Arte menor

Un verso de arte menor é aquel con oito ou menos sílabas. Por extensión, chámase composicións de arte menor ás feitas con estes versos.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Anacreóntica

A anacreóntica é un subxénero da lírica consistente nunha composición festiva e alegre en versos de arte menor en que se canta os praceres sensuais. Debe o seu nome ao poeta grego Anacreonte.

Un exemplo na literatura galega é a peza de Ramón Cabanillas "Diante dunha cunca de viño espadeiro".

Arte maior

Un verso de arte maior é aquel con nove ou máis sílabas. Por extensión, chámase composicións de arte maior ás feitas con estes versos.

Cancioneiro de Baena

O Cancioneiro de Baena é o primeiro cancioneiro coñecido en lingua castelá. O seu título completo é Cancionero de poetas antiguos que fizo é ordenó e compuso é acopiló el judino Johan Alfon de Baena. Foi recompilado por Juan Alfonso de Baena cara a 1445 (outras fontes sinalan entre 1426 e 1430) para ofrecerllo como regalo a Xoán II de Castela, amante deste tipo de literatura e autor de lírica el mesmo, así como o seu valido, o condestable Álvaro de Luna.

O manuscrito orixinal estivo na biblioteca de Isabel a Católica, e despois pasou á biblioteca de El Escorial. Posteriormente foi levado para facer estudos sobre el, e os herdeiros do estudoso José Antonio Conde o venderon, sendo adquirido pola Biblioteca Nacional de Francia.

Cada poeta ten unha pequena presentación, e conta cun prólogo onde se loa o valor da palabra e da arte da poesía. A obra foi publicada por vez primeira en Madrid en 1851 por Pedro José Pidal, e existe unha edición moderna de Joaquín González Cuenca e Brian Dutton.

Canle segredo

Canle segredo [sic] é un libro de poesía en lingua galega escrito por Xosé María Álvarez Blázquez. Adicado á súa dona, María Luísa Cáccamo Frieben, gañou o Premio Pondal do Centro Galego de Bos Aires en 1953, se ben non saíu publicado até 1976.

Cantares gallegos

Cantares gallegos é un libro de poesía de Rosalía de Castro publicado no ano 1863 en Vigo, na imprenta de Juan Compañel.

Resulta o único libro do que Rosalía viu unha segunda edición en vida. Está adicado á escritora Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber), "...por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país".

Foi o marido de Rosalía, Manuel Murguía quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega. Ía ser prologado por Nicomedes Pastor Díaz, mais finou antes de que fose editado.

No limiar, Rosalía confesa a súa idea de desenvolve-las cantigas populares galegas emulando o Libro de los cantares de Antonio de Trueba, pois o seu quefacer poético está constituído por glosas de cantares ou ditos populares. Así pois, tódolos poemas, agás dous, son glosas de cantares, procedemento este que tamén aparecerá, inda que con pouca relevancia, en Follas novas. Algunhas glosas están escritas en metros populares ("Miña casiña"; "Vivir para ver"; "¡Padrón...!, ¡Padrón!"...) e outras non ("Cada cousa no seu tempo"; "Eu por vos"...).

Tódolos críticos consideran que Cantares gallegos supera os riscos da paráfrase, mantendo o encanto da copla glosada sen se converter nun texto inexpresivo.

Escola galego-castelá

A Escola galego-castelá é o nome que agrupa unha serie de poetas, de finais do século XIV e comezos do XV, que continúan a liña da lírica galego-portuguesa medieval, mais cunha menor calidade tanto literaria como lingüística (pois xa aparecen castelanismos evidentes).

Entre os autores desta escola están Macías o Namorado, o Arcediago de Toro, Alfonso Álvarez de Villasandino, Pero Ferrús, Garci Fernandes de Gerena, Pero Gonçalez de Mendoza, Joan Pimentel, Joan de Merlo ou Pedro da Cunha.

Adoitan darse como límites cronolóxicos desta escola a data do testamento de Pedro, conde de Barcelos (1350), que fai referencia ao Livro das Cantigas, e mais a morte de Xoán II de Castela, en 1454, promotor do Cancionero de Baena.

Estrofa

En literatura, denomínase estrofa a un grupo de versos unidos por unha serie de criterios fixos de métrica. Reciben distintos nomes segundo a extensión (número de versos), lonxitude dos mesmos (arte maior ou arte menor), rima (en función do formato e de se é asoante ou consoante) e ritmo.

José García Nieto

José García Nieto, nado en Oviedo o 6 de xullo de 1914 e finado en Madrid o 27 de febreiro de 2001, foi un poeta e escritor español, gañador do Premio Cervantes en 1996 polo conxunto da súa obra, e membro, canda Gabriel Celaya, Blas de Otero e José Hierro, da xeración poética da posguerra española.

José María Fonollosa

José María Fonollosa, nado en Barcelona o 8 de agosto de 1922 e finado na mesma cidade o 7 de outubro de 1991, foi un poeta catalán en lingua castelá. Está considerado un caso singular de poeta secreto (ao estilo de Constantino Cavafis ou Fernando Pessoa) na literatura castelá, pois non publicou nada entre 1948 e 1990, manténdose á marxe de correntes literarias.

José Noguerol y Camba

José Ignacio Noguerol y Camba, nado no século XVII, foi un poeta dos Séculos Escuros. É principalmente coñecido pola súa participacións nos xogos florais da Coruña no ano 1707 e a única obra súa da que se ten constancia é o romance Versos gallegos a Nuestras Señora de Reza.

