As Palmas de Gran Canaria

As Palmas de Gran Canaria[1][2] (en castelán: Las Palmas de Gran Canaria) é unha cidade española e concello, situado na costa nordeste da illa de Gran Canaria, capital da provincia das Palmas, unha das cidades co-capitais da comunidade autónoma das Canarias (xunto con Santa Cruz de Tenerife) e o principal centro urbano do arquipélago das Canarias, cunha área de 100,55 km² e unha poboación de 383.308 habitantes (2010).

Coordenadas: 28°6′0″N 15°25′0″O / 28.10000, -15.41667

As Palmas de Gran Canaria
Las Palmas de Gran Canaria
Escudolaspalmasgc
Collage Las Palmas de Gran Canaria
Localización
As Palmas en Provincia das Palmas

As Palmas
As Palmas
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCanarias Canarias
ProvinciaAs Palmas
IllaGran Canaria
Xeografía
Altitude8 msnm
Superficie100,55 km²
Demografía
Poboación383.308 hab. (2010)
Densidade3.812,11 hab./km²
Xentiliciopalmense[1]
Outros datos
Código postal35001-35020
AlcaldeJuan José Cardona (PP)
www.laspalmasgc.es
Las Canteras Las Palmas de Gran Canaria
Vista do Auditorio Alfredo Kraus na praia de Las Canteras

Xeneralidades

A cidade foi fundada o 24 de xuño de 1478 co nome de Santa María del Real de Las Palmas, por Juan Rejón, xefe das tropas invasoras castelás, que se enfrontarían aos guanches (poboación indíxena das illas Canarias). En 1492, Cristovo Colón ancorou no porto de Las Palmas, na súa primeira expedición a América.

Las Palmas é hoxe unha cidade cosmopolita. Ten tres praias (Las Canteras, Las Alcaravaneras e San Cristóbal) e un gran porto (Puerto de la Luz) - importante durante o período 1970-1990 (no que se beneficiou avantaxadamente do pechamento do Canal de Suez, como consecuencia da guerra árabe-israelí de 1973). Debido á súa situación como nexo de tres continentes, e á súa relevancia como punto turístico, innúmeros traballadores estranxeiros emigraron e se asentaron na cidade. Mercadores e viaxeiros procedentes de África, China, Europa occidental, Rusia e Oriente Medio pululan mesturados polas rúas da cidade e os centros comerciais da urbe. As comunidades coreana e india son as maiores da cidade, aínda que a maioría dos individuos adquiriron a nacionalidade española co paso dos anos.

Segundo un estudo efectuado por Thomas Whitmore, director de investigacións climatolóxicas da Universidade de Syracuse (USA), a cidade de Las Palmas de Gran Canaria goza do mellor clima do mundo.

A principal festa (Festas de San Xoán), o 24 de xuño, conmemora ao tempo a data da fundación da cidade.

O Entroido das Palmas de Gran Canaria é amplamente coñecido non só en España, senón no resto do mundo, é constitúe unha das máximas atraccións turísticas.

Lugares de interese

  • A catedral, comezada a inicios do século XVI e rematada no XIX. É a sede do bispado das illas Canarias.
  • A Casa Colón, antigo pazo dos primeiros gobernadores da illa, onde se hospedou Cristovo Colón; na actualidade acolle un museo dedicado ás expedicións para o novo mundo.
  • O Museo Canario, conserva importantes vestixios da época dos guanches.
  • O Paseo de las Canteras, avenida que se estende ao longo da fermosa praia urbanas Las Canteras.
  • O Centro Atlántico de Arte Moderno.
  • A fortificación do Castillo de la Luz, construída no século XVI, para protexer a cidade dos ataques dos piratas. Emprégase hoxe para albergar exposicións temporais.

Notas

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para palmense.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Adís Abeba

Adís Abeba (en amhárico: አዲስ አበባ, Āddīs Ābebā Nova Flor) é a capital de Etiopía. En 2008 tiña 3 384 569 habitantes.

Aeroporto de Gran Canaria

O Aeroporto de Gran Canaria (IATA: LPA, OACI: GCLP) é un aeroporto español da rede de AENA situado na illa de Gran Canaria, na baía de Gando, ocupando superficie dos municipios de Ingenio e Telde. O aeroporto forma parte do aeródromo de utilización conxunta Gran Canaria/Gando xunto coa base aérea do Exército do Aire de Gando.

Ocupa o quinto lugar na rede aeroportuaria española por número de pasaxeiros, tralos aeroportos de Madrid-Barajas, Barcelona, Palma e Málaga. Está igualmente entre os 25 máis importantes de Europa e entre os 100 primeiros do mundo. Tamén nas proximidades do Aeroporto de Gran Canaria atópase o Centro de Control de Tránsito Aéreo de Canarias.

