Artillaría

A artillería ou artillaría é a arma do exército que está a cargo de armas de fogo superiores ó calibre 20 con carga explosiva[Cómpre referencia]. Tamén se refire o conxunto de armas deseñadas para disparar prollectis de tamaño considerable. A palabra segundo se utiliza no contexto actual orixinouse na Idade Media, provén do francés antigo atellier (arranxar) e attillement (equipamento). A partir do século XIII un artillier referiase a un construtor de calquera equipamento de guerra e nos seguintes 250 anos a palabra artillería cubriu todas as formas de armas militares. Propiamente a artillería nace coa aparición da pólvora. Na Europa do século XIV hai varias referencias ó uso de pezas artilleiras primitivas en Al-Andalus e en Inglaterra, consistían nunha especie de potes de ferro que disparaban croios e frechas de gran tamaño. Na batalla de Crezy (1346) sábese dun canón que disparaba croios.

SC180758t
Peza de artillería en Nova Guinea.
Baluarte

Un baluarte (do provenzal baloart, do neerlandés bolwerk) ou bastión (do francés bastion) é unha construción defensiva que se proxecta cara ao exterior na muralla dunha fortaleza. Adoita situarse nas esquinas dos "muros de cortina", como punto forte da defensa contra o asalto de tropas inimigas.

Pode ter a forma pentagonal e, neste caso, componse de dúas faces, dous flancos e a liña de gola pola cal se entra á obra. O deseño do baluarte e o feito de que sobresaia do corpo da fortaleza permite cubrir os outros baluartes e os muros de cortina con fogo cruzado.

O baluarte era utilizado como plataforma de artillaría, o que obrigaba o asaltante a situar as súas baterías de artillaría máis lonxe dos muros, diminuíndo deste xeito a súa efectividade.

O bastión foi desenvolvido a finais do século XV en Italia como parte do chamado trazado italiano e espallouse por toda Europa a principios do século XVI. A súa adopción é consecuencia da ineficiencia das fortificacións tradicionais (altas e delgadas murallas) ante o canón.

Batalla de Verdún

A batalla de Verdún foi unha batalla da Primeira Guerra Mundial producida en 1916 na fronte occidental. Constituíu unha das meirandes batallas da guerra e da historia. Durou dende o 21 de febreiro de 1916 ata o 18 de decembro do mesmo ano. Produciuse nun terreo montañoso ao norte da cidade de Verdun-sur-Meuse, no nordeste de Francia. Dende o punto de vista francés, foi unha vitoria decisiva que freou as aspiracións alemás de romper a fronte e avanzar cara París. Dende o punto de vista alemán incumpríronse os dous obxectivos perseguidos: non se puido tomar a cidade gala e as baixas xermanas foron de similares ás francesas.

Batería (exército)

Unha batería nas forzas armadas refírese a un conxunto de armamento que permiten unha actividade sincronizada. Normalmente úsase para remitirse a pezas de artillería, e esta acepción deuse tanto para os primeiros grupos de canóns (por exemplo, na Guerra de Canudos as baterías de obuses foron decisivas para vencer ós sublevados) coma para os conxuntos de modernos canóns portátiles e móbiles mecanicamente. A disposición de canóns en baterías permite aumentar a súa eficacia e coordinación, malia que presentan un obxectivo máis simple para o inimigo.

Búnker

Un búnker é unha construción feita de ferro e formigón, que se utiliza nas guerras para protexerse dos bombardeos, tanto da aviación como da artillaría.

Canón (arma)

Canón é a denominación xeral do tubo das armas de fogo por onde sae o proxectil. Porén, o termo adoita referirse a unha determinada peza de artillaría para disparar proxectís pesados dotada de rodas para o seu transporte ou desprazamento que pode ser de diversas formas e calibres segundo a época e a finalidade.

