As Nogais

As Nogais é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares linda con Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Becerreá e Triacastela. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.191 habitantes (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nogalego [5].

Coordenadas: 42°48′33″N 07°06′33″O / 42.80917, -7.10917

As Nogais
Escudo de As Nogais
Casa consistorial das Nogais
Casa do Concello
Situacion As Nogais
Situación
Xentilicio[1]nogalego/a
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca dos Ancares
Poboación1.114 hab. (2018)
Área110,3 km²
Densidade10,1 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJesús Núñez Díaz (PPdeG [3])
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais nas Nogais
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes91,51%
Na rede
http://www.concelloasnogais.es
concelloasnogais@concelloasnogais.es

Xeografía

O concello esténdese pola vertente meridional da serra dos Ancares e o val que forma o curso alto do río Navia. Limita ao noroeste con Becerreá, ao noroeste con Cervantes, ao sur con Pedrafita do Cebreiro e ao oeste con Triacastela. É un territorio extenso (112,4 km²), cunha densidade de poboación moi reducida, inferior aos 15 hab./km². Atravésao a N-VI e a A-6 (km 444).

As alturas máximas atópanse na serra dos Ancares, en serras pequenas como Travesa, Pintinidoira e Chan de Pereira (entre os 1.000 e os 2.000 m) e nas estribacións das Serras do Piornal e Rañadoiro, para o sur e o suroeste, que superan os 1.300, chegando aos 1.387 m. no Pico do Corvo. O fondo do val do Navia transcorre entre os 500 e os 800 m.

O Navia, que nace en Pedrafita do Cebreiro, atravesa As Nogais de sueste a noroeste e recolle a auga de, entre outros, o río de Valdeparada e o regato de Boullón.

Os invernos son fríos e os veráns frescos, cunha temperatura media anual é de 9 °C e unha oscilación térmica de 13 °C.

Poboación

Censo total 1.191 (2015)
Menores de 15 anos 80 (6.72 %)
Entre 15 e 64 anos 649 (54.49 %)
Maiores de 65 anos 462 (38.79 %)

Historia

A-6 As Nogais
Autovía A-6 ao seu paso por Noceda.

Houbo asentamentos castrexos como os do castro de Vilabol, Vilaesteva e Quintá. Sitúase aquí, posibelmente, a mansión romana de Ponte Naviae, da calzada de Braga a Astorga. No camiño real que levaba a Castela, a parte máis dura da subida a Pedrafita comezaba aquí. Esta entrada a Galiza era defendida pola torre de Doncos e os castelos de Doiras e Valcarce. No século XIV, Doncos era propiedade do adiantado maior de Galicia, García Rodríguez de Valcarce; no XV pertenceu ao conde de Ayala e a condesa de Monterrei, pero en 1603, cando era propiedade de Fernando de Toledo, figura xa como torre abandonada.

O beneficio eclesiástico correspondía á casa e señorío de Torés, tenencia do marquesado de Camarasa. Parece que no lugar de Santo André houbo un eremitorio, convertido en mosteiro e pronto desaparecido.

Durante a Guerra da Independencia Española, as tropas francesas incendiaron Doncos e outros lugares. En 1835, a veciñanza formou unha partida de voluntarios para perseguir aos carlistas.

Até 1916 recibía simplemente o nome de Nogais, pero nese ano pasou a ser chamado As Nogais para distinguilo doutros concellos de España (Nogales de Badaxoz).[6]

Economía

A poboación decae rapidamente. O hábitat é concentrado, arredor dos cursos de auga e da estrada e con algúns núcleos dispersos. Máis da metade dedícase ao sector primario en explotacións familiares reducidas. Destaca a gandaría (vacas). Os cultivos máis importantes son os cereais (centeo, trigo e millo), patacas e hortalizas. Nos últimos anos tamén se repoboou moito o monte.

Non hai industria e o sector terciario dedícase á atención dos viaxeiros.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes das Nogais.
As Nogais, Doncos 01-04

Casa en Doncos.

Placa altimétrica casa concello As Nogais

Placa altimétrica na casa do concello.

Lugares das Nogais

Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Nogais vexa: Lugares das Nogais.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "As Nogais". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 53. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Alence, As Nogais

Santa Lucía da Alence é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 52 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 26 homes e 26 mulleres. O que supón unha diminución de 10 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 62 habitantes (33 homes e 29 mulleres) e 14 menos que en 2006.

As Nogais, As Nogais

Santa María Madanela das Nogais é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares , na provincia de Lugo. Tiña 185 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 103 homes e 82 mulleres. O que supón unha diminución de 38 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 223 habitantes (113 homes e 110 mulleres) e 35 menos que en 2006.

Comarca dos Ancares

Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Doncos, As Nogais

Santiago de Doncos é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 198 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 90 homes e 108 mulleres. O que supón unha diminución de 53 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 251 habitantes (117 homes e 134 mulleres) e 61 menos que en 2006.

A parroquia, situada á beira dereita do río Navia, está atravesada pola N-VI e a A-6.