O aeroporto está situado a 18 km da capital da illa, As Palmas de Gran Canaria, e a 25 km dos centros turísticos.

Artenara

Artenara é un municipio español pertencente á provincia das Palmas (Canarias). Está situado no centro da illa de Gran Canaria. Nace como municipio independente en 1734.

Club Voleibol J.A.V. Olímpico

O Club Voleibol J.A.V. Olímpico (por Jóvenes Aficionados al Voleibol) é un equipo de voleibol da cidade de As Palmas de Gran Canaria, Canarias (España). Foi fundado en 1988. O equipo sénior feminino conseguíu o ascenso á Superliga, a máxima cateogoría do voleibol español, na tempada 2003-04. Contra a tempada 2009-10 fusionouse co Club Voleibol Las Palmas e tomou o nome de C.V. Las Playas de Gran Canaria. Anteriormente competiu como Ciudad de Las Palmas de Gran Canaria, na tempada 2005-06 como Maspalomas Costa Canaria, na 2006-07 Mazotti, 2007-08 Grupo IBSA, 2008-09 Caja de Canarias e 2009-10 Playa de Las Canteras.

A pesar do descenso da tempada 2007-08 mantivo a categoría pola renuncia do ascendido equipo de Torrelavega (Cantabria Infinita). Na tempada 2009-10 eludiu nóvamente o descenso e mantívose na Superliga grazas aos problemas económicos que fixeron renunciar a varios equipos.

Club Voleibol Las Palmas

O Club Voleibol Las Palmas ou Ciudad de Las Palmas de Gran Canaria Cantur por motivos de patrocinio, é un equipo de voleibol da cidade de As Palmas de Gran Canaria, Canarias (España). Foi fundado en 1976 co nome de Russell Hall Las Palmas, e durante esas tempadas tamén patrocinaron e deron nome ao equipo Hotel Cantur, Cintra, Electrolux, Costa 7, Tirma e Sandra.

Conseguíu o ascenso á máxima categoría do voleibol feminino español en catro ocasións sendo a primeira na tempada 1977-78 e tamén nas tempadas 1979-80, 1981-82 e 1999-00. Na tempada 2002-03 chegou o seu maior éxito ao conseguir o título de Liga e chegar ata o subcampionato na Copa CEV.

Ao finalizar a tempada 2009-10 fusionouse co Club Voleibol J.A.V. Olímpico.

Comunidade autónoma

Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

Delegación do Goberno

As Delegacións do Goberno, na Administración Pública de España, son órganos correspondentes á organización periférica do Estado. Teñen carácter político, e os seus titulares ostentan a condición de Alto Cargo, en concreto o de Subsecretario. As súas funcións principais son as de representar ó Goberno na Comunidade Autónoma correspondente, así como dirixir a Administración do Estado no territorio autonómico e coordinala coa administración propia da Comunidade Autónoma, como di o artigo 154 da Constitución española de 1978.

Regúlase na Sección 1ª do Capítulo II da Lei 6/1997, de Organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado (LOFAGE), artigos 22 a 28. Entre as súas competencias recóllense as relativas á dirección da Delegación do Goberno (designar os Subdelegados do Goberno ou entregar cada ano un informe ó Goberno, a través do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, sobre o funcionamento dos servizos públicos estatais e a súa avaliación global, entre outros); competencias en materia de información ós cidadáns; sobre simplificación de estruturas; competencias na Dirección dos servizos territoriais integrados; ou, na relación con outras Administracións territoriais; así como exercer a xefatura das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, baixo a dependencia funcional, nesta materia, do Ministerio do Interior. Asume ademais, as competencias sancionadoras atribuídas ós Gobernadores Civís pola LO 1/1992 sobre Protección da Seguridade Cidadá. En 1997, coa LOFAGE, a figura de Gobernador Civil, creada no século XIX, foi substituída pola do Subdelegado do Goberno.

Para o mellor cumprimento da función directiva e coordinadora da Delegación do Goberno, creouse en cada unha das Comunidades Autónomas pluriprovinciais unha Comisión territorial de asistencia ó Delegado do Goberno, presidida polo Delegado do Goberno e integrada polos Subdelegados do Goberno nas provincias comprendidas no territorio desta. Nas illas Baleares e Canarias intégranse tamén os Directorios Insulares.

No ano 2000 creouse a Delegación do Goberno para Estranxeiría e Inmigración, con competencias nesas materias.

Os Delegados do Goberno son nomeados por Real Decreto do Consello de Ministros, a proposta do Presidente do Goberno, e terán a súa sede na localidade na que radique o Consello de Goberno autonómico, salvo que o Consello de Ministros diga outra cousa e sen prexuízo do que se dispoña no Estatuto de Autonomía.

