Arquitectura do Barroco

A arquitectura do Barroco, tamén coñecida como arquitectura barroca, é un período da historia da arquitectura que veu precedida do Renacemento e do Manierismo; xerouse en Roma durante o século XVII e estendeuse até mediados do século XVIII polos Estados absolutistas europeos.

O termo Barroco, derivado do portugués "barru", "perla de forma diferente ou irregular", utilizouse nun primeiro momento de forma despectiva para indicar a falta de regularidade e orde do novo estilo. A característica principal da arquitectura barroca foi a utilización de composicións baseadas en puntos,curvas, elipses e espirais, así como figuras policéntricas complexas compostas de motivos que se intercalaban uns con outros. A arquitectura valeuse da pintura, a escultura e os estucados para crear conxuntos artísticos teatrais e exuberantes que servisen para enxalzar aos monarcas que os encargaron.

Nalgúns países europeos como Francia e Inglaterra e noutras rexións da Europa setentrional produciuse un movemento máis racionalista derivado directamente do Renacemento que se denominou Clasicismo barroco. Ao longo do século XVIII foise desenvolvendo en Francia un movemento derivado do Barroco que multiplicaba o seu exuberancia e baseábase fundamentalmente nas artes decorativas que se denominou Rococó e acabouse exportando a boa parte de Europa.

Contrariamente ás teorías segundo as cales o movemento barroco xurdiu a partir do Manierismo, foi o Renacemento tardío o movemento que acabou desencadeando en último termo o Barroco. De feito, a arquitectura manierista non foi suficientemente revolucionaria para evolucionar radicalmente, nun sentido espacial e non só superficial, a partir dos estilos da antigüidade aos novos fins populares e retóricos da época do contrarreformismo.

Xa no século XVI, Miguel Anxo Buonarroti anunciara o Barroco dunha forma colosal e masiva na cúpula da Basílica de San Pedro de Roma, así como as alteracións nas proporcións e as tensións das ordes clásicas expresados na escaleira de acceso á Biblioteca Laurenciana de Florencia, do mesmo autor, e a enorme cornixa engadida ao Palacio Farnese. Estas intervencións suscitaran diversos comentarios na súa época pola súa brusca alteración das proporcións clásicas canónicas. Non obstante, noutras obras Miguel Anxo cedera á influencia manierista, polo que foi só tras o fin do Manierismo cando redescubriuse a Miguel Anxo como o pai do Barroco.

O novo estilo desenvolveuse en Roma, e alcanzou o seu momento álxido entre 1630 e 1670; a partir de entón o Barroco estendeuse polo resto de Italia e de Europa, mentres que no século XVIII Roma volveu de novo ao Clasicismo seguindo o exemplo de París.

A influencia do Barroco non se limitou ao século XVII; a principios do século XVIII desenvolveuse o estilo denominado Rococó, que non sendo unha pura continuación do primeiro podería ser considerado como a última fase do Barroco.

Stift melk 001 2004
A abadía de Melk (Stift Melk), Wachau, Austria.

Desenvolvemento histórico e xeográfico

A xénese da arquitectura barroca iníciase en Italia, con figuras tan determinantes como Gian Lorenzo Bernini e Francesco Borromini.

En España, a arquitectura barroca vai estar presidida polo gusto pola desornamentación e a sobriedade que introducira o estilo herreriano, con importantes edificios nos que impera un estilo mesurado e case clásico.

Palacio Cap Gen2
Palacio dos Capitáns Xerais, na Habana.

En América, tras a conquista española, a linguaxe do barroco desenvolveuse en forma importante enriquecéndose coa man de obra e os conceptos propios da arquitectura e arte precolombianas, como o uso extensivo de cores brillantes, destacándose en forma especial o barroco mexicano, peruano e o cubano.

En Alemaña e en Austria a inspiración italiana combinada coa francesa creará edificios de grande exuberancia decorativa, sobre todo nos interiores, de luminosidade brusca, que darán paso ao estilo Rococó (O Rococó defínese polo gusto polas cores luminosas, suaves e claros).

En Inglaterra predomina o equilibrio e a austeridade.

O urbanismo

Rua geraldo resende tiradentes
Exemplo de Arquitectura do Barroco en Brasil.

A cidade do barroco vese como a imaxe do seu gobernante, cuxa importancia se mide polo seu tamaño e polo número dos seus habitantes.

Nas cortes máis poderosas de Europa, a estrutura urbana tentará ostentosamente asentar os valores e a estrutura política creada polos dirixentes.

A cidade vaise a estruturar ao redor dun centro, como o poder absoluto ten como centro o Rei, ao que conflúen grandes vías, rectas de amplas perspectivas. As prazas serán un dos grandes elementos, reflexo e símbolo do poder civil ou relixioso, entendidas como escenarios de festas e representación.

