Asia

Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez. Tamén ó oeste limita co mar Exeo (Asia Menor), cordilleira do Cáucaso, mar Caspio, río Ural e os montes Urais. Ademais do territorio continental, tamén ten territorios insulares: as Kuriles, Sakhalin, as illas xaponesas, a illa de Formosa (Taiwán), as Filipinas, as Illas de Sonda, Sri Lanka e milleiros de illas menores. Cobre o 8,6% da superficie da Terra, o 29,4% sen contar os mares e nel habita máis do 60% da poboación mundial, uns 4.000 millóns de persoas.

Na división convencional de continentes, de orixe europea, Asia e Europa aparecen como dúas entidades diferentes por razóns culturais e históricas, mais en termos xeográficos, forman realmente un único continente, Eurasia. Tamén África está unida a Eurasia polo istmo de Suez polo que tamén se pode considerar Europa, Asia e África como un único supercontinente, Eurafrasia.

Dado o seu tamaño e diversidade, o concepto de Asia - un nome que se remonta á antigüidade clásica - en realidade pode ter máis que ver coa xeografía humana que coa xeografía física.[1] Asia varía considerablemente entre e dentro das súas rexións con respecto aos grupos étnicos, as culturas, os ambientes, a economía, os lazos históricos e os sistemas de goberno.

Asia
Asia (orthographic projection)
Área44 579 000 km2
Poboación4 140 000.000
Densidade poboacional92
Xentilicioasiático
Países
Dependencias
Estados non recoñecidos
linguas
 Linguas de Asia
Mandarín, hindi, árabe, hebreo, bengalí, ruso, xaponés, coreano, xavanés, telugu, marathi, vietnamita, támil, turco, indoarias, persa; birmano; malaio; tagalo
Fusos horariosUTC+2
UTC+12
Internet TLD.asia
Cidades máis grandesFlag of Japan.svg Xapón Toquio
Flag of South Korea.svg Corea do Sur Seúl
India India Bombai
India India Nova Delhi
Flag of the People's Republic of China.svg China Shanghai
Flag of the Philippines.svg Filipinas Manila
Flag of Japan.svg Xapón Osaka
India India Calcuta
Flag of Pakistan.svg Paquistán Karachi
Flag of Indonesia.svg Indonesia Iacarta
Flag of the People's Republic of China.svg China Pequín
Flag of the People's Republic of China.svg China Cantón
Flag of Bangladesh.svg Bangladesh Dacca
Flag of Hong Kong.svg Hong Kong Hong Kong
Flag of Iran.svg Irán Teherán
India India Bangalore
Flag of the People's Republic of China.svg China Shenzhen
Flag of Thailand.svg Tailandia Bangkok
Flag of the People's Republic of China.svg China Nanjing
Flag of the People's Republic of China.svg China Tianjin
Flag of Vietnam.svg Vietnam Cidade Ho Chi Minh
Asia-gl
Mapa físico-político. Clica nel para amplialo.

Etimoloxía

A palabra Asia provén do grego; Ἀσία, atribuída por primeira vez a Heródoto (cara ao 440 a.C.) e facía referencia á rexión de Anatolia, co propósito de describir as guerras persas, no imperio Persa, en contraste con Grecia e Exipto. Heródoto comenta que está desconcertado polo feito de que tres nomes de muller se utilicen para describir unha masa enorme e substancial da terra (Europa, Asia, e Libia, referida a África), indicando que a maioría dos gregos asumiron que Asia foi chamada en referencia á esposa de Prometeo pero que os lidios dicían que foi chamada en referencia a Asia, fillo de Cotys e que pasou á tribo de Sardes.

Ata antes de Heródoto, Homero fala dun aliado de Troia chamado Asios e tamén describe unha marisma como ασιος (Ilíada 2, 461 ). Na lingua grega o termo pode derivar de Assuwa, unha confederación de estados da Anatolia occidental do século XIV a.C. que forón derrotado polos Hititas.

Alternativamente, a etimoloxía do termo pode provir da palabra da lingua acadia (w)aṣû(m) que significa ascender, referida á dirección da saída do sol polo Oriente Medio, conectada tamén coa palabra fenicia asa, que significa leste.

Definición e límites xeográficos

Diagrammatic T-O world map - 12th c
Mapa de T en O

Xeografía física

O concepto europeo de tres continentes no vello mundo remóntase á antigüidade clásica, pero durante a idade media foi especialmente defendido debido aos estudos do erudito do século VII Isidoro de Sevilla (véxase Mapa de T en O). A delimitación entre Asia e África (no sueste) forma o istmo de Suez e o mar Vermello. Os límites entre Asia e Europa, convencionalmente, considérase que discorren entre os Dardanelos, o mar de Mármara, o Bósforo, o mar Negro, o Cáucaso, o mar Caspio, o río Ural e os montes Urais ata o mar de Kara (Rusia).[2]

No Afastado Oriente de Asia, Siberia está separada de Norteamérica polo estreito de Bering. Asia está rodeada no sur polo océano Índico (especificamente, de oeste a leste, o golfo de Adén, o mar Arábigo e a baía de Bengala), ao leste polas augas do océano Pacífico (incluíndo, en contra das agullas do reloxo, o mar de China, o mar da China Oriental, o mar Amarelo, o mar do Xapón, o mar de Okhotsk e o mar de Bering) e polo norte polo océano Ártico. Australia (ou Oceanía) permanece no sueste.

Algúns xeógrafos non consideran que Asia e Europa sexan continentes separados, xa que non existe unha separación física lóxica entre ambas.[1] Por exemplo, Barry Cunliffe, o profesor emérito de arqueoloxía europea de Oxford, sostén que Europa foi xeográficamente e culturalmente a "excrecencia occidental do continente asiático".[3] Xeograficamente, Asia é a maior parte oriental do continente denominado Eurasia con Europa constituíndo unha península noroccidental da masa continental denominada Eurafrasia: xeoloxicamente, Asia, Europa e África constitúen un territorio único e continuo (salvo o artificial Canle de Suez) e comparten unha plataforma continental común. A maior parte de Europa e Asia aséntanse na placa tectónica euroasiática, que bordea á placa arábiga e a placa indica polo sur; a parte máis nororiental de Siberia (ao leste dos Montes Cherski) forma parte da placa norteamericana.

Asia-map
Mapa físico de Asia, excluíndo o Sueste asiático.

En xeografía, existen dúas escolas de pensamento principais. Unha escola obedece ás convencións históricas e trata Europa e Asia como continentes diferentes, categorizando subrexións dentro delas para unha análise máis detallada. A outra escola compara a palabra "continente" cunha rexión xeográfica cando se refire a Europa, e utiliza o termo "rexión" para describir a Asia en termos da fisiografía. Dado que, en termos lingüísticos, "continente" implica unha masa distinta, cada vez é máis común substituír o termo "rexión" polo de "continente" para evitar o problema da desambigüación.

Dado o alcance e diversidade da masa de terra, ás veces non está sequera claro en que consiste "Asia" exactamente. Algunhas definicións exclúen Turquía, Oriente Medio, Asia Central e Rusia, e só consideran que compoñen Asia o Afastado Oriente, o Sueste asiático e o subcontinente indio,[4][5] especialmente en Estados Unidos logo da segunda guerra mundial.[6] O termo ás veces redúcese de forma máis estreita para referirse á rexión Asia-Pacífico, que non inclúe Oriente Medio, o Sueste Asiático nin Rusia,[7] pero si inclúe as illas do océano Pacífico e pode incluír partes de Australasia ou Oceanía, malia que os isleños do Pacífico non son considerados asiáticos.[8]

Relevo

Two-point-equidistant-asia
Proxección cartográfica equidistante por dous puntos de Asia.