Juan Ramón Jiménez

Juan Ramón Jiménez Mantecón, nado en Moguer (provincia de Huelva) o 23 de decembro de 1881 e finado en San Xoán (Porto Rico) o 29 de maio de 1958, foi un poeta español, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1956, mentres permanecía no exilio desde a súa segunda patria, Porto Rico (onde tamén viviron exiliados outras renomeadas figuras peninsulares, tales como Pau Casals e Francisco Ayala.

Kharxa

Unha kharxa (do árabe jarya ‘saída’ ou ‘final’) é unha composición lírica popular da Hispania musulmá, que constituía a parte final da muaxaha, da que existen exemplos desde o século XI. As kharxas están compostas en dialecto hispanoárabe coloquial, ou na lingua romance que utilizaban os andalusís, impropiamente chamada mozárabe.

Foron escritas por poetas cultos árabes e xudeus que se inspiraban en cancionciñas románicas de tipo popular. Puideron recollelas do folclore tradicional, ou ben adaptalas ás súas necesidades métricas (pois debían integrarse na muaxaha) ou ben compoñelas como novas creacións, a partir de moldes tradicionais. A súa importancia radica en que son o documento máis antigo que se coñece de poesía en lingua romance.

Linteo

Ediciones Linteo S.L. é unha editorial ourensá, recoñecida pola súa colección de poesía.

Magda Apanowicz

Magda Apanowicz, nada o 8 de novembro de 1985, é unha actriz canadense.

Octosílabo

O octosílabo identifica un enunciado de oito sílabas. Pode aplicarse a unha palabra, un verso, unha oración ou un texto.

Oito

O oito (8) é o cardinal posterior ao sete e anterior ao nove. É o quinto número par, sendo o anterior o seis e o seguinte o dez. Trátase do primeiro número cúbico.

Verso

Un verso (do latín versus, que significa "volto", por oposición a prorsus, de onde vén prosa, que significa "todo seguido") é un conxunto de palabras suxeitas a medida, ritmo e cadencia, ou só a cadencia, en contraposición á prosa, que non está sometida habitualmente a estes procedementos. Adoita ser a canle formal habitual de expresión da poesía lírica.

Convén distinguir claramente entre verso, que é unha forma literaria, e poesía lírica, que é un xénero literario. Se temos clara esta definición, entenderemos por que pode haber e hai, por exemplo, obras narrativas, dramáticas e didácticas escritas en verso e, inversamente, que existan poemas escritos en prosa no canto de en verso.

Compuxéronse versos en distintas culturas sempre en torno a un recurso literario concreto: así, a poesía hebrea compuxo versos fundándose só no paralelismo semántico. A poesía xermánica medieval, pola contra, fundábase na aliteración de polo menos tres palabras por cada verso e a poesía grecolatina clásica na repetición dunhas secuencias determinadas de sílabas longas e breves e a poesía europea tradicional na rima e o ritmo acentual. Por outra banda, o rexeitamento que as vangardas europeas do século XX, especialmente o Surrealismo, experimentaron pola tradición literaria, ata a métrica, introduciu un tipo de verso máis extenso, o versículo, que non rima nin posúe ritmo acentual, senón que funda a súa poeticidade en repeticións de motivos e campos semánticos.

Fernando Pessoa dicía no seu Libro do desasosego que a poesía se atopaba entre a prosa e a música. É así en tanto que o verso é unha prosa provista dalgúns dos elementos que forman a música, grazas ao cal toda canción con letra ha de estar escrita en verso para poderse adaptar á música instrumental. Eses elementos que adquire o verso da música son o tempo, o ritmo, o compás e a melodía. O tempo vén dado por unha velocidade de enunciación marcada polo número fixo de sílabas da recitación, o ritmo pola colocación ou situación fixa de determinados acentos, o compás pola alternancia de diferentes tipos de versos e estrofas e a melodía pola repetición dunha rima ou un refrán ou bordón concreto.

O verso adoita darse dentro dunha estrutura literaria fixa que se compón dunha métrica definida, un ritmo conseguido pola colocación das sílabas tónicas e átonas e unha rima recorrente; a estas secuencias fixas chámaselles estrofas. A disciplina que estuda as clases de versos e estrofas denomínase métrica.

Existe unha gran variedade de estruturas no verso, comezando por unha división inicial entre verso rimado ou con rima e o verso solto ou verso branco sen rima, pero cun número fixo de sílabas e cuns acentos concretos. Por outra banda, o verso libre é un verso sen rima nin cantidade preestablecida de sílabas.

A creación do verso remóntase cara ás composicións gregas clásicas, en que o verso non era rimado, senón que consistía na repetición de determinada secuencia de sílabas longas e breves e o compás acentual ou ictus.

O verso rimado ten unha orixe probable na rexión da península itálica no Medievo, onde nacen composicións versificadas que persisten ata hoxe en día como no soneto, a canción ou o madrigal. Do latín vulgar, o seu paso ás linguas romances é sinxelo e atópanse composicións versificadas en rima e con metro dende o principio do idioma galego.

Xoán Rodríguez de Padrón

Xoán Rodríguez de Padrón ou de la Cámara, nado en Padrón en 1390 e finado no mosteiro de Herbón en 1450, foi un escritor en lingua castelá do prerrenacemento, considerado o último poeta da escola galega.

Non se coñece moito da súa vida, dado que dos seus versos naceu unha lenda persoal que deu pé mesmo a biografías apócrifas, como a Vida del trovador Juan Rodríguez del Padrón, editada en 1839 por Pedro José Pidal na Revista de Madrid, e da que existen polo menos dúas copias manuscritas do século XVII. Non se trata dunha biografía real, senón dunha novelización da súa vida a partir dos seus poemas. Amais, os feitos da súa propia vida están mesturados cos dos personaxes da súa novela sentimental El siervo libre de amor. Ao igual que ao seu paisano Macías o Namorado, atribúenselle moitos lances amorosos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.