Arzúa

Arzúa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 6053 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arzuán»[5].

Coordenadas: 42°55′37″N 08°09′56″O / 42.92694, -8.16556

Arzúa
Escudo de Arzúa
Durante el camino de Santiago
Alameda.
Situacion Arzúa
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Arzúa
Poboación6.053 hab. (2018)
Área155,4 km²
Densidade38,95 hab./km²
Entidades de poboación22 parroquias
Capital do concelloArzúa
Política (2019[2])
AlcaldeXosé Luís García López (Alternativa por Arzúa[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 1
Outros: Alternativa por Arzúa 6, CxG 1
Eleccións municipais en Arzúa
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes79,60%
Na rede
concellodearzua.com

Xeografía

Limita cos concellos de Boimorto, Melide, Santiso, Vila de Cruces (provincia de Pontevedra), Touro, O Pino e Frades.

Demografía

Censo total 6219 (2015)
Menores de 15 anos 631 (10,15 %)
Entre 15 e 64 anos 3768 (60,59 %)
Maiores de 65 anos 1820 (29,26 %)
Evolución da poboación de Arzúa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
9036 8743 10 754 7377 6632 6490 6328 6315 6276 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Cultura

Toponimia

Arzúa foi confundida coa cidade de Araduca, poboada por galaicos brácaros e situada preto do actual Porto, citada por Tolomeo na súa Xeografía do século II despois da era actual. Segundo Manuel C. Díaz y Díaz o topónimo tería orixe latina: argia, -mato-. En galego arxe, é palabra moi común na zona de Arzúa, Boimorto, Touro e Santiso, de certa profusión no noroeste peninsular do século VII. A orixe do actual nome de Arzúa estaría en argiola, zona máis ou menos extensa dominada por toxos, xestas, silveiras e carrasco. A forma máis antiga do nome de Arzúa sería Arçúa,(Arxúa en galego actual) co tempo castelanizaríase polo actual Arzúa[6]. Segundo Fernández López, Arzúa viría de A-Re-Sua ou aream sudam ("espazo soleado"), Ara-súa. Asentamento romano agrícola, leira en renda ou propiedade ben orientada ao sol que medraría vinculada ao Camiño Primitivo ou á Vía XIX[7].

Etnografía

É tradición que as campás da igrexa de Santa María de Rendal, parroquia de Arzúa, posúen poderes curativos e son capaces de curar a dor de moas se os que a sufrían tanxían as campás collendo cos dentes o cabo do badalo o Sábado de Gloria. Tamén son curativas as augas da fonte de San Lourenso de Brandeso, noutrora moi nomeadas, estando indicadas para enfermidades da pel e úlceras crónicas [8].

Festas e celebracións

Festa do queixo de Arzúa
Festa do queixo.

A feira de Arzúa celébrase os días 8 e 22. Existen outras concentracións feirais con asistencia pública importante, como a festa do queixo, de sona nacional, e que se realiza anualmente o primeiro domingo de marzo. As outras feiras que organiza o concello son:

  • Mostra de Apicultura: a data de celebración é variable pero sempre ten lugar durante o mes de xaneiro.
  • Feira do cabalo: 3 de xullo.
  • Feira de artesanía: 22 de xullo.
  • Primeira Feira dos Cans de Caza: último domingo de setembro.
  • Segunda Feira de Cans de Caza: primeiro domingo de outubro.
  • Feira do Capón: 22 de decembro.

A parte de feiras, no concello existen outras datas sinaladas que levan parella unha conmemoración, tal é o caso do Día das Letras Galegas, o Día da Galiza mártir ou o Día do Libro[9]. En diferentes parroquias de Arzúa existen outras festas a destacar, como son:

  • Festa do Roscón de Pascua: en Dodro o sábado de Pascua.
  • Festa dos Botes: en Arzúa o segundo domingo de agosto.
  • Xornadas do Pan: organizadas pola asociación Ánxel Casal, no meses de agosto e setembro e rotando polas distintas freguesías arzuás.
  • Festa do Deporte: durante o mes de setembro.
  • Festa do Emigrante: en Boente, os segundos mércores e xoves do mes de agosto.
  • Festa das castañas: en Rendal, o 31 de outubro.

