Arsenio Iglesias

Arsenio Iglesias Pardo, tamén coñecido como o Bruxo de Arteixo ou o Raposo de Arteixo, nado en Arteixo o 24 de decembro de 1930, é un ex-futbolista e adestrador de fútbol galego que estivo unido durante boa parte da súa carreira ao Deportivo da Coruña, onde acadou importantes éxitos deportivos. Arsenio Iglesias é hoxe unha das figuras máis destacadas do deportivismo. Xogaba de dianteiro.

Arsenio Iglesias
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
ArsenioIglesias
Arsenio en 2016.
Información persoal
Nome completo Arsenio Iglesias Pardo
Nacemento 24 de decembro de 1930 (88 anos)
  Arteixo
Nacionalidade España
Altura 1,69 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Penouqueira
Ciudad Jardín
Bergantiños
Fabril
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1951–1957 Deportivo da Coruña 135 (32)
1957–1958 Sevilla 8 (2)
1958–1961 Granada 58 (10)
1963–1965 Oviedo 37 (6)
1965–1966 Albacete
Adestrador
1967–1971 Fabril Deportivo
1971–1973 Deportivo da Coruña
1973–1977 Hércules
1977–1978 Zaragoza
1978–1979 Burgos
1979–1980 Elche
1980 Almería
1982–1985 Deportivo da Coruña
1987–1989 Deportivo da Coruña
1990–1995 Deportivo da Coruña
1996 Real Madrid
2005–2008 Galicia

Traxectoria

Foi o noveno fillo dunha familia labrega da vila de Arteixo. Axiña demostrou sentir unha grande paixón polo fútbol, paixón que o levaría finalmente a incorporarse á disciplina do Deportivo. O seu debut na Primeira División Española produciuse na tempada 1951–52 nun encontro que enfrontou ao Deportivo contra o FC Barcelona no campo de Las Corts. O Deportivo perdeu, mais o Arsenio, dianteiro, conseguiulle marcar un gol a Ramallets. Conta a lenda que no momento de marcar o gol Arsenio colleu a bóla e lle pediu desculpas ao porteiro.[1]

Anos despois, o Real Madrid chegouse a interesar por Arsenio,[Cómpre referencia] mais sería o Sevilla FC quen finalmente pagaría un millón de pesetas ao Deportivo polo xogador arteixán. En Sevilla e ás ordes de Helenio Herrera, que foi unha das persoas que máis o influíu na súa carreira futbolística, Arsenio chegou a xogar tres eliminatorias da Copa de Europa. Os outros dous equipos nos que xogou foron o Granada Club de Fútbol e o Real Oviedo, equipo no que deixaría o fútbol profesional como xogador na temporada 1964-1965, nun encontro contra o Athletic Club de Bilbao no que conseguiría despedirse cun gol na Catedral ante o mítico porteiro Iríbar.

Carreira como adestrador

Cinco anos máis tarde comezou a súa carreira coma adestrador tamén na Coruña, conseguindo na súa primeira temporada o ascenso a Primeira (temporada 1970-1971). En 1973 principiou unha das etapas máis exitosas da súa carreira, foi á fronte do Hércules CF, equipo ao que adestrou durante catro temporadas (da 1973-1974 á 1976-1977) nas que conseguiu o ascenso e a mellor clasificación histórica daquel club, quedando quinto na temporada 1974-1975. Estes anos de triunfos profesionais foron acompañados no persoal dunha época de fonda tristura e saudade, ao ter que vivir afastado da súa familia, que ficou na Coruña, durante os catro que permaneceu en Alacant.

Os seguintes anos pasaría por diferentes clubs: o Real Zaragoza (ao que conseguiu ascender a Primeira na temporada 1977-1978), Burgos Club de Fútbol, AD Almería e Elche CF.

En 1982 Arsenio regresou á Coruña para adestrar a un Deportivo que permanecía en Segunda. Permaneceu no banquiño até a tempada 1984–85, mais ao non conseguir o ascenso e ante as presións de certos sectores da contorna do club decidiu abandonar o seu posto. Mais non pasou moito para que o Deportivo tivese que volver a recorrer ao técnico que regresou na tempada 1987–88. Foi finalmente na campaña 1990–91 cando Arsenio conseguiu o ascenso para o Deportivo logo de varias promocións.