O canón usa pólvora ou outro propelente baseado en explosivos para disparar un proxectil. Os canóns varían en calibre, alcance, mobilidade, cadencia de tiro, ángulo de disparo e potencia de fogo; os distintos tipos de canón combinan e equilibran eses atributos en distintos graos, dependendo do uso que se lle pretende dar no campo de batalla. A palabra canón deriva do aumentativo de cano por extensión do tubo polo que se dispara o proxectil.O canón ordinario permite bater albos situados dentro da vista directa do artilleiro. O canón emprégase xeralmente en carros de combate e tamén como arma anticarro, por mor que ten unha traxectoria tensa ou rasante. Para atacar albos que non están dentro do alcance da peza e que se atopan agachados tras obstáculos naturais ou defensas, utilízase o obús ou o morteiro, os cales teñen unha traxectoria curva, ou sexa, cando dispara un proxectil, este describe unha curva parabólica.

Actualmente, a maior parte das pezas artilleiras, agás as de calibres máis pequenos, son mixtas canón-obús, para poderen actuar en ambas as dúas funcións. Seguen a ser canóns puros os modelos específicos, como os que portan os carros de combate, os antitanques ou antiaéreos e os montados en barcos de guerra.

Ademais do seu uso xeneralizado na guerra, os canóns tamén se empregan para unha serie de propósitos pacíficos como no control de avalanchas.

Carabela (embarcación)

A carabela foi unha embarcación usada polos portugueses e españois durante a era dos Descubrimentos, nos séculos XV e XVI.

A carabela é un navío rápido, de fácil manobra, apto para a bolina, de proporcións modestas e que, en caso de necesidade, podía ser movido a remos. Eran naves de pequeno porte, de tres mastros, un único convés e ponte sobrelevada na popa; desprazaban 50 toneladas. As velas, ao contrario da crenza popular, eran «latinas», é dicir triangulares, e eran dúas veces maiores que as das naos, o que lles permitía ziguezaguear contra o vento e, consecuentemente, explorar zonas cuxo réxime dos ventos era descoñecido. Preparada con artillaría, a carabela transformouse máis tarde en navío mercante para o transporte de homes e mercadorías.

Gil Eanes utilizou un barco de vela redonda, mas sería máis ben un tipo carraca, como a que Bartolomeu Dias utilizaría para dobrar o Cabo da Boa Esperanza, en 1488. É de salientar que a carabela é unha invención portuguesa, en conxunto cos coñecementos que se adquiriran dos árabes.

Cristovo Colón usou tamén carabelas na súa viaxe de descuberta cara América, en 1492. Dúas das embarcacións, a Pinta e a Niña, eran carabelas de velame triangular; mais a Santa María era unha nao de velas cudrangulares.

Se ben a carabela latina se revelou moi eficiente cando era utilizada en mares de ventos inconstantes, como o Mediterráneo, debido ás súas velas triangulares, con as viaxes às Indias, con ventos máis calmos, xa non era tanta vantaxe, pois que se mostraba máis lenta que a variante de velas redondas. A necesidade de maior tripulación, armamentos, espazo para mercadorías, obrigou a que fose substituída por navíos máis potentes.

Década de 1370

A década de 1370 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1370 e remata o 31 de decembro de 1379.

Fly-by-wire

Fly-By-Wire, ou Voo-Por-Cables, é un sistema de control de voo que consiste en controlar de maneira remota un proxectil, avión ou nave a través dun arame que transporta datos de control de voo. O sistema consiste nas superficies de control de voo, o sistema de manexo na cabina de control, o enlace físico e os mecanismos necesarios para controlar unha aeronave en voo. É necesario diferenciar entre os sistemas aeronáuticos dispoñibles para civís e o sistema do mesmo nome utilizado pola milicia para controlar mísiles de curto alcance. Este artigo refírese a esta última definición.

