As vítimas, os nomes, as voces e os lugares

As vítimas, os nomes, as voces e os lugares é un estudo que pretende recoller o número total de mortos e procesados en Galicia como consecuencia do Golpe de Estado do 1936, así coma as circunstancias que rodearon a súa morte ou axuizamento.

Da elaboración do informe encargouse unha comisión formada por membros das tres universidades galegas[1], coordinados polo historiador Lourenzo Fernández Prieto, a instancia da Consellería de Cultura.

Cifras

Artigo principal: Vítimas da Guerra Civil en Galicia.

Segundo os datos do informe[2], como consecuencia do levantamento golpista morreron en Galicia 4.699 persoas, das cales 4619 foron homes e 80 mulleres. Outras 7.403[Cómpre referencia] (7.124 homes e 274 mulleres) foron procesadas.

Fontes

O equipo empregou coma fontes para a súa investigación as causas militares datadas entre os anos 1936 e 1939 das xurisdicións de Terra e da Armada da IV Rexión Militar (Ferrol), os rexistros civís de toda Galicia, xunto co de Zamora e Pasaia (Guipúscoa), así coma a bibliografía sobre a época. A maiores, realizaron 349 entrevistas en Galicia, Asturias, Barcelona, Arxentina, Cuba e Uruguai.

Notas

  1. As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, Vieiros, 11/4/2006.
  2. Informe en xaneiro de 2012 de Nomes e voces 17/4/18

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Asalto do bou Eva

O asalto do bou Eva foi un dos episodios máis tráxicos da represión franquista en Galiza. O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller (casada dende pouco cun deles) dispoñíanse a escapar a Francia por mar dende o porto de Vigo.

Johán Carballeira

José Francisco Gómez de la Cueva, coñecido polo seu pseudónimo Johán Carballeira, nado en Vigo o 13 de febreiro de 1902 e fusilado na Caeira (Poio) o 17 de abril de 1937, foi un xornalista e político galego.

Luís Lamela

Luís Lamela García, nado en Corcubión o 5 de novembro de 1945, é un historiador galego.

Lérez, Pontevedra

San Salvador de Lérez é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2008 tiña 1.802 habitantes (902 mulleres e 900 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2007 cando tiña 1.771 habitantes.

Manuel Fandiño Ricart

Manuel Fandiño Ricart, nado en Santiago de Compostela en 1896 e falecido na mesma cidade en 1978, foi un militante anarcosindicalista galego. Era irmán de Alfonso e Antonio, tamén militantes anarcosindicalistas e de Coralia e Maruxa, coñecidas en Compostela como "As dúas Marías".

O Barco da Memoria

O Barco da Memoria foi o nome co que se denominou ao barco de vapor Hidria II durante o período no que aloxou a exposición Os Mártires do Mar, unha exposición itinerante organizada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para dar a coñecer a represión franquista no tecido asociativo mariñeiro.

A iniciativa, inserida dentro dos actos do Ano da Memoria (2006), comezou o 17 de xullo no porto de Cambados, cun discurso do escritor Manuel Rivas, e rematou o 8 de setembro en Vilagarcía de Arousa. Durante o periplo, no que recalou en dezaoito vilas galegas, a exposición tivo unha afluencia de 31.110 persoas.

Baixo este título realizouse tamén un documental para televisión nunha coproducción entre TVG e Saga TV. Foi dirixido por Marcos Gallego en base ao o traballo do comisario da exposición, Dionisio Pereira. A súa estrea tivo lugar na biblioteca de Pontevedra o 8 de xaneiro de 2007. Foi emitido tamén via satélite e a través de internet o 17 de febreiro de 2007.

Represión franquista en Galicia

Durante o franquismo aplicáronse en Galicia, de maneira variable segundo o período histórico, varias formas de represión. A fase máis dura foi a que coincidiu coa guerra civil española e o momento da inmediata posguerra.

Rogelio Arca Rivas

Rogelio Arca Rivas, nado en Cerdedo-Cotobade en 1913 e finado no mesmo concello o 6 de novembro de 2010, foi un canteiro e miliciano anarquista galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.