Arte celta

A Arte celta é a arte asociada cos pobos coñecidos como celtas; aqueles que falaban linguas celtas en Europa dende o período da prehistoria ata a idade moderna, así como a arte de pobos antigos, cuxa lingua é incerta, pero que teñen semellanzas culturais e de estilo cos falantes de linguas celtas.

A arte celta é un termo difícil de definir, abarcando unha extensión enorme dende o punto de vista da xeografía, do tempo e das culturas. Comeza coa continuidade artística en Europa a partir da Idade de Bronce, e de feito a anterior etapa do Neolítico. Con todo, os arqueólogos xeralmente usan a denominación "celta" para referirse á cultura do Idade de Ferro a partir do ano -1000 en diante, até a conquista polo Imperio Romano da maior parte do territorio en cuestión, e os historiadores de arte tipicamente comezan a falar sobre "arte celta" só a partir do período de La Tène (entre o século -V e o -I).[1] "Arte celta antiga" é outro termo usado para este período, stretching in Britain to about -150.[2] A arte da Alta Idade Media de Bretaña e Irlanda, que produciu o Libro de Kells e outras obras mestras, é chamado Arte insular na historia da arte.

Romano-Celtic mirror (Desborough)
Parte posterior dun espello de bronce britano, entre o -50 e o 50, exemplo do tema decorativo en espiral do estilo insular de La Tène.
Muiredach s Cross
Cruz de Muiredach, Irlanda, século X.

Notas

  1. Megaws, for example; see their introductory section, where they explain the situation & that their article will only cover the La Tène period.
  2. Technologies of Enchantment: Early Celtic Art in Britain, British Museum

Véxase tamén

Ligazóns externas

Academicismo

Chámase academicismo á corrente artística que se desenvolve principalmente en Francia ó longo do século XIX e que responde ás instrucións da Academia das Artes de Francia e ó gusto medio burgués. Non deixa así a todo de ser unha dexeneración do Clasicismo. Fóxese do realismo (isto é, dos aspectos máis desagradables da realidade), pero carece da grandeza do Clasicismo.

Empréganse os mesmos patróns unha e outra vez xa que non se busca unha beleza ideal partindo das belezas reais, o cal é propio do Clasicismo, que resulta ser un idealismo con base na realidade pola súa suma de experiencia.

O academicismo non é a fermosura ideal, pero tampouco é o feo; unicamente busca obxectos para seren consumidos. Trátase de representar idealmente a realidade a fin de manexala ou controlala.

En xeral, o poder e as institucións francesas favoreceron estas tendencias porque non xeraban problemas; esta é a causa pola que posteriores réximes políticos totalitarios impulsaron a súa recuperación.

Arte contemporánea

A arte contemporánea refírese tanto ás artes visuais practicadas hoxe en día como á arte feita dende os anos 60 ata o Século XXI. A Arte Contemporánea pode verse como unha Arte posmoderna ou arte que está en contra do Modernismo. Aínda así, o termo posmodernismo pode referirse ó tempo comprendido dende os anos 60 ata hoxe e á arte feita hoxe en día, debido a que moitos artistas seguen a traballar no eido do Modernismo. Nestas últimas décadas , o “contemporáneo” converteuse no termo preferido, sendo no século XXI as Galerías de Arte Contemporánea as que traballan a prol das novas artes.

Arte da Idade Media

A Arte Medieval ocupou unha basta extensión de tempo da historia da arte, uns 1000 anos, así como amplos territorios, como o oeste de Europa e o norte de África.

Os historiadores clasifican á arte medieval como un gran período artístico, aínda que dentro deste poderíanse facer varias subdivisións das que son exemplo: Arte paleocristiá, Arte prerrománica, Arte románica, Arte gótica, Arte bizantina, Arte Islámica etc. Ademais cada "pobo" ou cultura da Idade Media tivo o seu propio estilo como a Arte anglosaxoa ou a Arte viquinga.

Arte insular

A Arte insular ou arte hiberno-saxoa, son as denominacións historiográficas para a arte producida nas Illas Británicas na Alta Idade Media. Para esa época (séculos V ó X), tamén denominada "época escura" ou período das invasións, posterior á caída do Imperio romano de Occidente, a escasa produción artística de Europa occidental acostuma englobarse na xenérica denominación de "Prerrománico".

