Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica é a catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

Arquidiocese de Santiago de Compostela
Compostellana
2010-Catedral de Santiago de Compostela-Galicia (Spain) 4
Datos xerais
SufragáneasLugo
Mondoñedo-Ferrol
Ourense
Tui-Vigo
Información
Igrexa particularIgrexa latina
IgrexaIgrexa católica
RitosRito romano
Xerarquía
PapaFrancisco
ArcebispoJulián Barrio
Outros datos
Páxina webarchicompostela.org
Dioceses con nome Santiago de Compostela

Historia

Mapa do arcebispado de Santiago (1825)
Mapa do arcebispado de Santiago de 1825.

Elevouse a arquidiocese en 1120, é continuadora da diocese de Iria, estabelecida no Primeiro Concilio de Braga no ano 569, que, logo do descubrimento do sartego de Santiago o maior entre 820 e 830, tiña como residencia do bispo a cidade de Compostela, aínda que oficialmente non se trasladou a sé ata o ano 1095.

Durante a Idade Media o arcebispo de Santiago de Compostela, por privilexio concedido pola monarquía, exercía xurisdición señorial sobre a Terra de Santiago.

A abreviatura SAMI, de "Santa, Apostólica e Metropolitana Igrexa", aplícase tradicionalmente á sé da arquidiocese de Santiago de Compostela. O uso de SAMI é habitual en textos antigos (sobre todo na historiografía galega do século XIX, coma por exemplo por Antonio López Ferreiro ou Ángel Amor Ruibal) pero úsase coma abreviación tamén hoxe en día.

Dependencias

Pazo Arcebispal
Pazo arcebispal.

A arquidiocese cobre unha superficie de 8.546 km² e segundo datos de 2004 vivían nela 1 287 118 persoas, deles 1 132 664 católicos (o 88 % da poboación) e dela dependen 1.069 parroquias. Na diocese hai 627 sacerdotes diocesanos e 141 sacerdotes relixiosos, 1.017 relixiosas e 278 relixiosos. Da arquidiocese dependen catro dioceses sufragáneas: Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo. O actual titular é Julián Barrio.

Arcebispos

Gelmires
Diego Xelmírez no Tombo de Toxos Outos.
Julián Barrio
Julián Barrio, actual arcebispo.
  1. Diego Xelmírez (1120–1140)
  2. Pedro Helías (1143-1149).[1]
  3. Bernardo I (1151–1152)
  4. Paio Camundo (1153–1167)
  5. Martín Martínez (1156–1167)
  6. Pedro Gundestéiz (1168–1173)
  7. Pedro Suárez de Deza (1173–1206)
  8. Pedro Muñiz (1207–1224)
  9. Bernardo II (1224–1237)
  10. Xoán Arias (1238–1266)
  11. Egas Fafez, Bispo de Coímbra, promovido a Santiago en 1267, faleceu en Montpellier, sen tomar posesión
  12. Gonzalo Gómez (1273–1281?)
  13. Rodrigo González (1286–1304)
  14. Rodrigo de Padrón (1307?–1316)
  15. Berenguel de Landoira (1317–1330)
  16. Xoán II (Xoán Fernández de Lima) (1331–1338)
  17. Martín Fernández (1339–1343)
  18. Pedro V (1344–1351)
  19. Gómez Manrique (1351–1362)
  20. Suero Gómez de Toledo (1362–1366)
  21. Alonso Sánchez de Moscoso (1367–1367)
  22. Rodrigo de Moscoso (1368–1382)
  23. Xoán III (Xoán García Manrique) (1383–1388)
  24. Lope de Mendoza (1399–1445)
  25. Álvaro Núnez de Isorna (1445–1449)
  26. Rodrigo de Luna (1451–1460)
  27. Alonso I de Fonseca (1460–1464)
  28. Alonso II de Fonseca (1464–1506)
  29. Alonso III de Fonseca[2] (1506–1524)
  30. Xoán Tabera (1524–1534). Cardeal da Igrexa romana
  31. Pedro Gómez Sarmiento (1534–1541). Cardeal da Igrexa romana
  32. Gaspar de Abalos. (1542–1545). Cardeal da Igrexa romana
  33. Pedro Manuel (1546–1550)
  34. Xoán IV (Xoán Alvarez de Toledo) (1550–1557). Cardeal da Igrexa romana
  35. Frei Afonso de Castro, OFM (1558), morto antes de tomar posesión
  36. Gaspar de Zúñiga y Avellaneda (1559–1569)
  37. Cristóbal Fernández de Valtodano (1570–1572)
  38. Francisco Blanco Salcedo (1574–1581)
  39. Juan de Yermo y Hermosa (1582–1583)
  40. Alonso Velázquez (1583–1587)
  41. Xoán V (Juan de Sanclemente) (1587–1602)
  42. Maximiliano de Austria (1603–1614)
  43. Xoán VI (Juan Beltrán de Guevara) (1615–1622)
  44. Luis Fernández de Córdoba (1622–1624)
  45. Agustín Antolínez, O.S.A. (1624–1626)
  46. José González Villalobos, O.P. (1627–1630)
  47. Agustín Spínola (1630–1645). Cardeal da Igrexa romana
  48. Fernando de Andrade y Sotomayor (1645–1655)
  49. Pedro Carrillo y Acuña (1665–1667)
  50. Ambrosio Spínola y Guzmán (1668–1669)
  51. Andrés Girón (1670–1681)
  52. Francisco Seijas y Losada (1681–1684)
  53. Antonio de Monroy, O.P. (1685–1715)
  54. Luis Salcedo y Azcona (1716–1722)
  55. Miguel Herrero y Esgueva (1723–1727)
  56. José de Yermo y Santibánez (1728–1737)
  57. Manuel Isidro Orozco (1738–1745)
  58. Cayetano Gil Taboada (1745–1751)
  59. Bartolomé de Raxoi (1751–1772)
  60. Francisco Alejandro Bocanegra (1773–1782)
  61. Sebastián Malvar Pinto, OFM (1783–1795)
  62. Felipe Antonio Fernández Vallejo (1797–1800)
  63. Rafael de Múzquiz y Aldunate (1801–1821)
  64. Juan García Benito, Bispo de Tui e electo de Santiago, renunciou ao seu nomeamento sen chegar a tomar posesión
  65. Simón Antonio de Rentería y Reyes (16 de setembro a 4 de outubro de 1824)
  66. Frei Rafael de Vélez, OFM Cap. (nacido Manuel Anguita Téllez; 1825–1850)
  67. Miguel García Cuesta (1851–1873). Cardeal da Igrexa romana
  68. Miguel Payá y Rico (1875–1886). Cardeal da Igrexa romana
  69. Victoriano Guisasola Rodríguez (1886–1888)
  70. José Martín de Herrera y de la Iglesia (1889–1922). Cardeal da Igrexa romana
  71. Manuel Lago González (1924–1925).
    Lago González, Manuel
    Manuel Lago González.
  72. Julián de Diego García de Alcolea (1925–1927)
  73. Zacarías Martínez Núñez, O.S.A. (1928–1933)
  74. Tomás Muniz Pablos (1935–1948)
  75. Fernando Quiroga Palacios (1949–1971). Cardeal da Igrexa romana
  76. Carmelo Ballester Nieto (1971–1973). Bispo de Vitoria e preconizado arcebispo de Santiago, faleceu antes de tomar posesión
  77. Ángel Suquía (1973–1983)
  78. Antonio María Rouco Varela (1984–1994)
  79. Julián Barrio Barrio (1996–presente). Actualmente no cargo
Lago González, Manuel
Manuel Lago González.

