Arquidiocese

Na Igrexa católica de rito romano, a arquidiocese [1](arqui- provén do grego e significan 'ser o primeiro') é unha diocese cun rango superior ás convencionais. O título é un nome honorífico e del dedúcese que o bispo titular sexa denominado arcebispo. Nas Igrexas orientais católicas, as arquidióceses denomínanse arquieparquías.

Mapa de las Diócesis de España
Mapa das dioceses de España. En cor máis escura as arquidioceses.

Diocese sufragáneas

A arquidiócese adoita presidir sobre un grupo de dioceses dunha rexión, as cales son coñecidas como "sufragáneas", pero a incidencia do arcebispo na vida de devanditas dioceses é máis de preeminencia que de inxerencia, a menos que existan razóns de forza maior para iso como a imposibilidade dun bispo a rexer a vida da súa diocese. Non todas as arquidioceses teñen dioceses sufragáneas (por exemplo, a Arcebispado Castrense de España, non ten porque non é unha arquidiócese territorial).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arquidiocese.
Adina, Sanxenxo

Santa María de Adina é unha parroquia do concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 contaba cunha poboación de 4.783 habitantes (2.404 mulleres e 2.379 homes), o que supón un lixeiro incremento respecto ó ano 2009, cando tiña 4.662 habitantes, e 2008, cando eran 4.667.

Limita ó norte coa parroquia de Gondar, ó sur co océano Atlántico aberto e a ría de Pontevedra, ó este coas parroquias de Nantes e Padriñán, e ó oeste coas de Noalla e Arra. Ten unha extensión de 10,5 km² (incluíndo a parroquia eclesiástica de Arra e 17 entidades de poboación, entre as que destaca Portonovo.

Segundo a arquidiocese de Santiago de Compostela, o seu nome oficial é Santa María de Portonovo (Adigna), pero é de uso habitual polos seus veciños o nome de Santa María Adina de Portonovo, en concordancia co uso habitual do galego de antepoñer a advocación á localización xeográfica da parroquia. Neste caso, Adina utilízase como un título da Virxe, que deu, por extensión, en nome do lugar de situación da igrexa.

Arcebispo

Un arcebispo (do grego αρχεπίσκοπος, archepiskopos: arche > primeiro, e epi-skopos > supervisor) é un membro pertencente á orde episcopal cristiá, pero goza dun status superior ao dos "simples" bispos; xeralmente están ao fronte dunha diocese particularmente importante, xa sexa polo seu tamaño, a súa relevancia histórica ou por ámbalas dúas, chamada arquidiocese. Cando un bispo se converte en arcebispo non está sendo, de ningún modo, ordenado nin está recibindo ningún sacramento; en contraste (na maioría das igrexas de goberno episcopal) alguén que é ordenado bispo está sendo consagrado.

Un arcebispo non ten, por forza, maior poder que un bispo; porén, están a cargo de dioceses máis prestixiosas. De calquera modo, moitos arcebispos son tamén os metropolitanos da provincia eclesiástica na que se localiza a súa arquidiocese. Nas igrexas occidentais (p. ex. a católica Latina ou a Anglicana), este é case sempre o caso. Porén, na Igrexa católica, os arcebispos que non son tamén os metropolitanos son chamados Arcebispo ad personam, e non teñen dereito a usar o palio. Nas Igrexas eslavas orientais (tanto católica como Ortodoxa) os arcebispos e os metropolitanos están diferenciados, aínda que un metropolitano pode ser chamado arcebispo metropolitano. Na Igrexa ortodoxa, os arcebispos ostentan un rango maior que o dos metropolitanos e teñen os mesmos dereitos que os metropolitanos ortodoxos eslavos (orientais). A distinción entre arcebispos / metropolitanos continúa, xeralmente, o mesmo patrón na Igrexa Ortodoxa Oriental e na Igrexa Ortodoxa Eslava.

Arquidiocese católica latina de Barcelona

A Arquidiocese de Barcelona é unha arquidiocese católica latina en Cataluña, e sé metropolitana da provincia eclesiástica de Barcelona, que inclúe tamén ás dioceses sufragáneas de Sant Feliu de Llobregat e Terrassa.

Arquidiocese católica latina de Braga

A arquidiocese de Braga é unha arquidiocese con sé eclesiástica na catedral de Braga.

