As Portelas

As Portelas ou Alta Seabra (Alta Senabria en leonés e Alta Sanabria en castelán) é unha rexión ou subcomarca non oficial da comarca de Seabra, ao noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León, que testa con Galicia e con Portugal, e na que historicamente se fala o galego, aínda que legalmente non está recoñecido como oficial. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «portelao/á» [1]. Comprende os concellos de Porto, Pías, Lubián e Hermisende. Ademais, no lugar de Calabor, en Pedralba de la Pradería tamén se fala o galego. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e a Terra Eo-Navia en Asturias considérase a este territorio como parte da Galicia estremeira.

En 2018, a área galegofalante da provincia de Zamora tiña 938 habitantes repartidos da seguinte maneira:

As Portelas
Bandera de Zamora
Localización
As Portelas e Calabor
Datos
Capital Lubián
Comunidade Autónoma Flag of Castile and León.svg Castela e León
Provincia Bandera de Zamora.svg Zamora
Superficie 447,87 km²
Poboación (2018) 837 hab.
Densidade de poboación 1,87 hab./km²

Notas

  1. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 40. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

A Raxadoira, Paradela, Meis

A Raxadoira é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia . Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016 , polo que non se poden achegar datos da súa poboación.

As Portelas, Paradela, Meis

As Portelas é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Tiña 52 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 24 eran mulleres e 28 homes, o que representa a mesma poboación que tiña en 2010, e un descenso respecto a 2005, cando eran 55.

As Portelas (homónimos)

O topónimo As Portelas pode referirse a:

As Portelas, lugar da parroquia de Paradela, no concello pontevedrés de Meis;

As Portelas, rexión ou subcomarca non oficial da comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, tamén coñecida como Alta Seabra (Alta Senabria en leonés e Alta Sanabria en castelán).

Casal do Río, Paradela, Meis

Casal do Río é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia . Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016 , polo que non se poden achegar datos da súa poboación.

Galego exterior

Utilízase a expresión galego exterior para referirse ás falas galegas de zonas do Estado español que non fan parte da comunidade autónoma de Galiza. Estas zonas de lingua e cultura galegas non foron incluídas nas catro provincias galegas na reforma de Javier de Burgos en 1833 (aínda que algunhas xa levaban tempo separadas do reino de Galiza) e, polo tanto, non están incluídas no territorio da comunidade autónoma. As falas destes lugares pertencen na súa maioría ao grupo do galego oriental, coa Fala de Estremadura sendo unha póla separada do tronco galego-portugués.

Estas falas situadas ao oriente da Galiza administrativa tamén reciben outros nomes como “galego estremeiro” ou “galego da franxa exterior”.

Estas falas organízanse xeograficamente en:

Terra Eo-Navia (Asturias), arredor de 40.000 persoas

O Bierzo baixo (León) arredor de 30.000 a 35.000 persoas

As Portelas (Zamora), arredor de 1.000 persoas

Val de Xálima (Cáceres), arredor de 4.500 persoas

Galicia estremeira

Galiza estremeira é a denominación que reciben todos aqueles territorios galegofalantes, que se atopan fóra das fronteiras de Galiza, baixo a administración de Castela e León e Asturias. Ligados lingüística, cultural e tradicionalmente a Galiza, existe neles e arredor deles, a reivindicación histórica de pertenza á cultura galega e nalgúns casos de incorporación ou reincorporación á propia Galiza, utilizándose neste último caso a denominación de Galiza irredenta moi a miúdo ou mesmo outras denominacións como Faixa Leste.

Lingua galega

O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

O galego moderno forma parte do grupo de linguas ibero-occidentais, unha familia de linguas románicas que inclúen o portugués, e que se desenvolveu dende o latín vulgar falado na provincia de Gallaecia, e evolucionou ao que os lingüistas chaman galaico-portugués, falado no Reino de Galicia. As diverxencias dialectais son observables entre as formas do norte e do sur do galaico-portugués en textos do século XIII, mais as dúas variedades eran semellantes abondo para manter un alto grao de unidade até mediados do século XIV, coa literatura galego-portuguesa medieval. A diverxencia continuou até o presente, producindo as modernas linguas galega e portuguesa.O léxico do galego é predominantemente de orixe latina, malia que tamén contén un certo número de palabras de orixe celta e xermánica, entre outros substratos e adstratos. Tamén incorporou certo número de palabras do árabe de Al-Andalus, principalmente a través do castelán.

A Real Academia Galega é consonte a Lei de Normalización Lingüística vixente, a entidade competente para a fixación das normas da lingua galega, non obstante as actuais normas elaboráronse na súa orixe conxuntamente co Instituto da Lingua Galega, teñen tamén un papel destacado o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e o Consello da Cultura Galega.

Lista de xentilicios do galego exterior

Allande: Allandés, allandesa.

Andés: Andesín, andesía.

Barres: Barrueiro, barrueira.

O Bierzo: Berciano, berciana.

Boal: Boalés, boalesa.

Brul: Brulego, brulega.

Campos-Tapia de Casariego: Camposo, camposa.

A Caridá: Caridego, caridega.

Castropol: Castropolés, castropolesa.

Coaña: Coañés, coañesa.

Eilao: Eilés, eilesa.

As Ellas: Lagarteiro, lagarteira.

Eo-Navia: Eonaviego, eonaviega.

As Figueiras: Figueirolo, figueirola.

El Franco: Franquín, franquía.

Grandas de Salime: Grandalés, grandalesa.

