Armando Cotarelo Valledor

Armando Cotarelo Valledor, nado na Veiga (Asturias) o 22 de decembro de 1879 e finado en Madrid o 8 de decembro do ano 1950, foi un dramaturgo e escritor galego. En 1984 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Armando Cotarelo Valledor
Armando Cotarelo Valledor 1920
Retrato en Vida Gallega, 1920.
Nacemento22 de decembro de 1879
 A Veiga, Asturias
Falecemento8 de decembro de 1950 70 anos
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Central
Ocupaciónescritor e político
CónxuxeMaría Botana Sieiro
XénerosPoesía, narrativa, teatro
Armando Cotarelo Valledor, sinatura
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1984.

Traxectoria

Era fillo do erudito Emilio Cotarelo Mori. Estudou Filosofía e Letras en Madrid, doutorándose en 1904 cunha tese sobre a literatura galega medieval. Ese mesmo ano foi nomeado Catedrático de Lingua e Literatura españolas na Universidade de Santiago de Compostela, onde chegou a ser vicerreitor e decano. Casou coa compostelá María Botana Sieiro.

En 1907 deu o discurso de apertura do curso universitario 1907-1908 da Universidade de Santiago de Compostela coa lectura de "La leyenda de doña Estefanía la desdichada".

Foi un dos promotores da Exposición Rexional de 1909 e da Exposición de Arte de 1926. Creou e dirixiu a revista Ultreya, activa entre 1919 e 1920. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega (aínda que non chegou a tomar cargo), á que representou na Real Academia Española en 1929 xunto con Ramón Cabanillas. En 1942 foi elixido membro da Real Academia de la Historia.[1] Participou no movemento galeguista e foi membro activo das Irmandades da Fala. Foi membro fundador, primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos (1923-1925) e a persoa quen lle deu nome ao seminario[2]. En 1925 trasladouse a Madrid como catedrático da Universidade, deixando a presidencia do Seminario.

Durante a guerra civil española o autor apoiou a dereita sublevada.[Cómpre referencia]

Estudou a literatura galega medieval, sendo un dos precursores en Galicia neste aspecto. Se ben os seus estudos teñen unha sólida formación e documentación histórica, o seu criterio filolóxico e estudo literario é máis feble[3].

Obra

Teatro

No eido do teatro foi continuador da liña ruralista. Abrangue o drama rural (Trebón, O lubicán) e de ambiente mariñeiro (Beiramar, Mourenza); a comedia sentimental (Sinxebra) e a traxedia histórica (Hostia). Agás Mourenza (estreada en Madrid en 1932) e Hostia, todas as pezas foron estreadas en Santiago de Compostela polo Cadro Dramático da Universidade con dirección do propio autor.

Lubicán de Armando Cotarelo Valledor, Santiago, El Eco, 1924
 
Ruinas, Rosalía Castro de Murguía, ed. de 1928 con prólogo de Armando Cotarelo Valledor

Lubicán, de Armando Cotarelo y Valledor, 1924, e Ruinas, de
Rosalía de Castro, ed. de 1928, con prólogo de Armando
Cotarelo Valledor.

  • Trebón (1922).
  • Sinxebra (1923; bilingüe).
  • Lubicán (1924), ilustrado por Camilo Díaz Baliño.[4] Estreada con Fermín Bouza-Brey e Olimpia Valencia nos papeis principais.
  • Hostia (1926).[5]
  • Beiramar (1931).
  • Mourenza (1931; bilingüe). Estreada en Madrid en 1932.
  • Ultreya, libreto de ópera (1935; bilingüe).
  • Érase una vez un rey... (en castelán, inédita ata 1992)

Narrativa

39 Contos de Nadal. Amando Cotarelo Valledor. Lar. 1927
Contos de Nadal. Lar. 1927.
  • Palladys Tyrones (1919) (parte II da triloxía Memorias de un escolar de antaño 1808-1809. En castelán.)
  • La enseña radía (1921) (parte I da triloxía Memorias de un escolar de antaño 1808-1809. En castelán.)
  • El Pazo (1923). Novela bilingüe.
  • Contos de Nadal colleitos do pobo (1927). Relatos curtos. Literatura popular.