O relevo de Asia está esencialmente constituído por unha dilatada meseta, en cuxos bordos érguense potentes cordilleiras e a cuxo pé setentrional esténdense as chairas que alcanzan o océano Ártico, en tanto que na vertente sur dispóñense, como en Europa, tres dilatadas penínsulas. No núcleo central de todo o sistema orográfico é a meseta de Pamir ou teito do mundo (3.600 m de altura media), da que en direccións oeste, nordeste e sueste arrincan amplas cordilleiras. Ao sueste do Pamir esténdese outra meseta excelsa, que é o Tíbet, de maior extensión e altura (5.000 m) que o propio Pamir. Cadeas do suroeste do Pamir e do Tíbet: do leste da meseta nace a cadea dos Kuen-Lun que, cos Tian Shan, encerra a depresión de Tarim; máis ao sur, as formacións de Hedin (7.000 m) e do Karakorum (8.611); nos bordos do suroeste e sur do Tíbet levántanse as alturas máis importantes e excelsas da Terra: Himalaia (Everest 8.848; Kanchenjunga, 8.585). A zona montañosa central é, pois, un extenso país de mesetas de grande altura en cuxos bordos elévase a impoñente crista montañosa. Deste xeito as mesetas quedan confinadas, a xeito de depresións, no cerco das súas montañas limitantes, polo que son desérticas ou subdesérticas (Faixa de desertos: Arabia, Persia, Turquestán, deserto de Gobi).

Clima

Asia Köppen Map
Mapa climático da Asia de acordo coa clasificación climática de Köppen-Geiger

A grande extensión territorial e, polo tanto, as diferenzas de latitude, a presenza alterna de áreas baixas e altas, a grande influencia das masas de aire e xa que logo a continentalidade e a maritimidade traen ao continente gran variedade de tipos de clima e, en consecuencia, de formacións vexetais.[9]

Nas terras situadas no extremo norte predomina o clima polar, que vaise facendo máis ameno en dirección ao sur. O centro do continente, por situarse distante de influencias marítimas, en parte, debido á altitude do terreo, que bloquea o paso dos ventos oceánicos, é dominado polo clima temperado continental, que alterna veráns de elevadas temperaturas con invernos moi fríos. Por outra banda o clima oceánico sofre variacións en función da altitude do relevo, da latitude e da interioridade, ocupando grandes extensións do continente asiatico.[9]

Máis ao sur, á retagarda das grandes cordilleiras, que impiden o paso dos ventos húmidos de océano, atópanse as vastas extensións dominadas por clima semiárido e clima árido, formando unha extensa franxa de desertos. Asia alberga a maioría dos desertos existentes na Terra: o deserto de Arabia (Arabia Saudita), o de Siria, o de Thal (Paquistán), o de Thar (ou gran deserto indio), o de Lut (ou deserto do Irán), o de Gobi (Mongolia), o de Taklamakan (China), o de Karakum (Turkmenistán), o de Kerman (Irán), o de Xudea (Israel), o de Negev (Israel).[9]

No litoral da Asia Occidental xorde unha franxa estreita de clima de tipo mediterráneo, mentres que nos arquipélagos do sur do continente, nas proximidades do Ecuador, aparecen climas de tipo quente: ecuatorial e tropical.[9]

Entre todos estes tipos de clima, os que máis directamente inflúen nas condicións de vida locais, sobre todo orientando as actividades agrícolas, son o tropical e os monzóns. Abranguendo as rexións máis poboadas do continente, esténdense polas chairas costeiras da India e do sueste e leste de China, con violentas choivas durante o verán. Caracterízase pola actividade dos ventos, coñecidos como monzóns, que sopran do Índico e o Pacífico cara ao continente durante o verán, e do interior de Asia para estes océanos durante o inverno.[10]

A aparición de monzóns debese ao feito de que as terras continentais quentanse e esfrianse máis rápido que as augas oceánicas. Durante o verán, o interior de Asia, ao quentarse, forma unha área de baixa presión, que contrasta coas altas presións dos océanos, provocando o desprazamento de ventos húmidos do mar para a terra. Estes ventos son as monzóns de verán. No inverno, ocorre o contrario: os océanos están máis quentes do que o continente, formando áreas de baixa presión e atraendo os ventos continentais. Son as monzóns de inverno.[10]

As rexións montañosas, independentemente da súa localización xeográfica, presentan temperaturas moi baixas, en razón da altitude .[9]

Hidrografía

Tanto as choivas abundantes da rexión influenciada polos climas ecuatorial e tropical como a gran cantidade de neve fundida das altas montañas favorecen a existencia de grandes ríos, que corren en case todas as direccións do continente asiático. Podemos destacar:[11]

  • Pola vertente setentrional corren cara ao océano Glacial Ártico, entre outros, os ríos Obi (4 100 km) Ienisei (4 750 km) e Lena (4 270 km). É moi interesante o réxime peculiar destes ríos siberianos: como as súas fontes están a milleiros de quilómetros. Máis ao sur que a súa desembocadura, ao sobrevenir afluxos de auga no curso alto, aínda permanece xeado o tramo inferior, o que é causa de grandes inundacións.
  • No Pacífico desemboca o Amur (no golfo de Okhotsk); o Sikiang e o Song-ka, que desaugan por Cantón e Hanoi, proceden dos Kuen-lun e verten as súas augas no golfo de Pechili e no mar da China, respectivamente. Na meseta do Tíbet ten a súa orixe o Mekong (4 200 km), que rega Indochina e desemboca no extremo sur da Península, formando un amplo delta.
  • Da vertente meridional do Himalaia descenden ata o golfo de Bengala e o mar Arábigo, dependencias do océano Índico, o Ganxes e o Indo: ambos dunha lonxitude aproximada duns 3 000 km. Que constrúen amplos deltas.
  • En Asia occidental, os ríos máis notables son o Éufrates (2 7000 km) e o Tigris (2 000 km) que teñen o seu arranque na meseta de Armenia, e fundidos nun só río ao final do seu curso, desaugan no golfo Pérsico, ao que aos poucos van colmando cos seus aluvións.
  • Nas estepas centrais son numerosas as concas interiores, pechadas, que desembocan en lagos. Así por exemplo ocorre cos ríos Sir Daria e Amu Daria, que verten no mar de Aral, que, malia o seu nome, é un lago. Posúe Asia moitos lagos de augas salobres nas zonas esteparias, cuxo réxime depende da cantidade de precipitacións. Os máis importantes son: o Caspio, o Aral, xa citado, o Balkhash e o lago Baikal. o máis fondo do mundo.

Vexetación

Taiga of Far East near Imeni Poliny Osipenko village, Khabarovsk Krai
Paisaxe de Siberia, onde se ve o bosque de taiga

Como as formacións vexetais dependen do tipo de solo e principalmente do clima, Asia presenta moitas variedades vexetais, aínda que parcialmente destruídas ou alteradas pola milenaria ocupación humana.[12]

No extremo norte do continente, xunto ao polo, non hai condicións para a existencia de vexetación, no entanto máis ao sur, na chaira siberiana, comezan a xurdir formacións en forma de tundra. Cara ao sur, a medida que o clima polar se fai menos intenso e o frío dura un número menor de meses, aparece a vasta rexión da taiga, case integramente pertencente á Rusia.[12]

Aínda que o que máis destaca son as estepas, que ocupan grandes extensións da Asia Central, aparecendo en áreas de clima temperado continental.[12]

Os arquipélagos situados na Asia Meridional móstranse cuberto por bosques ecuatoriais e tropicais, non moi diferentes dos da Amazonia brasileira. Estas formacións tamén se poden observar no centro-sur, onde tamén se comproba a presenza de sabanas onde a vexetación herbácea é dominante, mostrando arbustos e árbores en pequenas asociacións densas, como a xungla na Índia.[12]

Atópanse bosques temperados en considerables extensións no Extremo Oriente así como vexetación xerófita en zonas desérticas ou semiáridas do continente.[12]

Xeografía política

As circunstancias históricas e humanas marcaron a verdadeira división entre a Asia Occidental desde a India cara ao oeste e a Asia Oriental coñecida como o Afastado Oriente, desde a India cara ao leste.

