Arroz

O arroz ([aˈrɔθ]; en gran parte do territorio pronunciado con seseo como [aˈrɔs] (arrós)[1]) é o gran da planta do arroz (Oryza sativa), unha planta da familia das gramíneas que alimenta máis da metade da poboación humana do mundo.

O arroz necesita de auga en abundancia e man de obra intensiva. Dáse ben mesmo en terreos moi inclinados e é costume, nos países do sueste asiático encontrárense socalcos onde se cultiva.

É o terceiro maior cultivo cerealista do mundo, só superado polo millo e o trigo.

White, Brown, Red & Wild rice
Unha mestura de arroz branco, moreno e rubio índico, tamén con grans de arroz salvaxe (Zizania)

Historia do cultivo

Arròs de bacallà amb espàrrecs verts
Arroz con bacallau e espargos
Riziere Oki
Utagawa Hiroshige ,Campo de arroz na provincia de Oki, vista de O-Yama.

Comezou a cultivarse simultaneamente en varios países hai máis de 6 milenios. Dúas especies do xénero foron domesticadas, esta, o arroz asiático (Oryza sativa) e o arroz africano (Oryza glaberrima).

O cultivo de secaño introduciuse no Xapón e Corea aproximadamente no 1000 a. C. O posterior arroz de alagamento en agricultura intensiva foi en Corea entre 850 a 500 a. C., e pasou ao Xapón polos Yayoi arredor do 300.

O. sativa adaptouse no medio-leste europeo e o Mediterráneo contra o 800. Os árabes levárono á Península Ibérica cando a conqueriron no 711. Despois da metade do século XV, o arroz chega a toda Italia e despois a Francia, espallándose a todo o continente durante as grandes exploracións europeas. En 1694, o arroz arribou a Carolina do Sur, probabelmente orixinario de Madagascar. Os españois levaron o arroz a América do Sur a principios do século XVIII. Nunca foi un cultivo moi común en Galiza, porén como alimento é esencial na gastronomía galega[2].

Na época colonial dos Estados Unidos, especialmente en Carolina do Sur e Xeorxia medrou moito o cultivo de arroz en parte pola man de obra dos escravos vidos de Senegambia (África occidental). Polo porto de Charleston entraron o 40% de todos os escravos norteamericanos. Os escravos desa rexión de África tiñan o prezo máis alto, xa que coñecían ben o cultivo do arroz; traballaron en plantacións de Georgetown, Charleston, e Savannah. Os escravos arpendéronlles aos donos dos campos a choer e alagar as leiras. Ao principio, o arroz apañábase a man con fouciños de madeira e deitábase en queipos. A invención da colleitadora e a nova hidráulica dos muíños (inventada en 1787 por Jonathan Lucas) incrementaron a produtividade da cultura e supuxeron un grande avance. O cultivo de arroz no suroeste dos EUA fíxose menos rendíbel coa ilegalización da escravitude despois da Guerra Civil Norteamericana.

Produción mundial e mercado

Principais Produtores - 2005
(millónes de t)
Flag of the People's Republic of China.svg China 185
India India 129
Flag of Bangladesh.svg Bangladesh 40
Flag of Vietnam.svg Vietnam 36
Flag of Thailand.svg Tailandia 27
Flag of Indonesia.svg Indonesia 54
Flag of Myanmar.svg Myanmar 25
Flag of the Philippines.svg Filipinas 15
Flag of Brazil.svg Brasil 13
Flag of Japan.svg Xapón 11
Total Mundial 619
Fonte:
UN FAO (FAO)
[1]

A produción mundial de arroz [3] foi subindo nas últimas décadas, dende os 200 millóns de Tm. en 1960 até os 600 millóns de Tm. en 2004. O arroz refinado (branco) supón o 68 % do arroz moreno en peso. En 2004, os tres produtores máis importantes foron China (31 % da produción mundial), India (20 %), e Indonesia (9 %). Porén só o 6 % do arroz é comercializado internacionalmente; os tres principais países exportadores son Tailandia (26 %), Vietnam (15 %), e EUA (11 %), mentres que os tres importadores máis importantes son: Indonesia (14 %), Bangladesh (4 %), e Brasil (3 %).