Súper Dépor

Avda Arsenio Iglesias
Placa da Avenida de Arsenio Iglesias en Arteixo

Na temporada de retorno do Deportivo a Primeira, o club tivo que botar man unha vez máis da experiencia de Arsenio quen volveu para substituír a Marco Antonio Boronat e salvar ao equipo do descenso nunha épica promoción. Os seguintes anos foron os máis exitosos da súa carreira. Á fronte do banco do Deportivo, Iglesias foi un dos artífices do coñecido como Súper Dépor, un equipo humilde que durante a primeira metade da década de 1990 chegou a contestar a hexemonía futbolística dos coñecidos como "grandes" do fútbol español. Nestes anos o Deportivo conseguiu por primeira vez na súa historia a clasificación para competicións europeas na temporada 1992–93 (Copa da UEFA), dous subcampionatos de liga (incluíndo o da temporada 1993–94 coñecido polo penalti errado por Djukic que impediu que o Deportivo gañase a Liga) e unha Copa do Rei en 1995 que se converteu no primeiro título oficial do club. Mais a pesar de todos estes éxitos e de que neste último ano o Deportivo se fixese campión de Copa, Arsenio saíu do club non sen certa polémica coa directiva presidida por Augusto César Lendoiro.

Mediada a temporada 1995–96, e ante a crise interna que estaba a experimentar o Real Madrid, daquela adestrado por Jorge Valdano, a directiva do club branco decide despedir ao técnico arxentino e chamar a Arsenio Iglesias para que se faga cargo do equipo até final de temporada. Deste xeito, o adestrador arteixán ocupouse do Real Madrid durante cinco meses e, aínda que conseguiu dar algo de estabilidade ao conxunto, non puido acadar a clasificación para competicións europeas ficando a tan só dous puntos do último clasificado para a UEFA, o Tenerife.

Selección galega

Bustoarsenio
Busto de Arsenio Iglesias en fronte do estadio de Riazor.

No 2005, foi designado para dirixir xunto con Fernando Vázquez o retorno da selección galega de fútbol, combinado ao que adestraron nos tres encontros disputados até o momento: o Galiza 3 - Uruguai 2 (San Lázaro, Santiago de Compostela, 25-12-2005); o Galiza 1 - Ecuador 1 (Riazor, A Coruña, 28-12-2006); o Galiza 1 - Camerún 1 (Balaídos, Vigo, 27-12-2007); o Galiza 3 - Irán 2 (Riazor, A Coruña, 27-12-2008).

No 2008 organizouse o I Campionato Nacional de Liga Indoor e a Copa de España de Fútbol Indoor. Con tal motivo formouse un equipo de veteranos do deportivo para competir nestes torneos no que se reencontraban ex-xogadores do club como Fran, José Ramón, Djalminha ou Manjarín. Como non podía ser doutro xeito, Arsenio foi o encargado de adestrar ao equipo conseguindo un dobrete que converte ao equipo no primeiro grande dominador da competición Indoor.

Mais alén da súa traxectoria deportiva, polo seu xeito de ser e de enfrontarse á vida, humilde e á vez espelido, Arsenio tamén representa para moitos boa parte do que se coñece por identidade galega. Converteuse tamén, co tempo, nunha figura que supera o mundo do fútbol. Bo exemplo é o feito de que varios grupos galegos de música crearon composicións dedicadas a el, como "Manda Tralla (oda a Arsenio)", dos Diplomáticos de Monte-Alto, ou "Arsenio is in da'house", de Sushi Loop.

Tamén é de subliñar que Arsenio Iglesias é moi querido polo groso da prensa deportiva, cousa, con frecuencia, non demasiado doada e que probabelmente acadou grazas a unha actitude orixinal que fuxía dos tópicos tan repetidos no mundo do fútbol.

Palmarés

EstadioArsenioIglesias
Estadio Arsenio Iglesias na Coruña.

Adestrador

Deportivo
Persoal
  • Premio Don Balón ao mellor adestrador da Liga nas temporadas: 1992–93 e 1994–95
  • Premio El País ao mellor adestrador na temporada: 1993–94.[2]

Notas

  1. "La memoria del brujo"
  2. http://www.rsssf.com/miscellaneous/spanpoy.html

Véxase tamén

Ligazóns externas

24 de decembro

O 24 de decembro é o 358º día do ano do calendario gregoriano e o 359º nos anos bisestos. Quedan 7 días para finalizar o ano.