Asie

Rexións xeográficas

United Nations geoscheme (Asia)
División de Asia en rexións, segundo criterio das ONU

Tendo en conta que unha rexión xeográfica é unha área máis ou menos definida, caracterizada por determinados aspectos físicos e humanos, sería posible atopar decenas delas no continente e mesmo algunhas nun mesmo país. Por ese motivo, e para facilitar o estudo ea comprensión das características e dos problemas políticos e sociais dun continente tan amplo, imos simplificar a súa división estudando a través de seis grandes rexións xeográficas. Son elas: o Oriente Medio, o subcontinente indio, o sueste asiático, o centro-leste, o Extremo Oriente e a parte asiática da Comunidade de Estados Independentes .[13]

Oriente Medio

Artigo principal: Oriente Medio.
Middle east graphic 2003
Mapa político do Oriente Medio

Oriente Medio é a área, que se estende desde Turquía ata Afganistán, presenta como característica física dominante o predominio do clima seco, o que da como resultado a existencia de desertos. Como característica poboacional, destaca a ocupación por persoas de raza branca e unha das densidades demográficas máis baixas do continente.[12]

Esta rexión reúne a 16 países independentes, moi importantes polas notables reservas de petróleo que algúns posúen e pola súa posición estratéxica, xa que esta rexión é o elo de conexión entre Europa, Asia e África. É unha área constantemente axitada por conflitos de orixes diversas: o antagonismo histórico entre eses países; a gran mestura de seitas e relixións (islamismo, cristianismo, xudaísmo); os sistemas político - económicos vixentes, levaos ao aliñamento cos Estados Unidos ou con Rusia.[12]

A pesar de todas esas diferenzas, hai moitas semellanzas, principalmente a nivel económico: os países son todos subdesenvolvidos (a excepción de Israel, Qatar e os Emiratos Árabes Unidos ) e neles a actividade industrial de transformación é moi escasa, predominando pequenas industrias téxtiles e alimentarias. A agricultura é practicada nas poucas rexións onde non se producen desertos. Os principais produtos agrícolas son trigo, cebada, millo, arroz e cítricos, cultivados sobre todo en Turquía, Siria, Líbano, Israel e Iraq. A gandería restrínxese ao pastoreo nómade de camelos, cabras e ovellas.[12]

O grande factor económico do Oriente Medio, a nivel internacional, é a explotación do petróleo, que e o responsable da entrada de beneficios fabulosos nos países produtores. Aínda así os beneficios do petróleo pouco contribuirón para paliar o alto grao de subdesenvolvemento da maior parte dos países desta área, acentuando, pola contra, a enorme disparidade na distribución da renda.[14]

En 1960, Arabia Saudita, Iraq, Irán, Kuwait e Venezuela crearon a Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP), á cal se afiliaran ao longo das décadas de 1960 e 1970: Qatar e Abu Zabi (un dos Emiratos Árabes Unidos), Indonesia (país de Insulindia), Ecuador, Libia, Alxeria, Nixeria e Gabón. Liderada polos países árabes, a OPEP ten como obxectivo controlar o prezo do petróleo. En 1973, esta organización multiplicou o prezo do barril de petróleo, provocando unha serie de desaxustes económicos nos países importadores, feito que dou na coñecida como primeira crise do petróleo. En virtude diso, varios deses países importadores pasaron a explotar xacementos ata entón considerados non rendibles e desenvolveron fontes alternativas de enerxía polo que a OPEP viuse obrigada máis tarde a reducir o prezo do barril de petróleo, cuxo consumo se contraera.[14]

A maior parte do Oriente Medio está ocupado polos países árabes. Situados na Península Arábiga e nos seus arredores, son nacións fundamentalmente agropastorais, é o caso do Iemen, mentres que en Arabia Saudita, Kuwait, Emiratos Árabes Unidos, Iraq Omán, Qatar e Bahrain son as grandes riquezas nacionais as que impoñen paisaxes de torres e oleodutos petroliferos onde durante séculos só había un deserto sen beneficio económico.[14]

No entanto no Líbano e Siria a agricultura e a industria están máis desenvolvidos que no resto, aínda que o Líbano, asolado por conflitos interminables, sobrevive con moita dificultade. Xordania difire de todos pola súa actividade mineira caracterizada pola explotación do fosfato e mármore.[14]

Historia de Asia

Artigo principal: Historia de Asia.
East-Hem 1200ad
Asia cara ao 1200.
Asia 1892 amer ency brit
Mapa de Asia, 1892.

A gran dimensión do continente asiático fai que a súa historia non se poida ver desde un punto de vista global, senón que cada unha das súas rexións (Extremo Oriente, Asia Meridional, Asia Sur-oriental, Oriente Medio e Asia Central) teña unha historia propia, non necesariamente ligada á do resto de rexións.

Asia foi un dos continentes onde se desenvolveron as primeiras civilizacións nos vales dos principais ríos do continente, a de Mesopotamia, a do río Indo, e a do val do Río Amarelo (Huang He). De entre as civilizacións máis destacadas podemos mencionar Sumeria, Acad, Asiria, Babilonia, Fenicia (un dos primeiros grandes pobos mariñeiros que estableceron colonias en todo o Mar Mediterráneo, entre elas Cartago), todas elas no Oriente Próximo e Medio, ou a civilización china no Afastado Oriente. Estas civilizacións compartiron moitas similitudes. É posible que intercambiasen tecnoloxía e ideas. A escritura, en cambio, parece que se desenvolveu de forma individual a cada unha das rexións. A zona de Asia Central foi habitada desde tempo afastado por tribos nómades que montaban dacabalo, que realizaban incursións periódicas tanto en China, como en Europa ou Asia Meridional.

Ciro o Grande conformou o Imperio Persa no século VI a.C. que se estendía desde o Indo ata a fronteira grega. O macedonio Alexandre o Grande conquistou todo este vasto imperio no século IV a.C., pero coa súa morte, o imperio desmembrouse. A maior parte foi ocupada sucesivamente polo Imperio Seléucida, o imperio do Partos e a Imperio Sasánida. O Imperio Romano controlou a parte de Asia Occidental, chegando a Mesopotamia. Moitas destas culturas foron influenciadas pola ruta da Seda, que conectou China, India, o Oriente Medio e Europa. As relixións budista e hinduísta alcanzaron grande influencia en Asia do sur, do leste e do sueste .

Na Idade Media o Islam, procedente de Arabia, invadiu gran parte do continente, desde o Oriente Medio e Próximo, pasando polo Cáucaso ata Asia Central. Creouse a Dinastía Omeia con sé en Damasco, máis tarde substituída pola Abbásida con sé en Bagdad. Tribos turcas procedentes de Asia Central, que adoptaron a Islamismo, chegaron á zona no século X e crearon o Imperio Selxúcidas. No século XIII creouse o Imperio Mongol que se estendeu desde China ata Europa, un dos maiores imperios da historia.