O 2006 producíronse 420 millóns de toneladas de arroz a nivel mundial, mais só 25 millóns foron exportados.

Nutrición humana

Arroz branco, longo, cocido sen sal
Rice p1160004
Valor nutricional por 100 g
Enerxía130 kcal (540 kJ)
28.1 g
Azucres0.05 g
Fibra alimentaria0.4 g
0.28 g
2.69 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
2%
0.02 mg
Riboflavina (B2)
1%
0.013 mg
Niacina (B3)
3%
0.4 mg
Ácido pantoteico (B5)
0%
0 mg
Vitamina B6
7%
0.093 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
1%
10 mg
Ferro
2%
0.2 mg
Magnesio
3%
12 mg
Manganeso
0%
0 mg
Fósforo
6%
43 mg
Potasio
1%
35 mg
Sodio
0%
1 mg
Cinc
1%
0.049 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga68.44 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient
Arroz branco curto, cocido
Valor nutricional por 100 g
Enerxía544 kJ (130 kcal)
28.73 g
Azucres0 g
Fibra alimentaria0 g
0.19 g
2.36 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
2%
0.02 mg
Riboflavina (B2)
1%
0.016 mg
Niacina (B3)
3%
0.4 mg
Ácido pantoteico (B5)
8%
0.4 mg
Vitamina B6
13%
0.164 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
0%
1 mg
Ferro
2%
0.20 mg
Magnesio
2%
8 mg
Manganeso
19%
0.4 mg
Fósforo
5%
33 mg
Potasio
1%
26 mg
Cinc
4%
0.4 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga68.53 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

O arroz aporta 360 kcal (1510 kJ) cada 100 g, 79% de glícidos, 7% de proteínas e 1% de graxas. Aínda que se están a realizar novo sistemas de procesamento industrial do arroz común sen casca que preservan gran parte dos nutrientes mediante un tratamento previo con vapor de auga, e tamén novas especies transxénicas que engaden nutrientes (por exemplo desde 2000 existe arroz transxénico amarelo, arroz dourado, chamado así por posuír caroteno nos seus grans). E é que a meirande parte das vitaminas do arroz adóitanse perder en gran proporción (até un -85% das vitaminas) cos procesos de refinado e pulido. O consumo do arroz convencional branco (non enriquecido), porovoca un déficit de gran parte do complexo vitamínico B que pode dar lugar á doenza chamada beriberi. Por outra banda o consumo moi frecuente de arroz refinado ou branco (sen casca) adoite comportar o estrinximento pola falla de contido en fibras se esta non se subministra con outros alimentos. O arroz é, logo, moi útil en caso de diarreas porque, formando parte de axeitadas formulacións con auga e electrólitos, axuda a que se reduza esta e mellora a absorción de líquido.

Propiedades

Principios activos: Amidón (75%): composto basicamente por amilopectina (alfa-milosa) e beta-amilosa, albuminoides, vitaminas (B1 na casca), proteínas (0,7%), graxas, glutina, celulosa.[4]

Indicacións antidiarreico, demulcente, antiinflamatorio. En uso tópico empregado como vehículo de calor, é antiinfloxístico, analxésico e facilita a drenaxe de furúnculos e abscesos. O arroz moreno, pola súa riqueza en fibra, compórtase como laxante e hipolipemiante. Arroz branco, fariña: Gastrite, diarreas, síndrome do intestino irritábel, úlceras gastroduodenais, colite ulcerosas, enfermidade de Crohn. Afeccións cutáneas, inflamacións osteoarticulares, contracturas musculares, traumatismos, furúnculos, abscesos. Arroz moreno: estrinximento, hiperlipidemias, prevención da arteriosclerose.[4]

Úsasen os froitos (grans de arroz). Uso tópico: aplicado en forma de emplastos quentes.

