As Somozas

As Somozas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o INE en 2014 tiña 1211 habitantes (1382 no 2009, 1392 no 2006, 1411 no 2005, 1403 no 2004, 1407 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é somocense.

Coordenadas: 43°32′9.79″N 7°55′27.62″O / 43.5360528, -7.9243389

As Somozas
Escudo de As Somozas
Casa do Concello de As Somozas
Casa do Concello.
Situacion As Somozas
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ferrol
Poboación1.103 hab. (2018)
Área70,9 km²
Densidade15,56 hab./km²
Entidades de poboación4 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJuan Alonso Tembrás (PPdeG)
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Outros: Alternativa por Somozas 2
Eleccións municipais nas Somozas
Uso do galego[3] (2001)
Galegofalantes80,74%
Na rede
assomozas.es
correo@assomozas.dicoruna.es

Demografía

Censo total 1211 (2014)
Menores de 15 anos 98 (8,09%)
Entre 15 e 64 anos 768 (63,42%)
Maiores de 65 anos 345 (28,49%)
Evolución da poboación das Somozas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3801 3934 3962 2004 1403 1279 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Os 71,4 km² polos que se estende este concello son bastante accidentados, aínda que de altitude escasa: as maiores altitudes son as de Vilalbesa (583 m), Pena dos Ladróns (620 m), Naveira (523 m), Lameira (518 m) Barreiros (538 m) e Cortello (484 m), todas elas nas parroquias de Seixas e Recemel. Atravésano o río Mera e o río Grande de Xuvia; o primeiro conforma o límite con Ortigueira e desemboca na ría de Ortigueira e o segundo nace na confluencia dos ríos Ferreiras e Grande.

Historia

Grazas á súa situación estratéxica, arrodeada de vales e montañas, todo o territorio do concello das Somozas foi visitado por numerosas culturas ao longo da súa historia. Da época castrexa consérvase o Castro de Marván (Seixas).

No dominio musulmán, foi imposto un tributo aos seus habitantes, coñecido como Tributo das Cen Doncelas, polo que numerosas mulleres foron apresadas e trasladadas aos seus haréns. Eran despedidas polos seus achegados dende o Monte Marbán. Pénsase que a denominación de 'Somozas' provén dun nobre francés chamado Sumaças, que venceu aos musulmáns e que foi recompensado con terras na zona[4].

O territorio das Somozas pertenceu a distintos clans señoriais e a varias xurisdicións. Algúns dos nobres máis importantes que dominaron estas terras foron a Duquesa de Lemos, o Conde de Maceda e o Marqués de San Sadurniño.

O concello das Somozas constituíse no ano 1836, intre no que xurdiron os primeiros concellos constitucionais, formando parte da provincia histórica de Betanzos. Posteriormente, no ano 1845, incorporouse a parroquia de Recemel, desvencellándose de Moeche, e, máis tarde, no ano 1895, formáronse as de Enchousas e Seixas, ao se dividir a parroquia principal.

Na actualidade, As Somozas é un concello rural, adicado á agricultura e á gandería e arrodeado de vales e montañas que lle proporcionan un clima oceánico con temperaturas agradables.

O 19 de xaneiro do 2014, falece o actual alcalde Manuel Candocia Ramos, a causa dun infarto mentres presenciaba un partido do equipo do Unión Deportiva Somozas, do que tamén era presidente[5].

Goberno municipal

Ao longo da democracia, Manuel Candocia non deixou nunca de ser alcalde das Somozas. Inicialmente, coa UCD e, xa na actualidade, co PP. Non só ven revalidando unha ampla maioría absoluta, senón que esta é, cando menos, abafante.

Durante varias lexislaturas, e tamén na que descorre entre 2007 e 2011, o PP conta con 8 concelleiros e existe un só grupo na oposición, o PSdeG-PSOE, cun único concelleiro. Malia superar a barreira do 5% dos votos en 2007, o BNG non foi quen aínda de rachar con ese tradicional bipartidismo e entrar no Concello.

Economía

A economía, aínda que marcadamente agrícola, vai perdendo peso a medida que vai medrando o Polígono industrial das Somozas, onde se localizaron industrias dedicadas ás novas tecnoloxías como a construción de aeroxeradores (Gamesa) e plantas de rexeneración de materiais industriais e reciclaxe (a maioría do chapapote do Prestige será tratado aquí). Tamén conta con explotacións forestais de eucalipto, gando vacún e cultivos de kiwi e autoconsumo, que como moito, son vendidos nos mercados e feiras de Moeche e As Pontes de García Rodríguez, transformación da madeira en serradoiros e a existencia dunha embotelladora de leite.

Case unha cuarta parte dos traballadores viaxan até As Pontes, pois están empregados por Endesa ou as súas empresas auxiliares.

A poboación é moi dispersa e o lugar de maior tamaño, Igrexa, ronda os 100 habitantes.

