As Neves

As Neves é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nevense.

Censo total (habitantes) 4.121 (2014)
Menores de 15 anos 465 (11,28 %)
Entre 15 e 64 anos 2.504 (60,76 %)
Maiores de 65 anos 1.152 (27,95 %)
Evolución da poboación de As Neves   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.008 6.435 6.852 6.026 4.440 4.121 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Coordenadas: 42°5′17″N 8°24′54″O / 42.08806, -8.41500

As Neves
Escudo de As Neves
Casa do concello das Neves
Casa do concello.
Situacion As Neves
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Condado
Poboación3.892 hab. (2018)
Área65,5 km²
Densidade59,42 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias
Capital do concelloSanta María das Neves
Política (2019[2])
AlcaldeXosé Manuel Rodríguez Méndez (BNG[3])
ConcelleirosBNG: 4
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais nas Neves
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes65,45%
Na rede
asneves.gal
concello@asneves.gal

Xeografía

O concello posúe catro elementos xeográficos que actúan de referentes principais: o val do río Xuliana polo oeste, o do Miño polo sur, o do Termes polo leste e os Montes da Paradanta polo norte, onde se sitúa o monte San Nomedio, de 690 metros de altitude.

Val do Xuliana

O río Xuliana percorre as parroquias de Taboexa, Rubiós, Tortoreos e Liñares, onde desemboca no Miño. O val esténdese desde a aba do monte San Nomedio ata a foz do río en Liñares, a máis chan de todas as parroquias nevenses.

Val do Miño

O río máis longo de Galiza baña ao concello nun treito de 10 quilómetros, servindo de fronteira co veciño Portugal. As súas augas transcorren polas parroquias, en sentido leste-oeste, de Vide, Setados, As Neves, Tortoreos e Liñares. Sendo Vide, Tortoreos e Liñares de escaso relevo, a orografía algo máis montañosa de Setados e As Neves convértenas en interesantes miradoiros nos que enxergar unha boa panorámica de Portugal.

Val do Termes

O curso fluvial do Termes segue as parroquias de Cerdeira, San Xosé de Ribarteme, San Cibrán de Ribarteme e Santiago de Ribarteme, desembocando no Miño a xeito de fronteira entre Vide e Setados. O val abrangue desde a ladeira sur do Monte de Paradanta, onde se asenta Cerdeira, encaixándose logo entre este e o Monte de San Fins cara o nor-nordeste e o monte de San Nomedio en dirección nor-noroeste.

Montes da Paradanta

A zona máis montañosa do concello é a correspondente ás parroquias de Cerdeira, San Pedro de Batalláns e Santa Eulalia de Batalláns, así coma o norte de Taboexa e o norte e leste de San Xosé de Ribarteme. No caso de Cerdeira e Santa Eulalia o seu relevo montañoso débese a estaren situadas nas abas sur e oeste do monte Paradanta, respectivamente, pertencendo o cumio do monte ao concello da Cañiza. Nelas acádanse as maiores alturas do concello, arredor dos 800 metros. As outras tres parroquias están dominadas pola presenza de San Nomedio, con cumio en Taboexa.

Historia

Paleolítico, Neolítico e Calcolítico

O concello xa estaba habitado nestes períodos prehistóricos. Proba disto son as pezas líticas, mámoas e petróglifos achados no Castro de Altamira e na Pedra da Moura, na parroquia de Taboexa, no monte das Carboeiras en Liñares e no Coto do Facho en Santa María das Neves.

De especial relevancia son os sitios paleolíticos achados en Tortoreos, xa que se encadran dentro dunha serie de achados no noso país que permiten establecer a existencia en Galiza dun poboamento antigo que remontaría ao Paleolítico Inferior[5].

Cultura castrexa e Romanización

O Castro de Altamira é o máis representativo do concello. Nel mestúranse os restos castrexos propiamente ditos con outros derivados da posterior romanización do poboado. Entre os restos atopados figuran diversos anacos de estatuas, unha ara dedicada ao deus Mercurio e unha cabeza de can. Pero o que fai singular a este castro son os numerosos vestixios de bronces romanos aparecidos. Todos eles están expostos no Museo de Pontevedra.

Outros poboados castrexos son os de Bocas, na parroquia de San Xosé de Ribarteme e o de Couto do Conde en San Pedro de Batalláns.

Tamén romana é a ponte que cruza o río Termes no lugar da Senra da parroquia de Santiago de Ribarteme.