Existen 19 Delegacións do Goberno:

Galicia (A Coruña)

Andalucía (Sevilla)

Aragón (Zaragoza)

Asturias (Oviedo)

Baleares (Palma de Mallorca)

Canarias (As Palmas de Gran Canaria)

Cantabria (Santander)

Castela-A Mancha (Toledo)

Castela e León (Valladolid)

Cataluña (Barcelona)

Euskadi (Vitoria)

Estremadura (Badaxoz)

Madrid (Madrid)

Murcia (Murcia)

Navarra (Pamplona)

A Rioxa (Logroño)

Valencia (Valencia)

Ceuta

Melilla

Goberno das Canarias

O Goberno das Canarias é a institución que ostenta o poder executivo no marco competencial da Comunidade Autónoma das Canarias conferido polo Estatuto de Autonomía das Canarias.

O Estatuto de Autonomía das Canarias (aprobado mediante a Lei Orgánica 10/1982, de 10 de agosto, reformada pola Lei Orgánica 4/1996, de 30 de decembro) é a norma institucional que constitúe á Comunidade Autónoma das Canarias, provéndoa do seu marco organizativo e funcional básico. Na cúspide administrativa, e como expoñente do poder executivo autonómico, atopámonos co Goberno das Canarias.

O Goberno das Canarias ten a súa sede principal en: Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria.

Gran Canaria

Gran Canaria é unha illa do Arquipélago Canario situada no Océano Atlántico, xunto ás costas do norte de África e que pertence politicamente a España. Xunto coas illas de Lanzarote e Fuerteventura forma a provincia das Palmas, integrada ademais polos illotes de La Graciosa, Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este, Roque del Oeste e Illa de Lobos. A capital da illa é As Palmas de Gran Canaria, que tamén é capital das Canarias (xunto con Santa Cruz de Tenerife) e da provincia das Palmas.

Illas Canarias

As Canarias son un arquipélago do Atlántico, unha das dezasete comunidades autónomas de España e unha das rexións ultraperiféricas da Unión Europea. Está formada por sete illas: El Hierro, La Gomera, La Palma e Tenerife, que forman a provincia de Santa Cruz de Tenerife; e Fuerteventura, Gran Canaria e Lanzarote, que forman a provincia das Palmas. Tamén forman parte das Canarias os territorios insulares do Arquipélago Chinijo (La Graciosa, Alegranza, Montaña Clara, Roque del Este e Roque del Oeste) e a Illa de Lobos, todos eles pertencentes á provincia das Palmas.

O arquipélago está situado fronte á costa noroeste de África, entre as coordenadas 27º 37' e 29º 25' de latitude norte e 13º 20' e 18º 10' de lonxitude oeste, situación que implica unha diferenza dunha hora entre Canarias e o resto de España. A illa de Fuerteventura dista uns 95 km da costa africana. Con todo, son aproximadamente 1.400 km os que separan a Canarias do continente europeo. A pesar disto, a cultura das illas é occidental, a medio camiño entre Europa e Latinoamérica.

As illas, de orixe volcánico, son parte da rexión natural da Macaronesia xunto cos arquipélagos de Cabo Verde, Azores, Madeira e Salvaxes. O seu clima é subtropical, aínda que modificado pola altura e a vertente norte ou sur. Esta variabilidade climática dá lugar a unha gran diversidade biolóxica que, xunto á riqueza paisaxística e xeolóxica, xustifica a existencia en Canarias de catro parques nacionais e que varias illas sexan reservas da biosfera da UNESCO. Estes atractivos naturais, o bo clima e as praias fan das illas un importante destino turístico, sendo visitadas cada ano por preto de 12 millóns de persoas (11 986 059 en 2007, destacando un 29% de británicos, 22% españois peninsulares e un 21% alemáns).A capitalidade da comunidade é compartida entre as súas dúas principais cidades: Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria; a sede do Presidente do Goberno autonómico alterna entre ambas por períodos lexislativos, sendo a sede do Vicepresidente distinta á do Presidente. O Parlamento das Canarias está en Santa Cruz de Tenerife, mentres que a sede da Delegación do Goberno se sitúa nas Palmas de Gran Canaria, existindo ademais unha Subdelegación do Goberno en cada unha das dúas cidades. Así mesmo, hai un equilibrio entre as dúas capitais en canto a consellerías e institucións públicas. Non existen deputacións provinciais como no resto de España, sendo cada illa gobernada polo seu respectivo Cabido, excepto as illas e illotes do Arquipélago Chinijo, os cales son gobernados polo Cabido de Lanzarote, e a Illa de Lobos, gobernada polo Cabido de Fuerteventura.

Jamestown, Santa Helena

Jamestown é a capital e a única cidade de Santa Helena. Ten unha poboación de arredor de 800 persoas.

