Arquitectura neogótica

O estilo arquitectónico neogótico refírese ao movemento xurdido no século XIX, pexorativamente denominado como pseudogótico, consistente na arquitectura realizada a imitación da gótica medieval. Polo seu común rexeitamento ao racionalismo neoclásico, é un estilo ligado ao romanticismo, e polas súas implicacións políticas, co nacionalismo. Como arquitectura historicista é unha reelaboración que reproducía a linguaxe arquitectónica propia do estilo gótico con formas máis ou menos xenuínas.

Apareceu en Inglaterra a mediados do século XVIII. No século XIX a Europa continental viviu unha auténtica febre neogótica que restaurou e completou catedrais, como a de Barcelona. En 1836 construiríase neste estilo o Parlamento de Londres. En Francia destacou o labor restauradora e reconstrutora do francés Eugène Viollet-le-Duc.

Mondonedo09
Igrexa de Santiago, Mondoñedo.[1]

Galería de imaxes do neogótico en Galicia

Torre da fachada da románica da igrexa de San Pedro de Angoares, Ponteareas.[Cómpre referencia]
Torre da fachada da románica da igrexa de San Pedro de Angoares, Ponteareas.[Cómpre referencia] 
Igrexa de San Miguel de Ponteareas.
Igrexa de San Miguel de Ponteareas.[3] 
Capela de San Roque de Salcidos, na Guarda, Pontevedra.
Capela de San Roque de Salcidos, na Guarda, Pontevedra.[4] 
Igrexa de Santa Cristina de Sabarís, en Sabarís, Baiona, Pontevedra.
Igrexa de Santa Cristina de Sabarís, en Sabarís, Baiona, Pontevedra.[5] 
Igrexa de San Bieito de Gondomar, en Gondomar, Pontevedra.
Igrexa de San Bieito de Gondomar, en Gondomar, Pontevedra.[6] 

Notas

  1. Igrexa Nova de Santiago. Mondoñedo
  2. Igrexa de Santiago de Vigo
  3. Igrexa Parroquial de San Miguel de Ponteareas
  4. "A Guarda. Patrimonio". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015.
  5. A Devesa
  6. Iglesia de San Benito de Gondomar

Véxase tamén

Outros artigos

  • Arquitectura neogótica en Galicia
Arquitectura gótica

A arquitectura gótica é o estilo arquitectónico propio da arte gótica, o estilo artístico, comprendido entre o románico e o renacemento, que se desenvolveu na Europa Occidental na Baixa Idade Media, dende finais do século XII até o século XV, aínda que máis aló de Italia continuou até os comezos do século XVI.

O vocábulo «gótico» é o adxectivo correspondente a godo. Foi empregado neste contexto por primeira vez polo tratadista florentino Giorgio Vasari, quen na súa famosa obra de biografías de pintores toscanos, inclúe varios capítulos sobre a arte na Idade Media. Vasari usou este termo en sentido pexorativo para denominar a arquitectura anterior ao Renacemento, propia dos bárbaros ou godos, cuxos compoñentes lle parecían confusos, desordenados e pouco dignos, por contraste á perfección da arte clásica. Na súa época adoitábase denominar como opus francigenum (estilo francés), por referencia á orixe da innovación.

Basílica da Santa Cruz

A basílica da Santa Cruz (en italiano, Basilica di Santa Croce) é un sobresaínte igrexa medieval católica italiana erguida na cidade de Florencia. Comezouse a construír o 3 de maio de 1294 sobre as ruínas dunha pequena igrexa erixida cara a 1222 polos franciscanos, en vida de San Francisco de Asís. O mestre de obras (hoxe diriamos arquitecto) foi Arnolfo di Cambio, quen recibido a encarga de substituír a pequena igrexa anterior por unha máis grande, que superase a basílica de Santa Maria Novella, iniciada 50 anos antes polos dominicos.

Foi consagrado o 6 de xaneiro de 1443, segundo o calendario florentino; 1444, segundo o actual. Foi declarada basílica menor o 20 de decembro de 1933.

Castelo de Karlštejn

O Castelo de Karlštejn (en checo: Hrad Karlštejn) é un castelo gótico construído en 1348 por encargo de Carlos IV, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e rei de Bohemia.

A fortaleza, que albergaba os tesouros reais, áchase na localidade de Karlštejn, a 30 quilómetros de Praga, na República Checa, e é un destino turístico moi visitado na República Checa.

Catedral de Barcelona

A Catedral da Santa Cruz e Santa Baia (en catalán: Catedral de la Santa Creu i Santa Eulàlia) é a catedral gótica de Barcelona, sede do Arcebispado de Barcelona, en Cataluña, España.

A catedral actual construíuse durante os séculos XIII a XV sobre a antiga catedral románica, edificada á súa vez sobre unha igrexa da época visigoda á que precedeu unha basílica paleocristiá, cuxos restos poden verse no subsolo, no Museo de Historia da Cidade. A finalización da impoñente fachada no mesmo estilo, con todo, é moito máis moderna (século XIX). O edificio é Ben de Interese Cultural e, desde o 2 de novembro de 1929, Monumento Histórico-Artístico Nacional.

