Arnois, A Estrada

San Xiao de Arnois é unha parroquia situada no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2012 tiña 389 habitantes (187 mulleres e 202 homes), o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 592 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 218 persoas.

Arnois
Igrexa de San Xiao de Arnois, A Estrada
Igrexa de San Xiao de Arnois.
ConcelloA Estrada
Poboación389 hab. (2012)
Entidades de poboación19

Xeografía

Limita ao norte coa parroquia de San Miguel de Castro (separada polo regato de Eileixido), ao sur con Riobó e Berres (separadas polo río Boo), ao leste Oca (co regato da Grela por medio) e ao oeste o río Ulla.

Dista da Estrada uns 13 km. Pasan por Arnois a estrada N-525 (Santiago a Ourense) e a provincial de Callobre á Ponte Ledesma. As demais vías consisten en camiños veciñais e as pontes Ulla e Eileixido.

Etimoloxía

O topónimo Arnois, ao igual que outros como Arnoia, Arnela ou Arnego, poderían proceder da raíz preindoeuropea *arn, que viría indicando a situación da poboación nun val ou depresión[1].

Patrimonio

  • San Xiao de Arnois, data do século XIII.
  • Muíños na Tenencia da Veiga.
  • Sobreira de Balboa, é considerada a primeira sobreira de Galicia pola súa antigüidade e polas súas dimensións. Tense constancia dela xa no século XVI, como pertencente á casa da Vila dos Hórreos.

Festas

  • Festa de Santa Paderna. Ten lugar o domingo seguinte ao 19 de outubro. Recibe a centos de devotos ofrecidos que acoden á celebración para curar os “males estraños”.
  • A do patrón San Xiao o 7 de xaneiro; a Concepción en maio; o Santísimo en xuño; As Neves o 5 de agosto.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Arnois, A Estrada.
Casa Escola de Arnois, A Estrada

Casa Escola de Arnois.

Lugares e parroquias

Parroquias da Estrada

Notas

  1. Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 46. Ed. Xerais, Vigo 1992

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.