Adestradores do Deportivo da Coruña

O Deportivo da Coruña tivo 72 adestradores na súa historia desde que existe a liga española. O actual adestrador é o arousán Luis César Sampedro.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Arsenio Iglesias (homónimos)

Chámanse Arsenio Iglesias:

Arsenio Iglesias Pardo, ex futbolista e adestrador de fútbol galego.

Arsenio Iglesias Pazos, escritor galego.

Arsenio Iglesias Pazos

Arsenio Iglesias Pazos, nado en Fene en 1978, é un escritor galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo

O Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo foi un estadio de fútbol propiedade do Concello da Coruña, situado no polígono industrial A Grela - Bens. Inaugurado orixinalmente como Campo Municipal de Fútbol A Grela II, o Concello decidiu mudar o nome para homenaxear o ex-xogador e ex-adestrador coruñés Arsenio Iglesias. Tratábase dun campo principalmente dedicado á práctica do fútbol afeccionado coruñés.

O seu terreo de xogo era de céspede artificial desde o ano 2008, cando sufriu unhas fondas obras de reforma, inauguradas polo entón alcalde Javier Losada e o presidente da Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda. As súas dimensións eran de 95 × 58 metros e contaba cunha bancada con capacidade para 440 persoas baixo a cal foran habilitados até seis vestiarios.

En 2018, o Concello e Hijos de Rivera, que ten a súa sede e factoría nunha propiedade anexa ao campo de fútbol, chegaron a un acordo mediante o cal a empresa pagaría 4.2 millons de euros ao concello pola adquisición da parcela. En novembro dese mesmo ano iniciouse o derrubamento da bancada. O proxecto suscitou as críticas dos usuarios do campo.

Estadio Municipal da Magdalena

O Estadio Municipal da Magdalena é un campo de fútbol de Vilalba propiedade do Concello homónimo. Nel xoga os seus partidos como local o Racing Vilalbés desde a súa inauguración en 1992.

Conta cun terreo de xogo de herba natural e dúas bancadas cubertas que poden acoller até 1.872 espectadores. É moi coñecido por ser o campo de probas do RC Deportivo da Coruña durante moitas das súas pretempadas xa desde a etapa do SuperDépor de Arsenio Iglesias.

Estadios de fútbol de Galicia

En primeiro lugar amósase unha relación de estadios de fútbol de Galicia actuais por provincias, e equipos que xogan neles. Na segunda táboa amósanse outros estadios e campos de fútbol desaparecidos, clasificados baixo o mesmo criterio.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Premio Don Balón

O Premio "Don Balón" é un prestixioso premio futbolístico individual que desde 1976 concede cada ano a revista deportiva española "Don Balón" aos mellores da Liga española de fútbol. Os premios concédense cada verán, en función das puntuacións xornalísticas dadas aos futbolistas ao longo de cada un dos partidos da última tempada futbolística, que vai de setembro a xuño.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Segunda división española 1979/80

A tempada 1979–80 da Segunda División de España foi a 48ª edición deste torneo. A categoría estivo composta por 20 equipos, dos cales Real Murcia, Real Valladolid e CA Osasuna ascenderon a Primeira División mentres que Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, Gimnàstic de Tarragona e Algeciras CF descenderon a Segunda División B.

Selección de fútbol de Galicia

A selección de fútbol de Galicia é o equipo de fútbol formado por xogadores galegos, que representa á Federación Galega de Fútbol, independentemente de que participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola FIFA. Dado que este organismo non é membro da FIFA nin do COI, a selección absoluta galega non pode participar en torneos oficiais e só disputa partidos amigábeis a nivel internacional. Porén, en categorías inferiores participa nas competicións que organiza a Federación Española de Fútbol, e dende 1999 a Selección de Galicia de afeccionados disputa a Copa das Rexións da UEFA.

O equipo é coñecido familiarmente como «A Irmandiña», rememorando a historia da Galicia medieval, na cal se constituíron Irmandades para a defensa do pobo fronte os abusos dos señores.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.