Pratos de arroz

O arroz é un ingrediente fundamental da cociña de moitísimas culturas incluídas a mediterránea e a atlántica (galega). No País Valenciano, as Illas Baleares e Murcia existen numerosas variantes deste prato, popularmente coñecidos como paella. Así temos o arroz de lagosta, o arroz negro, o arroz a banda, o arròs brut' (arroz con codia), arròs amb fesols i naps, arroz no forno, arrossejat, arroz huertano, arroz en caldero (típico do Mar Menor) etc. O arroz con lebre é típico da cociña castelá.

Noutras cociñas mediterráneas o arroz é moi importante: o rissotto italiano (feito con arroz arborio ou carnaroli), o arroz turco, e os arroces con carnes do Cáucaso; tamén son de salientar as variantes hispanoamericanas de pratos de arroz como o arroz á cubana ou o arroz con polo.

Inevitabelmente presente na cociña asiática (innumerábeis receitas de arroz orientais: arroz fritido (tres delicias), arroz glutinoso) e árabe. Son coñecidos os arroces pilaf da India, ou o arroz fervido coma acompañante básico nos xantares chineses. No Xapón fanse con arroz os diferentes rolos e coma soporte do sushi (arroz fervido adubado con vinagre de arroz, sal e azucre).

O arroz doce é tamén unha sobremesa común en Europa (arroz con leite) e Asia.

O arroz en Galiza

Aínda que o arroz non se cultiva en Galiza, o seu consumo no país é grande, pois constitúe unha base da alimentación, o mesmo que en gran parte do globo, polos suculentos e variadísimos pratos que con el se fan, algúns dos cales son clásicos nas festas das aldeas (arroz caldoso, arroz con chícharos, arroz con lumbrigante, arroces con carnes...). A cociña galega utiliza o arroz nos diversos guisos e condimentacións que son comúns na vida ordinaria, pero ademais constitúe unha sobremesa de obriga e nutritiva, coma as papas de arroz (arroz con leite) e outros, nas datas mási sinaladas[5].

Ditos

  • Arroz e galo morto, pondera festivamente a esplendidez dunha comida, aludindo aos xantares extraordinarios de aldea; úsase precedido dos verbos haber e ter[5].

Galería de imaxes

Kome

Arroz branco a integral, de esquerada a dereita, arroz branco (xaponés), arroz con xerme, arroz moreno (integral).

Arroz con leche

Papas de arroz, unha das sobremesas esenciais en Galiza.

ValencianPaella

Paella, prato moi típico no levante español.

Brun kvit ris

Arroz longo branco e moreno.

Rice diversity

Colección de sementes de arroz.

Rice-fields-Indonesia-(Java)

Campos de arroz cos típicos socalcos enchoupados na illa de Xava (Indonesia).

Notas

  1. Real Academia Galega (1913-1928): Diccionario gallego-castellano
  2. Eladio Rodríguez González na súa obra Diccionario enciclopédico gallego-castellano (Galaxia, Vigo (1958-1961) fala da relación deste alimento con Galiza: Aínda que o arroz non se cultiva en Galiza, o seu consumo no país é grande, pois constitúe unha base da alimentación, o mesmo que en gran parte do globo, polos suculentos e variadísimos pratos que con el se fan, algúns dos cales son clásicos nas festas das aldeas. A cociña galega utiliza o arroz nos diversos guisos e condimentacións que son comúns na vida ordinaria, pero ademais constitúe unha sobremesa de obriga e nutritiva, coma as papas de arroz e outros, nas datas mási sinaladas
  3. todas as cifras UNTAD 1998-2002 International Rice Research Institute Arquivado 11 de xullo de 2006 en Wayback Machine. (setembro de 2005)
  4. 4,0 4,1 "Arroz". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 10 de marzo de 2010.
  5. 5,0 5,1 Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo

Véxase tamén

Ligazóns externas

Agricultura

A agricultura é a arte ou proceso de usar o solo para o cultivo de plantas co obxectivo de obter alimentos, fibras, enerxía e materia prima para facer roupa, construcións, medicamentos, ferramentas e, incluso, para a súa contemplación estética.

