Arturo Vázquez Núñez

Arturo Vázquez Núñez, nado en Ourense o 15 de novembro de 1852 e finado na mesma cidade o 2 de marzo de 1907, foi un polígrafo ourensán especialista en Historia e Arqueoloxía.

Arturo Vázquez Núñez
Arturovazqueznuñez 1
Nacemento15 de novembro de 1852
 Ourense
Falecemento2 de marzo de 1907
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre, funcionario, escritor, cronista e xornalista
EstudosMedicina
Firmaarturovazaquez

Traxectoria

Estudou Medicina en Santiago de Compostela aínda que abandonou en 1871. Ao ano seguinte pasou a traballar como oficial no Ministerio de Graza e Xustiza sendo ministro o galego Montero Ríos. De volta en Ourense en 1887 incorpórase ao claustro do Instituto como profesor de francés ata 1891.

Pertenceu á xeración de Valentín Lamas Carvajal (nacido en 1849) e Manuel Curros Enríquez (nacido en 1851) cos que mantivo estreita relación. Formou parte da tertulia do Museo de Ourense xunto a Benito Fernández Alonso, Marcelo Macías, Manuel Martínez Sueiro e outros.

Publicou a maioría dos seus traballos de investigación no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense. Tivo unha grande influencia na formación intelectual dos membros máis destacados da Xeración Nós, pois sendo un destacado bibliófilo, puxo a súa extensa biblioteca da rúa de San Fernando (hoxe Irmáns Villar) á disposición dos estudosos da cidade.

Tamén escribiu para xornais como O Tío Marcos da Portela e El Heraldo Gallego fundados por Valentín Lamas Carvajal en 1874 e 1876 respectivamente. Foi cronista da cidade de Ourense e mesmo tenente de alcalde, académico correspondente da Real Academia da Historia, socio de mérito da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, ademais de membro fundador da Real Academia Galega.

Obra

  • Gramática francesa elemental (1891)
  • La Arquitectura cristiana en la provincia de Orense durante el período medieval (1894)
  • La ex-colegiata de Junquera de Ambía (Boletín da Comisión Provincial de Monumentos, 1900)
  • Un sarcófago cristiano del siglo V (Boletín de la Real Academia de la Historia, 1903)
  • Iglesias románicas de la provincia de Orense (Boletín de la Real Academia de la Historia, 1907)

Véxase tamén

Bibliografía

15 de novembro

O 15 de novembro é o 319º día do ano no Calendario Gregoriano e o 320º nos anos bisestos. Quedan 46 días para rematar o ano.

2 de marzo

O 2 de marzo é o 59º día do ano do calendario gregoriano e o 60º nos anos bisestos. Quedan 304 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Catecismo do labrego

O Catecismo do labrego (1889) foi unha obra en prosa escrita por Valentín Lamas Carvajal, en colaboración con Arturo Vázquez Núñez, e publicado baixo o pseudónimo de "Frei Marcos da Portela".

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

El Heraldo Gallego (1874)

El Heraldo Gallego foi un periódico galego que apareceu en Ourense entre 1874 e 1880.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marcelo Macías

Marcelo Macías García, nado en Astorga o 1 de xullo de 1843 e finado en Ourense o 8 de marzo de 1941, foi sacerdote, profesor e doutor en filosofía e letras, arqueólogo e numismático.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Polígrafo (autor)

Un autor polígrafo (do grego antigo πολυγράφος: poly: moitas e graphos: escrituras) é unha persoa que escribe sobre materias diversas.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Xosé Ramón Fernández-Oxea

Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.