Outras celebracións son as tradicionais festas e romarías que se reparten durante todo o ano por tódolos currunchos das terras arzuás:

  • San Sebastián, na Mella, o domingo seguinte ao 20 de xaneiro.
  • San Vicente, en Burres o 23 de xaneiro.
  • As Candeas, en Santa María de Arzúa o domingo seguinte ao 2 de febreiro (festa-exaltación do caldo galego).
  • Domingo de Corredor : en Oíns o domingo anterior ao Entroido.
  • Santa Cruz, en Branzá o 3 de maio e en Maroxo o 11 de setembro.
  • Perpetuo Socorro, en Brandeso o 21 de maio.
  • Corpus Christi,
  • Santo Antonio, en Vilantime e Branzá o domingo seguinte ao 13 de xuño.
  • San Xoán, en Santa María de Arzúa e en Dodro o 24 de xuño.
  • San Pedro, en Pantiñobre o sábado seguinte ao San Xoán, en Vilantime os días 29 e 30 de xuño e en Lema e Viñós o 29 de xuño.
  • San Paio, en Pregontoño e Figueiroa o 26 de xuño.
  • Santa Margarida en San Martiño de Calvos de Sobrecamiño o segundo domingo de xullo.
  • Nosa Señora do Carme,
    • en Viñós o do domingo seguinte ó 30 de xuño.
    • en Arzúa os días 16, 17 e 18 de xullo.
    • en Figueiroa o 1 de agosto.
    • en Santa María de Arzúa o domingo seguinte ó 15 de agosto.
    • en Pantiñobre o 27 de decembro.
  • San Cristovo, en Dombodán os días 30 e 31 de xullo.
  • Santa Marta, en Pantiñobre o primeiro sábado de agosto.
  • San Lourenzo, en Brandeso o 10 de agosto.
  • Santa María, en Santa María de Arzúa, Dodro, A Castañeda, Rendal, Tronceda e Viladavil o 15 de agosto e en Maroxo os días 15 de 16 de agosto.
  • Festa do San Queremos, en Vilantime, o penúltimo sábado de agosto.
  • Festa da Mota na ermida da Mota en Santo Estevo do Campo. As festas da ermida son 24 de agosto (Mota Pequena), o 21 de setembro (Mota Grande) e o 28 de outubro, dedicados a San Bartolomé, San Mateo e San Simón respectivamente.
  • San Salvador, en Santa María de Arzúa o segundo domingo posterior á Santa María.
  • Romaría de Nosa Señora, no Viso o primeiro domingo de setembro.
  • Virxe da Saleta, en Boente o terceiro sábado e domingo de setembro.
  • San Cosme, en Oíns os días 24, 25 e 26 de setembro.
  • Santo Cristo, en Branzá o último domingo de setembro.
  • San Miguel, en Rendal o 29 de setembro.
  • O Rosario, en Lema o primeiro domingo de outubro.
  • Romaría de San Froilán, en Rendal o 5 de outubro.
  • Romaría da Fonte Santa, en Lema o segundo domingo de outubro.
  • San Martiño, en Calvos de Sobrecamiño os días 11, 12 e 13 de novembro.
  • Santa Leocadia, en Branzá o 9 de decembro.
  • Santo Estevo, en Santo Estevo do Campo e Pantiñobre o 26 de decembro.