Lugares de interese

  • Igrexa de Santiago Seré, A Igrexa de Santiago é o monumento máis importante do Concello. Atópase na capital, As Somozas, no lugar coñecido como A Igrexa, presidindo o centro urbano da poboación. É un templo de estilo barroco, levantado no século XVIII, con planta rectangular e tres naves cubertas de madeira. Merece especial mención na súa fachada principal a torre campanario de grande altura, visible dende case que calquera punto da poboación. Está coroada por unha cúpula octogonal, rematada por un pináculo sobre o que sitúase unha cruz de ferro.
  • Ermidas, en todo o Concello levántanse numerosos templos cun gran valor histórico-artístico. Merecen especial mención as ermidas de San Pedro, en Enchousas; do Socorro, en Recemel; de Nosa Señora de Francia, no Campo; de San Isidro, na Graxoiba; de San Bartolomeu, en Seixas, e as ermidas de San Cidre, San Pedro e Santo Estevo, nas Somozas.
  • Montañas, Os picos de maior altura son Pena dos Ladróns, de 620 metros de altitude; Gradoi, de 357, e o histórico Marbán, que acada os 316 metros, lugar dende onde despedíanse os habitantes da poboación das doncelas cativadas polos musulmáns.
  • Área recreativa da Queiroga, localízase ao nordeste das Somozas, nos arredores do río Mera, visitado polos amantes da pesca pola presenza de troitas. Atópase arrodeada por fragas e conta nas súas instalacións con mesas, bancos e grellas. Merecen especial mención un antigo muíño de auga e varios refuxios de pescadores.

Deporte

A Unión Deportiva Somozas xoga na Segunda División B Española (tempada 2015-16).

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes das Somozas.
P. fluvial As Somozas

Paseo fluvial.

Lugar da Igrexa

Lugar da Igrexa.

Lugares das Somozas

Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Somozas vexa: Lugares das Somozas.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Historia das Somozas
  5. Falecemento de Manuel Candocia Ramos

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Agraxoiba, As Somozas, As Somozas

A Agraxoiba é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Tiña 25 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 15 eran homes e 10 eran mulleres.

A Barreira, As Somozas, As Somozas

A Barreira é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Non tiña habitantes no ano 2015 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.

A Igrexa, As Somozas, As Somozas

A Igrexa é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Tiña 223 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 124 eran homes e 99 eran mulleres.

As Enchousas, As Somozas

San Pedro das Enchousas é unha parroquia que se localiza no norte do concello das Somozas. Segundo o IGE en 2013 tiña 62 habitantes (37 mulleres e 25 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 113 habitantes.

As Somozas, As Somozas

Santiago Seré das Somozas é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2013 tiña 638 habitantes (304 mulleres e 334 homes) distribuídos en 57 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 644 habitantes.

Cerdeira de Cabalar, As Somozas, As Somozas

Cerdeira de Cabalar é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Tiña 6 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 4 eran home e 2 eran mulleres.

Comarca de Ferrol

A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 159.422 habitantes no 2014, distribuídos en 11 concellos.

Fontelo, As Somozas, As Somozas

Fontelo é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Tiña 5 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 1 era home e 4 eran mulleres.

Moimento, As Somozas, As Somozas

Moimento é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2010 tiña un habitante (un home).

O Campo, As Somozas, As Somozas

O Campo é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Tiña 1 habitante no ano 2015 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, 1 home.

O Coto, As Somozas, As Somozas

O Coto é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Tiña 16 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 7 eran home e 9 eran mulleres.

O Coto de Salas, As Somozas, As Somozas

O Coto de Salas é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Tiña 1 habitante no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 0 eran home e 1 era muller.

Os Avosendos, As Somozas, As Somozas

Os Avosendos é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Non tiña habitantes no ano 2015 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.

Penela, As Somozas, As Somozas

Penela é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Non tiña habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.

Recemel, As Somozas

Santa María de Recemel é unha parroquia que se localiza no sur do concello das Somozas. Segundo o IGE en 2013 tiña 423 habitantes (212 homes e 211 mulleres) distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 546 habitantes.

Santo Estevo, As Somozas, As Somozas

Santo Estevo é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Tiña 30 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 16 eran homes e 14 eran mulleres.

Seixas, As Somozas

Santa María de Seixas é unha parroquia que se localiza no leste do concello das Somozas. Segundo o IGE en 2013 tiña 126 habitantes (59 homes e 67 mulleres) distribuídos en 34 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 183 habitantes.

Suarriba, As Somozas, As Somozas

Suarriba é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Non tiña habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.

Vilachave, As Somozas, As Somozas

Vilachave é un lugar da parroquia das Somozas no concello coruñés das Somozas na comarca de Ferrol. Tiña 27 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 16 eran homes e 11 eran mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.