVI, e aparece xa nun tratado co imperio Hitita baixo o rei Telibinus, no cal o rei Isputuhsu ou Ešputahš de Kizzuwatna utiliza un selo co nome probabelmente de "Sarri-Tesub" e reclamou o título de gran rei, tratado que se conservou parcialmente en versións acadia e hitita e que foi o primeiro tratado hitita cun poder estranxeiro igualitario (non se conserva porén a introdución histórica que foi típica nos documentos hititas). Hantilis II, fillo e sucesor de Alluwamnas, fixo outro tratado co rei Paddatisu (Paddatishshu) onde os dous soberanos se prometían mutua amizade en termos recíprocos e iguais (sobre -1480), tratado que moi poucos anos despois foi renovado en termos similares polo rei Eheya de Kizzuwatna e o rei Tahurwailis.

As boas relacións cos hititas empeoraron canto ambos reinos ocuparon territorios que antes pertencían ao outro, pero despois asinouse un tratado paritario que puxo fin aos litixios, cando reinaba en Kizzuwatna Pilliya II e en Hattusa o rei Zidantas II (sobre -1470 ou -1460). Foi o último tratado paritario que un rei hitita fixo con Kizzuwatna e tamén o último tratado paritario deste reino con calquera outro, xa que pouco despois o país foi dominado por Mitanni e Pilliya II tivo que aceptar ser vasalo do rei hurrita, e foino o resto do século. Os litixios talvez derivaron dun tratado firmado por Idrimi de Alalakh e Pilliya II de Kazziwatna, polo cal Idrimi puido pasar polo país e entrar a territorio hitita, onde saqueou moitos lugares e destruíu sete fortalezas volvendo despois en triunfo a Alalakh.

O rei hitita Tudhaliyas II non logrou impoñer a súa soberanía a Ishuwa e outros pequenos reinos da rexión do alto Éufrates, que, despois dun breve dominio hitita, pasaron a Mitanni. Como desquite Tudhaliyas atacou Kizzuwatna, que era vasalo de Mitanni e impuxo un tratado ao rei Sunasura. Unha deidade de Kizzuwatna foi trasladada a Samuha e nominalmente Kizzuwatna quedaba como estado independente fóra da influencia de Mitanni, pero na práctica volvíase un aliado hitita: se Tudhaliyas atacaba outro país o rei de Kizzuwatna tiña que fornecer 100 carros de combate e 1000 homes e o rei tiña que acompañar ao rei hitita; o rei de Kizzuwatna non podería enviar mensaxes ao de Mitanni. Parece ser que os hititas conquistaron ata Washukanni, cidade que incorporaron a Kizzuwatna, pero, se así foi, a conquista non foi permanente (menciónase neste reinado e no seguinte de Arnuwandas I). Consérvase o texto do tratado entre Tudhaliyas II e Sunasura de Kizzuwatna (sobre o -1400).

Sobre o -1380 pasou probabelmente ao estado hitita, e foi disputado por Mitanni ata que este foi ocupado por Suppiluliumas II pola metade do século –XIV. Sobre o -1375 os hititas xa devastaron Tegarama e achegáronse a Mitanni, que aínda non foi ocupada.

Máis tarde, na batalla de Qadesh (sobre -1293), Kizzuwatna achegou un continxente ao exercido hitita de Muwatallis II contra o exipcio Ramsés II.

A familia real era de orixe hurrita, xa que a maioría de raíñas e nobres do país levan nomes hurritas e os deuses hurritas sábese que pasaron ao panteón hitita e entre eles a deusa Hebat de Kizzuwatna.

Kizzuwatna pasou a Asiria sobre o -1225 e o imperio Hitita desapareceu ao cabo de 40 anos.

Kültepe

Kültepe (Colina de cinzas en turco, antigamente: Nesa, Kanesh) é unha cidade de Turquía en Anatolia. Fundada polos Hatti, foi o primeiro centro da cultura hitita, baixo o seu nome de Nesa; de aí que haxa quen denomina nesita á lingua hitita. Principal colonia asiria do século -XIX, co nome de Kanesh, Kültepe quedou como un centro hitita importante ata a caída do Imperio Hitita no século -XII.

