Arte da Idade Media

A Arte Medieval ocupou unha basta extensión de tempo da historia da arte, uns 1000 anos, así como amplos territorios, como o oeste de Europa e o norte de África.

Os historiadores clasifican á arte medieval como un gran período artístico, aínda que dentro deste poderíanse facer varias subdivisións das que son exemplo: Arte paleocristiá, Arte prerrománica, Arte románica, Arte gótica, Arte bizantina, Arte Islámica etc. Ademais cada "pobo" ou cultura da Idade Media tivo o seu propio estilo como a Arte anglosaxoa ou a Arte viquinga.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Escultura románica

A escultura románica, insírese en xeral, dentro das metas artísticas do movemento da arte románica, incluída a comunicación entre a Igrexa católica e os fieis, o que é o reino de Deus na terra e mailo templo. Así, a escultura tivo unha estreita relación coa arquitectura, inseríndose no seu lugar como un elemento complementario, e dedicouse principalmente ao ensino das escenas bíblicas con relevos de pedra que fosen comprensibles para os crentes laicos. Esta actividade desenvolveuse entre o século XI e, en correspondencia coas diferentes partes de Europa, o século XII ou a primeira metade do XIII.É o románico do século XI, no que se dan a coñecer as primeiras obras de escultura monumental que se presentan dende o século V, período no que deixan de existir pezas de vulto redondo (pezas tridimensionais) e observan un aumento da produción de pequena escultura e traballos en metal, desenvolvidos durante o período prerrománico.

O pulo do novo factor de produción da escultura foi a ruta de peregrinación cara á catedral de Santiago de Compostela, ao longo do cal se levantaron novas igrexas baixo a organización da Orde de Cluny. Estes templos foron construídos en lugares de paso neste período de fervor relixioso, para unha acollida espiritual de peregrinos e a exposición das reliquias. Francia e o norte de España son tamén lugares onde se poden ver os exemplos da primeira produción da escultura románica aplicada á arquitectura. Ademais da pedra, a madeira foi un material importante para a construción de igrexas, sobre todo na parte norte de Europa, e para as imaxes exentas de devoción ou de altar, que poucas veces se traballaron en pedra, a madeira policromada, xa ás veces recuberta con metais como o bronce ou a prata, foi o material máis utilizado. Ao principio do período románico, para os teólogos como Rábano Mauro, os bos artesáns debían instruír con sinxeleza e emocionar coa expresión vigorosa da súa arte. O concepto de artista non estaba definido como tal, senón que se denominaba artifex theoricus a quen lía, entendía e proxectaba as manifestacións para construír e realizar as obras e o artifex practicus, o pictor ou o magister operes que era o que traballaba con «arte» e en definitiva materializaba a obra.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.