Os territorios "insulares" de Irlanda e Gran Bretaña, moi divididos politicamente, tiveron nesta época unha destacable unidade cultural no predominio artístico, intelectual e socio-relixioso do monacato que, sobre a base do cristianismo, fusionou os restos da herdanza clásica grecorromana con achegas dos pobos xermánicos e as características locais dos pobos prerromanos autóctonos, xenericamente clasificados como "celtas" ou "gaélicos".

Arte islámica

O termo arte islámica designa a produción artística que se desenvolveu entre a héxira (622) e o século XIX no territorio habitado por poboacións de cultura islámica que se estendía no momento de máximo esplendor desde España ata Indonesia. A fe nun Deus único, Alá, e no seu profeta, Mahoma, creou uns lazos culturais e relixiosos que se reflectiron tamén na arte.

A orixe nómade do pobo árabe, primeiro en converterse ó islam, determinou que a arte estivese centrada nas artes decorativas e industriais: ourivaría, marfís, cerámica mentres que a arquitectura, carente en orixe dunha organización no construtivo e no ubanístico vai derivar nunhas estruturas arquitectónicas abertas con patios e pórticos cubertos xeralmente con terrazas. O material de construción habitualmente utilizado foi o ladrillo, as naves realízanse mediante o arco de medio punto, o arco apuntado, o arco peraltado e sobre todo polo arco de ferradura e o arco polilobulado, os edificios estaban cubertos por bóvedas de canón e a partir do século X por bóvedas de aresta formando arcos que se cruzan deixando un polígono central. O edificio máis característico da arte islámica é a mesquita, a súa orixe está na casa de Mahomed e a súa tipoloxía non mudou ata a época actual, consta de haram, sala de piares orientada cara A Meca cun nicho aberto no muro do fondo, diante do que está a macsura (palco) e o mimbar (púlpito), esta sala dá ao sahn, patio porticado no que está o sabil (fonte de ablucións).

A decoración da arte islámica é plana, sen eixo de simetría e con tendencia á repetición indefinida de motivos xeométricos e vexetais estilizados que se mesturan entre si e con outros motivos epigráficos.

Arte moderna

Arte moderna é un termo referido á maior parte da produción artística dende finais do século XIX ata aproximadamente os anos 1970. Producións recentes son máis a miúdo denominadas arte contemporánea. A arte moderna ten un novo achegamento á arte, onde xa non é importante a representación literal (a través de pintura ou escultura). A invención da fotografía fixera esta función artística obsoleta. No seu lugar, os artistas comenzaron a experimentar con novos puntos de vista, con novas ideas sobre a natureza, materiais e funciones artísticas, a miúdo en formas abstractas.

A noción de arte moderna está relacionada co modernismo.

Durante as súas primeiras décadas, a arte moderna foi un fenómeno exclusivamente europeo. As primeiras sementes das ideas artísticas modernas viñeron de artistas que traballaban nos movementos romántico e realista. Máis tarde, representantes do impresionismo e postimpresionismo comenzaron a experimentar con novos modos de representación da luz e o espazo a través do cor e a pintura. Nos anos previos á Primeira Guerra Mundial, unha explosión de creatividade tivo lugar co fauvismo, cubismo, expresionismo e futurismo.

A Primeira Guerra Mundial trouxo consigo a fin desta fase, pero indicou o inicio dunha serie de movementos antiartísticos, como o dadá e o traballo de Marcel Duchamp e o surrealismo. Tamén grupos como de Stijl e Bauhaus acababan de comezar a desenvolver novas ideas sobre a interrelación das artes, arquitectura, deseño e educación artística.

A arte moderna foi introducida en América durante a Primeira Guerra Mundial cando un número de artistas nos barrios de Montmartre e Montparnasse en París fuxiron da guerra. Francis Picabia (1879-1953), foi o responsable da chegada da arte moderna á cidade de Nova York. Así a todo, foi soamente tras a Segunda Guerra Mundial cando os Estados Unidos se converteron no centro de atención dos novos movementos artísticos. Os anos 1950 e 1960 viron a aparición do expresionismo abstracto, arte pop, pop art e minimalismo; a finais dos anos 1960 e os anos 1970, apareceran Happening e Fluxus e Videoarte e land art, performance art, arte conceptual e fotorrealismo.