Na Idade Moderna unha nova tribo turca formou o Imperio Otomán que existiu desde o século XVI ata o século XX. O Imperio Ruso empezou a expandirse desde o século XVII. Tamén neste século, os manchús invadiron a China e derribaron a dinastía Ming, establecendo a dinastía Qing, que gobernou China ata a súa abolición en 1911, logo da Revolución Xinhai. Os Europeos tomaron o control en numerosas zonas do continente, os portugueses en Macau e Goa, os españois en Filipinas, e cara aos séculos XIX e XX, os británicos na India, os neerlandeses en Indonesia e os franceses en Indochina. Ingleses e rusos mantiveron unha forte loita polas rexións de Asia Central no século XIX. Varias zonas mantivéronse fóra do control dos europeos durante estes anos, aínda que non fóra da súa influencia, como Persia, Tailandia e unha gran parte da China. No século XX o Imperio Xaponés invadiu China, Corea e o sueste asiático, durante a segunda guerra mundial. Logo da guerra, a maioría de territorios convertéronse independentes. Durante a guerra fría, producíronse diversos conflitos como a guerra de Corea, a guerra do Vietnam ou a guerra afgano-soviética. O conflito árabe-israelí, as disputas entre India, China e Paquistán, a guerra de Afganistán ou a guerra de Irak son algúns das frontes abertas hoxe en día no continente.

Demografía

2008 Yongsan Fall Festival-01
Bailarina nun festival en Corea do Sur.

A poboación do continente asiático está preto dos 4 mil millóns de habitantes, concentrándose na costa do mar da China e na península indostánica, en rexións que chegan a alcanzar densidades de mil habitantes por quilómetro cadrado. Aínda que nos últimos lustros o seu crecemento diminuíu, en países do medio oriente mantéñense importantes taxas de crecemento demográfico; en xeral preto do 70% dos nacementos no mundo prodúcense en Asia de maneira que o envellecemento non é tan progresivo. Ademais, conta cunha alta proporción poblacional cuxa idade é inferior aos 30 anos e na que os anciáns son unha porcentaxe relativamente minoritaria.

Características da poboación

A poboación asiática presenta diferentes características, non é homoxénea entre si; algúns trazos comúns en certas zonas de Asia son: pel amarela e de ollos rasgados (no Afastado Oriente desde Siberia, China, Vietnam, a península de Corea, as illas de Taiwán, Xapón, o arquipélago malaio e filipino). Dentro dese grupo étnico destácanse os nativos malaios, de pel morena ou escura que se dividen en diferentes ramas, xa que deles descenden os tagalos, visaios, iloacanes, polinesios, melanesios, micronesios etc. As etnias de fenotipo branco comprenden o Medio e Próximo Oriente. Entre elas destácanse os árabes, armenios, xudeus, persas, asirios, turcos, rusos etc. Existen tamén algunhas etnias de tipo negroide e inmigrantes de diferentes países europeos.

Poboación por sexo

Na maior parte dos países do continente asiático tanto do Afastado Oriente como Oriente Medio, predominan os homes, excepto en Xapón, Vietnam, Laos, Camboxa, Tailandia, Birmania, Líbano, Israel, Rusia, Casaquistán, Armenia, Sri Lanka entre outros, onde predominan as mulleres. Aínda que en Israel e Xapón, os homes menores de 65 anos son a maioría da poboación, non así en Filipinas, onde as mulleres entre 15 e 65 anos (e de aí en diante) son maioría. En Rusia o alto número de mulleres que ten débese ás guerras que atravesou o país, o que fixo que os varóns foran diminuíndo como noutros países de Europa Oriental, así como outros casos tamén en Europa e Asia.

O continente ten máis de 3.800 millóns de habitantes, que supoñen case o 61% da poboación mundial. É, ademais, o continente máis densamente poboado.

Lingua

Artigo principal: Linguas de Asia.

As linguas que se falan no continente asiático son numerosas. Entre elas a máis falada é o chinés ou mandarín, seguidas do hindi, o chinés cantonés, o urdu, o árabe, entre outras destacamos como linguas oficiais e nativas o xaponés, o bahasa indonesio, o coreano, turco, hebreo, persa, birmano, tailandés, tagalo, ruso, armenio, tibetano etc. Debido á colonización europea en diferentes nacións asiáticas, algunhas linguas europeas son tamén de uso habitual. Por exemplo o inglés é utilizada como lingua asociada e comercial na India, Malasia, Filipinas, Singapur, Birmania, Sri Lanka, Paquistán, Líbano, Israel, Emiratos Árabes Unidos etc. O francés úsase nas nacións da península de Indochina, parte da India e o Líbano. A lingua castelá en forma minoritaria no continente asiático, é falada por minorías nas Filipinas e nas comunidades sefardís de Oriente Próximo, principalmente nas nacións pertencentes á rexión de Israel e zonas de Turquía. Tamén se fala minoritariamente nas cidades taiwanesas de Ilan, Keelung e Tamsui. Ademais do castelá, nesta Rexión Oriental xurdiu unha lingua criolla coñecida como chabacano, que é falado en determinados sectores das Filipinas así como tamén ao norte de Sabah en Malaisia e a cidade de aTernate en Indonesia, todas elas tamén antiguamente posesións españolas. O grego é falado na illa de Chipre xunto co turco; e o portugués é oficial en Timor Oriental e fálase tamén nalgúns sectores da India (Dadra e Nagar Haveli, Daman e Diu, Goa), Malaisia (Malaca) e China (Macau).

Economía

Tokyo stock exchange
A Bolsa de Toquio é a segunda máis grande do mundo.

Asia é o terceiro continente, detrás de Norteamérica e de Europa, en PIB, pero o primeiro en paridade de poder adquisitivo. A data de 2007, o primeiro país asiático en PIB era a China, seguida da India, Xapón, Corea do Sur e Indonesia. En cambio, en termos nominais a clasificación é: Xapón, China, India, Corea do Sur, Arabia Saudita, Taiwán e Indonesia.

O comercio entre os países asiáticos está aumentando en relación ás exportacións fora do continente; en 2003, o 44% das exportacións dos países asiáticos (sen incluír Xapón) destinábanse a outros países asiáticos, fronte ao 47,1% en 2010.[15] Con todo, a porcentaxe de exportacións aos Estados Unidos, a Unión Europea e Xapón baixou dun 43% a un 36,5% no mesmo período[15]

Asia posúe o 60 % da poboación do planeta e cerca do 30 % das terras emerxidas, é o maior produtor global de alimentos, ademais de ser o maior consumidor ten as maiores reservas da maioría dos minerales. Asia é o continente que concentra o maior crecemento económico e consome a maioría do crédito global, cerca do 80% do crecemento económico mundial, o maior crecemento do investimento en ciencia e tecnoloxía, investimento en educación e o maior sector económico que poidamos imaxinar. A cooperación entre o goberno, as industrias e o dominio da tecnoloxía levaron a Xapón ao éxito económico.

Pola súa banda desde 2004 a Unión Europea é o principal socio comercial de China, que á súa vez é o segundo socio comercial da organización europea. O 2005 China converteuse na sexta economía mundial. Cun crecemento oficial do 9,5 % anual, a economía chinesa está considerada como a de maior crecemento do planeta , mantendo unha taxa media superior ao 8 % desde os anos 1980. Tamén se destaca a Asia Meridional con crecementos anuais do 8 %.