Espariz, Doncos, As Nogais

Espariz é un lugar da parroquia de Doncos, no concello das Nogais, na comarca dos Ancares. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2008 era de 22 persoas (10 homes e 12 mulleres) o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 25 habitantes.

Está situado na beira oeste do río Navia, a 650 m de altitude, entre a estrada N-VI e a autovía A-6. No lugar hai unha capela consagrada a san Paio.

Galería de imaxes da comarca dos Ancares

Galería de imaxes da comarca dos Ancares.

A comarca dos Ancares comprende os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Lisardo Freixo

Lisardo Freijo López, coñecido como Tenente Freixo, nado en Doncos (As Nogais) e finado en Aranga o 26 de xuño de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Lugares das Nogais

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares das Nogais

Moral

Para o artigo sobre a aldea, véxase Moral, Noceda, As Nogais

A moral (do latín mos, mores, "costumes") é un conxunto de normas ligadas ao comportamento das persoas en tanto que son membros dunha sociedade, relixión, cultura etc. A moral é unha forma de comportamento humano que comprende un aspecto normativo (unhas regras de acción) e un aspecto fáctico (actos que veñen de axustarse nun sentido ou noutro a devanditas regras).

A moral ten unha dobre vertente, social e individual. É social porque só se dá en comunidade, xa que depende dunhas necesidades sociais e cumpre unha función social. É individual porque as persoas interiorizan as normas recibidas e manteñen un certo grao de adhesión (e rexeitamento) ás normas establecidas e sancionadas pola comunidade.

Un acto moral é a manifestación concreta do comportamento moral dos individuos. Ten carácter consciente e voluntario e supón unha participación libre do individuo na súa realización.

Noceda, As Nogais

San Xoán de Noceda é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 218 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 123 homes e 95 mulleres. O que supón unha diminución de 64 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 282 habitantes (150 homes e 132 mulleres) e 62 menos que en 2006.

A parroquia, situada á beira dereita do río Navia, está atravesada pola N-VI e a A-6.

Nullán, As Nogais

San Cosmede de Nullán é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 115 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 62 homes e 53 mulleres. O que supón unha diminución de 36 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 151 habitantes (82 homes e 69 mulleres) e 45 menos que en 2006.

A parroquia está situada á beira esquerda do río Navia.

Queixo do Cebreiro

O Queixo do Cebreiro é un queixo DO galego producido nos concellos de Baralla, Becerreá, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Triacastela e Pedrafita do Cebreiro.

Elabórase basicamente con leite de vaca ó que se lle pode engadir leite de cabra en cantidades non superiores a un 40%. É un queixo graxo cunha consistencia que depende do grao de maduración. A pasta é graúda e a codia fina.

É de cor branca ou amarela, segundo a maduración. Ten un sabor lixeiramente ácido e picante. A súa forma lembra un gorro de cociñeiro ou a un fungo. Os peregrinos que percorrían o camiño encargáronse desde vello de dalo a coñecer e hai documentación que acredita a súa existencia desde o século XVIII. A produción está limitada a unhas 20-28 toneladas anuais porque as explotacións da zona son poucas e de pequeno tamaño: en 2009 eran sete os gandeiros rexistrados, con dúas queixerías. Nese ano a produción total foi de 24.206 kg.

Quintá, As Nogais

San Pedro de Quintá é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 44 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 24 homes e 20 mulleres. O que supón unha diminución de 7 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 51 habitantes (29 homes e 22 mulleres) e 4 menos que en 2006.

Santo André, As Nogais

Santo André é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 139 habitantes, deles 74 eran homes e 65 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 151 habitantes.

Serra de Pena da Hedra

A serra de Pena da Hedra é unhas das serras orientais de Galiza. Está localizada nos concellos de Becerreá e As Nogais, ten orientación NO-SE e nela está incluída a fraga da Agüeira, concretamente na súa aba norte, que é un espazo protexido baixo o nome Cruzul-Agüeira.

O seu punto de maior altura é O Figueiro, con 1.046 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Rañadoiro

A serra do Rañadoiro é unha das serras orientais de Galiza. Ten orientación NO-SE e está situadas entre As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. Na vertente sur nace o río Lóuzara, que discorre cara ao Courel, onde conflúe co Río Lor.

O punto de maior altura da serra é A Muralla, con 1.480 metros sobre o nivel do mar.

Torre de Doncos

A Torre de Doncos é o que chegou ata os nosos días dun castelo medieval, tamén coñecido como Fortaleza de Santo Agostiño ou como Fortaleza da Grupa. Foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento.

Torés, As Nogais

San Xoán de Torés é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 186 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 94 homes e 92 mulleres. O que supón unha diminución de 26 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 212 habitantes (114 homes e 98 mulleres) e 29 menos que en 2006.

Na parroquia están os restos da fortaleza de Torés, declarados Ben de Interese Cultural.

Vilaicente, As Nogais

San Xoán de Vilaicente é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 30 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 14 homes e 16 mulleres. O que supón unha diminución de 6 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 36 habitantes (17 homes e 19 mulleres) e 9 menos que en 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.