Nesta época, un número de artistas e arquitectos comezaran a rexeitar a idea de "moderno" e comezaron a crear obras tipicamente posmodernistas.

Dende a era de posguerra, menos artistas do que en etapas anteriores usaban pintura como medio principal. No seu lugar, xeneralizáronse as grandes instalacións. Dende os anos 1970, o media art converteuse nunha categoría por si mesmo, cun emerxente número de artistas experimentando coas novas tecnoloxías. A videoarte é o exemplo mellor coñecido.

Carnyx

O carnyx foi un instrumento de vento da Idade de Ferro Celta, entre os anos -300 e o 500. Era unha especie de trompeta de bronce, suspendida verticalmente e coa campá en forma de cabeza de xabaril. Empregouse na guerra, probablemente para incitar as tropas á batalla e intimidar ós inimigos. O porte vertical do instrumento permitía que as súas notas se elevasen por riba das cabezas dos participantes nas batallas e cerimonias.

Construtivismo (arte)

O construtivismo é un movemento artístico e arquitectónico de orixe rusa que se pode encadrar dentro das vangardas ou "ismos" xurdido en Europa durante as primeiras décadas do século XX.

A súa denominación procede dun crítico que a utilizou en 1913 para se referir a uns relevos de Vladimir Tatlin, pero como movemento non xurdiu até 1920, apoiado polo Manifesto realista dos irmáns Pevsner e Gabo. Fai fincapé no abstracto, relacionado coa industria e a técnica, e é xeométrico e funcional. Ten moitos puntos de contacto co cubismo, o futurismo, o suprematismo e o Dadaísmo. Entre outros autores construtivistas destacan Vladimir Tatlin, Pevsner e o seu irmán N. Gabo, Alexander Rodchenko, A. Vesnin e László Moholy-Nagy

Cruz celta

A cruz celta é unha cruz cun anel que a rodea por detrás da intersección. É característica do cristianismo irlandés celta. Aparece tamén representada noutras zonas de Europa como Francia (en Normandía e na Bretaña principalmente) ou Galicia.

Entrelazado (arte)

O entrelazado é un elemento decorativo propio da arte medieval. Nos entrelazados, partes doutros motivos únense, trenzados ou anoados, en complexos patróns xeométricos, a miúdo usados para encher enpazos en baleiro. O entrelazado é común en Europa do norte na arte dos pobos xermánicos, e especialmente na arte insular das Illas Británicas e na arte islámica. Galicia tamén conta con elementos de entrelazado dende a cultura castrexa até a época moderna.

Fíbula celta

As fíbulas celtas, tamén chamadas broches penanulares, son tipos de broches fixadores da roupa. Están especialmente asociados co comezo da Alta Idade Media en Irlanda e Britania, malia ter sido atopados noutros tempos e lugares, como por exemplo, formando parte do vestido feminino tradicional en áreas da moderna norte de África.

Eran útiles propios da Idade de Ferro e da era romana, e están especialmente asociadas cos broches ornamentados producidos en metal precioso para as elites de Irlanda e Escocia (anos 700-900). Son os obxectos máis importantes da metalurxia medieval de alta calidade, e forman parte da arte celta e da arte insular.

Labirinto celta

Un labirinto celta é un patrón de debuxo en espiral, que ten a súa orixe na arte celta. Comezou nas tallas en pedra e metais e máis tarde evolucionou na arte insular medieval. Os deseños prehistóricos de espirais de Gavrinis datan arredor do ano -3500.

Os labirintos celtas atópanse entre esculturas en Camonica Valley, ocupada polos celtas no inicio do primeiro milenio, a maioría con máis dun exemplo do modelo estilo Knossos ou do estilo clásico. A mitoloxía asociada cos labirintos tamén suxiren orixe celta, xa que os labirintos que conteñen ollos, unha figura con cornos ou unha serpe están relacionados coa divindade Cernunnos.

Land art

O Land Art non é unha corrente, nin un estilo, nin un movemento artístico, é só unha actividade circunstancial. Non se escribiu moito sobre o Land Art xa que o seu termo é moi vago. Walter de Maria foi quen inventou o termo americano de Land Art que en galego podería traducirse como arte da terra. Este termo empregouno para poder describir as súas primeiras intervencións na natureza que se levaron a cabo a finais dos anos sesenta.