Moitas zonas de Asia están economicamente subdesenvolvidas. Unha elevada porcentaxe da poboación do continente dedícase á agricultura, pese ao cal gran parte da actividade agrícola caracterízase por colleitas e produtividade laboral relativamente baixas. En conxunto, unha minoría dos asiáticos está empregada en actividades de manufactura; en moitas ocasións os centros urbanos e as industrias non se integraron adecuadamente co sector rural. Os sistemas de transporte locais e internacionais dos países asiáticos aínda están pouco desenvolvidos en moitas zonas, pero melloraron notablemente nos últimos anos.

Con todo, hai un crecente número de excepcións. Xapón modernizou con éxito a súa economía, do mesmo xeito que Israel, Corea do Sur, Singapur, Hong Kong e, en menor grao, Indonesia, Malaisia, Tailandia, Turquía e os estados petrolíferos da península Arábiga. En xeral conseguiron taxas de crecemento económico que superan o 5% anual, unha porcentaxe que se afasta das súas taxas de crecemento demográfico. En cambio, aínda que os países do suroeste de Asia fixeron progresos, a distribución dos ingresos quedou máis concentrada que noutros países. Estimulada polos investimentos estranxeiros a grande escala, a rápida privatización e a industrialización, a República Popular da China conseguiu o crecemento máis rápido de Asia a principios da década de 1990. Estímase que a economía chinesa creceu un 12% en 1992, aínda que os niveis de renda per cápita permaneceron relativamente baixos. Vietnam e Laos, dous dos países máis pobres de Asia, están empezando a conseguir un significativo crecemento económico e a captar un notable nivel de investimento estranxeiro.

Véxase tamén: Asociación de Nacións do Sueste Asiático.

A crise financeira asiática de 1997

En xullo de 1997, a moeda tailandesa (o baht) devaluouse, contradicindo as repetidas declaracións das autoridades gobernamentais de que iso non ocorrería. En cuestión de días, as moedas de Indonesia, Filipinas e Malaisia foron fortemente atacadas e comezaron a derrubarse. Para fins de outubro, o won de Corea do Sur colapsouse e a crise xeneralizouse no continente asiático.

Pode soar paradoxal que apenas uns cantos meses antes das crises estas economías eran vistas como sólidas e estables, con moi bo futuro económico. Ata, días antes das crises, os analistas financeiros e económicos parecían non ter a mínima noción do que pasaría. O feito de que ambas economías formasen parte do grupo das economías máis vixiadas pola comunidade financeira internacional fai a estas dúas características aínda máis insólitas.

O feito é que a maioría das economías de Asia Oriental sufriu unha severa recesión en 1998; o PIB esborrallouse: 14 % en Indonesia, 9 % en Tailandia, 7 % en Malaisia, 6 % en Corea, 5 % en Hong Kong e 3 % no Xapón. Como puido sufrir un colapso tan repentino e grave unha rexión que había ter tanto éxito? A resposta é que Asia viviu unha aguda crise financeira.

Relixión

Young monks of Drepung
Monxes budistas tibetanos de Drepung.
Artigo principal: Relixións orientais.

Asia é un continente de gran riqueza espiritual e de diametral importancia relixiosa xa que as relixións máis practicadas do mundo xurdiron en Asia, sendo berce das cinco grandes relixións mundiais; o xudaísmo, o cristianismo, o islamismo, o budismo e o hinduísmo. Debido a isto, países asiáticos como Israel (lugar sagrado para xudeus, cristiáns e musulmáns), Arabia Saudita (onde se atopan dúas das tres cidades santas dos musulmáns) e India (onde se atopan os lugares santos de hindús e budistas), reciben millóns de peregrinos de todo o mundo.

Outras importantes relixións xurdidas en Asia son o bahaísmo (Irán), o confucianismo (China), o xainismo (India), o sikhismo (India), o xintoísmo (Xapón), o taoísmo (China) e o zoroastrismo (Irán).

Entre diferentes pobos asiáticos tamén se practica o animismo e o xamanismo, desde os seguidores do culto Bön no Tíbet, e a relixión tradicional chinesa, ata as crenzas animistas de diferentes tribos indíxenas de todo o continente asiático.

A relixión maioritaria de Asia é o budismo, practicada principalmente no leste e sueste asiático (abarcando desde o norte da India e o Himalaia ata o Xapón), aínda que en moitos países é practicado de forma sincrética á beira doutra relixión nacional (taoísmo, confucianismo e relixión tradicional chinesa na China por exemplo, shinto en Xapón etc.).

De preto séguelle o Islam, predominante no Medio Oriente e a Asia Central (desde a península do Sinaí ata Paquistán) máis Malaisia e Indonesia. O hinduísmo é outra das grandes relixións de Asia aínda que máis xeograficamente concentrada, é maioritario só na India e no Nepal, pero con minorías en moitos países asiáticos.

O xudaísmo é maioritario en Israel (único país no mundo onde é maioría), e o cristianismo é maioritario só en Filipinas e Timor Oriental, e ten unha alta porcentaxe en Corea do Sur, pero ten importantes minorías en toda Asia, por exemplo no Líbano.

A diferenza doutros continentes, a relixión en Asia é de grande importancia e en moitos países é vista como parte da identidade étnica, o que motivou máis dun conflito étnico, como o son o conflito árabe-israelí, o enfrontamento entre hindús e musulmáns na India, Pakistán e Bangladesh, entre hindús e budistas en Sri Lanka, entre musulmáns e budistas en Indonesia, entre musulmáns e cristiáns no Líbano e entre hindús e sikhs na India.

Mitoloxía

A mitoloxía asiática é diversa. A primeira mitoloxía coñecida é a mitoloxía sumeria (na que destaca o Epopea de Gilgamesh), a cal influíu na maioría de relixións e mitoloxías posteriores da zona. A mitoloxía hindú fala sobre un avatar do deus Vishnú en forma de peixe que avisou Manu dunha terrible inundación . Na antiga mitoloxía chinesa, no texto clásico Shan Hai Jing, o lexislador chinés Yu o Grande tivo que pasar 10 anos para controlar un diluvio que arrasou a antiga China, e foi axudado pola deusa Nüwa que, literalmente, arranxou o ceo roto por onde caía a chuvia.

Deportes

Musashi ts pic
Miyamoto Musashi, unha representación das artes marciais de Xapón.

No continente practícanse diferentes estilos deportivos, aínda que no Extremo Oriente, os máis populares son as artes marciais como o judo, o karate, o aikido,o kenjutsu,o bojutsu, o ninjutsu, o kenpo, entre outros orixinarios de Xapón. O taichi, o kung fu, o choy le fut, o shaolin, entre outros orixinarios da China. O taekwondo, o hapkido, o taekkyon, o tangsudo, entre outros en Corea. O eskrima, o kali filipino e outros son orixinarios de Filipinas. Ademais tamén no continente fixéronse famosos outros deportes como o fútbol, baloncesto, natación, esgrima, a ximnasia, tenis, voleibol etc...

Certos países asiáticos, agrupados a través do Consello Olímpico de Asia, destacaron en diferentes torneos a nivel continental ou internacional, como os Xogos Asiáticos celebrados a partir de 1951 en diferentes países do continente; os Xogos da Mancomunidade; os Xogos da Francofonía; Filipinas e Timor Oriental participaron nun dos eventos deportivos dos Xogos Iberoamericanos.

Xapón foi o primeiro país do continente en inaugurar uns Xogos Olímpicos, os de 1964 en Toquio. Tamén foron sede olímpica Corea do Sur en Seúl 1988 e China en Pequín 2008. Ademais por primeira vez dous países xuntos, Xapón e Corea do Sur, foron os anfitrións da Copa Mundial de Fútbol de 2002. Tamén será Qatar sede da Copa Mundial de Fútbol de 2022.