Las Palmas

O topónimo castelán Las Palmas pode referirse a:

As Palmas de Gran Canaria, cidade das Illas Canarias;

Provincia das Palmas, da que é capital dita cidade;

Las Palmas, cidade arxentina da provincia do Chaco;

Las Palmas, localidade e comuna arxentina da provincia de Córdoba.

Complexo Las Palmas, cultura precolombiana (relacionada cos pericúes) que existiu no sur da península de California.

Miguel Rio Branco

Miguel Rio Branco, nado en As Palmas de Gran Canaria en 1946, é un artista multidisciplinar e fotógrafo brasileiro, correspondente da axencia Magnum Photos dende 1978.

Mogán

Mogán é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado ao suroeste da illa de Gran Canaria.

Con máis de 18.000 habitantes no termo municipal, dos que ao redor de 500 viven na vila, Mogán localízase nun fermoso val que se estende desde o barranco do Mulato ata a costa. No litoral atópase o seu histórico porto pesqueiro, no pasado único medio de comunicación co resto da illa.

A cabeceira do municipio áchase a unha altitude duns 250 metros, e a unha distancia de 93 quilómetros da capital insular, As Palmas de Gran Canaria.

A conexión coa rede de estradas do litoral grancanario foi o principal factor que promoveu a substitución da tradicional economía agrícola-pesqueira do municipio pola súa actual actividade turística, concentrada no porto de Mogán. Con todo, a agricultura non se abandonou: os cultivos tradicionais foron substituídos por outros máis rendibles, como as froitas tropicais destinadas á exportación.

A vila de Mogán é parada para quen se dirixe ao, ou vén do, municipio veciño de La Aldea de San Nicolás. Mogán festexa a Santo Antón de Padua o Mozo o 13 de xuño, e ao Grande o primeiro domingo de agosto, cunha romaría na que participan todos os pagos do municipio. Ao seu termo realízase un canto de gran tradición: o canto aos Pajaritos. A festividade de Santo Antón o Grande naceu como unha promesa ante unha praga de cigarras que azoutou os cultivos.

Pretoria

Pretoria é unha cidade situada na párte norte da provincia de Gauteng, en Suráfrica, dentro da Municipalidade Metropolitana da Cidade de Tshwane. É a capital admnistrativa de Suráfrica, xunto ás cidades capitais lexislativa de Cidade do Cabo e a xudicial de Bloemfontein. Aquí sitúase a sede do Poder Executivo. Tén preto de 1,6 millóns de habitantes. Foi fundada no 1855 e tornouse capital do Transvaal no 1860.

Provincia das Palmas

As Palmas (en castelán: Las Palmas) é unha provincia española das dúas que forman a comunidade autónoma das Illas Canarias, e está formada polas illas de Gran Canaria, Fuerteventura e Lanzarote, así como por unha serie de seis illas menores (Alegranza, La Graciosa, Montaña Clara, Lobos, Roque del Este e Roque del Oeste), que son as illas máis orientais do arquipélago, e que suman unha área de 4.066 km². Conta cunha poboación de 1.083.502 habitantes (2010), sendo a 13ª provincia española en número de habitantes e a primeira de Canarias.

A súa capital é a cidade das Palmas de Gran Canaria, sita na illa de Gran Canaria, que é tamén a capital das Canarias xunto con Santa Cruz de Tenerife.

A provincia xurdiu en 1927 coa separación desta provincia coa ata entón única provincia do arquipélago, a Provincia de Canarias.

Santa Brígida

A vila de Santa Brígida é un municipio canario pertencente á provincia de As Palmas, na illa de Gran Canaria.

O seu nome aborixe era Satautey ("gran palmeiral" ou "poboado de palmeiras"), unha referencia ás numerosas palmeiras que medran nos barrancos da poboación.

Telde

Telde é un municipio español situado ao leste da illa de Gran Canaria, na comunidade autónoma das Illas Canarias. Posúe o rango de cidade e o título de "Moi Ilustre".

Ten unha extensión de 102,43 km², e cunha poboación de 98.399 habitantes (a 1 de xaneiro 2007, segundo o Instituto Canario de Estatística ISTAC), é a cuarta poboación do Arquipélago Canario. A altitude da cabeceira do municipio é de 130 metros sobre o nivel do mar.

Universidade das Palmas de Gran Canaria

A Universidade das Palmas de Gran Canaria, tamén coñecida como ULPGC, é unha universidade pública situada na cidade das Palmas de Gran Canaria, en Canarias (España). Foi creada o 26 de abril de 1989 a partir da Universidade Politécnica de Canarias e de varios centros ata ese momento adscritos á Universidade de La Laguna.

Trátase dunha universidade moderna, con estudos innovadores dentro do panorama educativo superior español como a Licenciatura en Ciencias do Mar e unha oferta crecente de titulacións en liña no seu campus virtual.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.