Os cambios vanse a reflectir mellor nas pequenas cortes europeas, onde as realizacións poden cambiar e determinar a imaxe de toda a cidade, como é o caso de Würzburg, mentres que nos grandes organismos urbanos como París ou Roma, a complexidade e a aparatosidade dos proxectos vaise a enfrontar coa cidade preexistente, que dificulta en gran medida a transformación pretendida, conseguíndose mellores resultados nas novas residencias dos soberanos, fóra da cidade, como é o caso de Versalles.

América recibiu os conceptos urbanísticos renacentistas primeiro e barrocos posteriormente, ao longo da extensiva urbanización que os colonizadores europeos levaron a cabo durante os séculos XVI a XIX.

A arquitectura galega no Barroco

Catedral de Santiago de Compostela 10
Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago de Compostela.
Artigo principal: Arquitectura barroca en Galicia.

A arquitectura barroca transformou Santiago de Compostela, centro do barroco galego, comezando pola catedral, á que se lle engadiron as torres e a fachada do Obradoiro.

A arquitectura civil está representada polos numerosos pazos.

  • Arquitectos destacados
  • Construcións destacadas

Véxase tamén

Bibliografía

  • José Milicua (dir.), Barocco e rococò. Architettura, scultura e pittura, en Storia Universale dell'Arte, Istituto Geografico De Agostini, Novara 1989

Outros artigos

Historia da arquitectura

A Historia da Arquitectura estuda a evolución e hisoria da Arquitectura no mundo considerando varias influencias, a artística, sociocultural, política, económica e tecnolóxica. En xeral, a cuestión é como relacionar o significado (funcións intanxibles, propostas, símbolos) co medio construído (táboas, xanelas, teitos, camiños) a través das necesidades da vida (comida, traballo, comunidade etc.) no contexto histórico. A Historia da Arquitectura, como calquera outra forma de coñecemento, é moi subxectiva sobre as limitacións e potenciais da historia divisada como unha disciplina. Polo tanto, houbo moitas perspectivas no estudo da Arquitectura, a maioría delas occidentais.

No século XIX, a arquitectura do pasado foi entendida como unha persectiva formal, facendo énfase nas características morfolóxicas da forma, técnica e materiais. Neste período tamén foi vista a emerxencia individualista do arquitecto, a amálgama de cuxas intencións converteríanse no suxeito dos movementos artísticos. Sobre isto, a historia da arquitectura é unha subcategoría da historia da arte, a cal céntrase na evolución dos principios e estilos no deseño dos edificios e das cidades.

Baixo as presións do pluralismo posmoderno, teorías recentes intentaron abrir a arquitectura a unha nova variedade de interpretacións. Novas teorías lingüísticas foron populares na metade dos noventa e intentaron "ler" os elementos arquitectónicos como unha linguaxe autónoma, contribuíndo ó curso do proxecto da Teoría Crítica. O traballo de Hermeneutics constitúe outra perspectiva da historia da arquitectura e céntraa sobre a sutiación natural entendida fenomenoloxicamente. Aínda que ambos identifiquen a arquitectura como unha especie de linguaxe, eles difiren nas referencias; a Teoría Crítica é amplamente autoreferenciada, mentres que Hermeneutics é contextual.

O clima de oportunismo pode ser visto como unha reacción ós aspectos metafísicos das teorías anteriores, así como unha vantaxe no manifesto supermoderno na Globalización, logo no Capitalismo e nas democracias neo-liberais. Un incremento da conciencia na influencia colonialista tamén animara a unha reexaminación da arquitectura nos países colonizados recentemente e procura liberar a súa historia e práctica dalgunhas inapropiadas doutrinas occidentais.

O feito de considerar á historia da arquitectura coma unha disciplina no mundo occidental reflíctese na claridade do desenvolvemento da arquitectura de occidente, mentres que no mundo non occidental ao estudar o desenvolvemento da arquitectura non nos decatamos dunha variación do seu contexto histórico. Isto é moito máis complexo nas actuacións do colonialismo occidental. Algúns historiadores posmodernos tentaron dirixir estes temas, pero a complexidade da materia non fixo posible un acordo sobre o asunto. Mais, en xeral, pode dicirse que a historia da arquitectura reflicte o desenvolvemento histórico do seu tempo.

Theatinerkirche

A Theatinerkirche que tamén é coñecida como a igrexa dos Teatinos debido a que estivo ao cargo dos padres da orde dos teatinos desde 1675 até 1801, ou San Caetano. É unha igrexa dedicada a San Caetano, localizada no centro de Múnic, no estado Alemán de Baviera. A igrexa foi edificada entre 1663 e 1690, e fundada polo elector Fernando I María e maila súa dona, Enriqueta Adelaida de Savoia, como xesto de agradecemento polo nacemento do desexado herdeiro da coroa bávara, o príncipe Maximiliano Manuel, en 1662.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.