Yao Ming foi un dos mellores deportista da historia chinesa, xogou na NBA nos Houston Rockets, así mesmo tamén Park Ji-Sung foi un dos mellores futbolistas surcoreano que xoga ao fútbol. Xapón é o seleccionado que máis veces conquistou a Copa Asiática, en catro ocasiones.

Tamén cabo destacar que Australia, malia estar xeográficamente situada na Oceanía, forma parte desde 2006 da confederación de Asia. Coa obtención da Copa Asiática 2015 converteuse na primeira selección do mundo en lograr o curioso récord de ser o único país campión en dous continentes distintos, xa que anteriormente conquistara a Copa das Nacións da OFC en catro ocasiones.

Notas

  1. 1,0 1,1 AccessScience. "Asia" (en inglés). McGraw-Hill. Consultado o 2/11/2014.
  2. International Geographic Encyclopaedia and Atlas. Springer, 24/11/1979 [1]
  3. "Geography Is Destiny". The Atlantic (en inglés). 01-12-2008. Consultado o 20-04-2009.
  4. Welty, Paul Thomas. The Asians Their Evolving Heritage, 6th ed., p. 21. New York: Harper & Row Publishers, 1984. ISBN 978-0-06-047001-2.
  5. World University Service of Canada. Asia-WUSC WorldWide. 2006. outubro 7, 2006. Asia - WUSC Worldwide.
  6. Menon, Sridevi. Duke University. Where is West Asia in Asian America?: "Asia" and the Politics of Space in Asian America. 2004. abril 26, 2007. páxina 71
  7. http://www.bbc.co.uk/news/world/asia_pacific/
  8. American Heritage Book of English Usage Asian. 2005. 9/3/2016.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 ANTUNES, Celso (1996). Scipione, ed. Geografia e participação: Europa, Ásia, África e Oceania 4. São Paulo. p. 78.
  10. 10,0 10,1 ANTUNES, Celso (1996). Scipione, ed. Geografia e participação: Europa, Ásia, África e Oceania 4. São Paulo. p. 79.
  11. ANTUNES, Celso (1996). Scipione, ed. Geografia e participação: Europa, Ásia, África e Oceania 4. São Paulo. p. 77.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 12,7 ANTUNES, Celso (1996). Scipione, ed. Geografia e participação: Europa, Ásia, África e Oceania 4. São Paulo. p. 80.
  13. ANTUNES, Celso (1991!volume=4). Scipione, ed. Geografia e participação: Europa, Ásia, África e Oceania (en portugués). São Paulo. p. 79.
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 ANTUNES, Celso (1991). Scipione, ed. Geografia e participação: Europa, Ásia, África e Oceania 4. São Paulo. p. 81.
  15. 15,0 15,1 TIME, Global Trade's New Direction, 15 de novembro do 2010, p. 56 da versión impresa (en inglés)

Véxase tamén

N60-90, E30-60 N60-90, E60-90 N60-90, E90-120 N60-90, E120-150 N60-90, E150-180
N30-60, E30-60 N30-60, E60-90 N30-60, E90-120 N30-60, E120-150 N30-60, E150-180
N0-60, E30-60 N0-60, E60-90 N0-60, E90-120 N0-60, E120-150 N0-60, E120-150

Outros artigos

Anatolia

Anatolia, tamén coñecida como Asia Menor, é unha península que se proxecta no sentido leste-oeste ao sur do Mar Negro, en dirección ao Mar Exeo. É unha rexión tradicionalmente limitada polo alto Eufrates ao leste e polos Montes Tauros ao sur, estando constituída gran parte da súa área por mesetas e montañas.

Arpa

A arpa é un instrumento de corda pulsada formado por un marco resoante e unha serie variable de cordas tensadas entre a sección inferior e a superior. O son obtense ó tocar as cordas cos dedos. O músico que a toca chámase arpista.

As arpas coñécense dende a Antigüidade en Asia, África e Europa; remóntanse polo menos ó ano 3500 a. C. Este instrumento alcanzou gran popularidade en Europa durante a Idade Media e o Renacemento, onde se evolucionou dando lugar a unha ampla gama de variantes. Estendeuse chegando ás colonias de Europa, logrando unha especial popularidade en América Latina. Mentres que algúns membros antigos da familia da arpa extinguíronse en Oriente Próximo e Asia meridional, hai descendentes das arpas temperás que aínda se tocan en Birmania e en África subsahariana, mentres que outras variantes difundidas en Europa e Asia foron recuperadas por músicos na era moderna.

Algúns dos tipos de arpas son a arpa clásica, usada actualmente nas orquestras, a arpa celta, a arpa andina, a arpa llanera ou a arpa paraguaia. A arpa é un instrumento característico nas músicas tradicionais de países como Irlanda, Paraguai, Perú, Venezuela, México, Chile e Colombia entre outros.

Asia Central

Asia Central é unha rexión no corazón do continente asiático dende o Mar Caspio no oeste, a China no leste, Afganistán no sur, e Rusia no norte. Existen varias definicións da súa composición exacta, e ningunha definición é aceptada universalmente. A pesar desta incerteza na definición das fronteiras, ten algunhas características xerais importantes. Por unha banda, Asia Central historicamente estivo estreitamente ligada a seus pobos nómade e a ruta da seda. En consecuencia, actuou como unha encrucillada para o movemento de persoas, bens e ideas entre Europa, Asia Occidental, Asia Meridional e Asia Oriental.

Todas as definicións de Asia Central inclúen estas cinco repúblicas da antiga Unión Soviética: Casaquistán (poboación: 16´0 millóns), Kirguizistán (5´5 millóns), Taxiquistán (7´3 millóns), Turkmenistán (5,1 millóns), e Uzbekistán (27´6 millóns), cunha poboación total de 61´5 millóns de 2009. Outras áreas que se inclúen a miúdo son Mongolia, Afganistán, no norte e o oeste de Paquistán, nordés de Irán, Caxemira, e, ás veces Xinjiang no oeste da China e o sur de Siberia en Rusia.

Durante a época pre-islámica e principios da islámica, Asia Central era predominantemente iraniano, rexión que inclúe sogdianos sedentarios, corasmianos e semi-nómades escitas e alanos. A antiga poboación sedentaria xogou un papel importante na historia de Asia Central. Logo da expansión dos pobos turcos, Asia Central tamén se converteu na patria de moitos pobos turcos, como os uzbekos, casacos, kirguises, e uigures.

BirdLife International

BirdLife International é unha organización internacional dedicada á protección das aves e os seus hábitats. Trátase dunha federación de asociacións democráticas e independentes que teñen como obxectivo a conservación e o estudo das aves. Actualmente a rede mundial de BirdLife International conta con representantes en máis de 100 países.BirdLife International fundárona en 1922 os ornitólogos norteamericanos Gilbert Pearson e Jean Théodore Delacour co nome International Council for Bird Preservation (ICBP). Tratábase dun grupo de presión que deixou de actuar despois da Segunda Guerra Mundial. Volveu á actividade en 1983 co nomeamento dun director profesional e cambiou o seu nome en 1993 polo actual de BirdLife International.