O seu comezo orixinouse cando un grupo de artistas ecolóxicos, especialmente artistas europeos e americanos, interviñeron o contorno natural deixando a súa pegada, a súa arte na natureza co propósito de lograr unha arte non comercial, unha arte que non se puidese vender xa que sendo unha arte efémera as obras non logran sobrevivir co paso do tempo. Actualmente este propósito non se acada de todo xa que o Land Art caeu no mundo da comercialización coas fotografías, planos e proxectos das obras.

Manierismo

O manierismo é un estilo artístico que predominou en Italia dende o final do Alto Renacemento (cara a 1520) ata os comezos do período Barroco, cara ó ano 1590.

Neoclasicismo

O neoclasicismo ou estilo neoclásico foi un movemento cultural, artístico e literario orixinado en Italia que se desenvolveu na Europa e nas súas colonias desde mediados do século XVIII como reacción ao estilo barroco e durou até ás primeiras décadas do século XIX, en que foi substituído polo Romanticismo. Asóciase coa recuperación da cultura clásica da Europa e as súas manifestacións máis notorias danse na arquitectura.

Nó celta

O Nó celta é un estilo de decoración a base de nós estilizados, empregados amplamente na arte insular dos pobos celtas. Estes nós son máis coñecidos pola súa adaptación para o seu uso na ornamentación de monumentos cristiáns e manuscritos, como os do século VIII nos Evanxeos de Lichfield, o Libro de Kells e os Evanxeos de Lindisfarne.

Postimpresionismo

O Postimpresionismo é un termo aplicado polo artista e crítico de arte británico Roger Fry no ano 1914, para describir o desenvolvemento da arte europea dende a aparición do cadro de Monet co nome Impresión, sol nacente. John Rewald, un dos primeiros historiadores profesionais da arte en centrar o nacemento da arte moderna temperá, limitou a época do postimpresionismo entre os anos 1886 e 1892 na súa publicación pioneira sobre o Postimpresionismo: From van Gogh to Gauguin 1956. Rewald o considerou como a continuación da súa History of Impressionism 1946, e sinalou que "estaría por chegar un seguinte volume dedicado á segunda parte do período do postimpresionismo", que recibiría o nome de Post-Impressionism: from Gauguin to Matisse, ampliando o período dedicado a outros movementos artísticos de finais do século XIX e inicios do XX a outros baseados ou derivados do Impresionismo.

As súas formas máis esaxeradas, o uso da cor, estrutura e liñas prepararon o terreo para os estilos que seguirían máis adiante do século XX, como o fauvismo ou o cubismo.

Foron artistas postimpresionistas os seguintes:

Paul Cézanne

Paul Gauguin

Harry Lachman

Henri Rousseau

Georges Seurat

Henri de Toulouse-Lautrec

Vincent van Gogh

Puntillismo

O puntillismo é un estilo pictórico no que se empregan pequenos puntos de cores primarias creando a impresión dunha ampla gama de diversos contrastes de cores. A técnica recala na habilidade do ollo e da mente do espectador para mestura-las cores vendo así cores secundarias. A técnica está relacionada co Divisionismo, unha variante máis desenvolvida. É un estilo con poucos pero importantes seguidores como Seurat, Signac, e Cross.

O termo foi creado por críticos de arte de finais da década de 1880 para critica-los traballos destes pintores. Hoxe en día emprégase sen matiz despectivo.

Simbolismo

O simbolismo é un movemento literario e artístico aparecido en Francia e en Bélxica cara a 1870, en reacción ao naturalismo e en reacción ao movemento parnasiano. Foi un dos movementos artísticos máis importantes de finais do século XIX. Nun Un manifeste littéraire ("Un manifesto literario"), publicado en 1886, Jean Moréas definiu este novo estilo: "Inimigo do ensino, a declamación, a falsa sensibilidade, a descrición obxectiva". A literatura simbolista ten intencións metafísicas, intenta utilizar a linguaxe literaria como instrumento cognoscitivo, polo cal atópase impregnada de misterio e misticismo. Intentaba atopar o que Charles Baudelaire, gran poeta deste movemento, denominou "correspondencias", as secretas afinidades entre o mundo sensible e o mundo espiritual. Para iso utilizaban determinados mecanismos estéticos, como a sinestesia.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.