A persoa que traballa na agricultura é o agricultor ou a agricultora.

Algemesí

Algemesí é un concello da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Ribera Alta.

Amidón

O amidón é un polisacárido formado por unidades de glicosa coa fórmula xeral (C6 H10 O5)n producido por todas as plantas e polas algas. Consta de dous polímeros chamados amilosa e amilopectina, cuxa proporción nos gránulos de amidón varía coa especie, pero xeralmente predomina a amilopectina (75-80%). Os animais non producen amidón, pero si glicóxeno, que é parecido á amilopectina. O amidón é o carbohidrato máis abundante na dieta humana, xa que forma parte de cereais, tubérculos, fariñas etc. É un alimento de alto valor nutritivo e unha das principais fontes de enerxía. Convértese en azucres polo proceso dixestivo (rotura da cadea por hidrólise).

O amidón comercial obtense dos cerais (trigo, arroz, millo) e dos tubérculos (pataca, mandioca). O amidón utilízase na industria alimentaria e noutras industrias, especialmente na industria do papel.

O amidón puro é branco, non ten sabor nin olor, e non se disolve en auga fría, pero tratado con auga quente a máis de 70 °C os seus gránulos desintégranse, formando unha solución mesta, homoxénea e pegañenta chamada engrudo.

A palabra deriva do latín "amilum" (amidón), e esta do grego αμυλον, "amylon", que significa "non moído nun muíño". A raíz amil úsase en bioquímica aplicada a diveros compostos relacionados co amidón.

Arroz con chícharos

Arroz con chícharos foi un programa da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1990-1991 dedicado á realización de receitas de cociña e ofrecer información sobre a gastronomía e o mundo do cosumo, dirixíao Xosé Cermeño e presentábao Susana Dans.

Calasparra

Calasparra é un concello español da Rexión de Murcia, situado na comarca do Noroeste. Actualmente ten 10.214 habitantes (INE 2017).

Está situado a unha altitude de 350 msnm. Limita ao norte con Hellín, na provincia de Albacete, ao oeste con Moratalla, ao sur con Cehegín e ao leste con Cieza.

Ten fama polo seu arroz e en especial a variedade «bomba», que ten denominación de orixe.

Canela

A canela é unha especia que se tira da codia interna desecada, extraída pelando as pólas da caneleira (Cinnamomum zeylanicum ou Cinnamomum verum), unha árbore procedente da Sri Lanka. Emprégase en pau ou moída (en po). En Galiza emprégase moito para adubar a típica sobremesa de arroz con leite.

Catarroja

Catarroja é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud. Limita con Albal, Alcàsser, Massanassa, Paiporta, Picanya, Torrent e a cidade de Valencia.

Cereal

Este artigo trata sobre as plantas gramíneas, para o alimento industrial que se toma de mañá, véxase o artigo Cereal para o almorzo.

Os cereais(da deusa romana da agricultura; Ceres) son plantas que se aproveitan principalmente polos seus grans, que botánicamente denomínase cariópside, o cal ten o endosperma con amidón que se pode transformar en fariña e que se presta a varias preparacións alimentarias (pan, pasta, bicas, etc.), e que tamén son a materia prima para a fabricación de bebidas alcohólicas (cervexa, whisky, sake). Ademais do seu uso dietético e en alimentación animal, sácase aceite deles, especialmente do millo.

En sentido estrito só son cereais algunhas gramíneas pero tamén se adoita a considerar como cereais os grans dalgunhas outras familias cultivadas para consumo humano ou animal. Seguindo esta interpretación estrita hai que considerar só seis cereais: o trigo, o millo, o arroz, a cebada, a avea e o centeo; nun sentido máis amplo, téndese a considerar como cereais o millo miúdo, o sorgo e mesmo o alforfón.Actualmente os cereais abastecen a maior parte (45%) das calorías alimentarias da humanidade.En termos botánicos os cereais pertencen ás familia poáceas (ou gramíneas). Algúns grans doutras familias botánicas asimílanse ás veces cos cereais: o gran de alforfón (polygonaceae), a quinoa (quenopodiaceae) e o sésamo (pedaliaceae).

