Armeses, Maside

San Miguel de Armeses é unha parroquia do concello de Maside na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 260 habitantes, deles 110 eran homes e 150 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Armeses
Igrexa Armeses, Maside
ConcelloMaside
Poboación187 hab. (2017)
Entidades de poboación8

Lugares e parroquias

Listanco, Armeses, Maside2
Listanco.

Parroquias de Maside

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre parroquias de Ourense é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Casanova, Armeses, Maside

A Casanova é un lugar da parroquia de Armeses no concello ourensán de Maside na comarca do Carballiño. Tiña 10 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 5 eran homes e 5 mulleres.

A Touza, Armeses, Maside

A Touza é un lugar da parroquia de Armeses no concello ourensán de Maside na comarca do Carballiño. Tiña 72 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 35 eran homes e 37 mulleres.

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Camilo Estévez Puga

Camilo Leandro Estévez Puga, nado en Armeses (Maside) o 13 de xuño de 1924 e finado en 1999, foi un relixioso galego. bispo da Igrexa Católica Palmariana.

David Pérez Puga

David Pérez Puga, nado en Armeses (Maside) o 8 de outubro de 1922 e finado o 2 de maio de 1982, foi un avogado e político galego.

Laiantes de Abaixo, Armeses, Maside

Laiantes de Abaixo é un lugar da parroquia de Armeses no concello ourensán de Maside na comarca do Carballiño. Tiña 7 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 2 eran homes e 5 mulleres.

Laiantes de Arriba, Armeses, Maside

Laiantes de Arriba é un lugar da parroquia de Armeses no concello ourensán de Maside na comarca do Carballiño. Tiña 12 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 6 eran homes e 6 mulleres.

Listanco, Armeses, Maside

Listanco é un lugar da parroquia de Armeses no concello ourensán de Maside na Comarca do Carballiño. Tiña 62 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 26 eran homes e 36 mulleres.

En Listanco está situado o pazo de Armeses, do século XIX.

Mosteiros e conventos de Galicia

Esta é unha lista dos mosteiros e conventos de Galicia divididos en provincias.

Para o uso desta lista é necesario facer algunhas precisións:

Nome: recóllese o nome oficial que tivo o edificio cando cumpría coa súa función monacal. O que non significa que na actualidade conserve ese nome. De feito, en máis dun caso, a ligazón envía a páxinas que se titulan de xeito distinto, respectando o nome actual do edificio.

Fundación: data, o máis aproximada posible, da primeira fundación. Deixando ben sabido que moitos cenobios, sobre todo os máis antigos, cambiaron de orde titular, de status, foron abandonados e de novo ocupados etc.

Estilo: case tódolos mosteiros e conventos, sobre todo os de historia máis longa e de economía máis próspera, pasaron por transformacións e ampliacións, en distintas épocas e con distintos estilos. Na táboa consignamos o estilo ou estilos dominantes na construción tal como a vemos hoxe. Advertir tamén que en todos ou case todos os casos en que damos como estilo o románico, falamos de edificios románicos con engadidos ou transformacións posteriores.

O Outeiro, Armeses, Maside

O Outeiro é un lugar da parroquia de Armeses no concello ourensán de Maside na comarca do Carballiño. Tiña 27 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 14 eran homes e 13 mulleres.

San Fiz, Armeses, Maside

San Fiz é un lugar da parroquia de Armeses no concello ourensán de Maside na comarca do Carballiño. Tiña 10 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 2 eran homes e 8 mulleres.

San Miguel, Armeses, Maside

San Miguel é un lugar da parroquia de Armeses no concello ourensán de Maside na comarca do Carballiño. Tiña 9 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 7 eran homes e 2 mulleres.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.