As fabas na cultura popular galega

Artigo principal: fabeira.
Phaseolus vulgaris

Refraneiro

  • Chuvia na semana da Ascensión, nin boa faba, nin bo melón [1][2].
  • En cada casa cocen fabas, e na miña caldeiradas [3]
  • Nena, viña, pereira e fabal son malos de gardar [4].
  • Polo san Sebastián coida o teu fabal.
  • Por San Martiño, nin faba, nin liño.
  • Por san Martiño, nin fabas nin viño.
  • Por San Martiño, non sementes fabas nin liño [5].
  • Por Santa Erea, toma os bois e semea; por San Martiño, nin fabas nin liño [6].
  • Viña, pereira, e fabal, malos son de gardar [7].

Cantigueiro

  • Ai, miña nai, que caldo me ten./ Ai, miña filla, sábeche ben;/ verciñas poucas, fabiñas catro,/ carniña tanta coma a lengoa dun gato [8].
  • Do outro lado do río/ sementei unhas fabiñas;/ vivan os amores novos/ i os vellos torzan as liñas [9].
  • Dúrmete, meu neno, durme,/ que eu teño que faguere:/ ir por unha ola de auga,/ pór as fabas a cocere [10].
  • Maruxiña, Maruxiña,/ cariña de repinaldo,/ o día que te non vexo/ non boto fabas ó caldo [11].
  • No alto de aquile monte/ deille a volta ao meu capote;/ acordáronseme as mozas/ e mailas fabas do pote [12].
  • Pasei a Ponte de Ourense,/ queridiña, por te ver,/ o día que te non vexo/ non boto fabas ao pote [13].
  • Sementei tirabeques,/ nacéronme fabas;/ as meniñas desta terra andan todas preñadas [14].

Notas

  1. Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: n’a, d’Ascension, melon.
  2. Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.
  3. Eladio Rodríguez González, s. v. cocer.
  4. Eladio Rodríguez González, s. v. neno.
  5. Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño.
  6. Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; San Martiño, 11 de novembro.
  7. Eladio Rodríguez González, s. v. viña.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández, 33. No orixinal: berciñas, de un gato.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández, 72. Torcer as liñas é rematar un labor, de tecer ou de coser; dise que está torcendo as liñas a muller que está coas dores do parto.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández, 73.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández, 95. Chámase repinaldo a unha variedade de mazá de forma alargada.
  12. Xaquín Lorenzo Fernández, 108.
  13. Xaquín Lorenzo Fernández, 129. No orixinal: paséi.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández, 144.

Véxase tamén

Bibliografía

Feixón

Non confundir con feixoaO feixón, fabeira, faba ou chicho (Phaseolus vulgaris) é unha planta rubideira da familia Fabaceae cultivada pola súa semente comestíbel, chamada feixón, feixó, chicho ou faba.

As vaíñas ou casulas verdes da mesma planta coñécense co nome de feixóns verdes, e tamén son comestíbeis cociñadas ou, no caso dalgunhas variedades tenras, incluso crúas.

Etnografía galega
Meses do ano
Cores
Animais
Alimentos
Vexetais
Outros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.