Comunidade Valenciana

A Comunidade Valenciana (en valenciano: Comunitat Valenciana, en castelán: Comunidad Valenciana), tamén coñecida como País Valenciano (en valenciano: País Valencià, en castelán: País Valenciano), é unha comunidade autónoma na costa mediterránea de España, recoñecida como nacionalidade no seu Estatuto de Autonomía. É así pois un país ou rexión de Europa situado ó leste da Península Ibérica, que popularmente se denomina moitas veces simplemente Valencia.

Esténdese entre o río Sénia en Vinaròs até Pilar de la Horadada, máis aló da desembocadura do río Segura, cunha delimitación terrestre de 834 km de lonxitude, e 644 km de lonxitude de costa. Ademais, as illas mediterráneas de Nova Tabarca e das Columbretes, son tamén de administración valenciana. A súa posición xeográfica é 40º 47' ó extremo norte, 37º 51' ó extremo sur, 0º 31' E ó extremo oriental, e 1º 31' W ó extremo occidental.

As súas orixes remóntanse no histórico Reino de Valencia creado no século XIII como causa da colonización feudal de aragoneses, fundamentalmente e por esta orde, dos reinos de taifas islámicos de Valencia, Dénia, e parte de Murcia. Tras o desmantelamento do Reino en 1707 polos Decretos de Nova Planta do rei Filipe V e dos frustrados intentos de conseguir o autogoberno durante finais do século XIX e comezos do XX, en 1982 finalmente acádao cun Estatuto de Autonomía, que foi reformado en 2006.

Administrativamente limita ó oeste con Castela-A Mancha e Aragón, ó sur con Murcia e ó norte con Cataluña. Ten máis de 4,8 millóns de habitantes, aínda que a cifra é moi superior se contabilizamos os habitantes de segunda residencia de outros países de Europa e os inmigrantes non censados. Así, as cidades con máis de 100.000 hab. son Valencia (807.200 hab.), Alacant (331.750 hab.), Elx (228.348 hab.), Castelló de la Plana (177.924 hab.) e Torrevieja (101.381 hab.).

Pavía

Este artigo trata sobre unha vila, para o froito véxase artigo Cultivares de pexego.

Pavía é unha cidade do suroeste de Lombardía, no norte de Italia, é cruzada polo río Ticino (Durante a época romana chamábase Ticinum.), un pouco ao norte da confluencia co río Po. É capital da provincia de Pavía e en 2001 contaba con 71.074 habitantes.

A provincia de Pavía dedícase sobre todo á agricultura (viño, arroz e cereais). As industrias son escasas e están localizadas nos suburbios da cidade.

Foi capital do reino longobardo. Desde a Idade Media foi sede dunha das universidades máis antigas de Italia. A cidade estivo fortificada até 1842, cando os bastións se transformaron en rúas e xardíns públicos. Porén, grande parte dos muros ficou en pé até 1901, cando foron derrubados para construír a estrada de circunvalación.

Provincia de Ang Thong

Ang Thong (en tailandés: อ่างทอง) é unha provincia da Tailandia. A súa capital é a cidade de Ang Thong.

Limita coas provincias tailandesas de, empezando polo norte e seguindo o sentido das agullas do reloxo, Sing Buri, Lopburi, Ayutthaya e Suphanburi.

Son Gohanda

Son Gohanda (孫 悟飯) é un personaxe de ficción do manga Dragon Ball/Dragon Ball Z e do anime Dragon Ball Z e Dragon Ball GT. É metade guerreiro do espazo e metade humano. O seu nome significa "arroz fervido".

Sueca

Sueca é un concello da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Ribera Baixa; a súa orixe radica nun casal árabe. Ten 28.713 habitantes (INE 2008).