Idade Media

Dous acontecementos configuran a historia do concello nos séculos medievais. O primeiro destes acontecementos foi a peregrinación da raíña Isabel de Portugal camiño de Santiago de Compostela, que no século XII atravesou o Miño pola parroquia de Vide facendo escala na Franqueira, no veciño concello da Cañiza. Hoxe en día, pódese seguir o camiño seguido pola monarca lusa grazas á creación dunha ruta de sendeirismo bautizado co nome de Sendeiro dos Frades.

Na primavera do 1469, Pedro Madruga atravesa o Miño pola zona do Condado[6], co obxectivo de sufocar a Revolta Irmandiña iniciada no 1466. Os dous exércitos libran un primeiro combate no castro de Framela. Xabier Iglesias, na súa obra O soño do falcón, sitúa a batalla de Framela nas proximidades das Neves, describindo así as hostilidades:[7]

Desta época data a igrexa parroquial de Santiago de Ribarteme, de estilo románico.

Idade Moderna

Os primeiros datos demográficos do concello, daquela encadrado na provincia de Tui, datan de fins do século XVI, cando posuía unha densidade de poboación próxima aos 50 habitantes por quilómetro cadrado, superando os 125 no censo poboacional do 1752. É posíbel que a introdución do millo na zona estea detrás deste aumento poboacional.[8]

No século XVII foi edificada a igrexa das Neves. Conta a lenda que nun día de intensa nevarada no lugar a Virxe aparecéuselle a un cativo, motivo polo cal foille dedicada a igrexa á Virxe das Neves, medrando arredor dela o pobo. É obra do arquitecto Melchor de Velasco e do canteiro Amaro do Campo. Salienta pola súa torre piramidal escalonada das que só hai cinco exemplos en toda Galiza e posúe un retablo de tres rúas do Barroco galego. Tamén barroca é a igrexa parroquial de Tortoreos.

Idade Contemporánea

A incorporación de novas terra ao cultivo, a definitiva implantación do millo e a pataca e a escasa incidencia da peste, importante nos séculos anteriores, fixo posíbel que Galiza mantivese un crecemento demográfico constante ata mediados do século XIX[9]. Este feito non foi alleo ao concello nevense, onde a introdución do millo era xa total neste século, malia que a da pataca aínda era menor.[10]. A partir desas datas, a emigración fixo que a demografía do concello se resentise.

Trala división territorial de España en 1833 instaurouse o concello de Setados, onde estaba a capital do municipio. En 1904 a casa consistorial mudou á parroquia das Neves, co conseguinte cambio na denominación do concello[11]. Dez anos máis tarde recibiu o título de Muy Leal, mediante Real Decreto outorgado polo monarca Alfonso XIII. Ata 1981 chamouse oficialmente Nieves.

Ata mediados do século XX a poboación do concello mantivo un lento pero constante crecemento (véxase táboa do inicio), que daría lugar a unha drástica caída demográfica posteriormente, como consecuencia do éxodo dos ámbitos rurais interiores aos urbanos costeiros común a todo o país. Porén, no último censo advírtese unha tímida recuperación.

Irmandada

As Neves está irmandada coas seguintes vilas dende a 30 de agosto de 2003[12]:

  • Francia Legé
  • Francia Corcoué-sur-Logne
  • Francia Touvois

As Neves na literatura popular

  • Batalláns xa chega/ coa súa santiña,/ e cara a Franqueira/ connosco camiña [13].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes das Neves.
Deus Mercurio

Estatua do deus Mercurio

Panorámica do val de Ribarteme

Panorámica do val de Ribarteme

O Coto, San Xosé de Ribarteme, As Neves

O Coto, San Xosé de Ribarteme

As Pedriñas e Coto de Lobos, San Xosé de Ribarteme, As Neves

As Pedriñas e O Coto de Lobos, San Xosé de Ribarteme

Monte de San Nomedio, As Neves.

O monte de San Nomedio.

Outono en San Xosé de Ribarteme, As Neves.

Sancharredonda, San Xosé de Ribarteme, As Neves.