Está dedicada á Santa Cruz (Santa Creu) e a Santa Baia (Santa Eulàlia), patroa da cidade de Barcelona (actualmente é máis celebrada como tal a Virxe da Mercé que, estritamente, é patroa da diocese de Barcelona, pero non da cidade), unha nova doncela que, de acordo coa tradición católica, sufriu o martirio durante a época romana. Unha de tales historias conta que foi exposta espida no foro da cidade e que milagrosamente, a metade de primavera, caeu unha nevada que cubriu a súa nudez. As autoridades romanas metérona nun barril con vidros rotos, cravos e coitelos cravados nel e lanzaron costa abaixo o barril (de acordo coa tradición, trataríase da rúa Baixada de Santa Eulàlia). E así, ata trece martirios diferentes, un por cada ano de idade da santa. Finalmente, foi crucificada nunha cruz en forma de aspa, que é o emblema da catedral e a diocese, así como o atributo iconográfico da santa.

A catedral conta cun claustro gótico no que viven trece gansos brancos (cóntase que Eulalia tiña trece anos cando foi executada e que pastoreaba gansos no seu predio de Sarrià, preto da cidade).

Igrexa de María de Xesé (Delft)

A igrexa de María de Xesé (en neerlandés: Maria van Jessekerk) é unha igrexa parroquial católica de estilo neogótico sita na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, construída no período entre os anos 1875 e 1882, e deseñada en forma de cruz polo arquitecto Evert Margry, un discípulo de Pierre Cuypers.Orixinariamente, a igrexa tiña a advocación de San Xosé; no entanto, desde 1971 cambiouse pola de María de Xesé, de gran tradición en Delft. A igrexa forma parte da parroquia de Santa Úrsula.

Esta igrexa foi a primeira de confesión católica en ser restablecida despois da Reforma. A igrexa Vella e a igrexa Nova foran tamén católicas antes da Reforma, pero reformáronse de camiño; as dúas torres da igrexa de María de Xesé fan referencia a esa etapas católicas de ambas, e inspíranse á súa vez nas súas torres.

Notre-Dame de París

Notre-Dame de Paris (Nosa Señora de París ou mesmo O chepudo de Notre Dame en galego) é unha novela de Victor Hugo, publicada en 1831 e composta por once libros que se centra na desafortunada historia de Esmeralda —unha xitana— , Quasimodo —un corcovado xordo— , e Claude Frollo —un arcediago — no París do século XV. Todos os seus elementos —ambientación renacentista, amores imposíbeis, personaxes marxinados, final tráxico— fan da obra un modelo dos temas literarios do Romanticismo francés.

Palacio de Westminster

O Palacio de Westminster é o lugar no que se reúnen as dúas cámaras do Parlamento do Reino Unido (a Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns). O palacio atópase situado na beira norte do río Támese en Westminster en Londres, preto doutros edificios gobernamentais en Whitehall. O palacio serviu inicialmente como residencia real, a pesar de que ningún monarca viviu nel dende o século XVI. A maior parte da estrutura actual data do século XIX, data na que o palacio foi reconstruído logo dun incendio en 1834 que destruíu a maior parte do edificio. Os arquitectos responsables da reconstrución do palacio foron Sir Charles Barry e Augustus Pugin. O edificio é un exemplo do estilo neogótico. Unha das características máis senlleiras do palacio é a torre do reloxo, unha atracción turística que aloxa a campá chamada Big Ben, nome asignado erroneamente ao reloxo da torre.

O palacio contén máis de mil habitacións, sendo as máis importantes as correspondentes aos Salóns da Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns. O palacio tamén inclúe salas de reunión, bibliotecas, corredores, comedores, bares e ximnasios. É o lugar onde se realizan importantes cerimonias de estado, das cales a máis importante é a Cerimonia de apertura do Parlamento. O palacio está moi asociado coas dúas Cámaras, tal como o demostran o emprego da palabra "Westminster" para referirse ao "Parlamento". As oficinas dos parlamentarios atópanse en edificios próximos, tales como a Casa Portcullis e os Edificios Norman Shaw.

Santuario de Las Lajas

O Santuario da nosa Señora do Rosario de Las Lajas é un templo e basílica para o culto cristián e veneración da nosa Señora de Las Lajas. O edificio principal mide 27,50 metros de altura e a torre é de 100 metros. A ponte mide a 50 metros de alto por 17 metros de ancho e 20 de longo. Este santuario atópase en Ipiales, no departamento de Nariño, ao sur de Colombia e é destino de peregrinación e turismo desde o Século XVIII.

Silverstone

Silverstone é unha vila e parroquia civil en Northamptonshire, Inglaterra. Está a 6´4 km. de Towcester pola A43 a antiga estrada principal, e a 16 km. pola autoestrada M1. A A43 circunvala a vila polo sur-este, entre o pobo e o circuíto de carreiras.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.