O sistema de voo por cable utilizado pola milicia consiste nun mísil, lanzado por medios convencionais, que queda unido á súa plataforma lanzadora a través dun par de arames, os cales lle permiten ao operador controlar as superficies de control, de xeito que é posible guiar o mísil cun grao de exactitude considerable cara o seu obxectivo. O sistema é de curto alcance, cunha distancia de 500 a 1500 metros dende a súa base. Xeralmente o mísil conta cunha cámara que lle permite ao operador verificar a súa dirección de voo.

As vantaxes deste sistema son inmellorables, dado que, ao estar o sistema de control fóra do mísil, este non ten que ser intelixente, sendo máis económico; o inimigo non pode bloquear nin interceptar os sinais do operador; e a súa exactitude é comparable ao do operador que o manexe. Porén, o mísil debe de ser forzosamente de alcance curto, xa que dous arames deben despregarse xunto con el.

Forza aérea

Unha forza aérea, tamén coñecida nalgúns países como un exército do aire ou unha aeronáutica militar entre outros nomes, é no sentido máis amplo, a unidade militar nacional que leva a cabo principalmente a guerra aérea. Máis especificamente, é a rama das forzas armadas dunha nación responsable da guerra aérea, a diferenza dun exército (rama terrestre), armada (rama marítima) ou outras ramas. Tipicamente, as forzas aéreas encárganse de obter o control do aire, levar a cabo misións de bombardeo estratéxico e proporcionar apoio ás forzas de superficie.

As forzas aéreas normalmente consisten nunha combinación de avións de caza, bombardeiros, avións de transporte, helicópteros e outras aeronaves. Algunhas forzas aéreas tamén son responsables de operacións militares no espazo, mísiles balísticos intercontinentais (ICBM) e equipos de comunicacións. Moitas forzas aéreas teñen o mando e control doutros activos de defensa aérea como artillaría antiaérea, mísiles superficie-aire, ou sistemas defensivos e redes de alerta con mísiles antibalísticos.

Guerra de Inverno

A guerra de Inverno foi un conflito militar entre a Unión Soviética e Finlandia. Comezou cunha ofensiva soviética o día 30 de novembro de 1939 (dous meses despois do inicio da Segunda guerra mundial e da invasión soviética de Polonia), e rematou o 13 de marzo de 1940 co Tratado de paz de Moscova. A Sociedade de Nacións considerou o ataque ilegal e expulsou a Unión Soviética da Sociedade o 14 de decembro de 1939.

Os soviéticos tiñan tres veces máis soldados que os fineses, trinta veces máis avións, e cen veces máis tanques. O Exército Vermello, porén, fora paralizado pola Gran Purga de Iosif Stalin de 1937, reducindo a moral e a eficacia do exército pouco tempo antes do inicio da guerra. Con máis de 30.000 dos seus oficiais executados ou presos, incluídos moitos altos mandos, o Exército Vermello en 1939 tiña moitos oficiais de nivel medio e alto inexpertos. Debido a estes factores, e a alta moral das forzas finesas, Finlandia foi capaz de resistir a invasión soviética moito máis tempo do que os soviéticos agardaban.As hostilidades remataron o 13 de marzo de 1940 coa sinatura do Tratado de paz de Moscova. Finlandia cedeu o 11% dos seus territorios previos á guerra e o 30% dos seus activos económicos á Unión Soviética. As perdas no Exército Vermello foron moi altas, e a reputación internacional do país sufriu. As forzas soviéticas non cumpriron o seu obxectivo de conquistar completamente Finlandia, pero gañaron terreo substancial ao longo do lago Ladoga e territorio no norte do país. Os fineses, porén, conservaron a súa soberanía e melloraron a súa reputación internacional.

O tratado de paz frustrou o plan franco-británico de enviar tropas a Finlandia polo norte de Escandinavia. Un dos obxectivos principais desa operación era o de tomar o control das minas de ferro do norte de Suecia e cortar a súa subministración a Alemaña.

