Armórica

Na antigüidade, a palabra Armórica empregábase para describir a rexión costeira do noroeste francés, comprendida entre Pornic (preto de Nantes) a Dieppe. Comprendía a actual Bretaña, o noroeste do Países do Loira e a totalidade do litoral de Normandía.

Armorica
Situación da Armórica
Amorica
Armórica, 500 a.C.

Historia

O seu nome provén da expresión gala are mori (no mar), que evolucionou en Aremorica ou País fronte ao mar. Na súa Historia Natural, Plinio o Vello afirma que Armórica é o antigo nome de Aquitania e menciona que os Pireneos son como o bordo austral da rexión. Tendo en conta a orixe gala do nome, esta afirmación ten sentido se se considera que Armórica non describe a un país específico, senón a unha rexión xeográfica cuxa característica é estar fronte ao mar.

A República romana tivo longos anos de relacións comerciais cos galos e cos armoricanos (facendo distinción entre estes). Con todo, Armórica revendía os produtos de Roma aos bretóns e os belgas. Deste xeito, coa Guerra das Galias, Roma conseguiría desfacerse do intermediario comercial, e de paso estendía o seu territorio para compensar a demanda de terras polos plebeos romanos.

O comercio entre Armórica e as Illas Británicas foi descrito por Diodoro Sículo. Despois da campaña de Craso no 57 a.C., a resistencia armoricana ao dominio romano era apoiada polos aristócratas celtas de Britania. En resposta, Roma invadiu Britania en dúas ocasións, en 55 a.C. e 54 a.C., baixo o mando de Xulio César.

No Imperio romano, Armórica foi parte da provincia de Gallia Lugdunensis, a cal tiña o seu capital en Lugdunum (Lión). Cando as provincias romanas foron reorganizadas no século IV, Armórica foi colocada baixo as segunda e terceira divisións de Lugdunensis. Armórica rebelouse contra Roma en dúas ocasións no século V, expulsando aos oficiais romanos na segunda ocasión. A península da Bretaña comezou a ser colonizada por celtas bretóns nos séculos V a VII. Durante os séculos IX e X, os viquingos comezaron a establecerse na península de Cotentin, o cal carrexou o desuso do nome de Armórica, favorecendo o de Normandía.

Cultura popular

Nas novelas gráficas de Goscinny e Uderzo, Astérix vive nunha aldea supostamente situada en Armórica, segundo di a introdución que teñen todos os libros da serie.

Ciencia

No Ordovícico existían dous grandes continentes, Laurasia, formado por Norteamérica, Groenlandia e o norte e centro de Europa; e Gondwana, que se corresponde cos actuais territorios de África, Sudamérica, Australia e a Antártida. Porén, había outros máis pequenos, e un deles recibe o nome de Armórica, un continente que se uniría a Laurasia no Carbonífero, antes da unión definitiva con Gondwana. Parte deste continente correspondese hoxe en día con Galicia e Bretaña.

América

América ( pronunciación ), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.

Armórica (continente)

O antigo (micro)continente de Armórica ou terreo Armoricano, ou ensamblaxe do terreo Armoricano ou microplaca de Armórica foi un mirocontinente ou grupo de fragmentos continentais que se separaron derivando desde Gondwana da que antes formaban parte, ao final do Silúrico e acabaron colisionando con Laurusia ao final do Carbonífero durante a oroxenia varisca ou herciniana. O nome tomouse de Armórica, o nome galo dunha gran parte do noroeste do que hoxe é Francia, que incluía a Bretaña, xa que esta zona se corresponde coa actual localización das unidades rochosas que forman a principal parte deste antigo microcontinente.

Bretaña

A Bretaña (en francés Bretagne) é unha rexión administrativa do oeste da Francia cunha longa costa litoral entre o Canal da Mancha e mailo Océano Atlántico. O seu nome en bretón é Breizh e en galó Bertaèyn. Os seus habitantes chámanse bretóns.

Bretaña (rexión histórica)

A Bretaña (en bretón: Breizh, [bʁɛjs] ou [bʁɛχ] (AFI); en galó: Bertaèyn, [bəʁ.taɛɲ] (AFI); en francés: Bretagne, [bʁə.taɲ] (AFI), escoitar), é unha rexión xeográfica e cultural que se atopa nunha península no extremo noroeste de Francia. Nos tempos do Imperio Romano a rexión era coñecida co nome de Armórica, aínda que posteriormente chegou a ser un reino independente e tamén un ducado, antes de pasar a ser unha provincia do Reino de Francia en 1532, gobernada como se fose unha nación separada dentro da coroa. A península limita co canal da Mancha ao norte, o mar Céltico e o océano Atlántico ao oeste, e o golfo de Biscaia ao sur. Ten unha superficie de 34 023 km².