Notas

  1. Á morte de Xelmírez, por influencia real, foi nomeado arcebispo o bispo de Salamanca, Berenguel. Aínda que se trasladou a Santiago e gobernou a diocese case dous anos, non foi confirmado o seu nomeamento polo papa. Non pode ser considerado arcebispo de iure, mais si de facto.
  2. Fillo do anterior, elixido co apoio de Fernando o Católico conseguiu que fose aprobado o seu nomeamento polo papa Xulio II. Entre ambos mandatos estableceuse un mandato de transición na figura do arcebispo Pedro Luis de Borja (sobriño do papa Borxia Alexandre VI) entre o 28 de agosto e o 23 de outubro de 1507, co fin de salvar a prohibición de que un fillo sucedera o pai nunha cadeira episcopal. O arcebispado non o inclúe na súa lista.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Compostellanum

Compostellanum. Sección de Estudios Jacobeos (ou Compostellanum. Sección de Ciencias Eclesiásticas) é unha revista católica en castelán, fundada polo cardeal Fernando Quiroga Palacios, publicada en Santiago de Compostela desde 1956, de periodicidade trimestral.

Diocese de Santiago

O nome de diocese de Santiago pode facer referencia a algunha das seguintes divisións territoriais eclesiásticas:

Na Igrexa Latina, parte da Igrexa Católica:

Arquidiocese católica latina de Santiago de Chile.

Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela, Galicia.

Arquidiocese católica latina de Santiago de Cuba.

Arquidiocese católica latina de Santiago de los Caballeros, Republica Dominicana.

Diocese católica latina de Santiago de Cabo Verde.

Diocese católica latina de Santiago de María, O Salvador.

Diocese católica latina de Santiago de Veraguas, Panamá.

Diocese católica latina de Santiago del Estero, Arxentina.

Na Igrexa Episcopal nas Filipinas, parte da Comuñón Anglicana:

Diocese episcopal filipina de Santiago.

Instituto de Estudos Xacobeos

O Instituto de Estudos Xacobeos ou Centro de Estudos Xacobeos, é unha institución cultural galega dependente da Arquidiocese de Santiago de Compostela.

Pertegueiro maior de Santiago

O pertegueiro maior de Santiago é unha dignidade da arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela.

Circunscricións da Igrexa católica latina en España e Andorra
Arquidioceses:
Dioceses:
Ordinariato militar:
Dioceses
Relacionadas historicamente
Catedrais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.