Como o seu enorme termo municipal dedícase en grande parte ao cultivo do arroz, considérase que esta zona podería ser a orixe da paella. A cidade alberga dende 1961 o prestixioso Concurso Internacional de Paella Valenciana.

Suxi

O suxi (鮨, 鮓, 寿司 ou 壽司) é unha preparación culinaria de orixe xaponesa elaborada a base de arroz cocido adubado con vinagre de arroz, azucre e sal, con peixe cru ou verduras, xeralmente envoltos nunha folla de nori. Este prato é un dos máis recoñecidos da gastronomía xaponesa e un dos máis populares internacionalmente.

Aínda que normalmente se asocia o suxi co peixe e o marisco, tamén pode levar verduras ou ovo. Ademais, os produtos frescos tradicionais que acompañan o arroz non teñen por que ir sempre crus. Inclúense tamén preparacións fervidas, fritidas ou marinadas.

O suxi prepárase tipicamente en unidades pequenas, aproximadamente do tamaño dun bocado e poden adoptar diversas formas. Sérvense o peixe e o arroz enrodelados nunha folla de alga nori, e a iso chámaselle maki (rolo). Se se trata dunha especie de albóndega de arroz cuberta polo peixe falamos de nigiri. Cando o peixe se presenta embutido nunha pequena bolsa de tōfu fritido denomínase inari. Tamén pode servirse unha cunca de arroz para suxi con anacos de peixe e outros ingredientes por riba: entón chámaselle chirashi.

Fóra de Xapón o nome suxi ou sushi designa só as variedades máis habituais, coma o makizushi ou o nigirizushi; curiosamente é frecuente que se faga extensivo ó sashimi, un prato a base de peixe cru pero sen arroz.

Os xaponeses aconsellan comelo con paíños ou cubertos de madeira, ou directamente coa man. Debe evitarse o uso de utensilios metálicos, xa que alterarían o sabor da comida.

Ten Shin Han

Ten Shin Han (天津飯) é un personaxe ficticio do universo Dragon Ball. É un terrícola descendente de persoas de Tres Ollos (三つ目人, Mitsume Jin). O seu nome provén do arroz de Tianjin (天津).

Tracia

Tracia (en grego Thrákē ) é unha rexión do sueste de Europa, na Península dos Balcáns, ao norte do Mar Exeo, situada na actual Grecia e na Turquía europea.

No seu momento, esta rexión histórica estendíase desde Macedonia ata o Mar Negro e o Mar de Mármara; e desde o mar Exeo ata o Danubio. Ocupa a punta do sueste da Península Balcánica e comprende o Nordeste de Grecia, o sur de Bulgaria, e a zona europea de Turquía. Os seus límites variaron nos diferentes períodos. As montañas Ródope separan a Tracia grega da búlgara e o río Maritsa separa a Tracia turca da grega.

As cidades principais da zona son Istambul, Gallipoli, Edirne (antes Adrianópolis) e Tekirdag, todas elas en Turquía. Na zona grega distínguense Komotene, Janto e Alexandrópolis como as cidades máis grandes. A rexión de Tracia é esencialmente agrícola. Alí prodúcese tabaco, arroz, trigo, algodón, seda, aceite de oliva e froitas.

Vitamina A

A vitamina A é unha vitamina liposoluble, presente en forma de provitamina en certos vexetais e certos produtos animais (especialmente, fígado, ovos e produtos lácteos), necesaria para a formación e mantemento dos tecidos epiteliais (especialmente, da retina) e o desenvolvemento normal do tecido óseo, ademais doutras funcións fisiolóxicas.

Desde o punto de vista químico é un alcohol de fórmula C20H30O, chamado tecnicamente retinol (nome que debe ó seu efecto sobre a retina do ollo). Realmente, o que denominamos vitamina A é un conxunto ou familia de substancias químicas con acción vitamínica A (retinol, retinal e ácido retinoico), chamadas formas activas, e outro tipo de substancias que son precursoras daquelas, chamadas provitaminas. As formas activas máis coñecidas son os isómeros 11-cis-retinal, o trans-retinal e o ácido 9-cis-retinoico.