Gastronomía

Arzúa posúe unha denominación de orixe dos seus queixos Arzúa-Ulloa, un dos máis representativos de Galicia. Todos os anos, o primeiro domingo de marzo faise a festa do queixo.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Arzúa.
Arzúa, concello 01-01

Casa do concello

Arzúa GFDL02

O ceo escurecendo en Arzúa

Arzúa GFDL03

Río a 3 km de Arzúa

Arzúa GFDL04

A 3 km de Arzúa

Arzúa GFDL05

Corredoira

Ponte San Xusto

A ponte vella vista dende a de nova construción

Nova Ponte San Xusto

A Ponte nova vista dende a vella

Arzúa 04-03

Monumento ós gandeiros

Lugares de Arzúa

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Frades vexa: Lugares de Arzúa.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións municipais de 2019
  3. El PSdeG se abstiene en la investidura de José Luis García en Arzúa, pero negocia pactar
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 41. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Porén aparece escrito Arzua nun documento de 1245, segundo o Inventario Toponímico da Galicia Medieval
  7. Arzúa non foi Araduca, no blog A Nosa Historia (3-6-2009).
  8. Gran Enciclopedia Galega, s. v. Arzúa.
  9. Cultura[Ligazón morta], na páxina web do concello de Arzúa.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Castañeda, Arzúa

Santa Mariña da Castañeda é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 157 habitantes (78 homes e 79 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 179 habitantes.

Arzúa, Arzúa

Santiago de Arzúa é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.728 habitantes (1.339 mulleres e 1.389 homes) distribuídos en 5 entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.364 habitantes.

Boente, Arzúa

Boente é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Arzúa na comarca de Arzúa. De acordo ao IGE en 2013 tiña 132 habitantes (70 mulleres e 62 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 178 habitantes.

Brandeso, Arzúa

San Lourenzo de Brandeso é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE de 2011 tiña 124 habitantes (59 mulleres e 65 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 156 habitantes.

Branzá, Arzúa

Santa Locaia de Branzá é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 160 habitantes (80 homes e 80 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 194 habitantes.

Burres, Arzúa

San Vicenzo de Burres é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 403 habitantes (206 homes e 197 mulleres) distribuídos en 19 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 497 habitantes.

Campo, Arzúa

Santo Estevo de Campo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 104 habitantes (61 homes e 43 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 127 habitantes.

Comarca de Arzúa

A comarca de Arzúa é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Arzúa. Pertencen a ela os concellos de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. Linda polo norte coas comarcas de Ordes e Betanzos, polo leste coa comarca da Terra de Melide, polo oeste coa comarca de Santiago, e no sur ten a comarca do Deza, xa na provincia de Pontevedra.

Dodro, Arzúa

Santa María de Dodro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 63 habitantes (37 homes e 26 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 117 habitantes.

Figueiroa, Arzúa

San Paio de Figueiroa é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 66 habitantes (37 homes e 29 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 90 habitantes.

Lema, Arzúa

San Pedro de Lema é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 185 habitantes (99 mulleres e 86 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 210 habitantes.

Maroxo, Arzúa

Santa María de Maroxo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 86 habitantes (49 homes e 37 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 126 habitantes.

Oíns, Arzúa

San Cosme de Oíns é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 228 habitantes (117 homes e 111 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 313 habitantes.

Pantiñobre, Arzúa

Santo Estevo de Pantiñobre é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 190 habitantes (97 homes e 93 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 250 habitantes.

Rendal, Arzúa

Santa María de Rendal é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arzúa. Segundo o INE en 2010 tiña 264 habitantes (139 mulleres e 125 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 342 habitantes.

Santa María de Arzúa, Arzúa

Santa María de Arzúa é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 345 habitantes (178 mulleres e 167 homes) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 334 habitantes.

Viladavil, Arzúa

Santa María de Viladavil é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2013 tiña 144 habitantes (73 homes e 71 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 211 habitantes.

Vilantime, Arzúa

San Pedro de Vilantime é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 201 habitantes (95 homes e 106 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 277 habitantes.

Viñós, Arzúa

San Pedro de Viñós é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 114 habitantes (55 homes e 59 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 141 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.