Asemblea Popular Galega

A Asemblea Popular Galega (APG) foi unha organización política creada o 10 de outubro de 1976 por un grupo escindido da Asemblea Nacional-Popular Galega por considerar a esta última próxima de máis á Unión do Povo Galego. Os seus líderes eran Xan López Facal, César Portela, Carlos Vázquez e Mario López Rico e celebrou o seu primeiro Congreso en decembro de 1976. A APG apoiaba ao Partido Socialista Galego e formaban parte dela un sector escindido das Comisións Labregas denominado Comisións Labregas Terra e os Comités de Traballadores Galegos. Participou na posta en marcha da revista Teima (1976-1977). A APG deixou de existir o 4 de decembro de 1977.

Asemblea Popular Galega (APG)
Organización suprapartidaria da Galiza
Dirixentes e organización
LíderXan López Facal
Historia
Fundación1976
Disolución1977
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
socialismo
nacionalismo
comunismo
anticolonialismo
democracia
PublicaciónTeima

Véxase tamén

Bibliografía

  • Manuel Anxo Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Laiovento, 2003
AGIR

Agir é unha organización de estudantes de esquerda independentista. Unha organización que conta con presenza en distintas comarcas de Galiza.

Asemblea Nacional-Popular Galega

A Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en 1975.

Assembleia de Estudantes Galeg@s Antifascistas

Assembleia de Estudantes Galeg@s Antifascistas (AEGA) foi unha organización estudantil de ideoloxía independentista e socialista que existiu na Universidade de Vigo de 1998 a 2001.

Colectivo Socialista

O Colectivo Socialista é unha organización política que forma parte do BNG. Conta con arredor de 150 militantes (2002). Os seus dirixentes son Mario López Rico e Francisco Trigo Durán.

Cando o Partido Socialista Galego decidiu saír do BNG no congreso extraordinario do 15 de xaneiro de 1983 un grupo de militantes desconformes formaron o Colectivo Socialista, ingresando no seo do BNG.

Confederación Xeral de Traballadores Galegos

A Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en 1985 como unha escisión da INTG. En outubro celebrou o seu primeiro congreso, no que Fernando Acuña foi elixido secretario xeral. Nas eleccións sindicais de 1986 conseguiu 1.087 delegados.

Editou a revista Adiante entre 1987 e 1993.

En 1990 formou coa INTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais. En 1994, ao se fusionaren as dúas organizacións, a Converxencia Intersindical Galega deu paso á Confederación Intersindical Galega (CIG).

Esquerda Galega

Esquerda Galega (EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Esquerda Nacionalista-Mocidade

Esquerda Nacionalista-Mocidade foi unha organización xuvenil, orixinalmente vencellada a Esquerda Nacionalista (partido integrado no Bloque Nacionalista Galego) pero que non recoñece á executiva saída da VI Asemblea celebrada o 30 de marzo de 2008, motivo polo cal pasou a se involucrar activamente na conformación do chamado "Espazo Aberto". Disolveuse para afrontar o proceso Espazo Aberto en Galiza Nova, que finalmente constituiría a Mocidade Socialista Galega.

Fala Ceibe

Fala Ceibe, tamén coñecida coma Fala Ceive é unha asociación cultural (aínda que non figura no rexistro de asociacións da Xunta de Castela e León) que promove o uso e a defensa da lingua e culturas galega no Bierzo.

Federación Rural Galega

A Federación Rural Galega, FRUGA, é un sindicato agrario galego creado en 2009 coma unha escisión do Sindicato Labrego Galego.

Fronte Obreira Galega

A Fronte Obreira Galega é unha organización de esquerdas, anticapitalista e independentista galega proveniente da CIG.

Intersindical Nacional Galega

A Intersindical Nacional Galega (ING) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en marzo de 1977 da unión do Sindicato Obreiro Galego, UTEG, UTSG, UTBG e o SGTM. Francisco García Montes foi o seu secretario xeral. Celebrou o seu primeiro Congreso en outubro de 1977.

Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 a ING converteuse no terceiro sindicato de Galicia con 722 delegados (13'5%). En setembro de 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos, co que a finais de ano conseguiron o status de sindicato máis representativo ao superar o 15% e obteren 1.679 delegados (17'5%). Denominouse Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) a partir de 1981.

Inzar

Inzar foi unha formación política galega de esquerdas que estivo activa entre 1991 e 2012.

Liga Gallega (Santiago de Compostela)

A Liga Gallega foi unha organización rexionalista católico tradicionalista fundada en Santiago de Compostela. Activa entre 1898 e 1900. Presidida por Alfredo Brañas e con Salvador Cabeza de León na secretaría. Tivo escasa actividade.

Foi unha das correntes nas que se bifurcou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por Manuel Murguía. A Liga Gallega de Santiago tivo unha inspiración conservadora, fronte á Liga Gallega da Coruña, máis liberal.

Movemento Estudantil Universitario

A asociación estudantil Movemento Estudantil Universitario é unha organización de representación de estudantes universitarios con presenza na universidade galega. Nada en decembro do 2010, aposta por unha universidade única, pública, galega, internacional, cogobernada e corresponsábel.

Movimento Defesa da Língua

O Movimento Defesa da Língua é unha organización reintegracionista e asemblearia, de acción social de base, que ten como obxectivo a normalización e naturalización da lingua portuguesa en Galiza.

Partido Obreiro Galego

O Partido Obreiro Galego (POG), foi un partido galego marxista e nacionalista, contaba con aproximadamente 200 militantes en 1977, principalmente en Vigo e Santiago de Compostela.

En 1977, logo das primeiras eleccións democráticas, Camilo Nogueira lidera un grupo, a Alternativa dos Traballadores Galegos, que se escinde do BNPG, partidario dun maior pluralismo ideolóxico, a colaboración con outras forzas e a aceptación da autonomía como un primeiro paso no autogoberno, en outubro funda un novo partido no que se integran ademais membros procedentes da Asemblea Popular Galega, Partido Comunista de Galicia, Partido Socialista Galego, Partido dos Traballadores de España e Movemento Comunista de Galicia.

Os líderes do novo partido foron Camilo Nogueira, Xan López Facal e nun primeiro momento Xosé Vilas Nogueira.

Logo do I Congreso intégrase na coalición Unidade Galega para participar nas eleccións xerais e municipais de 1979.Propugnou o voto en branco no referendo da Constitución de 1978 e o negativo no Estatuto de 1981. En decembro de 1980 refúndase co nome de Esquerda Galega.

Sindicato Obreiro Galego

O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.

Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Vangarda Nazonalista Galega

Vangarda Nazonalista Galega foi un partido independentista galego que actuou no ano 1933.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.