Entre os seus Presidentes de Honor están a princesa Takamado do Xapón e a raíña Noor de Xordania.Os obxectivos de BirdLife International son:

Previr a extinción de todas as especies de aves

Mellorar o estado de conservación das aves

Conservar e mellorar os hábitats das aves do mundo

Conservar a través das aves a biodiversidade do planeta e a calidade de vida das persoas.BirdLife International é membro da Lista Vermella da IUCN e a súa autoridade oficial en materia de aves.BirdLife realiza cooperacións con máis de catro mil traballadores, dous millóns e medio de socios, dez millóns de seguidores e xestiona máis de 1 millón de hectáreas.BirdLife International ten programas de traballo conservacionistas nas seguintes partes do mundo, que son descritas como "rexións": África, as dúas Américas, Asia, Europa e Asia central, o Oriente Próximo e o Pacífico.En cada unha das rexións, BirdLife ten nove programas, algúns dos cales xa están ben establecidos e outros son de implantación máis recente e responden a asuntos específicos sobre a conservación. Ademais dos programas rexionais, hai programas "globais", que non son específicos dunha rexión, os cales axudan ás organizacións membros a traballar en prioridades comúns, proporcionan un marco de planeamento, aplicación e monitorización e avalían o traballo de conservación realizado. Os progamas de BirdLife son: o Programa Mariño e de Aves Mariñas, o Programa de Prevención das Extincións de Birdlife, o Programa de Aves e Rutas Migratorias, o Programa de Cambio Climático, o Programa de Bosques da Esperanza, o Programa de Apoderamento Local, o Programa de Especies Alleas Invasivas e o Programa de Áreas Importantes para a Biodiversidade e as Aves.BirdLife International publica unha revista chamada World Birdwatch, que contén novas recentes e artigos acreditados sobre aves, os seus hábitats, e a súa conservación arredor do mundo.

Corea do Sur

Corea do Sur, oficialmente República de Corea (coreano: Daehan Minguk listen (Hangul: 대한 민국; Hanja: 大韓民國), é un país asiático que ocupa a metade sur da Península de Corea. O nome Corea deriva do Reino de Goryeo, tamén pronunciado Koryŏ. Comparte fronteira terrestre con Corea do Norte, e a través de mar, con Xapón polo leste e con China polo oeste. Case a metade da poboación reside na área metropolitana da capital, Seúl, que é a segunda maior do mundo, con máis de 25 millóns de habitantes.

Corea estivo habitada dende o período do paleolítico inferior e a súa civilización comezou coa fundación do Gojoseon. Despois da unificación dos Tres reinos de Corea en 668, seguiu un milenio de relativa tranquilidade baixo dinastías que duraron séculos, e por un florecemento do comercio, a cultura, a literatura e a ciencia. Foi anexionada polo Imperio do Xapón en 1910, e despois da súa derrota en 1945, Corea foi dividida nas zonas de ocupación da Unión Soviética e os Estados Unidos, converténdose a última na República de Corea en 1948. Malia que as Nacións Unidas declarou nunha resolución que a República era o único goberno lexítimo de Corea,[Cómpre referencia] un réxime comunista estableceuse no Norte, que invadiu o Sur en 1950 e comportou á Guerra de Corea, que rematou de facto en 1953.

Entre 1962 e 1994, o tigre económico de Corea do Sur medrou un 10% anual, alimentado por un crecemento anual das exportacións do 20%, nun período chamado Milagre do Río Han que transformou o país nunha economía avanzada e de altos ingresos e na onceava maior do mundo en 1995. Na actualidade,[cando?] Corea do Sur é o oitavo país en comercio internacional, unha potencial rexional co décimo maior gasto en defensa militar e membro fundador do G20 e da Cooperación Económica Asia-Pacífico. Dende a caída do goberno militar en 1987, os surcoreanos desfrutan de amplas liberdades civís e dunha asentada democracia clasificada no segundo posto en Asia segundo o Índice de democracia. No 2009, Corea do Sur converteuse no primeiro país do mundo antigo receptor de axuda exterior en unirse ó Comité de Axuda ó Desenvolvemento da OCDE, sendo un dos grandes doantes. A súa cultura popular ten unha considerable influencia en Asia e está a estenderse globalmente nun proceso chamado a Onda coreana.Corea do Sur é un país desenvolvido, clasificado no posto 15 no Índice de Desenvolvemento Humano, o máis alto de Asia oriental. En termos de salario medio, ten a taxa máis alta de Asia e a décima do mundo. Posúe indicadores altos en educación, saúde, xustiza e goberno, facilidade de crear negocios, transparencia do goberno, seguridade no traballo, tolerancia e inclusión. O 64% dos surcoreanos entre 25 e 34 anos ten un título de educación terciaria, o máis alto da OCDE. Destina o 3,74% do seu PIB en investigación e desenvolvemento, o segundo máis alto do mundo. O país máis innovador do mundo segundo Bloomberg Innovation Quotient, é o sétimo exportador mundial, con multinacionais de alta como Samsung, Hyundai-Kia e LG. É o líder global de tecnoloxías avanzadas, coa máis alta velocidade de conexión a internet, no primeiro posto do Índice ICT de desenvolvemento, e-Government e penetración de 4G LTE, e o segundo con maior penetración do teléfono intelixente.

Cáucaso

Este artigo trata sobre a rexión xeográfica do Cáucaso. Para a cordilleira vexa cordilleira do Cáucaso

A rexión do Cáucaso atópase en Asia occidental, entre o mar Negro e o mar Caspio. Hoxe compoñen esta rexión as repúblicas independentes de Xeorxia, Armenia e Acerbaixán, con Rusia ó norte e Turquía e Irán ó sur. No entanto, son numerosas as nacións que viven dentro destes estados, moitas delas en territorios con grandes autogobernos, noutros casos con azos de alcanza-la independencia, o que fai desta rexión un punto quente de violencia a nivel mundial.

A cordilleira do Cáucaso na que se asentan Xeorxia, Acerbaixán e Armenia acotío é chamada Transcaucasia; hai maior intrincamento lingüístico e cultural na zona norte dependente da Federación rusa.

Á parte dos mencionados países, existen estoutras nacións non independentes:

Alania (Osetia do Norte)

Osetia do Sur

Calmuquia

Carachai-Circasia

Cabardino-Balcaria

Alto Karabakh (Nagorno Karabakh)

Ingushetia

Chechenia

DaguestánAsí mesmo existen numerosas minorías entre as que se poden incluír: cumuquios, avaros, tátaros, bielorrusos, alemáns, ucraínos, e naturalmente rusos, que son unha importante minoría en todas estas repúblicas ex-soviéticas. No sur, sobre todo en Armenia, hai importantes grupos de presión turcománs, iranianos, curdos e árabes.

Europa

Europa ( pronunciación ) é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. Europa esténdese pola metade oriental do Hemisferio Norte, dende o océano Glacial Ártico polo norte ata o mar Mediterráneo polo sur. Polo leste, chega ata o océano Atlántico, admitíndose que polo leste limita con Asia nos Montes Urais e o Cáucaso, compartindo entre ámbolos continentes o mar Caspio.

En Europa naceu a cultura occidental, os países europeos xogaron un papel predominante desde o século XVI, especialmente despois do comezo da colonización doutros continentes polos europeos. Entre os séculos XVII e XIX os europeos controlaban a maior parte de África, América, Oceanía e unha parte substancial de Asia. A Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial levaron a un devalo do dominio europeo nos asuntos mundiais e os Estados Unidos e a Unión Soviética ocuparon esa preminencia. A Guerra Fría entre esas dúas superpotencias dividiu Europa ata o colapso da URSS.

Fútbol

O fútbol é un deporte por equipos, o máis popular do mundo, tanto respecto ó número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA). Millóns de persoas xogan en clubs de afeccionados ou van a acotío ó estadio para apoiaren o seu equipo favorito. Os países de Europa e Sudamérica son os que dominan o xogo a nivel internacional.