O -1800 aparece baixo o goberno de Inara, seguido do seu fillo Warsama. Sobre o -1750 foi atacado por Anittas de Kushara, que a ocupou.

Baixo dominio hitita durante case 500 anos, foi atacada polos kaskas con centro en Pishuru, na expedición máis ao sur que fixo esta cidade, pouco despois do -1300.

Lingua acadia

A lingua acadia (akkadû, 𒅎𒀝𒂵𒌈 ak.kADû) é unha lingua semítica que foi falada do cuarto ao primeiro milenio antes da nosa era. Dívídese en dous dialectos : o babilonio, ao sur da Mesopotamia (ver Babilonia) e o asirio, ao norte (ver Asiria).

Acadio designa igualmente o habitante do país de Akkad.

Lingua asiria

O asirio é unha lingua semítica, que forma unha rama lingüística do acadio, falado e escrito na Asiria antiga, coñecida por un importante corpus de inscricións monumentais e taboíñas cuneiformes. As diferenzas entre o asirio e a rama babilonia do acadio son sobre todo sensíbeis na fonética.

Lista de reis de Babilonia

Esta é unha lista de Reis de Babilonia, ordenada cronoloxicamente por dinastías na forma en que se atoparon en taboíñas escritas con escritura cuneiforme. Hai dúas versións da lista, comunmente coñecidas como A e B.

A Lista real de Babilonia, ao igual que outras listas reais, empregábase en Mesopotamia como un sistema de datación, un calendario para poder situar acontecementos no calendario. Non todas as dinastías e reis mencionados nesta lista reinaron sobre a cidade de Babilonia, algúns deles foron coetáneos e mesmo guerrearon entre si. Do mesmo xeito que a Lista Real Sumeria, segue a idea de mencionar ordenadamente as dinastías e soberanos hexemónicos do momento na rexión meridional de Mesopotamia.

As datas de inicio e fin de cada reinado seguen as establecidas pola cronoloxía media.

Mesopotamia

Mesopotamia (do grego, mésos e potamós: entre ríos) é unha rexión xeográfica histórica do Oriente Medio, delimitada entre os ríos Tigris e Éufrates, ocupada polo actual territorio do Iraq. Os ríos desembocan no Golfo Pérsico e a rexión está rodeada por desertos.

Mitanni

Mitanni e tamén Mittani (nas fontes asirias Hanigalbat ou Khanigalbat) foi un reino hurrita situado ao norte de Siria que existiu desde antes do -1500. O nome como concepto xeográfico foi utilizado máis tarde para as terras entre o Khabur e o Éufrates. O nome Mitanni conservaríase entre os kurdos (a tribo Motikan) que habitan xusto os mesmos territorios do antigo reino. Foi un reino de estrutura feudal, dirixido por unha aristocracia militar indoairania que chegaría á zona sobre o -1800 ou -1700.

Nínive

Para o libro de poesía de Chus Pato véxase: Nínive (1996).Nínive (en acadio: Ninu(w)a, en arameo: ܢܝܢܘܐ ou נינוה, Nīnwē, A que supera as grandes cidades, como é chamada no Libro de Xonás.) era unha importante cidade asiria, próxima á actual Mosul en Iraq. Descrita no Libro de Xonás como "cidade grande excesivamente", atópase na beira oriental do Tigris, ao longo do cal se estende durante 50 quilómetros, cun ancho medio de 20 quilómetros ou máis desde o río ata os outeiros do leste. Toda esta extensa área é agora unha inmensa zona de ruínas.

Situada na confluencia entre o río Tigris e o Khosr, Nínive era un importante punto de paso das rutas comerciais que cruzaban o Tigris. Ocupaba unha posición central nas rutas entre o Mediterráneo e o Índico, unindo así o leste e o oeste, recibindo influencias e riqueza de moitos lugares. Chegou a se converter nunha das máis grandes cidades antigas da historia.

Susa

Susa foi unha antiga cidade, que foi capital de Elam e residencia do Señor Supremo do país. Está situada ao sueste de Irán, e hoxe en día é unha cidade en ruínas, a pesar de que moi preto hai unha cidade moderna co mesmo nome.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.