Lugares das Neves

Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Neves vexa: Lugares das Neves.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "As Neves". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Alinei, M. e Benozzo, F.: (2006) "Alcuni aspetti della Teoria della Continuità Paleolítica applicata all’area gallega", acta do II Congreso Internacional de Onomásitca Galega (Pontevedra, 19 - 21 de outubro 2006). Tradución de Xiao Roel en A Trabe de Ouro. Publicación galega de pensamento crítico, Edicións Sotelo Blanco, nº71
  6. López Carreira, A. (1997) Idade Media. En Historia Xeral de Galicia, Edicións A Nosa Terra, páx. 196
  7. Iglesias, X. (2003), O soño do falcón, Editorial Toxosoutos, páx. 67
  8. Carballo, F. (1997) Idade Moderna. En Historia Xeral de Galicia, Edicións A Nosa Terra, páxs. 211-212
  9. Obelleiro, L., (1997), Idade Contemporánea. Século XIX. En Historia Xeral de Galicia, Edicións A Nosa Terra, páx. 273
  10. Obelleiro, L., (1997), Idade Contemporánea. Século XIX. En Historia Xeral de Galicia, Edicións A Nosa Terra, páx. 281
  11. Páxina oficial do Concello.[Ligazón morta]
  12. [1][Ligazón morta]
  13. Santa Eulalia de Batalláns é parroquia das Neves lindeira coa da Franqueira, na Cañiza. Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979, 255-777, px. 393.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

As Neves, A Capela, A Capela

As Neves é un lugar da parroquia da Capela, no concello da Capela, na comarca do Eume. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2010 era de 230 persoas (117 homes e 113 mulleres).

As Neves é a capital do concello da Capela.

As Neves, As Neves

Santa María das Neves é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 668 habitantes (337 mulleres e 331 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 620 habitantes.

As Neves, Ortigueira

Santa María das Neves é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2011 tiña 89 habitantes (45 mulleres e 44 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 159 habitantes.

Batalláns, As Neves

Santa Eulalia de Batalláns é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 206 habitantes (114 mulleres e 92 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 214 habitantes.

Cerdeira, As Neves

San Xoán de Cerdeira é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 108 habitantes (52 mulleres e 56 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 110 habitantes.

Nesta parroquia acádanse as maiores alturas do concello, arredor dos 800 metros.

Comarca do Condado

A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. A cal pertencen a ela os concellos Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

O topónimo O Condado vén do celta galaico: *Comdato < *kom-dhh1t-o 'confluencia, reunión de augas'.

Estación das Neves

As Neves é unha estación de tren de Adif situada no lugar de Paredes, moi preto da vila das Neves, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Liñares, As Neves

Santa María de Liñares é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 168 habitantes (88 homes e 80 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 159 habitantes.

Montes da Paradanta

Os montes da Paradanta son unha cadea montañosa que transcorre polos concellos pontevedreses da Cañiza, Arbo e As Neves, en dirección NL-SO. A maior altura chega á cota dos 954 metros no monte Paradanta, situado na Cañiza. Outros montes salientables da serra son o San Nomedio, nas Neves, e o San Fins, en Cabeiras, Arbo.

O último domingo de agosto acolle o curro da Paradanta. Tamén é salientábel a Romaría da Franqueira.

Rubiós, As Neves

San Xoán de Rubiós é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 492 habitantes (243 mulleres e 249 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2008 cando tiña 503 habitantes.

San Cibrán de Ribarteme, As Neves

San Cibrán de Ribarteme é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 218 habitantes (108 homes e 110 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 246 habitantes.

San Pedro de Batalláns, As Neves

San Pedro de Batalláns é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 164 habitantes (85 mulleres e 79 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 161 habitantes.

San Xosé de Ribarteme, As Neves

San Xosé de Ribarteme é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 286 habitantes (138 mulleres e 148 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 314 habitantes.

No tocante á súa xeografía posúe dous elementos relevantes: o monte San Nomedio, de 690 metros de altitude e que domina toda a parroquia, e o río Termes, afluente do Miño e que transcorre por ela.

Nesta parroquia naceu o sacerdote Manuel Gómez González.

Santiago de Ribarteme, As Neves

Santiago de Ribarteme é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 220 habitantes (112 homes e 108 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 241 habitantes.

Setados, As Neves

Santa Euxenia de Setados é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 233 habitantes (116 homes e 117 mulleres), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 257 habitantes.

Foi capital do concello de Setados ata que en 1904 a capital pasou a Santa María das Neves.

Taboexa, As Neves

Santa María de Taboexa é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 500 habitantes.

Tortoreos, As Neves

Santiago de Tortoreos é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 648 habitantes (331 mulleres e 317 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 645 habitantes.

Vide, As Neves

Santa María de Vide é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 492 habitantes (262 mulleres e 230 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 482 habitantes.

Xosé Gil Gil

Xosé Gil Gil, nado en Barxa (Rubiós, As Neves) o 3 de abril de 1870 e finado o 1 de xaneiro de 1937, foi un fotógrafo e director de cinema, a figura máis relevante do cinema galego entre os pioneiros que xurdiron no primeiro terzo do século XX, debido ó elevado número de obras que realizou e polo carácter documental dos seus filmes, unha das mellores fontes para coñece-la Galiza do momento.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.