Militar

Un militar é un membro dunha organización autorizada a usar a forza, xeralmente incluíndo o uso de armas de fogo, na defensa do seu país a través da loita real ou de ameazas. Como adxectivo, o termo "militar" tamén é usado para se referir a calquera propiedade ou aspecto desas organizacións. As organizacións militares funcionan moitas veces como unha sociedade no seo das sociedades, tendo as súas propias comunidades militares, economía, educación, medicina, xustiza, normas e outros aspectos de funcionamento diverxentes dos da sociedade civil.

Morteiro (arma)

O morteiro é unha arma que consiste nunha especie de canón portátil, de gran calibre e de curto alcance. Dispara xeralmente proxectís explosivos ou incendiarios con gran poder destrutivo —máis grandes ca as granadas— nun ángulo superior aos corenta e cinco graos e a velocidades relativamente baixas. Estas calidades son opostas ás das pezas de artillaría, que disparan a gran velocidade e xeralmente con ángulos de tiro pequeno.

Radar

O radar ( pronunciación ), do inglés Radio Detection And Ranging (Detección e Telemetría por Radio), é un dispositivo que permite detectar obxectos a longas distancias.

O radar emite ondas electromagnéticas que son reflectidas por obxectos distantes. A detección das ondas reflectidas, permite determinar a localización do obxecto.

Santabárbara

A santabárbara é o pañol ou a paraxe destinada nos buques para custodiar a pólvora e o armamento, así como a cámara por onde se comunica ou se baixa a este pañol.

Recibe este nome pola imaxe de Santa Bárbara, patroa dos artilleiros, que xeralmente está colocada neste lugar.

Tamén se lle daba tal nome a unha rexión do extremo de popa da primeira cuberta do navío que se destinaba a gardar os equipamentos do condestable e que en moitos casos contiña os aloxamentos dalgún persoal ou era camareta dos gardamariñass.

Seteira

Unha seteira, en arquitectura militar, é unha abertura ou un rebaixamento na muralla, que na súa concepción primitiva permitía aos defensores (arqueiros, besteiros) lanzar setas.

Bastante empregada na arquitectura medieval, pode ser descrita como un van na albanelaría na forma dunha faixa ou fiestra vertical, cuxa altura corresponde a aproximadamente cinco veces a súa largura. En xeral, posúe peitoril de aproximadamente trinta centímetros e a súa lumieira dista aproximadamente trinta centímetros do teito.

Conforme o período construtivo e a súa rexión pode ser simple ou en cruz. Coa introdución das armas de fogo, a partir do século XIV, algunhas presentan adaptación para tiros de arcabuz, mosquete ou pequenos canóns. Os vans circulares abertos para esas primitivas pezas de artillaría son chamados troneiras.

Sublevación do cuartel de San Gil

A sublevación do cuartel de artillaría de San Gil foi un motín contra a raíña Isabel II de España que se produciu o 22 de xuño de 1866 en Madrid baixo os auspicios dos partidos progresista e democrático coa intención de derrubar a monarquía. Segundo Jorge Vilches, a novidade que presentou a sublevación do cuartel de San Gil foi que "os movementos revolucionarios ata 1866 non puxeran en dúbida a lexitimidade de Isabel II, limitándose a pedir unha política ou un texto máis liberais, outra Rexencia, ou un cambio de goberno", e en cambio "a partir daquela data a revolución engadía ás súas aspiracións o destronamento dos Borbóns".

Troneira

A troneira (de trom ou do castelán tronera), en arquitectura militar, é unha abertura circular, en forma de cruz, nunha muralla ou nunha amea, propia para recibir artillaría leve. Tamén pode referirse ao burato no costado dun barco, por onde se poden disparar os canóns sen exporse ao fogo inimigo.

Tamén designa o espazo entre os merlóns ou ameas, por onde se enfía a boca da peza de artillaría (canón).

O nome troneira parece ter orixe na antiga arma de artillaría trom, un pequeno canón, usado máis recentemente para tiro atallado.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.