Poesía

  • Cancioneiro da agulla enxergado con doas do pobo (1931).[6]

Ensaio

  • Biografía del doctor D. Francisco Codera (Madrid, 1898).
  • La Exposición Rosales (Madrid, 1902).
  • Fray Diego (Madrid, 1902).
  • Una cantiga célebre del rey Sabio: fuentes y desarrollo de la leyenda de Sor Beatriz, principalmente de la literatura española (Madrid, 1904).
  • La belleza femenina en las obras de Cervantes (Santiago de Compostela, 1905).
  • Don Melendo García de Valdés, XX Obispo de Osma (1210-1225) (Santiago de Compostela, 1908).
  • El teatro de Cervantes. estudio crítico (Madrid, 1915). Premio «Alba» da RAE en 1912.
  • Vida militar, política y literaria de Alfonso III el Magno (Madrid, 1916).
  • Los cristianos españoles ante la invasión musulmana. 711-716 (Santiago de Compostela, 1919).
  • Argonautas gallegos. 1519-1522 (Santiago de Compostela, 1920).
  • Payo Gómez Chariño, Almirante y Poeta (1929; texto de ingreso na RAE).
  • Los hermanos Eáns Mariño, poetas gallegos del S. XIII (Madrid, 1933).
  • Historia crítica y documentada de Alfonso III, el Magno, último rey de Asturias (Madrid, 1933).
  • "Encol do nome de Martín Códax" (1933; artigo na revista Nós nº 109).
  • Cancionero de Payo Gómez Chariño (Madrid, 1934).
  • El Seminario de Educación de la Vega de Ribadeo, hoy Vegadeo, y su Fundador, D. Jacinto Valledor y Presno, Obispo de Osma (Madrid, 1950).
  • "La poesía del mar en el Cancionero de la Vaticana" (1970; artigo na revista Grial nº 30).

Notas

  1. Mato, Alfonso. "Armando Cotarelo Valledor" Diccionario Biográfico Español. Real Academia de la Historia (en castelán).
  2. Tobío, Lois: As décadas de TL, Ediciós do Castro, 1994, páxinas 124
  3. Introdución de Henrique Monteagudo en COTARELO VALLEDOR, A.: Cancionero de Payo Gómez Chariño. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1984.
  4. Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. ISBN 978-84-89599-44-4.
  5. Iglesias, Xabier: Hostia en Os libros de Ánxel Casal, 19/11/2012.
  6. Cancioeiro da Agulla enxergado con doas do pobo en Galiciana.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Predecesor:
sen crear
  Presidente do Seminario de Estudos Galegos  
1923-1925
Sucesor:
Salvador Cabeza de León
Predecesor:
Agustín Millares Carlo
 
Coat of Arms of the Spanish Royal Academy of History.svg
Real Academia de la Historia
Medalla 17
 
1942 - 1950
Sucesor:
Leopoldo Torres Balbás
22 de decembro

O 22 de decembro é o 356º día do ano do calendario gregoriano e o 357º nos anos bisestos. Quedan 9 días para finalizar o ano.

8 de decembro

O 8 de decembro é o 342º día do ano do calendario gregoriano e o 343º nos anos bisestos. Quedan 23 días para finalizar o ano.

Araceli Herrero Figueroa

Araceli Herrero Figueroa, nada en Lugo en 1948, é unha filóloga galega.

Boimorto

Boimorto é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 2022 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boimortés.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Editorial Céltiga

Céltiga foi unha editorial creada polas Irmandades da Fala de Ferrol en 1921 co obxectivo de publicar obras galegas en prosa, cubrindo así o baleiro que se observaba respecto á relativamente ampla produción poética. Pechou durante a ditadura de Primo de Rivera en 1923.

El Eco de Santiago

El Eco de Santiago foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1896 e 1938.

Execración

A execración é unha figura retórica de pensamento coa que se desexan males para un mesmo. Nela, o falante fai recaer sobre si mesmo o contido dunha imprecación ou imprecatio. A miúdo toma a forma dunha exclamación.

Galería de imaxes de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro é a máis salientable figura do Rexurdimento.

Galería de imaxes sobre o Día das Letras Galegas

Galería de imaxes sobre o Día das Letras Galegas.

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Marcial Valladares

Marcial Valladares Núñez, nado en Vilancosta (A Estrada) o 10 de xuño de 1821 e finado no mesmo lugar o 20 de maio de 1903, foi un xornalista, poeta, novelista e lexicógrafo galego. No ano 1970 a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas.

Seminario de Estudos Galegos

O Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi unha institución creada en 1923 polo galeguismo para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e para formar investigadores.

Terra (1927)

Terra foi unha revista publicada en Santiago de Compostela en 1927.

Ultreya

Ultreya pode referirse a:

Ultreya, organización xuvenil galeguista creada en 1932.

Ultreya, revista publicada en Santiago de Compostela entre 1919 e 1920.

Ultreya, ópera de Armando Cotarelo Valledor de 1935.

Ultreya (revista)

Ultreya foi unha revista editada en Santiago de Compostela entre 1919 e 1920.

Xoán Manuel Carreira

Xoán Manuel Carreira Antelo, nado en Noia en 1954, é un musicólogo galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.