Hermisende: Hermisendés, hermisendesa.

Ibias: Ibiao, ibiá.

Mántaras: Mantarego, mantarega.

Navia: Naviego, naviega.

Os Ozcos: Ozqueiro, ozqueira.

Pezós: Pezoseiro, pezoseira.

Piantón: Piantonés, piantonesa.

Porto-As Portelas: Portexo, portexa.

El Porto-El Franco: Portexo, portexa.

A Roda: Rodés, rodesa.

Salave: Salavego, salavega.

Sampol: sampolo, sampola.

San Martín de Ozcos: Sanmartiego, sanmartiega.

San Martín de Trebello: Mañego, mañega.

Santalla de Ozcos: Santalleiro, santalleira; santallés, santallesa.

Santiso de Abres: Santiseiro, santiseira.

Seares: Searilo, searila.

Serantes: Serantego, serantega.

Tapia de Casariego: Tapiego, tapiega.

Taramundi: Taramundés, taramundesa.

Valdepares: Valdeparego, valdeparega.

Valverde do Fresno: Valverdeiro, valverdeira.

A Veiga: Veigués, veiguesa.

Vilanova de Ozcos: Vilanovés, vilanovesa.

Villaión: Villaionés, villaionesa.

Liñares, Paradela, Meis

Liñares é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Tiña 21 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 12 eran mulleres e 9 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2010 e 2005, cando tiña 26 veciños en ámbolos censos.

Lubián, Zamora

Lubián é un concello da provincia de Zamora, situado na zona das Portelas, na comarca da Seabra. Está encadrado na denominada Alta Seabra e atópase situado xunto á provincia de Ourense, limítrofe á comarca de Viana, e próximo á fronteira con Portugal, á altura da rexión histórica de Tras os Montes. No seu termo municipal atópanse as localidades de Aciveiros, Chaos, As Hedradas, Edroso, Lubián e Padornelo. Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

O Bierzo

O Bierzo (en castelán e oficialmente: El Bierzo, en leonés: El Bierzu/Bierciu) é unha comarca do oeste da provincia de León, limítrofe con Galicia, que ocupa unha área de 2.828 km², dividida entre 38 concellos. A súa capital é Ponferrada. É a única comarca recoñecida por lei en Castela e León, creada polas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade.

A comarca é parcialmente galegofalante e polo tanto con representación na Real Academia Galega. Xunto coa Terra Eo-Navia en Asturias e As Portelas na provincia de Zamora considerase á zona occidental deste territorio como parte da Galicia irredenta.

O Noval, Paradela, Meis

O Noval é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Tiña 41 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 20 eran mulleres e 21 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 45 veciños, e 2005, cando eran 52.

Padornelo, Lubián

Padornelo é unha localidade española do concello de Lubián, na provincia de Zamora (Castela e León).

Atópase situado na bisbarra de Seabra, e dentro dela na sub-bisbarra chamada As Portelas. É unhas das poucas localidades bilingües da provincia de Zamora, pois os seus habitantes falan habitualmente castelán e galego.

Paradela, Meis

Santa María de Paradela é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o IGE, en 2016 tiña 934 habitantes (469 mulleres e 465 homes), o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 960 habitantes, e 2005, cando eran 1 006 veciños.

A celebración da Semana Santa de Paradela foi declarada festa de interese turístico galego.

Pedralba de la Pradería

Pedralba de la Pradería é un concello español das Portelas na comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Está formado polas localidades de Calabor, Lobeznos, Pedralba de la Pradería, Rihonor de Castilla e Santa Cruz de Abranes. Calabor é a única entidade galegofalante do concello.

Ponte Nova, Paradela, Meis

Ponte Nova é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Tiña 48 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 30 eran mulleres e 18 homes, o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 56 veciños, e 2005, cando eran 53.

Pías, Zamora

Pías é un concello da provincia de Zamora, pertencente ás Portelas e á comarca de Seabra, en Castela e León. Está encadrado dentro da denominada Alta Seabra, tamén coñecida coma As Portelas, e a integran as localidades de Barxacova, Pías e Vilanova da Serra.

Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. É un dos poucos concellos bilingües da provincia de Zamora, pois os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «piarolo.

Seabra

Seabra (na variante galega das Portelas: Xabra, en castelán: Sanabria, en leonés: Senabria) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da provincia de Zamora. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «xabrés» .

Localízase entre as serras de La Culebra, Segundeira e da Cabreira (Cabreira Baixa), lindando polo oeste coa provincia de Ourense (Galicia), polo norte coa comarca leonesa de Cabreira, polo leste coa comarca zamorana de La Carballeda e polo sur con Portugal (distrito de Braganza).

Na maior parte do seu territorio falouse (actualmente con pouca vitalidade) leonés. Na zona occidental chamada As Portelas, a comprendida entre a Portela da Canda e a Portela do Padornelo fálase galego con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución. Tamén se fala galego na vila de Calabor, situada en Pedralba de la Pradería.

Terra Eo-Navia

A Terra Eo-Navia (en castelán e oficialmente Eo-Navia) é unha rexión que se atopa no occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia e que comprende 19 concellos situados entre os ríos Eo e Navia (máis concretamente o río Frexulfe). Trátase dunha denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha división territorial oficial ou de uso cotián tradicional. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e As Portelas na provincia de Zamora considérase este territorio como parte da Galicia estremeira.

As Portelas | Concellos galegofalantes da provincia de Zamora
Parcialmente galegofalantes
Territorios de fala galega

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.