Arquidiocese católica latina de Madrid

A arquidiocese de Madrid (en latín: Archidioecesis Matritensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2004 contaba con 3 359 000 bautizados sobre unha poboación total de 3 746 000 habitantes. O seu arcebispo dende 2014 é Carlos Osoro Sierra.

Arquidiocese católica latina de Oviedo

A arquidiocese de Oviedo (en latín: Archidioecesis Ovetensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2005 contaba con 1.016.000 bautizados sobre unha poboación total de 1.075.000 habitantes. O seu arcebispo dende 2009 é Jesús Sanz Montes.

Arquidiocese católica latina de Pamplona e Tudela

A arquidiocese de Pamplona e Tudela (en latín: Archidiœcesis Pampilonensis et Tudelensis) é unha diocese da Igrexa Católica Latina, erixida no século V como diocese de Pamplona. En 1956 a diocese de Pamplona foi elevada a arquidiocese, coas dioceses sufragáneas de San Sebastián, Calahorra e Jaca. En 1984 uniuse á diocese de Tudela.

Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica é a catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

Arquidiocese católica latina de Sevilla

A arquidiocese de Sevilla (en latín: Archidioecesis Hispalensis) è unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2010 tiña 1 890 000 bautizados sobre unha poboación total de 1 900 224 habitantes. O seu arcebispo actual é Juan José Asenjo Pelegrina.

Arquidiocese católica latina de Toledo

A arquidiocese de Toledo (en latín: Archidioecesis Toletana) é unha sé metropolitana católica de rito latino. En 2010 tiña 636.477 bautizados sobre unha poboación total de 719.482 habitantes. En 2009 foi nomeado arcebispo Braulio Rodríguez Plaza.

Arquieparquía católica ucraína de Lviv

A arquieparquía de Lviv é unha sé metropolitana da Igrexa católica bizantina ucraína, parte da Igrexa católica. En 2009 tiña un total de 755.821 bautizados sobre unha poboación total de 1 068 400 habitantes. Está actualmente encabezada polo arcebispo Ihor Vozniak.

Carreira, Ribeira

San Paio de Carreira é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira, na comarca do Barbanza. Ten unha superficie de 9,5 km². Segundo o IGE no ano 2007 tiña 2.211 habitantes (1.072 homes e 1.139 mulleres), 37 máis có ano anterior.

Forma parte do Arciprestado de Postmarcos de Abaixo, da Arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre os anos 1820 e 1835 a parroquia foi constituída como Concello Constitucional, integrándose no de Ribeira logo da reforma administrativa do ano 1833, vixente na actualidade.

Diocese

Diocese ou bispado é o distrito ou territorio cristián en que ten e exerce xurisdición eclesiástica un prelado: arcebispo, bispo etc. Polo tanto é un sinónimo de bispado ou arcebispado. As dioceses agrúpanse en provincias eclesiásticas e subdivídense en arciprestados.

Diocese católica latina de Lugo

A diocese de Lugo (en latín: Dioecesis Lucensis in Hispania) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No ano 2004 contaba con 296.389 bautizados sobre 296.961 habitantes. Actualmente está presidida polo bispo Alfonso Carrasco Rouco.

Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol

A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da Arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.

Diocese católica latina de Ourense

A diocese de Ourense (en latín: Diœcesis Auriensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre xaneiro de 2010 e febreiro de 2012 a cadeira bispal estivo vacante, sendo a diocese administrada de forma temporal por Luís Quinteiro Fiúza, bispo da diocese de Tui-Vigo e anterior bispo ourensán. Porén, en febreiro de 2012 tomou posesión como bispo José Leonardo Lemos Montanet.

Parroquia eclesiástica galega

Parroquia defínese no Código de Dereito Canónico como a unidade básica de delimitación territorial da Igrexa, agrupados xerarquicamente en arciprestados.

Salto, Vimianzo

Santa María de Salto é unha parroquia do concello de Vimianzo, provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2013 tiña 521 habitantes (263 mulleres e 258 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 671 habitantes.

Tines, Vimianzo

Santa Baia de Tines é unha parroquia do concello de Vimianzo, na provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela. En 2013 tiña 203 habitantes (94 homes e 113 mulleres), o que supón unha diminición respecto do ano 1999 cando tiña 240 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.