As Orfas

O convento, igrexa e colexio das Orfas é un conxunto de edificios de estilo barroco situados en Santiago de Compostela.

Coordenadas: 42°52′41″N 8°32′36″O / 42.87806, -8.54333

Interior da Igrexa das Orfas (Santiago de Compostela9
Interior da igrexa.

Historia

O conxunto localízase no número 5 da rúa das Orfas, na parte oriental da cidade vella, e está formado por un convento, unha igrexa e un colexio, que foron construídos a comezos do século XVII para dar aloxamento e educación ás nenas desamparadas da cidade. O seu impulsor foi o arcebispo San Clemente, e posteriormente foi modificada por Domingo de Andrade e Fernando de Casas Novoa.

Planta do Convento, Igrexa e Colexio das Orfas, en Santiago de Compostela
Plano do conxunto.

A igrexa foi construída posteriormente, dende o ano 1666. O seu arquitecto foi Melchor de Velasco quen faleceu en 1669 antes de vela rematada, pois foi consagrada en 1671. No seu interior alberga un altar maior de estilo rococó, feito por Francisco de Lens, no que destaca unha imaxe da Inmaculada Concepción obra de José Gambino, localizada entre San Xosé e Santiago, feita en 1756.

Na actualidade, o convento é a sé do Colexio Nosa Señora dos Remedios, se ben popularmente segue a chamárselle As Orfas. A igrexa, pola súa banda, está aberta ao público todos os días de 8:45 a 14:30 e de 17:30 a 19:30. Nela ofícianse misas do culto cristián diariamente.[1]

Notas

  1. "Ficha en www.santiagodecompostela.com". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2006. Consultado o 03 de outubro de 2008.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Colexio Santo Ángel

O colexio Santo Ángel é un centro educativo de Ourense. Está na rúa Vila Real número 6. Tratase dun centro plurilingüe concertado e mixto. Nel impártense Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria.

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 96.456 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Terremoto de Andalucía de 1884

O Terremoto de Andalucía foi un sismo rexistrado na rexión española de Andalucía o 25 de decembro de 1884, con epicentro en Arenas del Rey, Granada. O tremor tivo unha magnitude de entre 6,2 e 6,5 graos na escala de Richter, e durou aproximadamente 10 segundos cun hipocentro a entre 40 e 50 quilómetros baixo terra, causando entre 1050 e 1200 vítimas, e ao redor do dobre de feridos.

Artigos sobre a cidade de Santiago de Compostela
Edificios institucionais
Edificios relixiosos
Teatros
Museos
Outros edificios
Parques
Centros comerciais
Rueiro
Transporte
Medios de comunicación
Clubs deportivos
Recintos deportivos
Outros recintos
Centros de saúde
Empresas locais
Restos arqueolóxicos
Accidentes xeográficos
Educación
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.