A FIFA é o organismo encargado de organiza-lo fútbol a nivel mundial, e para facilitar ese traballo, creou diversas organizacións continentais. Así, temos en Europa á UEFA; en África á CAF; en América do Norte, Central e Caribe, á CONCACAF; en Sudamérica á CONMEBOL; en Asia á AFC; e en Oceanía á OFC.

Dentro das competicións a nivel mundial, o torneo máis relevante é o Copa do Mundo, polo que a seleccións nacionais se refire, que se disputa cada catro anos. En canto a clubs, o torneo máis importante é a Copa Mundial de Clubs da FIFA, que disputan os campións de tódalas confederacións. Este torneo substitúe á antiga Copa Intercontinental.

Imperio Otomán

O Sublime Estado Otomán (en turco otomán: دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه, Devlet-i ʿAliyye-yi ʿOsmâniyye, tamén عثمانلى دولتى Osmanlı Devleti, en turco: Yüce Osmanlı Devleti ou Osmanlı İmparatorluğu) foi un imperio que durou dende o 27 de xullo de 1299 até o 29 de outubro de 1923. Foi habitualmente coñecido polos seus contemporáneos como Imperio Otomán, Imperio Turco, a Sublime Porta ou, máis comunmente, Turquía. Dende 1923, úsase preferentemente o nome de Imperio Otomán para non crear confusión coa actual República de Turquía.

No cumio do seu poder, nos séculos XVI e XVII, controlaba territorios no sueste de Europa, suroeste de Asia e norte de África. O Imperio Otomán estaba formado por vinte e nove provincias e numerosos estados vasalos, algúns dos cales chegaron a ser absorbidos completamente polo imperio, mentres que a outros foilles concedido certo grao de autonomía no transcurso dos séculos. O imperio gañou tamén eventualmente autoridade sobre terras estranxeiras afastadas a través de declaracións de lealdade ao Sultán, como por exemplo a declaración do Sultán de Aceh en 1565, ou a través de adquisicións temporais de illas, como por exemplo Lanzarote no océano Atlántico en 1585.

Con Constantinopla (en turco otomán: استنبول, Istanbul e قسطنطينيه, Kostantiniyye) como capital, e control de extensión de terra por todo o mar Mediterráneo durante o reinado de Suleimán o Magnífico (dirixente de 1520 a 1566), o imperio foi o centro de interaccións entre o mundo Occidental e Oriental durante seis séculos. O imperio chegou á súa fin, como réxime baixo a monarquía imperial, o 1 de novembro de 1922, rematando a súa existencia de iure o 24 de xullo de 1923 baixo o Tratado de Lausana. Foi sucedido pola República de Turquía, que foi oficialmente proclamada o 29 de outubro dese mesmo ano.

Oriente Medio

Coñécese como Oriente Medio (en árabe: الشرق الأوسط) unha rexión do suroeste de Asia que vai dende Siria ata a fronteira irano-afgá, pasando pola península de Arabia.

Historicamente foi o nome con que os primeiros xeográfos europeos modernos designaron os territorios situados na beira leste do mar Mediterráneo. Coincidía aproximadamente cos fronteiras occidentais do Imperio Otomán, e por este motivo as veces incluía a península dos Balcáns. A comezos do século XX, faciase un uso máis restrinxido desta denominación, comprendendo os actuais estados de Turquía, Siria, o Líbano, Israel, Palestina e Exipto. Pero a evolució política posterior á segunda guerra mundial fixo que na actualidade abrangue tamén outros estados de maioría musulmá, desde o Magreb até Iraq e Sudán, así como Irán e mesmo Afganistán e Paquistán. Con todo, os estados incluídos varían segundo o contexto de referencia, o punto de vista utilizado, etc.O nome de Oriente Medio utilízase por medio da expresión inglesa Middle East, que se refire a unha división do Oriente anticuada, pero que trala caída do imperio Otomán se fixo máis usada en inglés e traducida a numerosas linguas. O uso da expresión Oriente Medio recibiu críticas polo seu eurocentrismo implícito Algúns medios de comunicación contemporáneos utilizan esta expresión tanto para os países europeos como non europeos, o que contrasta coa designación similar, Mashreq, que se utilita especialmente en contextos de lingua árabe.

Por diversos motivos esta é unha das zonas con máis conflitos xeopolíticos do mundo. Moitos autores destacan que o factor causante da conflictividade foi a repartición das posesións otomás despois da primeira guerra mundial, cando se predeterminou o trazado das fronteiras e o nacemento do estado de Israel. Outro factor é a cantidade de recursos naturais, como o petróleo. Durante o século XX Oriente Medio viviu varios conflitos de relevancia: catro guerras árabe-israelís, a guerra entre Iraq e Irán, a guerra do Golfo nas súas diferentes etapas, a guerra civil do Líbano, e a revolución islámica de Khomeini en Irán, con importantes repercusións para todo o mundo musulmán. A relixión islámica é na actualidade maioritaria na rexión.

Península de Arabia

Arabia é unha vasta península localizada en Oriente medio, na unión de África e Asia, ao leste de Etiopía e ao norte de Somalia, ao sur de Palestina, Xordania e Mesopotamia, e ao suroeste do Irán. É unha rexión maioritariamente de clima desértico que forma o deserto de Arabia e é tamén coñecida como Península Árabe ou Arábica.

Siberia

Siberia (en ruso: Сиби́рь, Sibir), tamén coñecida como Asia do norte, Norte de Asia ou Asia Setentrional. é unha vasta rexión da Rusia e do Norte do Casaquistán, integralmente no norte da Asia, espallándose dende os Urais até o Océano Pacífico, e para sur desde o Océano Ártico ata os montes do centro-norte do Casaquistán e ata á fronteira coa Mongolia e China. O xentilicio é siberiano/siberiana.

Sueste asiático

O sueste asiático é unha subrexión de Asia que comprende gran variedade de países cunha certa unidade cultural e histórica. Está situada entre os paralelos 90 e 130 aproximadamente, e entre os meridianos 30 e 17.

Turquía

A República de Turquía (Türkiye Cumhuriyeti), ou simplemente Turquía (Türkiye) é un estado situado entre Asia (95 % do seu territorio) e Europa (5 % do seu territorio).

A península de Anatolia entre o mar Negro e o mar Mediterráneo forma o «corazón» do país. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.

Debido á súa posición estratéxica, no medio do camiño entre Europa e Asia, así como ter tres Mares, Turquía foi un cruzamento histórico entre as culturas e civilizacións orientais e occidentais. Foi berce de varias civilizacións e o lugar no que se produciron moitas batallas no transcurso da historia.

Turquía é unha república democrática, secular e constitucional, cuxo sistema político foi estabelecido en 1923 baixo o liderado de Mustafa Kemal Atatürk, trala caída do Imperio Otomán após a Primeira Guerra Mundial. Dende aquela, Turquía integrouse cada vez máis con Occidente a través da afiliación a organizacións como o Consello de Europa (1949), a OTAN (1952), a OCDE (1961), a OSCE (1973) ou o Grupo dos 20 (1999). Turquía comezou as negociacións para a adhesión plena na Unión Europea no 2005, despois de ter sido membro asociado dende 1963, presentar a súa candidatura no 1987, e estando en vigor un acordo alfandegueiro dende o 1 de xaneiro do 1996. Tamén Turquía seguiu fomentando estreitas relacións políticas e económicas co mundo oriental, especialmente cos estados de Oriente Medio, Asia Central ou Asia Oriental.

Países
Países con parte asiática

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.