A provincia histórica da Bretaña está hoxe en día dividida en cinco departamentos: Finistère, Côtes-d'Armor, Ille e Vilaine, Loira Atlántico e Morbihan. Dende a reorganización de 1956, a actual rexión administrativa da Bretaña só abrangue catro dos cinco departamentos bretóns, mentres que o departamento do Loira Atlántico pertence á rexión dos Países do Loira. A súa reunificación administrativa é obxecto de debate.

Segundo o censo de 2010, a poboación da Bretaña era de 4 475 295 persoas, das que o 71% viven na rexión da Bretaña e o 29% no departamento do Loira Atlántico. No ano 2012, as áreas metropolitanas máis grandes eran a de Nantes (897 713 habitantes), Rennes (690 467 habitantes) e Brest (314 844 habitantes). A Bretaña é a nación tradicional do pobo bretón e está recoñecida pola Celtic League como membro das Nacións celtas. Existen movementos nacionalistas que reclaman máis autonomía e a reunificación dos departamentos bretóns.

Eurasia

Eurasia ( pronunciación ) é a masa que forma en conxunto a Europa e maila Asia. Pode ser considerada como un continente, ou mesmo un supercontinente composto polos continentes europeo e asiático, separados pola cordilleira dos Montes Urais. É común e correcto que se considere a Eurasia como un continente real dende o punto de vista fisioxeográfico e xeolóxico.

Eurasia localízase primordialmente no hemisferio norte e hemisferio oriental, e ten unha área aproximada de 52 990 000 km², que é o de 10,6% da superficie da Terra e o 36,2 do área terrestre. Ten máis de 5.000 millóns de persoas, o que equivale ó 72,5% da poboación mundial.

A subdivisión tradicional entre Asia e Europa presenta límites non muy precisos; comunmente defínese unha liña divisoria ó largo dos montes Urais, o río Ural, o mar Caspio, os montes do Cáucaso, o mar Negro, os estreitos do Bósforo e o Dardanelos, e o mar Exeo.

Europa

Europa ( pronunciación ) é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. Europa esténdese pola metade oriental do Hemisferio Norte, dende o océano Glacial Ártico polo norte ata o mar Mediterráneo polo sur. Polo leste, chega ata o océano Atlántico, admitíndose que polo leste limita con Asia nos Montes Urais e o Cáucaso, compartindo entre ámbolos continentes o mar Caspio.

En Europa naceu a cultura occidental, os países europeos xogaron un papel predominante desde o século XVI, especialmente despois do comezo da colonización doutros continentes polos europeos. Entre os séculos XVII e XIX os europeos controlaban a maior parte de África, América, Oceanía e unha parte substancial de Asia. A Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial levaron a un devalo do dominio europeo nos asuntos mundiais e os Estados Unidos e a Unión Soviética ocuparon esa preminencia. A Guerra Fría entre esas dúas superpotencias dividiu Europa ata o colapso da URSS.

Galia

A Galia (Gallia en latín) é o conxunto de territorios ocupados polos galos, pobos denominados así polos romanos, e que corresponden coas actuais Francia, Bélxica e parte de Suíza, así como terras dos actuais Países Baixos e Alemaña situadas ao oeste do río Rin. A palabra galo refírese habitualmente aos habitantes celtas desa rexión nos tempos antigos e foi empregada principalmente polos romanos, que moi raras veces chamaban celtas a este conxunto de tribos diversas. O xentilicio conservouse a través dos tempos soamente na extensión de terras que hoxe compoñen a República francesa e aínda hoxe se continúa chamando galos aos franceses, e de feito Gallia é o nome de Francia en grego moderno.

Gallia Aquitania

A Gallia Aquitania (Galia Aquitania ou Galia Aquitana) foi unha das tres provincias (Aquitania, Bélxica e Lionesa) creadas na Galia por Octavio Augusto no ano 27. O seu territorio, inicialmente limitado ao triángulo Pireneos - Océano Atlántico - Garona, foi aumentado cunha parte da Galia central, até o río Loira.

Gallia Lugdunensis

A Gallia Lugdunensis (Galia Lionesa) era unha das tres provincias (Aquitania, Bélxica e Lionesa) en que se dividía a Galia romana creadas por Octavio Augusto en 27 adC. Integraba unha banda territorial que ía desde Lugdunum (Lión), a capital da provincia, até a Armórica, as actuais Bretaña e Normandía, incluíndo todo o val do Loira.

Gondwana

Gondwana é un antigo bloque continental que resultou da porción meridional da Panxea, cando se estendeu o mar de Tetis cara ao oeste. De Gondwana xurdiron Sudamérica, África, Australia, o Indostán, Madagascar e a Antártida, ao longo do Cretáceo.

Laurasia

Laurasia é o nome dado a unha antiga masa de terra do hemisferio norte aparecida no final do xurásico pola desintegración do supercontinente Panxea, separándose de Gondwana pola apertura do Mar de Tetis. Laurasia compredía a maior parte das masas terestres que forman os actuais continentes do hemisferio norte, fundamentalmente os cratóns de Laurentia (Norteamérica e Groenlandia), Báltica (Europa do norte e centro e Rusia europea), Siberia, Casaquistania e o norte e leste de China. Laurasia dividiuse logo en Eurasia e América do Norte.