Nos alimentos está presente sempre en forma de vitamina preformada ou de provitamina que, no noso organismo, se transformarán en vitamina.

Nos alimentos de orixe animal (fígado, ovos e produtos lácteos, como dixemos) está en forma de ésteres do retinol.

Nos alimentos de orixe vexetal (cenorias, espinacas etc.) está en forma de carotenoides, sobre todo como β-caroteno. O metabolismo destas substancias pode dar lugar, segundo a fonte e o mecanismo químico de transformación –hidrólise ou oxidación-, a retinol, a retinal (tamén chamado retineno, retinaldehido ou aldehido de vitamina A) ou a ácido retinoico.A vitamina A foi a primeira vitamina descuberta, en 1913. Os investigadores Elmer McCallum e Marguerite Davis, da Universidad de Wisconsin-Madison, conseguiron demostrar que, para conseguir un crecemento normal en ratas, era necesario suplementa-la dieta experimental (formulada con principios inmediatos puros) cun “factor liposoluble A”, que achegaban engadindo manteiga ou aceite de fígado de bacallau, e un “factor liposoluble B”, que achegaban con sementes de trigo. Descoñecendo completamente a posible composición dos nutrintes que puideran conter eses suplementos, escolleron as primeiras letras do alfabeto para nomealos.

Fue sintetizada no laboratorio en 1947 polos químicos holandeses David Adriaan van Dorp e Jozef Ferdinand Arens.

A efectos de análises de alimentos ou de necesidades recomendadas na dieta (RDA, Recomendated Dietary Allowances), a actividade vitamínica A medíase en Unidades Internacionais (UI), pero úsase o Equivalente Retinol (ER) tendo en conta que o retinol absórbese mellor e ten máis actividade que os carotenoides. Así, 1 ER equivale a 1 μg de retinol, a 12 μg de beta-caroteno ou a 24 μg doutros carotenoides.. A correspondencia sería de 1 ER = 3,3 UI de vitamina A, ou 1 UI = 0,33 ER.

Vitamina B1

A vitamina B1, tamén coñecida como tiamina , é unha substancia que actúa como coenzima no metabolismo dos hidratos de carbono, permitindo metabolizar o ácido pirúvico. Ademais participa na síntese de substancias que regulan o sistema nervioso. A súa forma activa é o pirofosfato de tiamina (TPP).

A súa absorción no intestino realízase facilmente, polo que a súa falta na dieta causa problemas metabólicos, en particular a nivel do metabolismo dos carbohidratos, poucos días despois.

A carencia de vitamina B1 produce unha enfermidade con sintomatoloxía nerviosa denominada beriberi.

A vitamina B1 ou tiamina atópase na carne de vacún ou de porco, noces, garavanzos, millo, ovos, figos secos, fígado, avea, chícharos, cacahuetes, pataca, arroz integral, fabas de soia, trigo e fariña branca enriquecida.

Vitamina B5

A vitamina B5 ou ácido pantoténico é unha vitamina hidrosoluble (soluble en auga) que intervén como compoñente do coenzima A e doutras moléculas importantes.Desempeña un papel moi importante no funcionamento do metabolismo celular e do sistema nervioso e inmunitario. Esta vitamina utilízase no tratamento das alopecias, enfermidades das uñas e cambras do embarazo. Tamén se utiliza no tratamento de acne, xa que practicamente non ten efectos secundarios e dá moi bos resultados.

Atópase na maioría dos alimentos, sobre todo en ovos de ave e de peixe, fígado, ril, lácteos e fermento. Fontes de orixe vexetal: aabaza, cacahuetes, fermento de cervexa, pemento doce, tofu, arroz integral, améndoas, pipas de xirasol, entre outros.A falta de ácido pantoténico pode provocar infertilidade e insuficiencia renal, aumento de fatiga e tensión, caída do cabelo, feridas e úlceras cutáneas e alteracións na sensibilidade dos pés.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.