Lingua bretoa

O bretón (brezhoneg) é unha lingua celta insular de tipo britónico, estreitamente emparentada co córnico. Fálase sobre todo nos territorios occidentais da Bretaña, aínda que se está a recuperar noutras partes do territorio da rexión, mesmo naquelas zonas onde tradicionalmente non se falou ou non se ten falado dende hai varios séculos.

A lingua bretoa tamén tivo unha certa repercusión en Galicia, influíndo sobre a lingua galega e propiciando a aparición dun dialecto mindoniense nos seus asentamentos, que perduraron ata o século XV no norte da actual provincia de Lugo (na comarca de Mondoñedo) e mais nalgunhas outras zonas costeiras de Galicia. Estes asentamentos de colonias bretoas foron derivados da fuxida das Illas Británicas durante a invasión anglosaxoa[Cómpre referencia] cara a terras do noroeste ibérico. Así as cousas, non se conserva texto ningún redactado nunha posíbel ramificación galaica do bretón.

Linguas britónicas

As linguas britónicas son linguas indoeuropeas, do grupo das linguas célticas xunto coas linguas goidélicas.

Oroxenia caledoniana

A oroxenia caledoniana ou oroxénese caledoniana foi un episodio de formación de montañas que tivo lugar nas partes norte de Irlanda e Gran Bretaña, na zona das montañas Escandinavas, Svalbard, leste de Groenlandia e partes do norte e centro de Europa. A oroxenia caledoniana comprende sucesos que ocorreron desde o Ordovícico ao Devoniano temperán, aproximadamente hai de 490 a 390 millóns de anos (Ma). Foi causada polo peche do antigo océano de Xápeto cando chocaron os continentes e os terreos de Laurentia, Báltica e Avalonia.

A oroxenia caledoniana denomínase así por Caledonia, o nome latino de Escocia. Este nome utilizouno primeiramente en 1885 o xeólogo austríaco Eduard Suess para referirse a un episodio de formación de montañas no norte de Europa que precedeu ao Devoniano. Os xeólogos Émile Haug e Hans Stille, entre outros, consideraban a oroxenia caledoniana como unha das varias fases episódicas de formación de montañas que ocorreran durante a historia da Terra. A idea actual é que a oroxenia caledoniana comprende varias fases tectónicas que poden ser lateralmente diacrónicas. O nome "caledoniano" pode, por tanto, non ser usado para un período de tempo xeolóxico absoluto, e aplicarse só a unha serie de eventos relacionados tectonicamente.

Panxea

Panxea (do grego, «tódalas terras») foi o nome dado por Alfred Wegener ó supercontinente rodeado polo mar Pantalasa, que existiu durante o período mesozoico, antes de que o proceso de placas tectónicas separase os continentes.

Ó final do proterozoico, a maior parte das terras emerxidas uníronse nun único continente, denominado Panxea I. Dende entón e durante o paleozoico inferior, Panxea I comezou a fragmentarse, orixinando un conxunto de masas continentais que durante o Paleozoico superior volveron unirse nun só continente, denominado Panxea II.

Pobo bretón

Os bretóns son un grupo étnico que habita na rexión histórica da Bretaña, en Francia. A súa orixe como pobo procede dos grupos de britónicos que emigraron dende o suroeste de Gran Bretaña, incluíndo Cornualles, para fuxir da invasión dos pobos xermánicos. Tamén descenden dos antigos galos e en menor medida dos viquingos. Emigraron en diversas ondas dende o século III até o IX (a maioría entre os anos 450 e 600) cara a Armórica, que foi chamada Bretaña por eles.A lingua tradicional deste pobo é o bretón (brezhoneg), falado na Baixa Bretaña (a parte máis occidental da península). Hoxe, o bretón é falado por menos de 200 000 persoas. A outra lingua propia dos bretóns é o galó, unha lingua que só se fala Alta Bretaña, onde o bretón é menos dominante. Como unha das linguas britónicas, o bretón está estreitamente relacionado co córnico e máis forma máis distante co galés, mentres que o galó é unha lingua de oïl románica. No presente, a lingua nativa da maioría dos bretóns é o francés.

Subcontinente indio

O subcontinente indio é a rexión xeográfica que comprende a maior parte da India histórica, no presente dividida entre os estados da India, Paquistán, Bangladesh, o Nepal e Bután. Por razóns culturais e xeográficas, considéranse tamén parte do subcontinente os estados insulares de Sri Lanka e as Maldivas. Todos estes países forman parte da Asociación Surasiática para a Cooperación Rexional (SAARC, en sigla inglesa). O subcontinente indio foi coñecido durante séculos como o Indostán e é equivalente ó territorio que até a desaparición do Raj británico en 1947 era coñecido como a “India británica”. En total, a superficie do subcontinente indio ascende a uns 4 480 000 km².

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.